DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2007 Páx. 8.350

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2007, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a data do sorteo para determinar a composición dos tribunais que deberán xulgar os procedementos selectivos de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, de escolas de idiomas, de música e artes escénicas, de artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades.

A base quinta das ordes do 9 de abril de 2007 (DOG do 13 de abril) polas que se convocan procedementos selectivos de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional e corpo de mestres, así como para a adquisición de novas especialidades polos funcionarios de carreira dos anteditos corpos da Comunidade Autónoma de Galicia, establece que os tribunais que xulguen o proceso selectivo estarán integrados por unha presidencia que será designada directamente pola Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e catro vogais designados por sorteo público entre os funcionarios de carreira do corpo e especialidade correspondente.

Resultando necesario facer pública a data e a hora en que terá lugar o sorteo público, de acordo co preceptuado na base quinta das referidas ordes, esta secretaría xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-O sorteo para determinar os catro vogais e os seus suplentes correspondentes, que xulgarán o proceso selectivo de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, corpo de mestres e para a adquisición de novas especialidades polos funcionarios de carreira dos anteditos corpos da comunidade autónoma, farase entre funcionarios de carreira do corpo e especialidades correspondentes.

Segundo.-Polo que respecta ao corpo de mestres, farase entre funcionarios de carreira deste corpo con destino definitivo ou provisional na provincia en que vaia a actuar o tribunal.

Terceiro.-O sorteo terá lugar na sala de xuntas da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, San Caetano s/n, Santiago de Compostela, o día 29 de maio de 2007, ás 10.00 horas.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2007.

Benito Fernández Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria