DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2007 Páx. 8.361

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO, SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO (4216/2007).

Mediante este edicto faise saber que en providencia ditada o día da data, por esta Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se acordou admitir a trámite o recurso interposto por Alicia Lodos Pazos no nome e representación de María Teresa Campos Crespo contra a Orde do 30 de xaneiro de 2007 ditada pola CPTOPT pola que se aproba definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Vedra.

Número procedemento ordinario 0004216/2007.

A publicación deste anuncio serviralles de emprazamento ás persoas que, téndoo sido persoalmente, posúan un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, podendo comparecer en legal forma no prazo de nove días. Se o fixesen con posterioridade, teranse por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, 16 de abril de 2007.

Inmaculada Pérez Arrojo

Secretaria xudicial