DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2007 Páx. 6.381

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 71/2007, do 19 de abril, polo que se dispón que cese José Rábade Arias como delegado provincial de Lugo.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezanove de abril de dous mil sete,

DISPOÑO:

Que cese José Rábade Arias como delegado provincial de Lugo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela o dezanove de abril de dous mil sete.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA