DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 18 de maio de 2007 Páx. 8.229

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 23 de abril de 2007 pola que se establece o procedemento e os requisitos para acadar os acordos sobre a taxa de estabilidade en sectores de actividade.

Advertido erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia do mércores, 2 de maio de 2007, é necesario efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 6.932, no artigo 4º, onde di: «…sinatura, por unha banda, as organizacións sindicais e empresariais mais representativas en Galicia, e doutra as partes que negociaron e asinaron o convenio colectivo sectorial. O acordo acadarase no seo do Consello Galego de Relacións Laborais.»; debe dicir: «… sinatura, as organizacións sindicais e empresariais máis representativas en Galicia. O acordo acadarase no seo do Consello Galego de Relacións Laborais».