DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2007 Páx. 8.347

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 10 de maio de 2007 pola que se modifica a composición dos tribunais que deberán cualificar os procesos selectivos para o acceso ás distintas categorías do grupo II de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia polas quendas de acceso libre e promoción interna, e cambio de categoría.

Presentadas renuncias por algúns dos compoñentes dos tribunais designados para cualificar os procesos selectivos para o acceso ás distintas categorías do grupo II de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia polas quendas de acceso libre e promoción interna e cambio de categoría, nomeados pola Orde do 26 de abril de 2007 (DOG número 85, do 3 de maio), e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Aceptar a renuncia presentada por Mª del Mar Lauroba Sánchez como vogal titular do tribunal II-C designado para cualificar o proceso selectivo para o acceso á categoría 007 (titulados/as de grao medio) do grupo II de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia polas quendas de acceso libre e promoción interna e cambio de categoría.

Nomear como vogal titular do dito tribunal II-C a Mª Ángeles Alonso Bouza.

Segundo.-Aceptar a renuncia presentada por Marcelo Ricoy Riego como vogal suplente do tribunal II-D encargado de cualificar o proceso selectivo para o acceso á categoría 017 (asistente social) do grupo II de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia polas quendas de acceso libre e promoción interna e cambio de categoría.

Nomear como vogal suplente do dito tribunal II-D a Mª del Mar Estévez Mosquera.

Aceptar a renuncia presentada por Mª José González Outomuro como vogal suplente en representación das organizacións sindicais do tribunal II-D designado para cualificar o proceso selectivo para o acceso á categoría 017 (asistente social) do grupo II de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia polas quendas de acceso libre e promoción interna e cambio de categoría.

Nomear como vogal suplente en representación das organizacións sindicais do dito tribunal II-D a Adelina Rodríguez González.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2007.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza