DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2007 Páx. 8.348

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2007, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos ao proceso selectivo para o acceso ás categorías 003 (auxiliar de clínica // auxiliar sanitario/a e outras), 004 (auxiliar de fogar // coidador/a auxiliar e outras), 005 (oficial 2ª cociña // cociñeiro/a oficial 2ª), 009 (oficial 2ª agrario), 011 (auxiliar de laboratorio), 016 (condutor/a) e 035 (auxiliar de arquivos e bibliotecas) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría.

Por resolución do 23 de marzo de 2007, publicada no DOG nº 67, do 4 de abril, apróbanse as relacións provisionais de aspirantes admitidos e excluídos aos procesos selectivos para o ingreso nas distintas categorías correspondentes ao grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia pola quenda de promoción interna e cambio de categoría.

Transcorrido o prazo regulamentario para a emenda, se é o caso, de defectos relativos ás citadas relacións de admitidos e excluídos e emendados estes, de conformidade co establecido na base I.4.2 que rexe as probas selectivas convocadas pola Orde do 21 de febreiro de 2006, publicada no DOG nº 81, do 27 de abril, a Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Primeiro.-Aprobar as listas definitivas de admitidos e excluídos ao proceso selectivo para o ingreso nas categorías 003 (auxiliar de clínica // auxiliar sanitario/a e outras), 004 (auxiliar de fogar //coidador/a auxiliar e outras), 005 (oficial 2ª cociña // cociñeiro/a oficial 2ª), 009 (oficial 2ª agrario), 011 (auxiliar de laboratorio), 016 (condutor/a) e 035 (auxiliar de arquivos e bibliotecas) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia pola quenda de promoción interna e cambio de categoría.

Segundo.-As listas de aspirantes admitidos estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nos das súas delegacións provinciais, no Servizo de Información Administrativa e Atención ao Cidadán en Santiago de Compostela, no Servizo de Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia en Vigo e Ferrol, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e tamén poderá consultarse a través da páxina web oficial da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga, en ningún caso, o cumprimento dos requisitos que, para o acceso a cada categoría, se recollen na base I.2 da respectiva orde de convocatoria, e todo iso en relación coa base V desta.

Para solicitar información o teléfono de contacto é o 902 12 00 12, das 9.00 ás 19.00 horas de luns a venres, e das 9.00 ás 14.00 horas os sábados.

Terceiro.-Publicar a relación de excluídos nas distintas categorías, con referencia á/s causa/s de exclusión, figurando tal relación como anexo I á esta resolución.

Cuarto.-De conformidade co disposto na base I.3.1 os aspirantes excluídos disporán dun prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para solicitar a devolución dos dereitos de exame aboados.

Para facer efectivo o disposto no parágrafo anterior, os interesados dirixirán un escrito á Dirección Xeral da Función Pública onde fagan constar con claridade os seguintes datos:

-Nome e apelidos.

-DNI.

-Grupo e categoría/s a que optaban.

-Datos bancarios, con especificación do código da entidade bancaria, código da sucursal e número de conta a cal desexen que se lles efectúe a transferencia polo importe aboado.

Quinto.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer reclamación previa á vía xudicial laboral no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, conforme os artigos 69 e seguintes do Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de procedemento laboral.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2007.

Mª del Mar Rodríguez Fernández

Directora xeral da Función Pública