DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2007 Páx. 8.362

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (690/2006-A).

Eu, María Patiño Junquera, secretaria do Xulgado do Social número un da Coruña, Fago saber que nos autos nº 690/2006-A seguidos por instancia de Ricardo Tomas Álvarez Bardrich, contra empresa APL ESP de Res Sol y Aisla, S.L. (Aersa, S.L) e Fogasa sobre reclamación de cantidades, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, ditou sentenza, o 18 de xaneiro de 2007, coa seguinte parte dispositiva:

«Resolvo que, estimando a demanda interposta por Ricardo Tomás Álvarez Baldrich, debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibir a cantidade de 2.167,95 euros polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e en tal sentido, debo condenar e condeno a empresa APL ESP de Res Sol y Aisla, S.L (Aersa, S.L.) a que, aténdose a tal declaración, aboe ao demandante a cantidade de 2.167,95 euros de salarios.

E debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do E.T.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, ás que se lles fará saber que en contra desta resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá anuncialo o seu avogado ou representante legal designado para o efecto, perante este xulgado, no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, por comparecencia ou por escrito das partes. É posible o anuncio por mera manifestación da parte recorrente ao ser notificada e será resolto, se é o caso, e cumplidos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, ademais, acreditar ao anunciar o recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banesto, conta nº 1531, clave 60, e que pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, coa constancia da responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na conta 1531, clave 65 e en calidade de depósito, nun impreso separado do do importe da

condena.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á empresa APL ESP de Res Sol y Aisla S.L (Aersa, S.L), que tivo o seu último enderezo coñecido na publicación na Coruña e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 18 de abril de 2007.

María Patiño Junquera

Secretaria judicial