DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2007 Páx. 6.227

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 4 de abril de 2007 pola que se modifica a do 19 de novembro de 2003, pola que se fai pública a composición do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.

Pola Orde do 19 de novembro de 2003 (DOG do 24 de novembro) fíxose pública a composición do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.

De acordo con artigo 10.1º a) da Lei 1/2003, do 9 de maio, dos consellos sociais do Sistema Universitario de Galicia, os membros dos consellos sociais cesarán por expiración do período de mandato. Non obstante, continuarán nas súas funcións deica a toma de posesión dos novos membros.

Con data do 19 de marzo de 2007, o presidente do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela comunica a baixa de Xosé Antón Freire Ramos e Ana Belén Iglesias Hermida como membros do seu Consello Social en representación, respectivamente, do persoal de administración e servizos e dos estudantes no Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo único.-Facer público o cesamento por expiración do período de mandato de Xosé Antón Freire Ramos e Ana Belén Iglesias Hermida como membros do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela en representación do Consello de Goberno desta universidade.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2007.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria