DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2007 Páx. 8.349

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 30 de abril de 2007 pola que se resolve a convocatoria de libre designación, anunciada pola Orde do 5 de marzo de 2007 (Diario Oficial de Galicia nº 53, do 15 de marzo).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Economía e Facenda, por Orde do 5 de marzo de 2007 (Diario Oficial de Galicia nº 53, do 15 de marzo), en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4º e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, modificado polo artigo 6 da Lei 3/1995, do 10 de abril; visto o Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e demais normativa vixente, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Designar a funcionaria que se cita no anexo desta orde para ocupar o posto que así mesmo se sinala.

Segundo.-O cesamento no actual destino efectuarase segundo o previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa Administración de orixe. A toma de posesión deberá facerse no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao do cesamento ou no dun mes, segundo proceda, de conformidade co disposto no referido artigo.

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro onde cause alta a funcionaria efectuará, dentro dos prazos sinalados anteriormente, a dilixencia de toma de posesión e seguidamente serán realizados os trámites para a súa alta en nómina.

Das dilixencias efectuadas serán remitidas copias á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, a interesada poderá interpoñer, recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia; de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente, recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2007.

José Ramón Fernández Antonio

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO

Apelidos e nome: Blanco Aller, María de los Milagros.

NRP: 3279117546 A2051.

Grupo: B.

Denominación do posto: secretaria de delegación.

Código do posto: EFC991000015001047.

Nivel: 28.

Centro directivo ou dependencia: delegación territorial.

Localidade: A Coruña.