DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2007 Páx. 8.360

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2007 para corrixir erros na Resolución do 19 de marzo de 2007, pola que se convocan probas selectivas para o ingreso por quenda libre na escala de auxiliar.

Despois de se advertiren erros na Resolución do 19 de marzo de 2007, pola que se convocan probas selectivas para o ingreso por quenda libre na escala de auxiliar desta universidade, fanse as seguintes correccións.

Nas bases da convocatoria, no número 1, punto 1.4., onde di: «Estas probas selectivas axustaranse ao que dispoñen na Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, modificada pola Lei 23/1988, do 28 de xullo; a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 4/1991 e pola Lei 3/1995; o Real decreto 364/1995, do 10 de marzo; o Decreto 93/1991, do 20 de marzo; os estatutos da Universidade da Coruña e o disposto nesta convocatoria».

Debe dicir: «Estas probas selectivas axustaranse ao que dispoñen a Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, modificada pola Lei 23/1988, do 28 de xullo; a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 4/1991 e pola Lei 3/1995; o Real decreto 364/1995, do 10 de marzo; o Decreto 95/1991, do 20 de marzo; os estatutos da Universidade da Coruña e o disposto nesta convocatoria».

No anexo II, o tribunal, onde di:

«Titular:

Presidente: Manuel Galdo Pérez, xerente da UDC.

Vogal: Mª José Busto Rey, funcionaria de carreira da UDC.

Vogal: Jesús Barreira García, persoal laboral fixo da UDC.

Vogal: Marisol Mirás Mouro, representante dos traballadores.

Vogal: Daniel Alonso García del Pino, representante dos traballadores.

Secretario: Daniel Miguélez Costa, xefe da Sección de Selección e Xestión de PDI da UDC, que actuará con voz e sen voto.

Suplente:

Presidenta: María Jesús Grela Barreiro, vicexerenta da UDC.

Vogal: Mª del Carmen Docampo Muíño, funcionaria de carreira da UDC.

Vogal: Javier Fariñas Alvariño, persoal laboral fixo da UDC.

Vogal: María Isolina Silva Pais, representante dos traballadores.

Vogal: Juan Pombo Prieto, representante dos traballadores.

Secretaria: Carmen Mª Rodríguez Rey, xefa do Negociado de PAS funcionario da UDC, que actuará con voz e sen voto».

Debe dicir:

«Titular:

Presidente: Manuel Galdo Pérez, gerente da UDC.

Vogal: Mª José Busto Rey, funcionaria de carrera de la UDC.

Vogal: Marisol Mirás Mouro, representante de los trabajadores.

Vogal: Daniel Alonso García del Pino, representante de los trabajadores.

Secretario: Daniel Miguélez Costa, jefe de la Sección de Selección y Gestión de PDI de la UDC, que actuará con voz y con voto.

Suplente:

Presidenta: María Jesús Grela Barreiro, vicexerenta da UDC.

Vogal: Mª del Carmen Docampo Muíño, funcionaria de carreira da UDC.

Vogal: María Isolina Silva Pais, representante dos traballadores.

Vogal: Juan Pombo Prieto, representante dos traballadores.

Secretaria: María Gloria Fernández González, xefa de Negociado de Retribucións e Seguridade Social PDI da UDC que actuará con voz e voto».

A Coruña, 19 de abril de 2007.

José María Barja Pérez

Reitor da Universidade da Coruña