DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 14 de maio de 2007 Páx. 7.747

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 19 de abril de 2007 pola que se modifica a do 19 de novembro de 2003, pola que se fai pública a composición do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.

Pola Orde do 19 de novembro de 2003 (DOG do 24 de novembro) fíxose pública a composición do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.

O artigo 10.2º da Lei 1/2003, do 9 de maio, dos consellos sociais do sistema universitario de Galicia, establece que serán membros do Consello Social, entre outros, un estudante e un representante do persoal de administración e servizos, elixidos polo Consello de Goberno da universidade entre os seus membros, na forma en que determinen os seus estatutos. En todo caso, os nomeamentos serán publicados no Diario Oficial de Galicia.

Con data do 2 de abril de 2007, o presidente do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela comunica a alta de Alberto Pérez Viso e Adrián García González como membros do seu Consello Social en representación, respectivamente, do persoal de administración e servizos e dos estudantes no Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo único.-Facer público o nomeamento de Alberto Pérez Viso e Adrián García González como membros do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela en representación do Consello de Goberno desta universidade.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2007.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNES PÚBLICAS

E XUSTIZA