O Decreto 25/2001, do 18 de xaneiro, polo que se regula a organización e o funcionamento do Consello Galego de Cooperativas, desenvolve as previsións contidas na súa norma de creación, a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, que regula no seu artigo 4 a composición, no artigo 5 o procedemento de nomeamento e cesamento dos membros deste órgano e no artigo 6 as substitucións.
En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, o artigo 5 e a disposición derradeira 1ª do Decreto 25/2001, do 18 de xaneiro, en relación co Decreto 232/2005, do 11 de agosto, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, e os decretos 213/2005, do 3 de agosto, e 536/2005, do 6 de outubro, que establecen o nomeamento como conselleiro de Traballo e a estrutura orgánica da consellería, respectivamente,
DISPOÑO:
Artigo único.-O nomeamento do conselleiro da Caixa Rural Galega, Manuel Varela López, como vogal titular, e o nomeamento de José Aquilino Rodríguez López, conselleiro da mesma entidade, como vogal suplente, en representación da Caixa Rural Galega.
Santiago de Compostela, 8 de maio de 2007.
Ricardo Jacinto Varela Sánchez
Conselleiro de Traballo