DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 24 de abril de 2007 Páx. 6.579

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 37/2007, do 15 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Advertidos erros no devandito decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 58, do 22 de marzo de 2007, procede facer as seguintes correccións:

-Na páxina 4.548, no artigo 19.1 letra b), onde di «avaliación do rendemento e calidade dos servizos», debe dicir «avaliación do desempeño e calidade dos servizos».

-Na páxina 4.548, no artigo 19.1, débese engadir unha letra c) co seguinte contido: «c) A emisión de informe, con carácter preceptivo e previo á súa aprobación, sobre os proxectos de disposicións de carácter xeral emanados das consellerías da Xunta de Galicia, dos seus centros directivos e organismos autónomos, que afecten a procedementos administrativos por instancia de parte».

A actual letra c), pasa a ser a d), e así sucesivamente.

-Na páxina 4.549, no artigo 20.1 letra e), onde di «e) A dirección e coordinación, desde un punto de vista funcional, do sistema de información administrativa e atención ao cidadán da Xunta de Galicia.», debe dicir «e) A dirección e coordinación, desde un punto de vista funcional, do sistema de información administrativa e atención ao cidadán da Xunta de Galicia e do sistema de suxestións e queixas».