DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 18 de maio de 2007 Páx. 8.232

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

FONDO GALEGO DE GARANTÍA AGRARIA

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2007 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Fondo Galego de Garantía Agraria no primeiro cuadrimestre de 2007.

O artigo 11.1º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xullo), dispón que cada consellería ou entidade da Comunidade Autónoma de Galicia deberá publicar cuatrimestralmente, no Diario Oficial de Galicia, os convenios de colaboración previstos no artigo 3.1º c) do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, subscritos no cuadrimestre anterior.

Polo exposto, e en virtude das facultades que teño concedidas no artigo 8 da Lei 7/1994, do 29 de decembro, e no artigo 14 do Decreto 128/1996, do 14 de marzo,

RESOLVO:

Facer pública a relación de convenios subscritos polo organismo autónomo Fondo Galego de Garantía Agraria nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2007, conforme a relación que se xunta como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2007.

Edelmiro López Iglesias

irector do Fondo Galego de Garantía Agraria