DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2007 Páx. 6.382

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 73/2007, do 19 de abril, polo que se nomea delegado provincial de Lugo a Luis Manuel Álvarez Martínez.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezanove de abril de dous mil sete,

Nomeo delegado provincial de Lugo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a Luis Manuel Álvarez Martínez.

Santiago de Compostela o dezanove de abril de dous mil sete.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria