DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 26 de abril de 2007 Páx. 6.771

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 13 de abril de 2007 pola que se nomea un novo membro do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia.

Os comités éticos de investigación clínica son os encargados de emitir informe sobre todos os ensaios clínicos que se realicen dentro do seu ámbito territorial. Os ensaios clínicos e os comités éticos de investigación clínica regúlanse na comunidade autónoma polo Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro, e polo Real decreto 223/2006, do 6 de febreiro.

A Orde do 11 de xullo de 1996 pola que se crea o Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia, no seu artigo 3, dispón que a composición do comité se axustará ao establecido no Decreto 32/1996 e os seus membros serán nomeados por orde da Consellería de Sanidade.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, a Orde do 11 de xullo de 1996 e a disposición adicional primeira do Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro, polo que regula a realización de ensaios clínicos na Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta da División de Farmacia e Produtos Sanitarios do Servizo Galego de Saúde,

DISPOÑO:

Artigo único.-Noméase membro do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia, creado pola Orde do 11 de xullo de 1996, a persoa que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2007.

María José Rubio Vidal

Conselleira de Sanidade

ANEXO

Novo membro do CEIC de Galicia: Ascensión Cambrón Infante, profesora de filosofía do dereito moral e política da Universidade da Coruña.

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA