DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 12 de abril de 2007 Páx. 5.809

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2007 pola que se convoca un curso de actualización na operativa da intervención policial.

Dentro das actividades programadas para o ano 2007 e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, de creación da Academia Galega de Seguridade Pública, anúnciase a realización dun curso de actualización na operativa da intervención policial, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

-Ampliación de coñecementos sobre as últimas técnicas de intervención e actuación diante das distintas situacións problemáticas que se poidan producir no traballo e na función policial.

Destinatarios.

O curso vai dirixido aos membros dos corpos de policía local dos concellos de Galicia e aos membros da Unidade do CNP adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

30 prazas.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 27 de abril de 2007, ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse á Academia Galega de Seguridade Pública, sita na Avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada (fax: 986 59 00 28); ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso realizarase durante os días 7, 8, 9, 10, 11, 14 e 15 de maio.

O horario será de 16.00 a 20.30 horas, cunha duración de 30 horas lectivas.

Contido.

Curso fundamentalmente práctico.

-Módulo I: técnicas básicas de intervención policial ante distintas situacións.

-Módulo II: prácticas de técnicas operativas de intervención policial.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos farase publica o día 2 de maio a partir das 14.00 horas, no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade Pública, ou ben poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando ao teléfono 986 59 02 41 e na páxina web http:/agasp.xunta.es.

Lugar.

O curso desenvolverase na Academia Galega de Seguridade Pública, sita na avenida da Cultura, s/n, no concello da Estrada.

Certificado de aproveitamento.

Ao remate do curso entregaráselle un certificado de aproveitamento a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el e a superación das correspondentes probas.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 4 de abril de 2007.

Carlos Suárez-Mira Rodríguez

Director xeral da Academia Galega

de Seguridade Pública