DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 18 de maio de 2007 Páx. 8.193

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ORDE do 26 de abril de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da innovación empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2007. (Códigos de procedemento: IN841A, IN841B, IN841C, IN841D, IN841E, IN841F e IN841G).

A Lei 12/1993, do 6 de agosto, de fomento da investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, no seu artigo 1º establece como obxectivo xeral o fomento da investigación científica e a innovación tecnolóxica para promover o desenvolvemento económico, social e produtivo de Galicia. Como unha ferramenta encamiñada ao logro deste obxectivo, a citada lei, no seu capítulo II, crea o Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica. O Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 21 de setembro de 2006, aprobou o Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2006-2010 (Incite).

O Incite ten como misión impulsar o crecemento económico e social de Galicia mediante a mellora da súa capacidade científico-tecnolóxica, facilitando deste xeito a participación das empresas no proceso de innovación e a extensión dos beneficios da investigación ao conxunto da sociedade galega. Este plan estrutúrase en tres tipos de programas: os programas horizontais, os programas xerais e os programas sectoriais.

Dentro dos programas sectoriais inclúese o Programa de innovación empresarial, que comprende todas as accións e instrumentos destinados a incrementar a competitividade das empresas galegas mediante o estímulo da innovación nas organizacións en calquera punto da cadea de valor e en todos os procesos da empresa. Para o desenvolvemento deste programa sectorial no Incite prevese, entre outros, a prestación de apoio financeiro mediante a convocatoria anual de axudas.

Así mesmo, o 1 de xaneiro de 2007 entrou en vigor o Marco Comunitario sobre axudas estatais de investigación e desenvolvemento e innovación para o período 2007-2013, que fai extensivas ás actividades de innovación as posibilidades xa existentes de axuda á I+D.

De acordo co marco anterior, nesta convocatoria prevese a concesión de axudas ás empresas galegas para o desenvolvemento de proxectos de innovación empresarial e para o equipamento dos seus departamentos de I+D, así como aos centros tecnolóxicos ou clústers empresariais que lideran a posta en marcha de plataformas tecnolóxicas nos sectores estratéxicos para Galicia.

Para as empresas, pequenas e medianas (INNOVAPEME) e grandes (INNOVAMAIS), prevese a concesión de subvencións para a realización de estudos de viabilidade técnica de carácter preparatorio para as actividades de I+D+I, para o desenvolvemento de proxectos de innovación empresarial en materia de proceso e organización, para a preparación de proxectos que se presenten a convocatorias de axudas estatais ou internacionais, para cofinanciar aqueles proxectos non rematados e que xa foron obxecto de axuda ao abeiro de convocatorias estatais ou internacionais, e para a dotación de equipamento de laboratorios ou departamentos de I+D.

Para os centros tecnolóxicos ou clústers empresariais prevese a concesión de subvencións para a consolidación das plataformas tecnolóxicas galegas, que foron creadas baixo o financiamento obtido ao abeiro da convocatoria de axudas do pasado ano, e tamén para a creación de novas plataformas tecnolóxicas.

Artigo 1º-Convocatoria e bases reguladoras.

1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases, incluídas nos anexos indicados no seguinte cadro, polas que se rexerá a concesión das subvencións da Consellería de Innovación e Industria para as seguintes finalidades:

Finalidade, código de procedemento e anexo das bases:

-Creación de plataformas tecnolóxicas; IN841A. Anexo I.

-Consolidación de plataformas tecnolóxicas. IN841F. Anexo II.

-Realización de estudos de viabilidade. IN841B. Anexo III.

-Realización de proxectos de innovación. IN841C. Anexo IV.

-Cofinanciamento de proxectos subvencionados con anterioridade noutras convocatorias de axudas estatais e internacionais. IN841D. Anexo V.

-Preparación de novos proxectos para a participación noutras convocatorias de axudas estatais e internacionais. IN841E. Anexo VI.

-Dotación de laboratorios ou departamentos de I+D. IN841G. Anexo VII.

2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o ano 2007.

3. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, e quedará suxeito ao Marco Comunitario sobre axudas estatais de investigación e desenvolvemento e innovación (DOUE C 323, do 30 de decembro de 2006).

4. Estas subvencións concederanse para a realización dos proxectos que se inicien con posterioridade á presentación da solicitude de subvención ao abeiro desta convocatoria. Non obstante, tamén se admitirán os proxectos que se iniciasen no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2007 e a data de presentación da solicitude de subvención, quedando supeditada esta admisión á consideración do seu efecto incentivador e á necesidade da axuda, conforme o establecido no capítulo 6 do Marco Comunitario sobre axudas estatais de investigación e desenvolvemento e innovación (DOUE C 323, do 30 de decembro de 2006).

Artigo 2º.-Solicitudes.

1. Para poder ser beneficiario das subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada aos modelos normalizados que, a título exclusivamente informativo, figuran como (do VIII ao XIV) desta orde, que irán acompañados dos documentos que se especifican no artigo 4 das correspondentes bases reguladoras.

2. Os formularios de solicitude das subvencións deberanse obter, cubrir, aceptar e imprimir necesariamente a través da aplicación informática establecida nos enderezos da internet http://www.dxid.org, http://www.xunta.es/servizos ou http://www.conselleriaiei.org/dxidi. Poderanse cubrir e obter os formularios ata as 24.00 horas do día anterior ao da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

3. Rexeitarase calquera solicitude que non se formalice segundo o indicado no punto anterior.

Artigo 3º.-Lugar e prazo de presentación das solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse preferentemente nos rexistros da Consellería de Innovación e Industria, así como nos de calquera outro órgano da Administración xeral do Estado, das comunidades autónomas ou das entidades que integran a Administración local, sempre que neste último caso se teña subscrito o oportuno convenio, ou polos restantes medios previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 4º.-Información aos interesados.

1. Sobre estes procedementos administrativos, que teñen os códigos IN841A, IN841B, IN841C, IN841D, IN841E, IN841F e IN841G, poderase obter información adicional na Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da consellería (http://www.conselleriaiei.org), na súa epígrafe de axudas e na oficina virtual.

b) Os teléfonos 981 95 73 87 e 981 95 73 88 da devandita dirección xeral.

c) O enderezo electrónico info.segapi@xunta.es

d) Presencialmente.

2. Así mesmo, para cuestións xerais sobre estes ou outros procedementos poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Consellería de Innovación e Industria, que é o 981 54 43 41.

Artigo 5º.-Financiamento e concorrencia.

1. As subvencións imputaranse ás aplicacións orzamentarias que se indican no seguinte cadro, expresadas todas en euros, nas que existe crédito axeitado e suficiente no orzamento da comunidade autónoma para o ano 2007, sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria, o que poderá dar lugar á concesión de máis subvencións de acordo coa orde de prelación de solicitudes que resulte da aplicación dos criterios de valoración. As aplicacións orzamentarias sinaladas con asterisco están cofinanciadas con fondos Feder e FCI. A aplicación restante está cofinanciada con fondos FCI. Os beneficiarios das axudas deberán cumprir as normas de información e publicidade dos fondos contidas no Regulamento 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro (L 371/1, DOUE do 27-12-2006).

-Aplicación orzamentaria: *10.02.561A.770.0.

Crédito 2007: 1.000.000.

Crédito 2008: 0.

Crédito 2009: 0.

Total: 1.000.000.

-Aplicación orzamentaria: *10.02.741A.771.0.

Crédito 2007: 5.000.000.

Crédito 2008: 9.000.000.

Crédito 2009: 5.000.000.

Total: 19.000.000.

-Aplicación orzamentaria: *10.02.741A.781.0.

Crédito 2007: 2.000.000.

Crédito 2008: 0.

Crédito 2009: 0.

Total: 2.000.000.

-Totais:

Total 2007: 8.000.000.

Total 2008: 9.000.000.

Total 2009: 5.000.000.

Total: 22.000.000.

2. As axudas previstas nesta orde serán incompatibles con calquera outra das que poida conceder esta consellería para o mesmo proxecto. Polo demais, estas axudas serán compatibles con calquera outra destinada ao mesmo proxecto, calquera que sexa a súa natureza e a entidade que a conceda, sempre que conxuntamente non superen o custo total do proxecto. Non obstante, no caso das empresas (pequenas, medianas e grandes), o conxunto das axudas acadadas non poderá exceder, en termos de equivalente de subvención bruto (ESB), a porcentaxe fixada en cada procedemento nas súas correspondentes bases reguladoras. Teranse en conta as seguintes definicións:

-Equivalente de subvención bruto (ESB): valor actualizado da axuda expresado en porcentaxe do valor actualizado dos custos subvencionables.

-Pequena e mediana empresa (PEME): aquelas que ocupan a menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede de 50 millóns de euros ou cuxo balance xeral anual non excede de 43 millóns de euros; dentro destas consideraranse pequenas empresas aquelas que ocupan a menos de 50 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros. Para o cálculo destes efectivos e importes financeiros haberá que aterse ao disposto na Recomendación da Comisión do 6 de maio de 2003 sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DOUE L 124, do 20 de maio).

Artigo 6º.-Consentimentos e autorizacións.

1. De conformidade co artigo 43 da Lei 14/2006, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007, a presentación da solicitude de concesión da subvención comportará a autorización do solicitante para que o órgano concede este obteña de forma directa a acreditación do cumprimento das súas obrigas tributarias co Estado, coa comunidade autónoma e coa Seguridade Social, a través de certificados telemáticos.

Igualmente, de conformidade co mesmo artigo, se o solicitante indica que certa documentación que se deba usar neste procedemento xa está no poder da Administración, a presentación da solicitude implica a autorización ao órgano instrutor para acceder a ela. Para estes efectos, a documentación debe manterse vixente e identificarase no formulario de solicitude o procedemento administrativo para o que foi presentada.

2. De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da subvención consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, no devandito rexistro, feito que terá lugar agás nos supostos legalmente establecidos.

3. De conformidade co artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, esta consellería publicará na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e a súa publicación na citada páxina web, coas excepcións previstas nas leis.

Artigo 7º.-Órganos competentes.

A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da subvención, correspondendo ao conselleiro de Innovación e Industria ditar a resolución de concesión.

Artigo 8º.-Instrución dos procedementos.

1. De conformidade co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nesta convocatoria ou nas bases reguladoras, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixese, se terá por desistido da súa petición, logo da correspondente resolución.

Este requirimento de emenda tamén se fará se das certificacións obtidas de conformidade co artigo 6º.1 desta convocatoria resulta que o solicitante non está ao día no de pagamento das súas obrigas tributarias e sociais co Estado, coa comunidade autónoma e coa Seguridade Social.

2. Sen prexuízo do disposto no punto anterior, poderá requirirse do solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

3. Unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán remitidos á comisión encargada da súa valoración, de acordo co establecido no artigo seguinte.

4. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nesta convocatoria, nas bases reguladoras ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, na que se indicarán as causas desta.

Artigo 9º.-Comisión de valoración.

1. A comisión de valoración será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes de acordo cos criterios obxectivos fixados no artigo 5 das bases reguladoras, así como de propoñer a concesión ou denegación das subvencións aos interesados.

2. A composición da comisión de valoración será a seguinte:

a) O subdirector xeral de Innovación Empresarial da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación ou persoa en quen delegue, que actuará como presidente.

b) O subdirector xeral de Promoción Industrial da Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información.

c) O subdirector xeral de Administración Industrial da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

d) Un xestor de Fomento da Innovación Empresarial e, de ser o caso, os outros xestores que actuarán con voz pero sen voto.

f) Un funcionario da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, que actuará como secretario con voz e voto.

3. Na proposta de concesión que formule a comisión figurarán de xeito individualizado as solicitudes propostas para obter a subvención, especificándose a avaliación que lles corresponde segundo os criterios recollidos no artigo 5 das bases reguladoras. Así mesmo, indicarase o importe da subvención para cada unha delas, ata esgotar o crédito dispoñible.

4. O resto das solicitudes, consideradas subvencionables, quedará en reserva para ser atendidas, ben co crédito que quedase libre de producirse algunha renuncia ou modificación nos proxectos inicialmente subvencionados, ou ben co incremento dos créditos orzamentarios destinados a estas subvencións. Para estes efectos poderán realizarse sucesivas propostas de resolución conforme o sinalado neste artigo.

Artigo 10º.-Audiencia.

1. Instruído o procedemento, e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución, porase de manifesto aos interesados para que, nun prazo de dez días, poidan formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que xulguen pertinentes.

2. Porén, poderase prescindir do trámite a que se refire o punto anterior cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas polo interesado.

Artigo 11º.-Resolución e notificación.

1. Unha vez concluído o trámite de audiencia, a comisión de valoración formulará a proposta de resolución, que se elevará, a través do órgano instrutor, ao conselleiro.

2. O conselleiro, á vista da proposta, ditará a correspondente resolución, que deberá estar debidamente motivada e expresará, cando menos, a actuación que se subvenciona e o seu custo, así como a subvención concedida e a súa contía, ou, de ser o caso, a causa de denegación.

3. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ao interesado será de seis meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se transcorrese o prazo máximo para resolver sen que recaese resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

4. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Non obstante, e de conformidade co establecido no artigo 59.6º b) da indicada lei, no caso das subvencións concedidas poderase substituír a notificación individual pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Innovación e Industria, con indicación da data da convocatoria, do beneficiario, da cantidade concedida e da finalidade da subvención outorgada. As solicitudes desestimadas notificaranse individualmente con indicación das causas da desestimación.

Artigo 12º.-Réxime de recursos.

As resolucións ditadas ao abeiro desta orde de convocatoria porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Innovación e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 13º.-Modificación da resolución.

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. Poderase acordar a modificación da resolución de concesión por instancia do beneficiario, sempre que este presente a solicitude de modificación con anterioridade á data de finalización do prazo de xustificación do investimento obxecto de subvención e se cumpran os seguintes requisitos:

a) Que a actividade, conduta ou modificación do proxecto estea comprendida dentro da finalidade das bases reguladoras.

b) Que se acredite a inexistencia de prexuízo a terceiros.

c) Que os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de ter concorrido na concesión inicial, non supuxesen a denegación da subvención.

3. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado polo conselleiro de Innovación e Industria logo da instrución do correspondente expediente en que se lle dará audiencia ao interesado nos termos previstos no artigo 10 desta convocatoria.

Artigo 14º.-Aceptación e renuncia.

1. Sen prexuízo dos recursos que procedan contra a resolución, transcorridos quince días naturais desde a notificación ou publicación desta sen que o interesado comunicase expresamente a súa renuncia á subvención entenderase que a acepta, e desde ese momento adquirirá a condición de beneficiario. A renuncia á subvención poderase facer axustándose ao modelo que se inclúe como anexo XV desta orde, así como por calquera outro medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 91 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. No caso de que se comunicase a renuncia en prazo, o conselleiro ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 42.1º da mesma lei.

Artigo 15º.-Obrigas dos beneficiarios.

Sen prexuízo das demais obrigas que resulten da disposición adicional segunda do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, os beneficiarios das axudas quedan obrigados a:

a) Proceder ao reintegro, total ou parcial, da subvención percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión.

b) Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que corresponde á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas e, se é o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

c) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

d) Manter o investimento asociado ao proxecto de innovación durante un período mínimo de cinco anos, ou de tres anos no caso das PEME, unha vez rematado o proxecto.

e) Non superar as porcentaxes máximas de acumulación de axudas establecidas na normativa comunitaria europea.

Artigo 16º.-Subcontratación.

Será de aplicación o disposto no artigo 29 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. Para os efectos desta orde, non se entende por subcontratación a adquisición por parte do beneficiario de maquinaria e bens de equipo nin a contratación de servizos externos para realizar as actividades subvencionables.

Artigo 17º.-Xustificación da subvención.

1. Para cobrar a subvención concedida, o beneficiario deberá presentar nos lugares sinalados no artigo 3º desta convocatoria, e na data límite do 31 de outubro do exercicio correspondente á anualidade de que se trate, ademais da documentación exixida no artigo 6 das bases reguladoras, un exemplar da seguinte documentación:

a) Un resumo da execución do investimento no cal conste o concepto subvencionable, o provedor, o importe (IVE excluído) e a data de cada un dos xustificantes presentados agrupados por conceptos de gastos.

b) Xustificación do investimento: copia compulsada das facturas en relación cos gastos subvencionados, emitidas dentro do período comprendido entre a data de inicio e a data límite de xustificación da anualidade correspondente.

c) Xustificación do pagamento: transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto de pagamento. En ningún caso se admitirán xustificantes de pagamento con data posterior ao 31 de decembro do exercicio correspondente. Nestes documentos deberán estar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento e a satisfacción do importe total da factura.

d) Para cada unha das subministracións de material inventariable e para cada un dos gastos de consultoría ou servizos externos que superen os 12.000 euros, deberán achegarse:

-Un mínimo de tres ofertas de diferentes provedores, salvo que polas especiais características dos gastos non exista no mercado suficiente número de entidades que fagan esas subministracións ou presten eses servizos, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á presentación da solicitude de subvención. De ser o caso, estas excepcións deberán xustificarse.

-Unha memoria xustificativa cando a elección non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

e) No caso dos custos de persoal, tanto propio como adicional contratado, destinado ao proxecto, deberá achegarse:

-Certificación emitida polo responsable de persoal co visto e prace do xerente ou director da empresa, consistente nunha relación detallada por meses do persoal dedicado ao proxecto que deberá incluír os seguintes datos: sinatura do traballador, DNI, nome, apelidos, posto na empresa, retribución bruta mensual, data de pagamento das retribucións, importe da Seguridade Social con cargo á empresa, data de pagamento da S.S. e custo total imputado ao proxecto (retribucións + S.S.). Poderanse requirir xustificantes de pagamento relativos aos datos que figuran na devandita certificación.

-Copia compulsada do contrato de traballo no caso de persoal técnico adicional contratado pola empresa para a realización do proxecto.

f) No caso de gastos de viaxes deberá achegarse:

-Certificación emitida polo responsable do proxecto co visto e prace do xerente ou director da empresa, consistente nunha relación das viaxes realizadas polo persoal asignado ao proxecto, que deberá incluír os seguintes datos: DNI, nome, apelidos e posto na empresa das persoas desprazadas, xustificación da necesidade da viaxe, lugar de destino, data de ida, data de volta, e conceptos e custos imputados.

-Xustificantes da realización e pagamento dos gastos imputados para cada unha das viaxes relacionadas nesta certificación.

g) Certificación expedida pola entidade bancaria na que se sinale o número de conta do beneficiario onde se deba realizar o pagamento.

2. Transcorrido o prazo indicado sen que o beneficiario presentase a documentación solicitada, poderase entender que renuncia á subvención. Neste caso, o conselleiro ditará a oportuna resolución, nos termos do artigo 42.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 18º.-Pagamento.

1. Recibida a documentación xustificativa da subvención, os órganos competentes da consellería, antes de proceder ao seu pagamento, poderán realizar as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento da actividade subvencionada.

2. Poderán realizarse pagamento parciais á conta da liquidación final nas condicións establecidas na normativa vixente.

3. Nos proxectos plurianuais enténdese que os investimentos que se efectúen desde a data límite de xustificación da anualidade corrente ata o final de ano corresponden á anualidade seguinte e, polo tanto, poderán presentarse como xustificante para o cobramento desta anualidade.

Artigo 19º.-Incumprimento, reintegros e sancións.

1. O incumprimento das obrigas contidas nesta orde, nas bases reguladoras ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, de ser o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora correspondentes.

2. Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no artigo 78.10º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.

3. Aos beneficiarios das subvencións reguladas nesta orde seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.

Artigo 20º.-Control.

1. A Consellería de Innovación e Industria poderá facer as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento das subvencións.

2. Alén do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercido pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e a súa normativa de desenvolvemento. Así mesmo, estarán sometidas ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Artigo 21º.-Publicidade.

No prazo máximo de tres meses, contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Artigo 22º.-Remisión normativa.

Para todo o non previsto nas bases reguladoras observarse o ao previsto no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia; no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, no Marco Comunitario sobre axudas estatais de investigación e desenvolvemento e innovación (DOUE C 323, do 30 de decembro de 2006) e no resto de normativa que resulte de aplicación. A concesión das axudas está supeditada á aprobación desta orde por parte da Comisión Europea.

Disposicións derradeiras

Primeira. Habilitación para o desenvolvemento.

Facúltase o director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación para que dite as resolucións que sexan precisas para o desenvolvemento e aplicación desta orde.

Segunda. Entrada en vigor.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2007.

Fernando Xabier Blanco Álvarez

Conselleiro de Innovación e Industria

ANEXO I

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a creación de plataformas tecnolóxicas (código de

procedemento: IN841A)

Artigo 1º.-Obxecto e réxime das subvencións.

1. As subvencións reguladas nestas bases teñen por obxecto a creación de plataformas tecnolóxicas galegas. As plataformas tecnolóxicas son instrumentos específicos que teñen como obxectivo fundamental o planeamento da estratexia referente á investigación, desenvolvemento e innovación, a través das actuacións científico-tecnolóxicas relacionadas cun sector empresarial determinado.

Con estas subvencións preténdese incentivar a posta en marcha no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia destas plataformas, co fin de planificar a investigación e o desenvolvemento estratéxico a medio e longo prazo en sectores nos cales as sinerxías xurdidas entre empresas, centros de investigación, universidades e centros tecnolóxicos poidan incrementar a capacidade innovadora e situar Galicia como un polo tecnolóxico estratéxico a nivel estatal e europeo.

Preténdese que na etapa inicial de creación o líder da plataforma sexa o centro tecnolóxico de referencia do sector, ou o clúster empresarial correspondente se o houbese. Será necesario que a plataforma tecnolóxica conte con axentes representativos dos diferentes ámbitos (produtivo, científico e tecnolóxico), así como cun plan de actuación que prevexa a elaboración dun documento de visión a medio-longo prazo e unha axenda estratéxica de investigación.

2. Para a determinación do custo subvencionable, consideraranse como gastos subvencionables os seguintes:

a) Gastos de persoal da entidade solicitante destinado ás tarefas de creación da plataforma tecnolóxica, sempre que se xustifique adecuadamente a súa necesidade e a súa vinculación coa execución deste proxecto.

b) Gastos de consultoría externa ou servizos externos, necesarios para a creación da plataforma tecnolóxica.

c) Outros gastos suplementarios directamente derivados do proxecto de creación da plataforma tecnolóxica e que, á vista da solicitude presentada, se consideren fundamentais para o seu desenvolvemento (viaxes, xornadas, publicacións, material funxible, etc.).

3. Estas subvencións só terán unha única anualidade; polo tanto, só se admitirán aqueles gastos, dos relacionados no punto anterior, que fosen realizados dentro do período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2007 e a data límite de xustificación establecida no artigo 6º destas bases.

Artigo 2º.-Contía das subvencións.

Estas subvencións poderán acadar o 100% do custo subvencionable, establecéndose unha contía máxima de subvención de 90.000 euros para a creación de cada plataforma tecnolóxica.

Artigo 3º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios destas subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos na convocatoria e nestas bases, os centros tecnolóxicos públicos ou privados e os clústers empresariais da Comunidade Autónoma galega. Para estes efectos serán considerados como beneficiarios os seguintes centros tecnolóxicos:

-A través da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia:

-Centro de Innovación e Servizos, Tecnoloxía e Deseño (CIS-Galicia).

-Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia (CIS-Madeira).

-Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia (LOMG).

-Centro de Investigacións Tecnolóxicas (CIT).

-Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC).

-Centro Tecnolóxico Armando Priegue (AIMEN).

-Centro Tecnolóxico da Carne.

-Centro Tecnolóxico Nacional de Conservación de Produtos de Pesca (Anfaco-Cecopesca).

-Instituto de Cerámica.

-Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga).

-Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar).

-Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG).

-Centro Tecnolóxico Galego de Acuicultura (Cetga).

-Instituto de Electrónica Aplicada Pedro Barrie de la Maza.

-Centro Tecnolóxico da Pesca de Celeiro (Cetpec).

-Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia.

-Centro Tecnolóxico da Lousa de Galicia.

Artigo 4º.-Solicitudes.

1. A solicitude constará dos seguintes documentos:

a) Formulario normalizado de solicitude, un exemplar, obtido a través da aplicación informática sinalada no artigo 2º da convocatoria, impreso sen engadir novos datos e sen realizar emendas ou riscadas no seu formato orixinal. Estes formularios deberán ser asinados polo representante legal da entidade solicitante.

b) Declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas, para o mesmo fin, de todas as administracións públicas (obterase da aplicación informática sinalada no artigo 2º da convocatoria).

c) Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das prohibicións para a obtención de subvencións recollidas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (obterase da aplicación informática sinalada no artigo 2º da convocatoria).

d) Opcionalmente, declaración comprometéndose á utilización da lingua galega nas súas relacións coa administración autonómica (obterase da aplicación informática sinalada no artigo 2º da convocatoria).

e) Cartas ou documentos de adhesión á plataforma tecnolóxica dos distintos axentes que formarán parte dela.

f) Unha copia compulsada do CIF da entidade solicitante, ou NIF no caso de empresario individual.

g) Unha copia compulsada do xustificante de alta na Seguridade Social.

h) Unha copia compulsada do poder bastante co que actúa o representante legal da entidade solicitante.

i) Unha copia compulsada do documento nacional de identidade do representante legal.

j) Unha copia compulsada da escritura de constitución da entidade e modificacións, de ser o caso, da persoa xurídica a que representa, debidamente inscrita no rexistro mercantil ou industrial.

2. Da documentación relacionada no punto anterior, os centros tecnolóxicos de carácter público só deberán achegar os documentos sinalados nas letras a), b), c), d) e e).

Artigo 5º.-Criterios de valoración.

Na valoración realizada pola comisión de valoración teranse en conta os seguintes criterios (máximo 100 puntos):

a) Programa de actuacións que se van realizar (máximo 40 puntos).

b) Participación de todos os actores do Sistema Galego de Innovación no sector específico da plataforma e grao de implicación do sector empresarial (máximo 35 puntos).

c) Interese para Galicia do sector produtivo no cal se enmarca a plataforma (máximo 20 puntos).

d) Compromiso de utilización da lingua galega en todas as relacións que o interesado manteña coa Administración autonómica, de acordo co establecido no artigo 6.3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística (máximo 2,5 puntos).

e) Solicitude presentada correctamente, sen que sexa necesaria a súa rectificación (máximo 2,5 puntos).

Artigo 6º.-Xustificación da subvención.

Para cobrar a subvención concedida o beneficiario deberá presentar, na data límite do 31 de outubro de 2007, a seguinte documentación:

a) A relacionada no artigo 17 da convocatoria.

b) Memoria libre na cal se detalle o desenvolvemento do proxecto e os resultados obtidos.

c) Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

d) De ser o caso, toda a documentación editada e documentación de constitución.

ANEXO II

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a consolidación de plataformas tecnolóxicas (código de procedemento: IN841F)

Artigo 1º.-Obxecto e réxime das subvencións.

1. As subvencións reguladas nestas bases teñen por obxecto a consolidación das plataformas tecnolóxicas galegas que xa iniciaron a súa andaina o pasado ano 2006, baixo o impulso e o financiamento da Consellería de Innovación e Industria.

Con estas subvencións preténdense financiar os gastos de desenvolvemento e funcionamento da Secretaría Técnica da plataforma tecnolóxica, como órgano xestor e coordinador das súas actividades, todo isto co obxecto de promover a realización de actuacións encamiñadas a procurar o desenvolvemento de proxectos de cooperación no marco da Axenda Estratéxica de Investigación definida pola plataforma, que supoñan a participación en programas estatais e internacionais de I+D das empresas e entidades adheridas a ela.

2. Para a determinación do custo subvencionable, consideraranse como gastos subvencionables os seguintes:

a) Gastos de persoal da entidade solicitante destinado ás tarefas de consolidación da plataforma tecnolóxica, sempre que se xustifique adecuadamente a súa necesidade e a súa vinculación coa execución deste proxecto.

b) Gastos de consultoría externa ou servizos externos, necesarios para procurar a consolidación da plataforma tecnolóxica.

c) Outros gastos suplementarios directamente derivados do proxecto de consolidación da plataforma tecnolóxica e que, á vista da solicitude presentada, se consideren fundamentais para o seu desenvolvemento (viaxes, xornadas, publicacións, material funxible, etc.).

3. Estas subvencións só terán unha única anualidade; polo tanto, só se admitirán aqueles gastos, dos relacionados no punto anterior, que fosen realizados dentro do período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2007 e a data límite de xustificación establecida no artigo 6 destas bases.

Artigo 2º.-Contía das subvencións.

Estas subvencións poderán acadar o 100% do custo subvencionable, establecéndose unha contía máxima de subvención de 150.000 euros para cada plataforma tecnolóxica.

Artigo 3º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios destas subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos na convocatoria e nestas bases, os centros tecnolóxicos públicos ou privados e os clústers empresariais da Comunidade Autónoma galega que liderasen a creación da plataforma tecnolóxica correspondente.

Artigo 4º.-Solicitudes.

1. A solicitude constará dos seguintes documentos:

a) Formulario normalizado de solicitude, un exemplar, obtido a través da aplicación informática sinalada no artigo 2º da convocatoria, impreso sen engadir novos datos e sen realizar emendas ou riscados no seu formato orixinal. Estes formularios deberán ser asinados polo representante legal da entidade solicitante.

b) Declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas, para o mesmo fin, de todas as administracións públicas (obterase da aplicación informática sinalada no artigo 2º da convocatoria).

c) Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das prohibicións para a obtención de subvencións recollidas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (obterase da aplicación informática sinalada no artigo 2º da convocatoria).

d) Opcionalmente, declaración comprometéndose á utilización da lingua galega nas súas relacións coa Administración autonómica (obterase da aplicación informática sinalada no artigo 2º da convocatoria).

e) Relación de entidades adheridas á plataforma tecnolóxica.

f) De ser ocaso, toda a documentación editada.

g) Unha copia compulsada do CIF da entidade solicitante, ou NIF no caso de empresario individual.

h) Unha copia compulsada do xustificante de alta na Seguridade Social.

i) Unha copia compulsada do poder bastante co que actúa o representante legal da entidade solicitante.

j) Unha copia compulsada do documento nacional de identidade do representante legal.

k) Unha copia compulsada da escritura de constitución da entidade e modificacións, de ser o caso, da persoa xurídica a que representa, debidamente inscrita no rexistro mercantil ou industrial.

2. Da documentación relacionada no punto anterior, os centros tecnolóxicos de carácter público só deberán achegar os documentos sinalados nas letras a), b), c), d), e) e f).

Artigo 5º.-Criterios de valoración.

Na valoración realizada pola comisión de valoración teranse en conta os seguintes criterios (máximo 100 puntos):

a) Axenda Estratéxica de Investigación (máximo 40 puntos): teranse en conta o nivel de realización desta axenda e a documentación xerada no seu desenvolvemento.

b) Programa de actuacións para o ano 2007 (máximo 25 puntos).

c) Obxectivos fixados para o ano 2007 (máximo 15 puntos): teranse en conta a calidade dos obxectivos e a súa cuantificación mediante indicadores.

d) Proxectos de cooperación (máximo 15 puntos): teranse en conta os traballos xa realizados de cara a conseguir a participación das entidades da plataforma en proxectos de cooperación dentro dos programas estatais e internacionais de I+D.

e) Compromiso de utilización da lingua galega en todas as relacións que o interesado manteña coa Administración autonómica, de acordo co establecido no artigo 6.3º da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística (máximo 2,5 puntos).

f) Solicitude presentada correctamente, sen que sexa necesaria a súa rectificación (máximo 2,5 puntos).

Artigo 6º.-Xustificación da subvención.

Para cobrar a subvención concedida o beneficiario deberá presentar, na data límite do 31 de outubro de 2007, a seguinte documentación:

a) A relacionada no artigo 17 da convocatoria.

b) Memoria libre na cal se detalle o desenvolvemento do proxecto e os resultados obtidos.

c) Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

d) De ser o caso, toda a documentación editada e a documentación de constitución.

ANEXO III

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a realización de estudos de viabilidade (código de

procedemento: IN841B)

Artigo 1º.-Obxecto e réxime das subvencións.

1. As subvencións reguladas nestas bases teñen por obxecto a realización de estudos de viabilidade técnica de carácter preparatorio para as actividades de investigación industrial, desenvolvemento tecnolóxico e innovación empresarial, así como aqueles estudos que teñan por obxecto o diagnóstico tecnolóxico das capacidades da empresa e que sirvan de referencia para un determinado plan estratéxico de innovación.

Estes estudos estarán destinados á adquisición de coñecementos que poidan resultar de utilidade e garantir a creación ou mellora de produtos, procesos ou servizos, a través da realización posterior dun proxecto de investigación, desenvolvemento tecnolóxico ou innovación no ámbito dos programas do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica. Non se admitirán proxectos que teñan como finalidade a implantación dunha determinada norma ou certificación.

Así mesmo, inclúense dúas modalidades de axuda, segundo o tipo de empresa solicitante:

-INNOVAPEME: estudos de viabilidade realizados por Pemes.

-INNOVAMAIS: estudos de viabilidade realizados por grandes empresas.

2. Para a determinación do custo subvencionable, consideraranse como gastos subvencionables os seguintes:

a) Gastos de persoal da entidade solicitante destinado á realización do estudo de viabilidade, sempre que se xustifique adecuadamente a súa necesidade e vinculación con el.

b) Gastos de consultoría externa ou servizos externos, necesarios para a realización do estudo de viabilidade.

c) Outros gastos suplementarios directamente derivados da realización do estudo de viabilidade e que, á vista da solicitude presentada, se consideren fundamentais para este (viaxes, xornadas, publicacións, material funxible, etc.).

3. Establécense uns límites de custo subvencionable mínimo e máximo de 9.000 e 30.000 euros respectivamente, fóra dos cales non serán atendidas as solicitudes.

4. Estas subvencións só terán unha única anualidade; polo tanto, só se admitirán aqueles gastos, dos relacionados no punto 2, que fosen realizados dentro do período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2007 e a data límite de xustificación establecida no artigo 6 destas bases.

Artigo 2º.-Contía das subvencións e concorrencia.

1. Na modalidade INNOVAPEME estas subvencións poderán acadar o 50% do custo subvencionable e na modalidade INNOVAMAIS poderán acadar o 40% do custo subvencionable.

2. Para os efectos do establecido no artigo 5.2º da convocatoria, establécese como límite máximo para o conxunto das axudas acadadas as porcentaxes fixadas no punto anterior, para cada tipo de empresa, medidas en termos de equivalente de subvención bruto (ESB).

Artigo 3º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios destas subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos na convocatoria e nestas bases, as empresas de carácter privado con personalidade xurídica que estean validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes e que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma galega. Non terán a condición de beneficiario as asociacións de empresas ou calquera outra entidade sen ánimo de lucro.

Artigo 4º.-Solicitudes.

A solicitude constará dos seguintes documentos:

a) Formulario normalizado de solicitude, un exemplar, obtido a través da aplicación informática sinalada no artigo 2 da convocatoria, impreso sen engadir novos datos e sen realizar emendas ou riscadas no seu formato orixinal. Estes formularios deberán ser asinados polo representante legal da entidade solicitante.

b) Curriculum vitae de todos os membros do equipo humano asignado ao proxecto. Este documento deberase engadir obrigatoriamente na aplicación informática, sinalada no artigo 2º da convocatoria, como documento en formato Word ou PDF a través do mecanismo habilitado para tal efecto.

c) Declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas, para o mesmo fin, de todas as administracións públicas (obterase da aplicación informática sinalada no artigo 2º da convocatoria).

d) Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das prohibicións para a obtención de subvencións recollidas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (obterase da aplicación informática sinalada no artigo 2º da convocatoria).

e) Declaración de cumprir os requisitos de pequena, mediana ou grande empresa (obterase da aplicación informática sinalada no artigo 2º da convocatoria).

f) Opcionalmente, declaración comprometéndose á utilización da lingua galega nas súas relacións coa Administración autonómica (obterase da aplicación informática sinalada no artigo 2º da convocatoria).

g) Unha copia compulsada do CIF da entidade solicitante, ou NIF no caso de empresario individual.

h) Unha copia compulsada do xustificante de alta na Seguridade Social.

i) Unha copia compulsada do poder bastante co que actúa o representante legal da entidade solicitante.

j) Unha copia compulsada do documento nacional de identidade do representante legal.

k) Unha copia compulsada da escritura de constitución da entidade e modificacións, de ser o caso, da persoa xurídica a que representa, debidamente inscrita no rexistro mercantil ou industrial.

Artigo 5º.-Criterios de valoración.

Na valoración realizada pola comisión de valoración teranse en conta os seguintes criterios (máximo 100 puntos):

a) Interese innovador do proxecto para o sector produtivo correspondente (máximo 40 puntos).

b) Aplicabilidade e posibilidade de transferencia dos resultados previstos (máximo 35 puntos).

c) Capacidade da empresa para desenvolver proxectos de I+D+I (máximo 20 puntos).

d) Compromiso de utilización da lingua galega en todas as relacións que o interesado manteña coa Administración autonómica, de acordo co establecido no artigo 6.3º da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística (máximo 2,5 puntos).

e) Solicitude presentada correctamente, sen que sexa necesaria a súa rectificación (máximo 2,5 puntos).

Artigo 6º.-Xustificación da subvención.

Para cobrar a subvención concedida o beneficiario deberá presentar, na data límite do 31 de outubro de 2007, a seguinte documentación:

a) A relacionada no artigo 17 da convocatoria.

b) Copia do estudo de viabilidade obxecto da subvención.

c) Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

ANEXO IV

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a realización de proxectos de innovación (código de procedemento: IN841C)

Artigo 1º.-Obxecto e réxime das subvencións.

1. O obxectivo das subvencións reguladas por estas bases é fomentar a innovación empresarial en materia de proceso e de organización (produción, márketing e loxística) para aumentar a competitividade das empresas galegas industriais e de servizos. Trátase de impulsar non só as innovacións tecnolóxicas de proceso ou produto, senón tamén a implementación de técnicas de xestión da produción, técnicas de márketing ou técnicas loxísticas. Polo tanto, estas subvencións destinaranse á realización dos seguintes proxectos de innovación empresarial:

a) Innovación de proceso. Implementación de sistemas ou métodos de produción que sexan novos ou significativamente mellorados respecto dos existentes, ou que estean vinculados coa obtención directa ou lanzamento e posta no mercado de produtos ou servizos novos ou significativamente mellorados.

b) Innovación de organización da produción. Implantación de técnicas de xestión da produción relacionadas co deseño, industrialización e fabricación de produtos, orientadas á consecución dos seguintes obxectivos:

-Integración dos procesos de concepción e industrialización, buscando facer o ciclo de deseño máis rápido e efectivo aforrando os custos ligados a esta etapa.

-Introdución de técnicas de deseño orientado á fabricación, así como ferramentas de axuda á xestión da calidade nestas fases que faciliten a organización das operacións na produción.

-Eliminación de actividades que non acheguen valor, introducindo técnicas que simplifiquen e fagan máis eficientes os procesos de produción.

-Implantación de sistemas de xestión integrais mediante a utilización de ferramentas informáticas que supoñen un cambio da xestión e de procedementos implantados inicialmente sen estes sistemas.

c) Innovación de márketing. Implantación de técnicas de márketing destinadas a mellorar a capacidade da empresa nos eidos da distribución, adaptación ao cliente e servizo posvenda.

d) Innovación de loxística. Implantación de técnicas de xestión loxística, orientadas á consecución dos seguintes obxectivos:

-Elaboración de plans loxísticos en que se faga unha análise integral dos procesos (na que basicamente se analicen as referencias, volumes de actividade, custos, procesos, cadros de mando, etc.) para posteriormente definir políticas que reflictan un modelo personalizado que lle permita á empresa a mellora da súa organización e redución de custos.

-Mellora da organización e utilización dos sistemas de información e das tecnoloxías de comunicación utilizadas en toda a cadea: integración de tecnoloxías e sistemas e selección destes sistemas de información, destacando os sistemas de relación entre empresas, clientes e administracións (B2B, B2C e B2A).

-Xestión do fluxo daqueles bens e produtos que foron rexeitados polo mercado e son destinados ao procesamento, reciclaxe, reutilización ou destrución ao mínimo custo.

-Xestión da rastrexabilidade do produto ata a súa entrega ao cliente final.

2. Co desenvolvemento destes proxectos de innovación, as empresas solicitantes deben superar a práctica de simple compra ou adquisición de tecnoloxía (maquinaria, patentes, etc.) e realizar o esforzo por vincular a incorporación e adopción de tecnoloxías adquiridas no mercado con esforzos innovadores propios que favorezan o aproveitamento óptimo delas dentro de cada organización e a mellora da competitividade da nosa comunidade autónoma. En consecuencia, os citados proxectos de innovación, para poder acollerse a esta convocatoria de axudas, deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Non se considerarán innovacións os cambios ou melloras de importancia menor, o aumento das capacidades de produción ou servizo mediante a introdución de sistemas de fabricación ou loxística moi similares aos xa utilizados, os cambios nas prácticas comerciais, a organización do centro de traballo ou as relacións baseadas en métodos organizativos xa empregados na empresa, os cambios na estratexia de xestión, as fusións ou adquisicións, o abandono dun proceso, a mera substitución ou ampliación de capital, os cambios exclusivamente derivados de variacións do prezo dos factores, a personalización (customisation), os cambios periódicos de carácter estacional ou outros e o comercio de produtos novos ou significativamente mellorados.

b) A innovación debe representar unha novidade ou mellora substancial con respecto ao estado actual deste campo na industria da Comunidade Autónoma galega e, así mesmo, comportar un grao evidente de risco.

c) As innovacións que se refiran maioritariamente á adquisición de inventariable poderán ser rexeitadas pola comisión de valoración cando xulgue que consisten basicamente en cambios de equipos. Para estes efectos só se considerarán integrantes do proxecto de innovación aqueles investimentos ou gastos con imputación do seu custo.

d) A innovación en materia de organización debe sempre gardar relación co uso e explotación de tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) co fin de introducir cambios na organización.

3. Distínguense dúas modalidades de axuda, segundo que os proxectos de innovación sexan realizados por pemes (INNOVAPEME) ou por grandes empresas (INNOVAMAIS). Así mesmo, os proxectos de innovación poden ser realizados por unha empresa de forma individual ou por varias empresas de xeito coordinado:

a) Proxectos individuais (modalidade INNOVAPEME):

-Para este tipo de proxectos só poderán presentar solicitude de subvención as pemes (pequenas ou medianas empresas).

-O custo subvencionable mínimo do proxecto será de 90.000 euros, por debaixo do cal non será atendida a solicitude de subvención.

-O obxectivo é impulsar a xeración de innovacións no interior das pemes, de forma autónoma ou en colaboración con centros tecnolóxicos, universidades ou empresas de servizos avanzados.

b) Proxectos coordinados (modalidades INNOVAPEME e INNOVAMAIS):

-Para este tipo de proxectos poderán presentar solicitude de subvención as pemes e as grandes empresas. Non obstante, no caso de grandes empresas, exíxese que no proxecto coordinado participe unha ou máis pemes e que a contribución conxunta destas pemes no custo subvencionable do proxecto sexa polo menos dun 30%.

-Para cada un dos subproxectos que deberá presentar cada unha das empresas que participen no proxecto coordinado rexerán as condicións e os requisitos dun proxecto individual e unha das empresas participantes desenvolverá o papel de líder do proxecto.

-O obxectivo é promover a innovación colectiva no tecido empresarial, impulsando a cooperación no esforzo de innovación, para acadar masa crítica que permita acometer proxectos de envergadura e reducir custos da innovación.

4. Para a determinación do custo subvencionable, consideraranse como investimentos e gastos subvencionables os seguintes:

a) Persoal técnico adicional que contrate a empresa para a realización do proxecto con carácter exclusivo e que no momento da contratación non teña vinculación laboral coa empresa nin a tivese nos dous últimos anos.

b) Persoal técnico propio da empresa, sempre e cando estea exclusivamente dedicado ao proxecto.

c) Material inventariable: adquisición de activos fixos novos, tales como maquinaria e bens de equipo relacionados directamente co proxecto de innovación, sempre que sexan de primeiro uso, e incluíndo as correspondentes instalacións para o seu funcionamento. No caso de leasing, financiarase o arrendamento sempre e cando se cumpran os dous requisitos seguintes:

-Deberá existir un compromiso oficial por escrito de adquisición do activo ao remate do contrato de leasing.

-As cotas de arrendamento deberán finalizar antes ou ao mesmo tempo que o proxecto obxecto da subvención.

d) Material funxible que non resulte da actividade produtiva propia da empresa solicitante.

e) Servizos tecnolóxicos externos ou gastos de consultoría externa, realizados por outras empresas, centros tecnolóxicos ou organismos públicos de investigación.

f) Gastos de viaxes realizados polo persoal asignado ao proxecto, debidamente xustificados.

g) Outros gastos necesarios para o seu desenvolvemento que estean suficientemente razoados na memoria (formación específica impartida por axentes externos, adquisición de licenzas de explotación, etc.).

5. Non serán considerados como subvencionables os investimentos e gastos seguintes:

a) Adquisición de terreo.

b) Urbanización e obra civil.

c) Adquisición de edificio, nave ou local.

d) Aluguer de edificio, nave ou local.

e) Gastos financeiros, salvo o establecido na letra c) do punto anterior para o caso de leasing.

f) Investimentos en equipamento usados.

g) Transporte exterior e interior.

h) Mobiliario en xeral.

i) Redacción do proxecto de obra civil e dirección facultativa.

j) Gastos destinados á implantación e certificación de sistemas de xestión da calidade.

k) Aqueles que, ao xuízo da comisión de valoración, resulten de carácter xeneralista e escasamente innovadores e que acheguen, unicamente, calidades ou capacidades básicas para o correcto funcionamento das liñas de produción ou dos distintos equipos.

l) Investimentos en activos procedentes de sociedades do mesmo grupo e os custos derivados do uso de consumibles producidos pola propia empresa ou empresas do mesmo grupo empresarial.

6. Estas subvencións terán como máximo tres anualidades contados desde a anualidade de 2007. Para a anualidade de 2007 só se admitirán aqueles gastos, dos relacionados no punto 4, que foran realizados dentro do período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2007 e a data límite de xustificación establecida no artigo 6 destas bases. Para o resto de anualidades, admitiranse os gastos realizados dentro do período comprendido entre a data límite de xustificación da anualidade anterior e a data límite de xustificación da anualidade corrente.

Artigo 2º.-Contía das subvencións e concorrencia.

1. Na modalidade INNOVAPEME estas subvencións poderán acadar o 35% do custo subvencionable para pequenas empresas e o 25% para empresas medianas, mentres que na modalidade INNOVAMAIS poderán acadar o 15% do custo subvencionable.

2. Para os efectos do establecido no artigo 5.2 da convocatoria, establécese como límite máximo para o conxunto das axudas acadadas as porcentaxes fixadas no punto anterior, para cada tipo de empresa, medidas en termos de equivalente de subvención bruto (ESB).

Artigo 3º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarias destas subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos na convocatoria e nestas bases, as empresas de carácter privado con personalidade xurídica que estean validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes e que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma galega, así como as agrupacións de empresas privadas que individualmente reúnan os anteriores requisitos. Non terán a condición de beneficiario as asociacións de empresas ou calquera outra entidade sen ánimo de lucro.

As agrupacións de empresas que carezan de personalidade xurídica deberán presentar un proxecto coordinado entre as empresas pertencentes á agrupación de empresas. Non se poderá disolver a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 23 e 79 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Artigo 4º.-Solicitudes.

A solicitude constará dos seguintes documentos:

a) Formulario normalizado de solicitude, un exemplar, obtido a través da aplicación informática sinalada no artigo 2º da convocatoria, impreso sen engadir novos datos e sen realizar emendas ou riscadas no seu formato orixinal. Estes formularios deberán ser asinados polo representante legal da entidade solicitante.

b) Curriculum vitae de todos os membros do equipo humano asignado ao proxecto. Este documento deberase engadir obrigatoriamente na aplicación informática, sinalada no artigo 2º da convocatoria, como documento en formato word ou PDF a través do mecanismo habilitado para tal efecto.

c) Declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas, para o mesmo fin, de todas as administracións públicas (obterase da aplicación informática sinalada no artigo 2º da convocatoria).

d) Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das prohibicións para a obtención de subvencións recollidas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (obterase da aplicación informática sinalada no artigo 2º da convocatoria).

e) Declaración de cumprir os requisitos de pequena, mediana ou grande empresa (obterase da aplicación informática sinalada no artigo 2º da convocatoria).

f) Opcionalmente, declaración comprometéndose á utilización da lingua galega nas súas relacións coa Administración autonómica (obterase da aplicación informática sinalada no artigo 2º da convocatoria).

g) Unha copia compulsada do CIF da entidade solicitante, ou NIF no caso de empresario individual.

h) Unha copia compulsada do xustificante de alta na Seguridade Social.

i) Unha copia compulsada do poder bastante co que actúa o representante legal da entidade solicitante.

j) Unha copia compulsada do documento nacional de identidade do representante legal.

k) Unha copia compulsada da escritura de constitución da entidade e modificacións, de ser o caso, da persoa xurídica a que representa, debidamente inscrita no rexistro mercantil ou industrial.

Artigo 5º.-Criterios de valoración.

1. Para os efectos de valoración das solicitudes presentadas, estas clasificaranse en dúas categorías: proxectos individuais e proxectos coordinados. Para cada unha destas categorías, e conforme o establecido nos puntos seguintes deste artigo, farase unha valoración independente, é dicir, cada proxecto competirá só cos proxectos da súa categoría.

A valoración dun proxecto coordinado resultará da media aritmética da valoración obtida polos subproxectos que o integran.

2. A valoración de cada proxecto ou subproxecto, no caso de proxectos coordinados, realizarase sobre un total de 100 puntos e constará de dúas fases: unha valoración externa realizada polos avaliadores (60 puntos) e unha valoración interna realizada pola comisión de valoración (40 puntos). A obtención dunha valoración externa inferior a 15 será causa de exclusión e, no caso dun subproxecto integrante dun proxecto coordinado, implicará a exclusión deste no seu conxunto (é dicir, a exclusión de todos os subproxectos que o integran).

Os avaliadores encargados de realizar a valoración externa serán nomeados polo director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación. De cada proxecto ou subproxecto, no caso de proxectos coordinados, faranse dúas avaliacións, por avaliadores distintos, e, no caso de discrepancia significativa entre estas dúas avaliacións, farase unha terceira por outro avaliador. Os xestores de Fomento da Innovación Empresarial, tendo en conta os informes de avaliación, realizarán un informe sobre a idoneidade das solicitudes presentadas.

3. Na valoración externa teranse en conta os seguintes criterios (máximo 60 puntos):

a) Contido do proxecto (máximo 25 puntos): teranse en conta o grao de coñecemento dos antecedentes en relación coa innovación proposta, o obxecto e obxectivos do proxecto (grao de detalle, claridade, precisión e factores críticos) e o seu interese innovador (interese e beneficios para a empresa, novidades ou melloras substanciais con respecto ao estado actual deste campo na industria galega e mundial, así como a aplicabilidade e posibilidade de transferencia destas novidades ou melloras).

b) Viabilidade do proxecto (máximo 20 puntos): teranse en conta o plan de traballo (compatibilidade e coherencia cos obxectivos, factores de risco e adecuación dos recursos humanos e materiais) e o plan de explotación dos resultados (grao de detalle, xustificación e repercusión na conta de resultados da empresa).

c) Capacidade da empresa e do equipo humano asignado ao desenvolvemento do proxecto (máximo 10 puntos): teranse en conta a capacidade técnica para o desenvolvemento do proxecto e a experiencia na dirección de proxectos de innovación e na transferencia de resultados de innovación. No caso de contratar servizos tecnolóxicos externos para o desenvolvemento do proxecto, por non dispor desta capacidade, substituirase esta valoración pola da entidade que prestará estes servizos.

d) Adecuación do orzamento do proxecto (máximo 5 puntos): terase en conta o grao de xustificación do orzamento para cada unha das tipoloxías de gasto ou investimento asociadas ao proxecto.

4. Na valoración interna teranse en conta os seguintes criterios (máximo 40 puntos):

a) Interese socioeconómico do proxecto (máximo 20 puntos): teranse en conta a coherencia dos obxectivos coa política científica e tecnolóxica da Xunta de Galicia, as implicacións ambientais (redución significativa da contaminación ou do consumo enerxético) e o incremento de capital humano.

b) Factores que se van potenciar (máximo 10 puntos): teranse en conta a participación equilibrada de mulleres no equipo humano asignado ao desenvolvemento do proxecto, se é unha empresa cualificada como IEBT (Iniciativa de Emprego de Base Tecnolóxica) pola Dirección Xeral de Promoción do Emprego da Consellería de Traballo e a dimensión económica do proxecto.

c) Investimento en I+D+I (máximo 5 puntos): teranse en conta o investimento nos últimos catro anos e, de ser o caso, os resultados obtidos en proxectos financiados anteriormente pola Dirección Xeral de I+D+I.

d) Compromiso de utilización da lingua galega en todas as relacións que o interesado manteña coa Administración autonómica, de acordo co establecido no artigo 6.3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística (máximo 2,5 puntos).

e) Solicitude presentada correctamente, sen que sexa necesaria a súa rectificación (máximo 2,5 puntos).

5. A comisión de valoración poderá fixar o número máximo de proxectos que poden ser obxecto destas subvencións para unha mesma empresa ou grupo empresarial.

Artigo 6º.-Xustificación da subvención.

Para cobrar a subvención concedida o beneficiario deberá presentar, na data límite do 31 de outubro do exercicio correspondente á anualidade de que se trate, a seguinte documentación:

a) A relacionada no artigo 17 da convocatoria.

b) No caso de subvencións plurianuais con importe superior a 30.050,61 euros, xustificante de depósito de aval bancario ou de entidade aseguradora depositado na Caixa Xeral de Depósitos da Xunta de Galicia, que deberá cubrir o importe da correspondente anualidade xunto cos xuros deste calculados ao tipo de xuro legal do diñeiro, vixente no momento da concesión e polo prazo que medie entre a data da solicitude e, como mínimo, aquela en que se cumpran dous meses da do remate do prazo de xustificación previsto.

c) Memoria libre en que se detalle o desenvolvemento do proxecto e os resultados obtidos.

d) Para efectuar o último pagamento, o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

No caso de proxectos coordinados, o incumprimento dun dos socios considerarase incumprimento do total do proxecto.

ANEXO V

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o cofinanciamento de proxectos subvencionados con anterioridade noutras convocatorias de axudas

estatais e internacionais (código de procedemento: IN841D)

Artigo 1º.-Obxecto e réxime das subvencións.

1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto o cofinanciamento de proxectos que foron obxecto de subvención noutras convocatorias de axuda de programas estatais ou internacionais (Programa Marco, Programas de innovación da UE, Eureka, Iberoeka, CDTI, PROFIT, etc.).

Con estas subvencións preténdese incrementar a participación das empresas galegas en proxectos estatais e internacionais, promovendo accións que faciliten a presenza das nosas empresas en actividades financiadas por outros organismos para asegurar os adecuados retornos científicos, tecnolóxicos e industriais (artigo 8.2º c) da Lei de fomento e coordinación xeral da investigación científica e técnica).

2. Consideraranse como subvencionables os mesmos conceptos de investimento e gasto que os especificados na convocatoria en que o proxecto foi obxecto de subvención. No caso de que estes non sexan especificados, asumiranse como subvencionables aqueles conceptos que aparecen especificados nas bases desta convocatoria que regulan a concesión de subvencións para a realización de proxectos de innovación empresarial (anexo IV).

3. Estos proxectos deberán ter sido subvencionados con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2005 e non poderán estar rematados no momento de presentación da solicitude de subvención ao abeiro desta convocatoria.

4. Estas subvencións terán como máximo tres anualidades contadas desde a de 2007. Para a anualidade de 2007 só se admitirán aqueles gastos que fosen realizados dentro do período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2007 e a data límite de xustificación establecida no artigo 6 destas bases. Para o resto de anualidades, admitiranse os gastos realizados dentro do período comprendido entre a data límite de xustificación da anualidade anterior e a data límite de xustificación da anualidade corrente.

Artigo 2º.-Contía das subvencións e concorrencia.

Sen prexuízo do establecido respecto a incompatibilidades e concorrencia de axudas na convocatoria estatal ou internacional en que o proxecto foi obxecto de axuda, para os efectos do establecido no artigo 5.2º desta convocatoria, a contía da subvención estará suxeita aos seguintes límites:

* O conxunto das axudas acadadas polo proxecto non poderá superar as seguintes porcentaxes, medidas en termos de equivalente de subvención bruto (ESB): 35% do custo subvencionable para pequenas empresas, 25% para empresas medianas e 15% para grandes empresas.

* A contía da subvención non poderá superar os 300.000 euros.

Artigo 3º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios destas subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos na convocatoria e nestas bases, as empresas de carácter privado con personalidade xurídica que estean validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes e que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma galega. Non terán a condición de beneficiario as asociacións de empresas ou calquera outra entidade sen ánimo de lucro.

Artigo 4º.-Solicitudes.

A solicitude constará dos seguintes documentos:

a) Formulario normalizado de solicitude, un exemplar, obtido a través da aplicación informática sinalada no artigo 2º da convocatoria, impreso sen engadir novos datos e sen realizar emendas ou riscadas no seu formato orixinal. Estes formularios deberán ser asinados polo representante legal da entidade solicitante.

b) Curriculum de todos os membros do equipo humano asignado ao proxecto. Este documento deberase engadir obrigatoriamente na aplicación informática, sinalada no artigo 2º da convocatoria, como documento en formato Word ou PDF a través do mecanismo habilitado para tal efecto.

c) Declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas, para o mesmo fin, de todas as administracións públicas (obterase da aplicación informática sinalada no artigo 2º da convocatoria).

d) Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das prohibicións para a obtención de subvencións recollidas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (obterase da aplicación informática sinalada no artigo 2º da convocatoria).

e) Declaración de cumprir os requisitos de pequena, mediana ou grande empresa (obterase da aplicación informática sinalada no artigo 2º da convocatoria).

f) Opcionalmente, declaración comprometéndose á utilización da lingua galega nas súas relacións coa Administración autonómica (obterase da aplicación informática sinalada no artigo 2º da convocatoria).

g) Unha copia compulsada da solicitude presentada ao organismo xestor da convocatoria en que o proxecto foi obxecto de subvención.

h) Unha copia compulsada da resolución de concesión do organismo competente que deberá conter ou ir acompañada da seguinte información: conceptos de investimento e gasto que foron obxecto de subvención (descrición e custo), o tipo e contía da subvención e á desagregación por anualidades do custo e da subvención.

i) Unha memoria libre sobre o estado de execución deste proxecto.

j) Unha copia compulsada do CIF da entidade solicitante, ou NIF no caso de empresario individual.

k) Unha copia compulsada do xustificante de alta na Seguridade Social.

l) Unha copia compulsada do poder bastante co cal actúa o representante legal da entidade solicitante.

m) Unha copia compulsada do documento nacional de identidade do representante legal.

n) Unha copia compulsada da escritura de constitución da entidade e modificacións, de ser o caso, da persoa xurídica a que representa, debidamente inscrita no rexistro mercantil ou industrial.

Artigo 5º.-Criterios de valoración.

Na valoración realizada pola comisión de valoración teranse en conta os seguintes criterios (máximo 100 puntos):

a) Carácter internacional do proxecto (máximo 20 puntos).

b) Capacidade investigadora do consorcio que presenta o proxecto (máximo 20 puntos).

c) A coherencia dos obxectivos do proxecto coa política científica e tecnolóxica da Xunta de Galicia, en particular as implicacións ambientais (redución significativa da contaminación ou do consumo enerxético), así como o interese innovador do proxecto para o sector produtivo correspondente (máximo 20 puntos).

d) Implicación de máis dun axente executor no proxecto, en particular pertencentes ao sector público (máximo 20 puntos).

e) Creación de novos postos de traballo cualificados, multidisciplinariedade do equipo de traballo e participación equilibrada de mulleres neste equipo (máximo 15 puntos).

f) Compromiso de utilización da lingua galega en todas as relacións que o interesado manteña coa Administración autonómica, de acordo co establecido no artigo 6.3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística (máximo 2,5 puntos).

g) Solicitude presentada correctamente, sen que sexa necesaria a súa rectificación (máximo 2,5 puntos).

Artigo 6º.-Xustificación da subvención.

Para cobrar a subvención concedida o beneficiario deberá presentar, na data límite do 31 de outubro do exercicio correspondente á anualidade de que se trate, a seguinte documentación:

a) A relacionada no artigo 17 da convocatoria.

b) No caso de subvencións plurianuais con importe superior a 30.050,61 euros, xustificante de depósito de aval bancario ou de entidade aseguradora depositado na Caixa Xeral de Depósitos da Xunta de Galicia, que deberá cubrir o importe da correspondente anualidade xunto cos xuros deste calculados ao tipo de xuro legal do diñeiro, vixente no momento da concesión e polo prazo que medie entre a data da solicitude e, como mínimo, aquela en que se cumpran dous meses da do remate do prazo de xustificación previsto.

c) Memoria libre en que se detalle o desenvolvemento do proxecto e os resultados obtidos.

d) Para efectuar o último pagamento, o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

ANEXO VI

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a preparación de novos proxectos para a participación noutras convocatorias de axudas estatais e

internacionais (código de procedemento: IN841E)

Artigo 1º.-Obxecto e réxime das subvencións.

1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a preparación de proxectos que se presenten a convocatorias de axuda de programas estatais ou internacionais (Programa Marco, Programas de innovación da EU, Eureka, Iberoeka, CDTI, PROFIT, etc.).

Con estas subvencións preténdese incrementar a participación das empresas galegas en proxectos estatais e internacionais, promovendo accións que faciliten a presenza das nosas empresas en actividades financiadas por outros organismos para asegurar os adecuados retornos científicos, tecnolóxicos e industriais (artigo 8.2º c) da Lei de fomento e coordinación xeral da investigación científica e técnica).

Así mesmo, inclúense dúas modalidades de axuda, segundo o tipo de empresa solicitante:

-INNOVAPEME: proxectos presentados por pemes.

-INNOVAMAIS: proxectos presentados por grandes empresas.

2. Para a determinación do custo subvencionable, consideraranse como gastos subvencionables os seguintes:

a) Gastos de persoal da entidade solicitante destinado á preparación do proxecto, sempre que se xustifique adecuadamente a súa necesidade e a súa vinculación coa execución deste proxecto.

b) Gastos de consultoría externa ou servizos externos, necesarios para a preparación do proxecto (labores de busca de socios, elaboración e presentación de propostas, redacción de memorias técnicas, etc.).

c) Outros gastos suplementarios directamente derivados da preparación do proxecto e que, á vista da solicitude presentada, se consideren fundamentais para o seu desenvolvemento (viaxes, xornadas, publicacións, material funxible, etc.).

3. Establécense uns límites de custo subvencionable máximo de 18.000 euros para a participación en convocatorias de programas internacionais (Programa Marco, Programas de innovación da UE, Eureka, Iberoeka, etc.) e do Programa Nacional Cenit, e de 6.000 euros para a participación en convocatorias dos demais programas estatais (CDTI, PROFIT, etc.).

Así mesmo, o outorgamento da subvención estará condicionado á presentación oficial do proxecto ante a Administración correspondente.

4. Estas subvencións só terán unha única anualidade; polo tanto, só se admitirán aqueles gastos, dos relacionados no punto 2, que fosen realizados dentro do período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2007 e a data límite de xustificación establecida no artigo 6 destas bases.

Artigo 2º.-Contía das subvencións e concorrencia.

1. Na modalidade INNOVAPEME estas subvencións poderán acadar o 50% do custo subvencionable e para a modalidade INNOVAMAIS poderán acadar o 40% do custo subvencionable.

2. Para os efectos do establecido no artigo 5.2º da convocatoria, establécese como límite máximo para o conxunto das axudas acadadas as porcentaxes fixadas no punto anterior, para cada tipo de empresa, medidas en termos de equivalente de subvención bruto (ESB).

Artigo 3º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios destas subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos na convocatoria e nestas bases, as empresas de carácter privado con personalidade xurídica que estean validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes e que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma galega. Non terán a condición de beneficiario as asociacións de empresas ou calquera outra entidade sen ánimo de lucro.

Artigo 4º.-Solicitudes.

A solicitude constará dos seguintes documentos:

a) Formulario normalizado de solicitude, un exemplar, obtido a través da aplicación informática sinalada no artigo 2º da convocatoria, impreso sen engadir novos datos e sen realizar emendas ou riscadas no seu formato orixinal. Estes formularios deberán ser asinados polo representante legal da entidade solicitante.

b) Curriculum de todos os membros do equipo humano asignado ao proxecto. Este documento deberase engadir obrigatoriamente na aplicación informática, sinalada no artigo 2 da convocatoria, como documento en formato Word ou PDF a través do mecanismo habilitado para tal efecto.

c) Declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas, para o mesmo fin, de todas as administracións públicas (obterase da aplicación informática sinalada no artigo 2º da convocatoria).

d) Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das prohibicións para a obtención de subvencións recollidas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (obterase da aplicación informática sinalada no artigo 2º da convocatoria).

e) Declaración de cumprir os requisitos de pequena, mediana ou grande empresa (obterase da aplicación informática sinalada no artigo 2º da convocatoria).

f) Opcionalmente, declaración comprometéndose á utilización da lingua galega nas súas relacións coa Administración autonómica (obterase da aplicación informática sinalada no artigo 2º da convocatoria).

g) Declaración responsable do representante legal da entidade solicitante, comprometéndose á presentación do proxecto ante a Administración correspondente.

h) Unha copia compulsada do CIF da entidade solicitante, ou NIF no caso de empresario individual.

i) Unha copia compulsada do xustificante de alta na Seguridade Social.

j) Unha copia compulsada do poder bastante co cal actúa o representante legal da entidade solicitante.

k) Unha copia compulsada do documento nacional de identidade do representante legal.

l) Unha copia compulsada da escritura de constitución da entidade e modificacións, de ser o caso, da persoa xurídica á que representa, debidamente inscrita no rexistro mercantil ou industrial.

Artigo 5º.-Criterios de valoración.

Na valoración realizada pola comisión de valoración teranse en conta os seguintes criterios (máximo 100 puntos):

a) Carácter internacional do proxecto (máximo 20 puntos).

b) Capacidade investigadora do consorcio que presenta o proxecto (máximo 20 puntos).

c) A coherencia dos obxectivos do proxecto coa política científica e tecnolóxica da Xunta de Galicia, en particular as implicacións ambientais (redución significativa da contaminación ou do consumo enerxético), así como o interese innovador do proxecto para o sector produtivo correspondente (máximo 20 puntos).

d) Implicación de máis dun axente executor no proxecto, en particular pertencentes ao sector público (máximo 20 puntos).

e) Grao de adecuación do orzamento (máximo 15 puntos).

f) Compromiso de utilización da lingua galega en todas as relacións que o interesado manteña coa Administración autonómica, de acordo co establecido no artigo 6.3º da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística (máximo 2,5 puntos).

g) Solicitude presentada correctamente, sen que sexa necesaria a súa rectificación (máximo 2,5 puntos).

Artigo 6º.-Xustificación da subvención.

Para cobrar a subvención concedida o beneficiario deberá presentar, na data límite do 31 de outubro de 2007, a seguinte documentación:

a) A relacionada no artigo 17 da convocatoria.

b) Memoria libre en que se detalle o desenvolvemento do proxecto e os resultados obtidos.

c) Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

d) Certificación expresa de que a solicitude foi admitida a trámite na Administración correspondente. No suposto de que a data límite para a presentación dos proxectos se situase no primeiro trimestre de 2008, a devandita certificación poderá ser substituída por unha declaración responsable do representante legal da entidade solicitante acreditativa de tal circunstancia, o que sería suficiente para acadar a fase de recoñecemento de obriga, cumpridos o resto dos requisitos exixidos no artigo 73.a.3) do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. A proposta de pagamento poderase levar a cabo unha vez que se acredite que a solicitude foi admitida a trámite na Administración correspondente.

ANEXO VII

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a dotación de laboratorios ou departamentos de I+D (código de procedemento: IN841G)

Artigo 1º.-Obxecto e réxime das subvencións.

1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a dotación de equipamento para laboratorios ou departamentos de I+D, existentes ou de nova creación, dentro do tecido empresarial galego.

Con estas subvencións preténdese favorecer a creación e ampliación da capacidade estable dentro das empresas mediante estruturas de I+D de dimensión apropiada para a xeración de desenvolvemento tecnolóxico.

Así mesmo, inclúense dúas modalidades de axuda, segundo o tipo de empresa solicitante:

-INNOVAPEME: dotacións de laboratorios ou departamentos de I+D en pemes.

-INNOVAMAIS: dotacións de laboratorios ou departamentos de I+D en grandes empresas.

2. Para a determinación do custo subvencionable consideraranse como gastos subvencionables os seguintes:

a) Adquisición de equipamento para investigación, sempre que non supoñan duplicidade inxustificada de equipamento existente no Sistema Galego de Innovación.

b) Instalacións e acondicionamentos imprescindibles para o funcionamento dos equipamento adquiridos.

c) Consumibles relacionados coa posta en marcha do laboratorio ou departamento de I+D sempre que non superen o 5% do investimento que se vai realizar.

3. Para obter estas subvencións será imprescindible que a empresa teña recursos humanos especificamente dedicados a I+D e deberá xustificar que actividades e proxectos se van levar a cabo. Ademais, non se financiarán dotacións de laboratorio para control de calidade.

4. Estas subvencións só terán unha única anualidade; polo tanto, só se admitirán aqueles gastos, dos relacionados no punto 2, que fosen realizados dentro do período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2007 e a data límite de xustificación establecida no artigo 6 destas bases.

Artigo 2º.-Contía das subvencións e concorrencia.

1. Na modalidade INNOVAPEME estas subvencións poderán acadar o 45% do custo subvencionable para pequenas empresas e o 35% para empresas medianas, mentres que na modalidade INNOVAMAIS poderán acadar o 25% do custo subvencionable.

2. Para os efectos do establecido no artigo 5.2º da convocatoria, establécese como límite máximo para o conxunto das axudas acadadas as porcentaxes fixadas no punto anterior, para cada tipo de empresa, medidas en termos de equivalente de subvención bruto (ESB).

Artigo 3º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarias destas subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos na convocatoria e nestas bases, as empresas de carácter privado ou público con personalidade xurídica que estean validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes e que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma galega, así como as agrupacións de empresas privadas que individualmente reúnan os anteriores requisitos. Non terán a condición de beneficiario as asociacións de empresas ou calquera outra entidade sen ánimo de lucro.

Artigo 4º.-Solicitudes.

A solicitude constará dos seguintes documentos:

a) Formulario normalizado de solicitude, un exemplar, obtido a través da aplicación informática sinalada no artigo 2º da convocatoria, impreso sen engadir novos datos e sen realizar emendas ou riscadas no seu formato orixinal. Estes formularios deberán ser asinados polo representante legal da entidade solicitante.

b) Curriculo de todos os membros do equipo investigador da empresa. Este documento deberase engadir obrigatoriamente na aplicación informática, sinalada no artigo 2 da convocatoria, como documento en formato Word ou PDF a través do mecanismo habilitado para tal efecto.

c) Declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas, para o mesmo fin, de todas as administracións públicas (obterase da aplicación informática sinalada no artigo 2º da convocatoria).

d) Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das prohibicións para a obtención de subvencións recollidas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (obterase da aplicación informática sinalada no artigo 2 da convocatoria).

e) Declaración de cumprir os requisitos de pequena, mediana ou grande empresa (obterase da aplicación informática sinalada no artigo 2º da convocatoria).

f) Opcionalmente, declaración comprometéndose á utilización da lingua galega nas súas relacións coa Administración autonómica (obterase da aplicación informática sinalada no artigo 2º da convocatoria).

g) Descrición do material solicitado, indicando os accesorios principais de que consta, a marca e o modelo. Se existen varias opcións, indicalas. De ser posible, xuntaranse folletos con características técnicas.

h) Tres orzamentos dos equipamento solicitados, utilizando para iso as correspondentes facturas pro forma. Os orzamentos deberán estar detallados en función das diferentes unidades que constitúen o equipamento.

i) Unha copia compulsada do CIF da entidade solicitante, ou NIF no caso de empresario individual.

j) Unha copia compulsada do xustificante de alta na Seguridade Social.

k) Unha copia compulsada do poder bastante co cal actúa o representante legal da entidade solicitante.

l) Unha copia compulsada do documento nacional de identidade do representante legal.

m) Unha copia compulsada da escritura de constitución da entidade e modificacións, de ser o caso, da persoa xurídica á que representa, debidamente inscrita no rexistro mercantil ou industrial.

Artigo 5º.-Criterios de valoración.

Na valoración realizada pola comisión de valoración teranse en conta os seguintes criterios (máximo 100 puntos):

a) Capacidade científico-técnica do persoal responsable do novo equipamento (máximo 35 puntos).

b) Interese e beneficios que lle proporciona á empresa e vinculación aos proxectos ou actividades que se van levar a cabo (máximo 30 puntos).

c) Adecuación do orzamento: máximo 15 puntos.

d) Capacidade da empresa para desenvolver proxectos de I+D+I (máximo 15 puntos).

e) Compromiso de utilización da lingua galega en todas as relacións que o interesado manteña coa Administración autonómica, de acordo co establecido no artigo 6.3º da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística (máximo 2,5 puntos).

f) Solicitude presentada correctamente, sen que sexa necesaria a súa rectificación (máximo 2,5 puntos).

Artigo 6º.-Xustificación da subvención.

Para cobrar a subvención concedida o beneficiario deberá presentar, na data límite do 31 de outubro de 2007, a seguinte documentación:

a) A relacionada no artigo 17 da convocatoria.

b) Memoria libre en que se detalle o desenvolvemento do proxecto e os resultados obtidos.

c) Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

Orde do 26 de abril de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da innovación empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2007.