DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 19 de abril de 2007 Páx. 6.343

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2007, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Nea F3 Ibérica, S.L.

Visto o texto do convenio colectivo de ámbito autonómico da empresa Nea F3 Ibérica, S.L., (código de convenio nº 8200932), que se subscribiu o 6 de novembro de 2006, entre a representación da empresa e os representantes dos traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a inscrición do devandito convenio colectivo no Rexistro Xeral de Convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remitir o texto orixinal ao correspondente servizo deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2007.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais

Convenio colectivo sindical de ámbito

interprovincial para a empresa Nea F3 Ibérica, S.L.

Artigo 1º.-Ámbito.

Este convenio colectivo regulará a partir da súa entrada en vigor as condicións laborais de todo o persoal da empresa Nea F-3 Ibérica, S.L., na totalidade dos seus centros de traballo, presentes e futuros. Substitúe e deixa sen ningún efecto os anteriores convenios das compañías Nea Acsagal, S.L. e Nea Gatsa, S.L.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

Este convenio ten vixencia desde 1 de xaneiro de 2006 ao 31 de decembro de 2008. Todas as melloras se entenderán desde o 1 de xaneiro de 2006.

O convenio pode denunciarse con tres meses de antelación á data de expiración mediante as formalidades previstas no artigo 87 do Estatuto dos traballadores. Denunciado o convenio e ata que se chegue a un novo acordo, manterase o seu texto. De non mediar denuncia por calquera das partes contratantes o convenio se prorrogará pola tácita de ano en ano e todos os conceptos económicos actualizables incrementaranse co IPC de cada exercicio.

Artigo 3º.-Garantía ad personam.

Mantéñense todas as condicións económicas máis beneficiosas, de calquera índole, que as que aquí se pactan, non podendo ser nin compensadas nin absorbibles.

Artigo 4º.-Contratación e emprego.

As partes asinantes do presente convenio colectivo consideran como obxectivo prioritario o mantemento do emprego e a creación de novos postos de traballo, comprometéndose a propiciar dentro dos marcos negociados as medidas necesarias para a consecución do devandito obxectivo. Para o cumprimento dos devanditos obxectivos considérase imprescindible o desenvolvemento da filosofía empresarial posta de manifesto no artigo 20º.

Artigo 5º.-Aviso previo final de contrato.

Á finalización do contrato de traballo a empresa estará obrigada a notificarlle o cesamento ao traballador por escrito e con 15 días de antelación (se foi superado o período de proba).

A empresa entregaralle ao traballador copia da liquidación con 3 días de antelación ao cesamento.

Pola súa banda, os traballadores que desexen cesar voluntariamente o servizo na empresa (se foi supe

rado o período de proba) están obrigados a poñelo en coñecemento desta cunha anticipación de 15 días.

Artigo 6º.-Período de proba.

Sempre que así se faga constar no contrato de traballo, a admisión de novo persoal será a título de proba, que terá unha duración de 60 días.

Durante o período de proba calquera das partes poderá resolver o contrato sen prazo de aviso previo nin indemnización ningunha.

Artigo 7º.-Horas extraordinarias.

Como norma prohíbense as horas extraordinarias habituais e estruturais. En calquera caso, se for necesario realizalas temporalmente por aglomeración de traballo ou por determinadas urxencias de atención a clientes, poderanse pactar de forma individual aplicando unha compensación económica que supoña un incremento dun 100% do valor da hora ordinaria, ou ben mediante o desfrute de tempo libre equivalente.

Artigo 8º.-Percepcións de carácter variable.

Á marxe das retribucións fixas indicadas no anexo I, todo o persoal da compañía poderá ter un complemento salarial, de carácter variable, en función de distintos obxectivos: volumes de produción, marxes comerciais, liñas de negocio, valoración persoal, etc.

Neste sentido, a compañía poderá establecer pactos para distintos colectivos cos representantes legais dos traballadores ou ben con cada empregado individualmente.

O establecemento ou non da devandita política retributiva será decisión unilateral da compañía, a cal, en todo caso, respectará os prazos de aplicación previamente pactados colectiva ou individualmente.

Os criterios de retribución variable vixentes á sinatura do presente convenio colectivo, manteranse inalterables, con excepción do indicado no artigo 21º.

Artigo 9º.-Incapacidade temporal.

A todo o persoal que se atope en situación de incapacidade laboral, calquera que sexa a causa, a empresa completaralle as percepcións que por tal situación perciba, ata o límite en todo caso do 100% do salario real do último mes, sen ter en conta percepcións de carácter variable establecidas ao abeiro do artigo 8º e/ou compensacións de gastos.

Artigo 10º.-Gastos de desprazamento.

A) Gastos de desprazamento en vehículo propio.

Persoal do Departamento de SAT.

Quilometraxe:

Asígnanse nº de km segundo zonas de actuación: zona urbana correspondente ao centro de traballo= 8 km por cliente para Vigo e A Coruña e 5 km para Ourense, Lugo e Santiago de Compostela; zona de destino fóra da cidade do centro de traballo=

distancias prefixadas segundo os km reais máis 5 km por cliente (agás o primeiro e último cliente).

Os km percorridos serán rexistrados no ordenador central por cada un dos avisos, previamente conformados polo responsable correspondente.

Importe que se vai pagar por km: 0,19051 A (31,70 ptas.).

Peaxes:

Dotarase cada empregado do SAT que a necesite (segundo a súa zona de actuación) dunha tarxeta para uso exclusivo de pagamento de peaxes. O empregado coidará de non utilizar a devandita tarxeta para usos particulares.

Aparcadoiro:

Establécese un importe fixo mensual en nómina, segundo o seguinte detalle:

-Persoal que teña a súa zona de actuación no centro da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago de Compostela e Vigo: 30 euros mensuais, agás o mes de vacacións e baixa laboral.

-Resto do persoal: 20 euros mensuais, agás o mes de vacacións e baixa laboral.

Para estes efectos considérase o mes de vacacións o mes de agosto.

Axudas de custo:

En caso de estrita necesidade e logo de autorización do responsable correspondente, aboarase o importe de 12,09 A (2.011,61 ptas.) por xantar ou cea.

No suposto excepcional de que sexa necesario pasar a noite nalgún lugar, poderase utilizar un hotel de ata 3 estrelas, igualmente coa autorización previa do responsable correspondente.

Para xantares e ceas deberase achegar ao aviso o documento interno creado para o efecto, conformado polo responsable que autorizase o gasto. Rexistrarase no ordenador central.

No caso de pasar a noite achegarase a factura orixinal do establecemento.

Liquidación de gastos:

Quilometraxe e axudas de custo: co obxecto de que ningún empregado teña que adiantar diñeiro ningún para pagamento de gastos, procederase a incluír na nómina de cada mes unha cantidade suficiente (segundo características da zona de actuación de cada un) á conta dos gastos dese mes (unha cantidade á conta do gasto por quilometraxe e outra para axudas de custo). As diferenzas entre as cantidades entregadas á conta e os gastos reais calcularanse e liquidaranse trimestralmente, segundo se indica a seguir:

Na nómina do mes de xullo-2006 liquidaranse as diferenzas entre o entregado á conta nas nóminas de marzo, abril e maio e os gastos reais dos meses de abril, maio e xuño. E así sucesivamente.

Para estes efectos considérase que o mes de setembro é de vacacións, co cal na nómina de agosto non se aboarán adiantos.

Para evitar posibles erros: entregaráselle semanalmente a cada empregado unha lista con información abonda para que se poidan verificar os datos correspondentes. Unha vez verificados devolverase o listado asinado ao Departamento de Administración, en proba de conformidade.

En caso de pasar a noite, aboarase a factura de forma inmediata, en efectivo.

Persoal do Departamento Comercial.

Quilometraxe, peaxes e aparcadoiro:

Dadas as circunstancias da actividade profesional que desenvolven os empregados do Departamento Comercial e dadas tamén as características do seu sistema de retribución salarial, considérase que o mellor método de compensación de gastos de desprazamento consiste en asignarlle a cada persoa, segundo as características da súa zona de actuación e/ou carteira de clientes, unha cantidade fixa mensual (agás o mes de vacacións, o cal para estes efectos se considerará o mes de agosto).

Axudas de custo:

Co obxecto de que ningún empregado teña que adiantar ningún diñeiro para pagamento de axudas de custo, procederase a incluír na nómina de cada mes unha cantidade suficiente (segundo características da zona de actuación de cada un e/ou carteira de clientes) á conta dos gastos dese mes. As diferenzas entre as cantidades entregadas á conta e os gastos reais calcularanse e liquidaranse mensualmente.

Na data de entrada en vigor da presente circular, cada empregado xa coñece o seu importe.

Persoal do Departamento de Mercadotecnia.

Igual que o Departamento Comercial.

B) Gastos de desprazamento en vehículo da compañía.

Persoal do Departamento de SAT.

Quilometraxe:

O cómputo de km farase exactamente igual que na letra A).

Para que o persoal que utiliza o vehículo teña dereito a empregalo en usos particulares, concédeselle a posibilidade de facelo ata un máximo de 500 km/mes, a cambio do pagamento de 44,04 A+IVE. No caso de que se produzan excesos en km cobraranse a razón de 0,05345 A/km+IVE.

Os 44,04 A+IVE cobraranse mensualmente mediante emisión de factura e deduciranse da nómina en concepto de anticipo. O cálculo e a liquidación de excesos de km realizarase semestralmente, logo de lectura de contador de km do vehículo.

O acordo para uso particular do coche recollerase nun documento redactado para o efecto.

Se a decisión do empregado é non o utilizar para fins particulares, deberá deixalo, cada día ao finalizar a xornada de traballo, debidamente aparcado no lugar máis próximo posible ao centro de traballo e depositar as chaves do vehículo no lugar asignado para iso, segundo indicación do seu responsable directo.

Peaxes, aparcadoiro e axudas de custo:

Igual cá na letra A).

Persoal do Departamento Comercial.

Igual cá letra A), o que proceda.

Persoal do Departamento de Mercadotecnia.

Igual cá letra A), o que proceda.

C) Desprazamentos especiais.

As letras A) e B) teñen que ver cos gastos de desprazamento derivados da actividade profesional normal (o día a día).

Os desprazamentos esporádicos de carácter especial (asistencia a cursos, reunións, etc.) e logo de autorización polo responsable correspondente, a súa xustificación e liquidación realizarase segundo se desprende do documento que se acompaña denominado «Liquidación gastos viaxes».

Os desprazamentos correspondentes ao persoal distinto dos departamentos mencionados na presente circular teñen a consideración de desprazamentos especiais.

Artigo 11º.-Pagas extraordinarias.

Os traballadores percibirán 4 pagas extraordinaria cuxa data de pagamento e período de remuneración das cales se indican a seguir:

-Data de pagamento 10 de marzo: período de remuneración do 1 de marzo do ano anterior (ou data de alta, de ser posterior) ata o 28 de febreiro do ano de pagamento.

-Data de pagamento 10 de xuño: período de remuneración do 1 de xullo do ano anterior (ou data de alta, de ser posterior) ata o 30 de xuño do ano de pagamento.

-Data de pagamento 10 de setembro: período de remuneración do 1 de outubro do ano anterior (ou data de alta, de ser posterior) ata o 30 de setembro do ano de pagamento.

-Data de pagamento 10 de decembro: período de remuneración do 1 de xaneiro do ano en curso (ou data de alta, de ser posterior) ata o 31 de decembro do mesmo ano.

O importe das devanditas pagas será o mesmo ca o de calquera paga mensual, o que quere dicir que os importes salariais fixos establecidos no anexo I (expresados en termos anuais) máis a gratificación voluntaria actualizable e a gratificación voluntaria non actualizable indicadas no artigo 21º, serán divi

didos por 16 pagamentos para determinar a contía de cada un deles (12 pagamentos ordinarios -un en cada mes natural- e 4 pagamentos extraordinarios -os indicados no presente artigo).

Artigo 12º.-Vacacións.

Todo o persoal da compañía terá dereito a gozar de 30 días naturais de vacacións anuais, dentro de cada ano natural. Corresponderalles a parte proporcional dos devanditos días aos traballadores con menos dun ano de alta. O seu calendario estará condicionado polas necesidades de atención e de servizo á rede de clientes.

Artigo 13º.-Permisos.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Un día por traslado de domicilio habitual.

c) Cinco días naturais nos casos de morte do cónxuxe, ascendentes, descendentes ou irmáns e parto da esposa, así como enfermidades graves do cónxuxe, pais e fillos.

d) Ata un máximo de catro días naturais ao ano, por necesidades de atender persoalmente asuntos propios que non admitan demora.

e) Un día retribuído ao ano de libre disposición.

f) Un día por voda de pais, irmáns ou fillos. O día que se celebre a cerimonia.

g) Polo tempo indispensable para a asistencia a exames, oposicións, etc. en centros oficiais de estudo.

Para estes efectos considérase parella de feito (segundo lexislación aplicable ao caso) igual a matrimonio.

Artigo 14º.-Revisión médica.

A empresa seguirá ordenando pola súa conta a revisión médica anual para todo o persoal da organización.

Independentemente do anterior, todas as traballadoras que o desexen terán dereito a unha revisión xinecolóxica anual a cargo da empresa.

De igual forma, os traballadores terán dereito a que se inclúa a proba de PSA nas análises anuais.

Será obrigatoria a realización dun recoñecemento médico, con carácter previo á incorporación ao traballo.

Artigo 15º.-Visita médica.

O persoal que teña necesidade de asistir a consultas de especialistas alleos á Seguridade Social, poderá acudir a estas, logo de autorización do seu xefe inmediato e sen perda de remuneración, sempre que non sexa posible efectualo fóra das horas de traballo.

Será obrigatoria a achega de xustificante.

Artigo 16º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será, para todo o persoal da empresa, de 40 horas semanais, salvo na denominada xornada de verán, que será de 35 horas semanais. A distribución farase da seguinte forma:

Horario de inverno:

Mañás de 8.30 horas a 14.00 horas.

Tardes de 16.00 horas a 18.30 horas.

Horario de verán:

De 15 de xuño a 15 de setembro, ambos os dous inclusive, ou día hábil inmediatamente seguinte en caso de que aquel fose inhábil, o horario será das 8.00 horas ás 15.00 horas.

En todos os casos será de luns a venres.

Excepcionalmente, poderá pactarse con algún traballador cuxo posto laboral así o aconselle unha xornada de traballo diferente á establecida no presente artigo sen que se supere o cómputo anual de horas de traballo.

Non obstante o anterior, créase unha comisión de traballo composta por: Susana Nieto Alfonso, Roberto Hernández Corral, Marcial Baleirón Baleirón, José Juan Vázquez López, Mercedes Domínguez Bahamonde e Gerard Enríquez Mateo, co obxectivo de propoñerlle ao comité de vixilancia e aplicación do presente Convenio, unha xornada de traballo máis acorde coas exixencias da actividade empresarial, as necesidades dos traballadores e os novos plans de formación permanente que é preciso abordar nun futuro próximo.

Artigo 17º.-Comisión de vixilancia e aplicación.

A comisión paritaria para resolver as cuestións que se deriven da aplicación deste convenio estará integrada por:

Por parte da compañía: Víctor Vázquez Tomé.

Por parte dos traballadores e como delegados destes: Víctor Molinos García e Enrique González Campo.

Artigo 18º.-Avaliación do persoal.

Establecerase un sistema de avaliación do persoal co obxectivo de coñecer capacidades, evolución, formación, etc. que sirva para a orientación e desenvolvemento de carreiras profesionais.

Artigo 19º.-Vestiario.

A compañía facilitará á sinatura do presente convenio e para o persoal dos departamentos do Servizo de Asistencia Técnica e Loxística: 3 polos (para a tempada de verán), 3 camisas e unha chaqueta cortaventos (ambos os dous para a tempada de inverno).

As pezas de roupa incorporarán a imaxe corporativa da compañía e serán de uso obrigatorio para os citados departamentos.

En todo caso, exíxeselle a todo o persoal que coide o seu aspecto físico en cando a vestimenta e aseo persoal.

Artigo 20º.-Faltas e sancións.

Con independencia do establecido pola lexislación vixente nesta materia e tendo en conta que o artigo 2 dos estatutos da sociedade define o seu obxecto social como «... o comercio, en xeral, tanto por xunto como polo miúdo, mantemento, reparación, alugamento, representación e explotación de todo tipo de máquinas e equipamentos de oficina, de imprenta, de telefonía, caixas rexistradoras, fotocopiadoras, produtos informáticos e máquinas de hostalaría e comercio, a súa importación e exportación, así como o comercio de todo tipo de consumibles, repostos e pezas, que este tipo de equipamento necesite para o seu funcionamento e conservación...», os asinantes do presente convenio conveñen en considerar que o futuro da compañía está directamente vinculado á calidade profesional dos seus empregados na súa relación cos clientes. A devandita calidade profesional ten como obxectivo crear factores de diferenciación con respecto aos nosos competidores que nos permitan obter o maior grao de

fidelidade posible da nosa base de clientes, garantía todo iso da boa marcha futura da compañía e do crecemento do emprego. En sintonía co estipulado no artigo 4º.

Calquera actuación inapropiada que poña en perigo os obxectivos descritos poderá considerarse con falta moi grave e as súas consecuencias poderían ser: perda temporal ou definitiva da categoría profesional, suspensión de emprego e soldo ou despedimento.

Artigo 21º.-Condicións económicas e clasificación profesional.

A táboa salarial vixente para o período 1-1-2006 ao 31-12-2006 é a que figura no anexo I que acompaña ao presente acordo, salvo contratos que prevexan a aplicación legal dalgún tipo de redución (formación, prácticas, etc.).

Os correspondentes aos anos 2007 serán os anteriores incrementados no 3%. Se o IPC dese mesmo ano resultase superior á devandita porcentaxe, incrementaranse os salarios pola diferenza.

Os correspondentes ao exercicio 2008 serán os anteriores (revisados, de proceder) incrementados no 3%. Se o IPC dese mesmo ano resultase superior á devandita porcentaxe, incrementaranse os salarios pola diferenza.

As categorías profesionais que se indican no citado anexo supoñen unha nova organización laboral no seo da compañía con obxecto de ordenar o que ata agora era froito da aplicación incoherente e desordenada de seis convenios colectivos vixentes nas antigas empresas de Nea Acsagal, S.L. e Nea Gatsa, S.L.

Coa entrada en vigor do presente convenio colectivo producirase unha reconversión das categorías

antigas ás novas, a cal se reflectirá nos recibos de nómina correspondentes ao mes de novembro de 2006.

A citada reconversión farase baseándose nos seguintes principios:

1. A nova categoría que reflectirá o recibo de nómina corresponderase co desenvolvemento actual das funcións profesionais de cada empregado.

2. Os conceptos de retribución serán os seguintes:

a) Salario base integrado.

b) Gratificación voluntaria actualizable.

c) Gratificación voluntaria non actualizable.

d) Pacto individual.

e) Compensación de gastos.

-Axudas de custo.

-Quilometraxe.

-Peaxes, aparcamento, etc.

Salario base integrado: no seu importe inclúese a cantidade de 899,91 A correspondente ao complemento de transporte (81,81 A por 11 meses). O resultado así obtido (anexo I) pasará a ser, de forma indefinida, un importe único e indivisible para todos os efectos. En consecuencia, o concepto de complemento de transporte desaparece como concepto retributivo, ao mesmo tempo que se consegue pase a formar parte da base de cotización á Seguridade Social en que antes non estaba, de acordo cos preceptos legais aplicables ao caso.

Gratificación voluntaria actualizable: recollerá as posibles retribucións, á marxe do salario base, que baixo distintas denominacións puidesen estar percibíndose na á data da sinatura do presente convenio e que, tradicionalmente viñan sendo revisadas á alza en función das actualizacións salariais de cada exercicio.

Gratificación voluntaria non actualizable: recollerá as posibles retribucións, á marxe do salario base, que puidesen estar a percibirse á data da sinatura do presente convenio e que, tradicionalmente, non viñan sendo revisadas á alza en función das actualizacións salariais de cada exercicio.

Pacto individual: comprenderá as posibles retribucións variables indicadas no artigo 8º.

Compensacións de gastos: incluirá os importes destinados a compensar os empregados dos gastos que tivesen no desenvolvemento habitual do seu traballo e deban ser soportados pola compañía.

f) Desaparece o concepto retributivo de antigüidade. Os importes que actualmente viñesen percibindo os traballadores polo devandito concepto pasan a integrarse en gratificación voluntaria actualizable. Adicionalmente ao devandito importe, a cada traballador sumaráselle a parte xa xerada do cuadrienio (os procedentes de Nea Gatsa, S.L.) ou quinquenio (os procedentes de Nea Acsagal, S.L.) que

estea en curso á data de sinatura do presente convenio.

3. Desaparece o pagamento variable que viñan percibindo, sen ningunha acreditación documental que xustifique un acordo nese sentido, algúns traballadores procedentes de Nea Acsagal, S.L., baseándose na aplicación dalgunha porcentaxe sobre o facturado pola compañía aos clientes en concepto de kits e outros conceptos similares.

4. Os conceptos retributivos de salario base integrado e gratificación voluntaria actualizable supoñen a base de cálculo para os incrementos salariais establecidos no presente artigo para os anos 2007 e 2008.

Artigo 22º.-Beneficios sociais.

Créase unha comisión de traballo composta por: Susana Nieto Alfonso, Roberto Hernández Corral, Marcial Baleirón Baleirón, José Juan Vázquez López, Mercedes Domínguez Bahamonde e Manuel González González, co obxectivo de propoñerlle ao comité de vixilancia e Aplicación do presente convenio, criterios para desenvolver os beneficios sociais que se enumeran a seguir (ou outros que tal comisión puidese propoñer), co firme propósito de que poida empezar a súa aplicación no exercicio 2007. Sempre vinculados á boa marcha da compañía:

-Seguros médicos.

-Seguros por morte e invalidez (natural ou accidente non laboral).

-Fondo social: achega anual da compañía que será xestionada e distribuída polos representantes legais dos traballadores para satisfacer necesidades tales como: bolsas para estudios de fillos de empregados, gardarías infantís, etc... Sobre a aplicación e a distribución do devandito fondo, os seus xestores daranlle conta ao final de cada exercicio á Dirección da compañía.

-Venda a prezo de custo (+IVE correspondente) de todo tipo de produtos informáticos que a compañía comercialice, o destino dos cales sexa exclusivamente o seu uso persoal.

-Posibilidade de aprazamento de pagamento das devanditas vendas ata en 12 prazos, sen recarga de xuros. Persoal con contrato indefinido cun mínimo de dous anos de antigüidade na compañía.

-Anticipos sobre soldos de 6 meses para compra de mobiliario doméstico, vehículo propio, compra de vivenda, matrimonio, nacemento de fillos, enfermidades graves propias ou do cónxuxe, ascendentes e descendentes de primeiro grao. Amortizables en 12 meses sen xuros. Persoal con contrato indefinido cun mínimo de dous anos de antigüidade na compañía.

-Bolsa de vacacións (anual).

-Fondo de pensións. En función da valoración anual de cada empregado.

-Contrato coa empresa para conciliar vida persoal e profesional.

-Acordos bancarios.

Asinantes:

Por parte da compañía: Víctor Vázquez Tomé, DNI 36024511-W.

Por parte dos representantes dos traballadores (teñen o 100% da devandita representatividade): Víctor Molinos García, DNI 33230113-N. Enrique González Campo, DNI 36055467-T. A Coruña, 6 de novembro de 2006.

ANEXO I

(Artigo 21º) Táboa salarial ano 2006

Categoría

Salario base

integrado

(A/ano)

-Administración e RR.HH. (1)
Director de departamento18.099,91
Xefe de equipo, sección, liña de negocio ou zona xeográfica13.814,16
Oficial superior13.177,71
Oficial 1ª12.971,94
Oficial 2ª12.561,66
Oficial 3ª12.351,81
Auxiliar12.174,21
-Servizo de Asistencia Técnica (SAT) e Loxística
Director de departamento18.099,91
Subdirector de departamento15.899,91
Xefe de equipo, sección, liña de negocio ou zona xeográfica13.814,16
Oficial superior13.177,71
Oficial 1ª12.971,94
Oficial 2ª12.561,66
Oficial 3ª12.351,81
Auxiliar12.174,21
-Comercial
Director de departamento18.099,91
Subdirector de departamento15.899,91
Xefe de equipo, sección, liña de negocio ou zona xeográfica13.814,16
Vendedor13.027,71
-Mercadotecnia
Director de departamento18.099,91
Xefe de equipo, sección, liña de negocio ou zona xeográfica13.814,16

Nota:

(1) O persoal das áreas de SAT e Loxística, Comercial e Mercadotecnia que desempeñen tarefas administrativas estará afecto á táboa salarial e á categoría de administración e RR.HH.