DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 18 de maio de 2007 Páx. 8.228

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2007, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se fai pública a celebración dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria (tratamentos DDD).

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia, a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6º que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicaranlles aos organismos responsables na comunidade autónoma a homologación dos ditos cursos, e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vaia celebrar.

En consecuencia, anúnciase a celebración dun curso de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Consumo e de Agricultura do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, solicitado pola entidade Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso.

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria. Nivel básico.

2. Entidade organizadora.

Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U.

3. Data.

Do 4 ao 7 de xuño de 2007.

4. Lugar de celebración.

Instalacións de Biocontrol.

Avda. Fernández Latorre, 5-9, 2º oficinas 6-7. 15006 A Coruña.

5. Número de prazas.

Máximo 20 alumnos.

6. Dirixido a:

Todo o persoal auxiliar dos servizos de aplicación de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria non clasificados como moi tóxicos, e persoal de establecementos.

7. Criterios de selección.

Por rigorosa orde de recepción da solicitude de inscrición.

8. Presentación de solicitudes.

Solicitude segundo modelo anexo.

9. Programa.

* Día 4:

-De 9.00 a 11.00 h:

1. Praguicidas. Historia. Descrición e xeneralidades. Lexislación I.

-De 11.15 a 14.15 h:

2. Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria.

* Día 5:

-De 9.00 a 11.00 h:

3. Riscos para o home derivados do uso dos praguicidas. Lexislación II.

4. Hixiene e seguranza no manexo e aplicación de praguicidas.

-De 11.15 a 14.15 h:

5. Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios na intoxicación por praguicidas.

6. Praguicidas e ambiente. Problemas. Destrución de envases.

* Día 6:

-De 9.00 a 11.00 h:

7. Métodos de loita antivectorial. Técnicas de aplicación.

-De 11.15 a 14.15 h:

8. Métodos químicos (DDD). Técnicas de aplicación de praguicidas. Desinfección ambiental. Lexionela.

* Día 7:

-De 9.00 a 11.00 h:

9. Prácticas.

9.1. Preparación de disolucións de produtos.

9.2. Exercicios prácticos.

9.3. Interpretación de pictogramas e etiquetas de praguicidas.

-De 11.15 a 15.15 h:

9.3. Uso axeitado dos medios de protección persoal.

9.4. Boas prácticas de almacenamento de praguicidas.

9.5. Avaliación tipo test.

10. Certificado de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente, co cal poderá solicitarlle á Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de praguicidas de uso ambiental e na industria, alimentaria nivel básico.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2007.

Ramón Medina González-Redondo

Director xeral de Saúde Pública

ANEXO

Ficha de solicitude de inscrición

Curso de capacitación para aplicadores de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria. Nivel básico.

Entidade organizadora:

Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U.

Datas:

Do 4 ao 7 de xuño de 2007.

Lugar de celebración do curso:

Instalacións de Biocontrol.

Avda. Primo de Rivera, 4-2º, local 6-7. 15006 A Coruña.

Duración:

20 horas teórico/prácticas e 1 hora de exame.

Horario: das 9.00 ás 14.15 h.

Nº de prazas: 20 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Enviarase a ficha de inscrición a Biocontrol por correo á avda. Primo de Rivera, 4-2º, local 6-7. 15006 A Coruña, Telf.: 981 24 54 18, por fax: 981 16 81 59 ou por e-mail a biocontrol@biocontrolbcl.com, acompañada de:

-Xustificante de ingreso de 290 euros/alumno na conta Biocontrol, S.L. do BBVA co número 0182 2201 47 0201553579.

Data límite de presentación de solicitudes:

Ata o 1 de xuño do 2007.

Criterio de selección:

Por rigorosa orden de recepción da solicitude xunto co xustificante de pagamento.

Empresa..................................................................

CIF..........................................................................

Enderezo.....................................CP........................

Localidade...............................................................

Teléfono..................................Fax...........................

E-mail:....................................................................

Apelidos..................................................................

Nome.......................................................................