DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 24 de abril de 2007 Páx. 6.579

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2007 pola que se modifica a Resolución do 28 de xullo de 2006 pola que se desenvolve o Decreto 111/2006, do 30 de xuño, e se regulan en réxime de concorrencia competitiva as axudas para a rehabilitación e adaptación de edificios de vivendas de protección oficial de promoción pública.

Á vista das solicitudes presentadas no seo do procedemento de axudas de referencia que exceden o importe inicialmente previsto na Resolución do 28 de xullo de 2006, e en consideración, dunha banda, da situación xeral de necesidade urxente de abordar as obras que se desprenden das memorias e informes

técnicos presentados dos que se conclúe a inconveniencia de agardar novas convocatorias, e doutra, o prazo sinalado polas comunidades para desenvolver as obras para as que se solicitan as axudas, que alcanzan en moitos casos o ano 2008, considérase a necesidade de reaxustar e ampliar os importes previstos na resolución antedita e, en virtude do anterior,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase o artigo 6 da Resolución do 28 de xullo de 2006 pola que se desenvolve o Decreto 111/2006, do 30 de xuño, e se regulan en réxime de concorrencia competitiva as axudas para a rehabilitación e adaptación de edificios de vivendas de protección oficial de promoción pública, que queda redactado nos seguintes termos:

Estas axudas financiaranse con cargo á aplicación 17.90.451C.781.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, destinándose para tal fin 2.089.526,84 euros no ano 2007 e 1.958.704,21 euros no ano 2008.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación do Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2007.

Teresa Táboas Veleiro

Presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E TRANSPORTES