DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 16 de maio de 2007 Páx. 8.041

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 9 de maio de 2007 pola que se desenvolve o Decreto 164/2005, do 16 de xuño, polo que se regulan e determinan as oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, se crea o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia e se regula a atención ao cidadán.

O Decreto 164/2005, do 16 de xuño, crea o Rexistro telemático da Xunta de Galicia, que permite a presentación por vía telemática de solicitudes, escritos e comunicacións. Esta orde inclúe no anexo VII do Decreto 164/2005, do 16 de xuño, novos procedementos, co fin de continuar impulsando o emprego de técnicas e medios electrónicos, informáticos e telemáticos no desenvolvemento da actividade da Xunta de Galicia e no exercicio das súas competencias.

De conformidade co disposto no artigo 2.2º e disposición adicional primeira b) e derradeira primeira do Decreto 164/2005, do 16 de xuño, polo que se regulan e determinan as oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, se crea o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia e se regula a atención ao cidadán,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Inclúense no anexo VII do Decreto 164/2005, do 16 de xuño (procedementos para os que está habilitado o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia), e quedan, pois, habilitados cos efectos previstos no seu artigo 5.1º, os seguintes procedementos:

* Altas e baixas de produtores de leite.

* Declaracións mensuais de entregas diarias realizadas por produtores.

* Declaracións trimestrais de compras a provedores e vendas a clientes.

* Retencións mensuais á conta.

* Declaración anual de compras de leite.

* Declaracións anuais de compras a provedores e vendas a clientes.

* Declaración anual do uso de leite adquirido e existencias.

2. Os procedementos para a tramitación electrónica estarán dispoñibles no enderezo http://www.xunta.es/servicios/.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2007

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza