DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2007 Páx. 6.492

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 56/2007, do 15 de marzo, polo que se establece un programa de apoio ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT).

Advertidos erros no devandito decreto, publicado do DOG nº 65, do luns 2 de abril de 2007, cómpre facer a oportuna corrección:

Na páxina 5.221, na columna esquerda, no artigo 7.3º, liña segunda, onde di: «no artigo anterior», debe dicir: «no punto anterior».

Na páxina 5.221, na columna esquerda, no artigo 8, parágrafo segundo, onde di: «O informe non terá carácter vinculante e deberá elaborarse no prazo de 20 días. Este prazo poderá ser ampliado, a solicitude do consultor ou consultora, ata 10 días máis, cando concorran circunstancias especiais que así o aconsellen», debe dicir: «Os informes non terán carácter vinculante e deberán elaborarse no prazo de 20 días. Este prazo poderá ser ampliado, por solicitude da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación e do consultor ou consultora de apoio, ata 10 días máis, cando concorran circunstancias especiais que así o aconsellen».

Na páxina 5.221, na columna esquerda, no artigo 9, parágrafo primeiro, onde di: «unha vez elaborado o informe de viabilidade polo persoal consultor de apoio...», debe dicir: «Unha vez elaborados os informes anteriores...».