DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2007 Páx. 8.361

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN DE SARRIA

EDICTO (442/2006).

O Xulgado de Sarria fai saber:

Que nos autos de divorcio contencioso 442/2006 se ditou sentenza cuxo encabezamento e reslución é do teor literal seguinte.

«Sentenza.

En Sarria o 12 de abril de 2007.

Vistos por Inmaculada Concepción Santamaría Martín, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia único de Sarria (Lugo), estes autos de divorcio nº 442/2006, seguidos por instancia de María Dolores Pérez Fernández, representada por la procuradora sra. López Vila e dirixida pola letrada sra. López Pérez, contra Jesús Gómez Yebra (en rebeldía procesual).

Resolvo que, estimando a demanda promovida pola procuradora sra. López Vila, en reperesentación de María Dolores Pérez Fernández, fronte a Jesús Gómez Yebra, declaro a disolución por divorcio do matrimonio formado polos expresados, con todas as consecuencias legais.

Non se fai especial condEna en custas.

Comuníqueselle esta sentenza, una vez que sexa firme, ao Rexistro Civil de Sarria para os efectos rexistrais oportunos.

Expídase e únase certificación desta sentenza ás actuacións coa inclusión da original no libro de sentenzas.

Contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de apelación perante a Audiencia Provincial de Lugo, o cal, de conformidade co artigo 457 da Lei de axuizamento civil, se deberá preparar perante este xulgado dentro do prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E para que sirva de notificación en forma ao demandado rebelde Jesús Gómez Yebra, expido e asino este edicto en Sarria o 17 de abril de 2007.

O secretarioxudicial

Rubricado