DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2007 Páx. 8.350

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 2 do maio de 2007 pola que se abre o prazo para a presentación de solicitudes para a elaboración de diversas listas por categorías profesionais para a contratación de persoal laboral temporal e interino neste ente público.

De conformidade coa Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia, o Decreto 227/1995, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do ente público e a Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas cales ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, e segundo a delegación conferida polo acordo do Consello de Administración, do 23 de xullo de 1997, das competencias do artigo 21.3º da Lei 5/1994; visto o informe emitido pola representación do persoal deste ente público, resólvese acordar a convocatoria para a elaboración de diversas listas por categorías profesionais do ente público Portos de Galicia de acordo coas seguintes bases:

I. Normas xerais.

I.1. Vixencia.

As listas, elaboradas conforme as bases recollidas nesta resolución terán unha vixencia dun ano prorrogable, a partir da data da súa publicación.

No caso de esgotarse os/as candidatos/as dalgunha categoría, realizaranse convocatorias extraordinarias.

I.2. Ámbito de aplicación.

Afectará a todas as vinculacións temporais de persoal laboral temporal ou interinidades no ente público Portos de Galicia, nas categorías de auxiliar-administrativo/a, administrativo/a, celador/a-gardapeiraos, delineante-topógrafo e condutor/a-conserxe.

I.3. Sistema de nomeamentos.

Elaboraranse listas por categoría profesional e situación xeográfica.

I.4. Formalización de solicitudes.

Coa publicación desta resolución, convócase os/as aspirantes, concedéndolles un prazo máximo de 20 días hábiles a partir do seguinte ao da data de publicación, para presentar a súa solicitude no modelo normalizado, xunto coa documentación que sexa pertinente.

Para poder formular a solicitude, os/as aspirantes deberán ter cumpridos os 18 anos de idade e non exceder da idade de xubilación forzosa, acreditar a nacionalidade española ou dun país da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, ou posuír o dereito á libre circulación de traballadores segundo o Tratado da Unión Europea, ou segundo outros tratados ratificados por España, ou ter recoñecido tal dereito por norma legal, e posuír a titulación que habilite para o exercicio da profesión correspondente, e a capacidade funcional necesaria para o desenvolvemento das tarefas que hai que levar a cabo, non padecer enfermidade ou eivas físicas ou psíquicas que impidan o normal desenvolvemento das correspondentes funcións.

Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das administracións públicas nin atoparse inhabilitado/a para o desenvolvemento de funcións públicas.

A acreditación dos méritos alegados requirirá a incorporación de documentos auténticos ou copias debidamente compulsadas destes.

Os méritos admisibles e avaliables serán unicamente os causados ata o día inmediato anterior á data de publicación da convocatoria. As solicitudes, dirixidas ao presidente de Portos de Galicia, presentaranse no rexistro xeral do ente público (praza de Europa, 5ª A-6º, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña) ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

De producirse empate na puntuación, a orde de desempate será a seguinte:

1. A solicitante de sexo feminino con preferencia sobre o de sexo masculino, cando na categoría laboral se dean as condicións de infrarrepresentación previstas no artigo 37 da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes.

2. Puntuación pola orde das letras do baremo correspondente.

3. O solicitante que acredite documentalmente maior tempo como desempregado de forma continuada.

4. Pola letra vixente no resultado do sorteo para participar en procesos selectivos da Xunta de Galicia.

Deberá, do mesmo xeito, presentarse xustificante de ter aboadas as taxas administrativas que se establecen na Xunta de Galicia con caracter xeral para a inscrición nas listas para a cobertura temporal de postos de traballo na comunidade autónoma, que para o ano 2007 ascenden a 16,32 €. Estarán exentos do pagamento desta taxa os que posúan unha discapacidade igual ou superior ao 33%, así como as persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial; no caso de membros de categoría xeral, terán unha bonificación do 50%. Estas circunstancias deberán ser acreditadas documentalmente xunto coa instancia.

Para facer efectivo o ingreso da taxa deberá empregarse o impreso de autoliquidación formalizado pola Xunta de Galicia (o modelo figura como anexo 7). Este impreso facilitaráselles aos interesados no rexistro xeral de Portos de Galicia, no rexistro xeral da Consellería de Presidencia, Administración Pública e Xustiza, nos das súas delegacións provinciais e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia, debendo de cubrirse cos seguintes códigos:

Consellería: Política Territorial, Obras Públicas e Transportes 06

Delegación Servizos Centrais 13

Servizo Portos de Galicia 10

Taxa: 300300

A presentación do xustificante de ingreso das taxas no que non figure o selo da entidade bancaria con indicación da data determinará a exclusión do solicitante.

Poderase facer efectivo, así mesmo, o pagamento da taxa por internet nas entidades financeiras actualmente autorizadas. Para isto, deberán acceder á Oficina Tributaria, a través da Oficina Virtual na páxina web da Consellería de Economía e Facenda (www.economiaefacenda.org) e premer a ligazón «taxas, prezos, multas e sancións» situada no menú da marxe esquerda.

Neste caso, unha vez efectuado o pagamento da taxa correspondente, imprimirase o xustificante de ter aboada a taxa, que será o que se achegue xunto coa instancia. En ningún caso a presentación deste xustificante suporá a substitución da presentación, en tempo e forma, da solicitude.

O importe aboado en concepto de dereitos de inscrición devolveráselles, logo dos trámites correspondentes, só aos/ás solicitantes excluídos/as que o soliciten no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no taboleiro de anuncios dos servizos centrais de Portos de Galicia da resolución definitiva de admitidos/as e excluídos/as dos procesos selectivos convocados.

I.5. Elaboración das listas.

I.5.1. Para a súa elaboración nomearase unha comisión constituída para o efecto por categoría profesional.

As comisións de selección estarán integradas por un número non superior a cinco membros, catro designados polo presidente de Portos de Galicia e un polos representantes dos traballadores, respectándose, en todos os casos, a autonomía de representación dos traballadores para a designación dos seus integrantes, debendo gardar o sixilo profesional a que fai referencia o artigo 65 do Estatuto dos traballadores.

A resolución pola que se determina a composición nominal da comisión de selección, segundo o previsto no parágrafo anterior, terá a publicidade oportuna no taboleiro de anuncios do ente público. A designación nominal dos/as membros da comisión de selección incluirá a dos/as respectivos suplentes.

Todos/as os/as membros da comisión de selección actuarán con voz e voto.

Os/as membros da comisión de selección deberán absterse de formar parte dela cando concorran as circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o que lle notificaran ao/á presidente/a da comisión. Os aspirantes poderán recusalos de acordo co artigo 29 da devandita Lei 30/1992.

O/A presidente/a da comisión poderá solicitarlles aos membros dela declaración expresa de non atoparse incursos nas causas de abstención e recusación.

A comisión de selección non poderá constituírse validamente nin actuar se non están presentes o/a presidente/a e o/a secretario/a e, polo menos, dous dos seus vogais. As decisións adoptaranse por maioría dos membros presentes, resolvendo en caso de empate o voto de calidade do/a presidente/a.

A comisión de selección queda facultada para resolver as dúbidas que xurdan da aplicación destas bases e poderá adoptar os acordos que correspondan para aqueles supostos non previstos nas bases, axustándose na súa actuación ás previsións da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A comisión de selección poderá dispoñer a incorporación aos seus traballos de asesores especialistas, limitándose estes asesores a prestar a colaboración nas súas especialidades.

A comisión de selección outorgaralles cualificación aos/ás aspirantes segundo as normas desta convocatoria, e poderá propoñer o peche de cada lista nunha puntuación final determinada pola aplicación destas bases, tendo en conta o número de solicitudes recibidas e as previsións de posibles contratacións e substitucións estatísticas no cadro de persoal no período de vixencia destas.

Para os efectos de comunicacións e demais incidencias, a comisión terá a súa sede na praza de Europa nº 5 A-6º, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña). Teléfono: 981 54 52 07. Fax: 981 54 72 16. A comisión de selección que actúe para a elaboración destas listas terá a categoría primeira das recollidas na Resolución do 17 de xullo de 2001, sobre indemnizacións por razón de servizo ao persoal do ente público Portos de Galicia e posteriores modificacións.

I.5.2. Criterios de selección.

Articularase o proceso de selección en tres fases: recepción de currículos, baremación de méritos e proba de coñecementos, (esta última exceptúase no caso do proceso de selección na categoría laboral de condutor/a-conserxe).

Na fase de recepción de currículos, excluiranse aquelos/as candidatos/as que non cumpran os requisitos mínimos ou que presenten a súa solicitude fóra do prazo.

Baremados os expedientes dos/as candidatos/as admitidos/as ao proceso selectivo de cada categoría que se convoca, a comisión de selección designada para o efecto determinará a puntuación determinante que haberá que acadar para continuar no proceso de selección e acceder á realización da correspondente proba de coñecementos, tendo en conta o número de solicitudes recibidas e as previsións de posibles contratacións e substitucións estatísticas no cadro de persoal no período de vixencia destas.

A puntuación final dos/as candidatos/as determinará a súa orde na lista. Os empates dirimiranse en favor do/a aspirante que acredite maior tempo como desempregado total e non subsidiado.

As listas provisionais publicaranse nos taboleiros de anuncios de Portos de Galicia, que incluirán a relación dos/as aspirantes admitidos/as e dos/as excluídos/as, coas puntuacións obtidas, establecéndose unha orde de prelación e as causas de exclusión correspondentes.

Os/as interesados/as poderán formular, no prazo máximo de 10 días naturais a partir do seguinte ao da data de publicación, as posibles reclamacións ante a comisión de selección.

Resoltas as reclamacións, publicaranse as listas definitivas nos mesmos sitios que as anteriores, contra as que caberá a presentación dun recurso de alzada ante o presidente de Portos de Galicia, no prazo máximo dun mes desde a súa publicación.

I.5.3. Requisitos necesarios por categoría profesional e baremos aplicables.

Serán aplicables segundo o establecido nos anexos desta resolución.

I.6. Xestión das listas.

A formalización do contrato e a incorporación definitiva dos/as aspirantes seleccionados/as producirase segundo as necesidades de Portos de Galicia. Mentres non se formalice o contrato correspondente, os aspirantes non terán dereito ningún fronte a este ente público.

A determinación das necesidades de vinculación será competencia dos órganos de dirección de Portos de Galicia. Para o control e correcta utilización das listas nomearase unha comisión permanente para resolver todas as cuestións de interpretación e seguimento das listas, así como para resolver as incidencias que se presenten. A composición desta comisión será dun/dunha presidente/a, un/unha secretario/a, dous/dúas representantes do organismo, e un/unha representante do traballador. A xestión das listas, cos chamamentos dos/as aspirantes, levarase a cabo no Departamento de Recursos Humanos deste ente público. Para efectuar os chamamentos seguirase rigorosamente a orde de puntuación acreditada polos aspirantes en cada lista, chamando a aquela persoa que estea dispoñible coa maior puntuación. Os chamamentos que non estean acreditados mediante carta ou telegrama constarán nun libro de rexistro de chamadas indicando a orde, a hora e a data da chamada.

Cando as circunstancias requiran a incorporación inmediata dun/dunha aspirante ao posto de traballo ou ben en caso de chamamentos que se fagan fóra do horario administrativo, poderase efectuar directamente tal chamamento seguindo rigorosamente a orde da lista entre os aspirantes dispoñibles que se atopen en condicións de prestar o traballo, quedando constancia no libro de rexistro de chamadas indicando a orde, a hora e a data da chamada.

Para as vinculacións programadas, e sempre que exista prazo considerado suficiente, os aspirantes serán avisados mediante carta ou telegrama. No resto dos supostos en que exista premura na vinculación avisarase telefonicamente. En todo caso quedará constancia da data e hora en que cada aspirante sexa requirido, e do feito de se foi acusada contestación ou non, no caso de comunicación telefónica.

De constatarse un erro material ou de feito no chamamento e posterior vinculación temporal executado a favor dun/dunha aspirante que pola súa orde de actuación non lle corresponda, a dirección procederá, no prazo dos 15 días seguintes ao seu chamamento, á extinción do contrato expedido por tal circunstancia. O representante dos traballadores na comisión de selección terá dereito a estar presente en todos os chamamentos e para tal fin facilitaráselle a información que precise.

Os/as integrantes das listas non perderán a orde de prelación que en cada momento lles corresponda nestas, ata que se xere o dereito á prestación de desemprego, de tal xeito que se a contratación para a que son chamados ten unha duración inferior, retornarán ao posto que lles corresponde na lista.

Rematada a contratación, o/a interesado/a, pasará a ocupar o último lugar que nese momento lle corresponda na lista durante o período que reste de vixencia da lista, se xerou o dereito á prestación de desemprego.

I.7. Penalizacións.

De non existir causas xustificadas de renuncia á oferta dun contrato, ou ben a un xa formalizado, será penalizado o/a aspirante coa exclusión da lista correspondente polo período temporal dun ano. A adopción da medida penalizadora seralle notificada ao/á aspirante afecto/a con carácter inmediato. De concorrer supostos de controversia ou dúbida sobre a causa alegada, daráselle audiencia ao/á interesado/a nun prazo de 10 días hábiles e despois adoptarase a medida procedente asumindo ou rexeitando a causa da renuncia formulada. Nestes casos a medida penalizadora adoptarase cautelarmente, sen menoscabo da súa revogación ulterior, se cabe, co restablecemento da situación do/a aspirante.

Os incumprimentos que determinan a imposición de penalizacións son todos aqueles que non se atopen incluídos dentro dos mencionados no parágrafo seguinte como supostos admitidos como renuncia sen penalización.

Admitirase renuncia á oferta sen ningunha penalización, sempre que se xustifique de forma suficiente nos seguintes supostos:

-Maternidade ou adopción legal recente.

-Exercicio de representación sindical.

-Ter contraído matrimonio nun intervalo de 15 días en relación á data de chamamento.

-Falecemento ou enfermidade grave de familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade nun intervalo de 4 días respecto da data de chamamento.

-Asistencia a exames oficiais coincidentes coa data de chamamento.

-Atoparse traballando nesta ou noutra institución pública.

-Enfermidade.

Serán excluídos definitivamente da lista, así mesmo, os/as aspirantes que incorresen en incumprimentos graves ou moi graves, tanto derivados da súa calidade de aspirante inscrito/a na lista, como do concreto desenvolvemento do posto de traballo, nos termos que recolle o I Convenio colectivo para o persoal laboral de Portos de Galicia. Para facer efectivas as exclusións derivadas dos citados incumprimentos seguirase un procedemento no que se garanta, en todo caso, a audiencia ao/á interesado/a.

I.8. Disposicións especiais.

Cando un/unha aspirante sexa cesado/a por non superar o período de proba que se estipule no nomeamento, quedará automaticamente excluído das listas.

I.9. Recursos.

Esta convocatoria e as súas bases poderán ser impugnadas mediante recurso contencioso-administrativo perante o órgano competente da orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante o anterior, os/as interesados/as poderán optar por interpoñer recurso de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, perante o presidente de Portos de Galicia, nos termos previstos nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2007.

Vicente Irisarri Castro

Presidente de Portos de Galicia

ANEXO I

Auxiliar-administrativo/a.

* Requisitos xerais:

-Segundo o establecido nos parágrafos 4 e 5 do punto I.4 deste pacto.

* Requisitos mínimos:

-Titulación exixida: graduado escolar, FPI ou equivalente.

-Diploma acreditativo do nivel de perfeccionamento no coñecemento da lingua galega.

En cumprimento das previsións da Lei de normalización lingüística de Galicia, aqueles/as aspirantes seleccionados/as que non acrediten a posesión do dito diploma, comprométense a realizar os cursos que, para tal efecto, sexan convocados e conten coa homologación da Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

* Documentación: xunto coa solicitude deberán presentarse:

-Curriculum vitae.

-Fotocopia do documento nacional de identidade do/a candidato/a.

-Fotocopias compulsadas da documentación que acredite os requisitos mínimos exixidos para a praza a que se opta.

-Fotocopias compulsadas da documentación que acredite os méritos alegados.

-Se é o caso: acreditación oficial do tempo como desempregado total e non subsidiario.

A experiencia laboral deberá acreditarse mediante certificado de vida laboral e mais contrato/s de traballo, dúas nóminas ou certificado/s de empresa.

ANEXO II

Administrativo/a.

* Requisitos xerais:

-Segundo o establecido nos parágrafos 4 e 5 do punto I.4 deste pacto.

* Requisitos mínimos:

-Titulación exixida: bacharelato superior, FPII ou equivalente.

ANEXO III

Celador/a-gardapeiraos.

* Requisitos xerais:

-Segundo o establecido nos parágrafos 4 e 5 do punto I.4 deste pacto.

* Requisitos mínimos:

-Titulación exixida: bacharelato superior, FPII ou equivalente.

-Permiso de conducir: B.

ANEXO IV

Delineante-topógrafo/a.

* Requisitos xerais:

-Segundo o establecido nos parágrafos 4 e 5 do punto I.4 deste pacto.

* Requisitos mínimos:

-Titulación exixida: técnico superior en desenvolvemento e aplicación de proxectos de construción, ou técnico superior en desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas, FPII rama de delineación ou equivalente.

-Diploma acreditativo do nivel de perfeccionamento no coñecemento da lingua galega.

En cumprimento das previsións da Lei de normalización lingüística de Galicia, aqueles/as aspirantes seleccionados/as que non acrediten a posesión do dito diploma, comprométense a realizar os cursos que, para tal efecto, sexan convocados e conten coa homologación da Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

* Documentación: xunto coa solicitude deberán presentarse:

-Curriculum vitae.

-Fotocopia do documento nacional de identidade do/a candidato/a.

-Fotocopias compulsadas da documentación que acredite os requisitos mínimos exixidos para a praza a que se opta.

-Fotocopias compulsadas da documentación que acredite os méritos alegados.

-Se é o caso: acreditación oficial do tempo como desempregado total e non subsidiario.

A experiencia laboral deberá acreditarse mediante certificado de vida laboral e mais contrato/s de traballo, dúas nóminas ou certificado/s de empresa.

ANEXO V

Condutor/a-conserxe.

* Requisitos xerais:

-Segundo o establecido nos parágrafos 4 e 5 do punto I.4 deste pacto.

* Requisitos mínimos:

-Titulación exixida: bacharelato superior, FPII ou equivalente.

-Permiso de conducir: B.

-Diploma acreditativo do nivel de perfeccionamento no coñecemento da lingua galega.

En cumprimento das previsións da Lei de normalización lingüística de Galicia, aqueles/as aspirantes seleccionados/as que non acrediten a posesión do devandito diploma, comprométense a realizar os cursos que, para tal efecto, sexan convocados e conten coa homologación da Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

* Documentación: xunto coa solicitude deberán presentarse:

-Curriculum vitae.

-Fotocopia do documento nacional de identidade do/a candidato/a.

-Fotocopias compulsadas da documentación que acredite os requisitos mínimos exixidos para a praza á que se opta.