Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración, a que se refire o artigo 3.1º c) do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, subscritos por este organismo autónomo no primeiro cuadrimestre do ano 2007 e que se relacionan no anexo a esta resolución.
A Estrada, 3 de maio de 2007.
Carlos Suárez-Mira Rodríguez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública