DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 12 de abril de 2007 Páx. 5.806

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

ORDE do 3 de abril de 2007 pola que se fai pública a ampliación do importe existente para a concesión de axudas destinadas á programación de cursos do Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional na Comunidade Autónoma de Galicia para 2007, convocadas pola Orde do 21 de decembro de 2006.

A Orde do 21 de decembro de 2006 (DOG nº 248, do 28 de decembro), establece na súa disposición adicional cuarta que se poderán ditar resolucións complementarias cando existan fondos provenientes de renuncias de subvencións inicialmente concedidas, de incrementos das cantidades asignadas á comunidade autónoma pola Administración do Estado ou doutros remanentes dos módulos.

En consecuencia, como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da referida Orde do 21 de decembro de 2006, coa finalidade de facer chegar estas ao maior número de beneficiarios posible.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas

DISPOÑO:

Artigo único.

Primeiro.-Amplíase o importe total das axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 21 de decembro de 2006, nas seguintes contías e aplicacións orzamentarias, que figuran dotadas nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007:

16.03.323A.444.0 polo importe de 300.000,00. Cód. prox. 200214461.

16.03.323A.460.1 polo importe de 1.540.197,97. Cód. prox. 200214461.

16.03.323A.471.0 polo importe de 25.130,99. Cód. prox. 200114421.

16.03.323A.471.0 polo importe de 3.933.159,99. Cód. prox. 200214461.

16.03.323A.481.0 polo importe de 129.343,55. Cód. prox. 200114422.

16.03.323A.481.0 polo importe de 3.357.597,88. Cód. prox. 200214461.

Segundo.-Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2007.

Ricardo Jacinto Varela Sánchez

Conselleiro de Traballo