DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 11 de maio de 2007 Páx. 7.659

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 30 de abril de 2007 pola que se regula a adscrición de forma temporal, en comisión de servizos e por petición da interesada ou interesado, dos funcionarios dos corpos docentes en centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde.

Advertido erro na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 89, do 9 de maio de 2007, cómpre efectuar a oportuna corrección:

Na páxina 7.405, no artigo 3º, onde di: «Poderán solicitar... en servizo activo dos corpos...»; debe dicir: «Poderán solicitar... en servizo activo ou en excedencia por coidado de familiar dos corpos...».