DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 12 de abril de 2007 Páx. 5.799

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

ORDE do 30 de marzo do 2007 pola que se establecen e se regulan axudas para a conservación e recuperación das poboacións de coello de monte autóctono.

O coello de monte é o principal obxectivo da caza menor en Galicia. Este lagomorfo sufriu nos últimos anos o progresivo descenso da actividade agrícola no medio rural e o paulatino abandono dos cultivos que constituían unha parte importante da dieta destes animais e, a maiores, o azoute da enfermidade hemorráxica vírica e da mixomatose, polo que diminuíron dramaticamente as súas poboacións.

Co obxecto de reforzar estas poboacións deficitarias recorreuse a repoboar os nosos montes con coellos híbridos, procedentes de granxas cinexéticas, que están poñendo en perigo a calidade xenética das poboacións cunícolas autóctonas.

Os poderes públicos deben garantir a compatibilidade dos usos e actividades humanas coa conservación dos recursos naturais por medio do seu uso prudente e racional. Neste sentido, o labor da Administración Autonómica, entre outros, é intentar

harmonizar as actividades tradicionais e económicas coa conservación e os aproveitamentos sustentables dos recursos.

Por todo isto, faise necesario poñer en marcha un programa de axudas que, incentivando actuacións racionais no medio natural, propicien a recuperación do noso coello autóctono.

Esta orde pretende establecer unha liña de axudas económicas para fomentar a construción de instalacións de produción e cría en semiliberdade do coello de monte, propiciar o restablecemento das súas poboacións, naqueles espazos en que xa non queden efectivos ou se atopen en niveis moi baixos, ao tempo que se reforza a presencia de exemplares autóctonos en substitución dos coellos híbridos utilizados nas repoboacións dos montes nos últimos anos.

O artigo 148.1º.11 da Constitución, así como o artigo 27.15º do Estatuto de autonomía de Galicia, confirenlle á nosa comunidade autónoma a competencia exclusiva en materia de caza.

O Decreto 1/2006, do 12 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, en relación ao Decreto 211/2005, do 3 de agosto, polo que establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, e o Decreto 232/2005, do 11 de agosto, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, atribúenlle á citada consellería, dentro das súas competencias, o fomento, a ordenación e o aproveitamento dos recursos cinexéticos.

Por outra parte, a Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia, establece a competencia na planificación, ordenación, fomento, vixilancia e control da caza á consellería, a cal realizará cantas actuacións considere precisas para acadar os fins da lei. Entre elas, e co fin de conservar, preservar e mellorar o hábitat natural das diferentes especies cinexéticas, a Xunta de Galicia poderá acordar as oportunas medidas de axuda para o logro do devandito obxectivo e cantas outras de carácter limitativo, correctoras ou restauradoras persigan idéntica finalidade. Desta maneira, xunto coa creación dun instrumento xurídico regulador da caza en Galicia, posibilitouse a creación dun instrumento financeiro orientado ao fomento daquelas actividades orientadas á conservación e mellora do recurso cinexético por medio dun aproveitamento sustentable.

A Comunidade Autónoma de Galicia procedeu, a través da Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo, á adaptación do actual tratamento das subvencións, recollido na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia ao contido das disposicións de carácter básico da Lei estatal 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, mantendo plenamente aplicable e vixente o resto da regulación que define o réxime das subvencións.

A Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo, modifica o artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, que regula a concesión de axudas e subvencións que se outorguen con cargo aos orzamentos xerais da comunidade autónoma.

En virtude do anterior, en consonancia co disposto no artigo 27.15º do Estatuto de autonomía de Galicia e en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto das axudas.

1. Esta orde ten por obxecto o establecemento dun réxime de axudas aplicable aos terreos cinexéticos para a conservación e recuperación do coello de monte (Oryctolagus cuniculus), mediante a construción das instalacións necesarias para a súa produción e cría en semiliberdade. Para tal fin a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible levará a cabo un programa de actividades de divulgación das técnicas precisas para a construción destas instalacións.

2. Estas axudas tramitaranse en réxime de publicidade, concorrencia competitiva, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación, así como o de eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados nesta orde e de eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos, con sometemento en todos os seus extremos ao previsto nos artigos 78 e 79 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, modificado pola Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo e o previsto no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, modificado pola Lei 14/2004, do 29 de decembro.

Artigo 2º.-Actuacións subvencionables.

Son obxecto das axudas reguladas por esta orde a construción das instalacións necesarias para a produción e cría do coello de monte en semiliberdade, seguindo as instrucións do anexo II, que se inicien a partir da publicación da orde e que rematen antes do 1 de outubro de 2007.

Artigo 3º.-Beneficiarios.

1. Poderán acollerse a estas axudas os titulares de terreos cinexeticamente ordenados de carácter societario (Tecor), que teñan a dispoñibilidade dos terreos para a realización das actuacións.

2. Non poderán obter a condición de beneficiario das axudas previstas nesta orde as persoas ou entidades en que concorran algunha das circunstancias previstas no artigo 13.2º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Artigo 4º.-Contía dos investimentos e das axudas.

1. A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible subvencionará investimentos ata un máximo de 18.000 euros por beneficiario para as instalacións que cumpran os requisitos do anexo II, podendo chegar a porcentaxe da axuda ata o 100% do custo, onde soamente será opcional o peche superior. O IVE non será subvencionable.

2. Para os efectos do disposto no artigo 29 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, permitirase a subcontratación total da actividade obxecto da subvención, agás cando, aumentando o custo da actividade subvencionada, non achegue valor engadido ao seu contido.

3. A contía das axudas estará condicionada, en todo caso, á existencia de dispoñibilidades orzamentarias.

4. As axudas desta orde serán compatibles con calquera outra destinada aos mesmos fins, sempre que o total das subvencións non supere o custo total do investimento solicitado.

Artigo 5º.-Solicitudes e documentación.

1. Os interesados presentarán as súas solicitudes de subvención segundo o modelo do anexo I, xunto cos respectivos proxectos ou memorias de actividades ou obras que se pretende executar.

2. Xunto coa solicitude presentarase a seguinte documentación:

-Fotocopia do CIF/NIF do beneficiario da subvención.

-Certificación bancaria de ter aberta unha conta a nome do beneficiario da axuda, con expresión do seu CIF/NIF e o número de conta (vinte díxitos).

-Se o titular é unha sociedade, acordo do seu órgano competente polo que se aproban as accións solicitadas e os compromisos correspondentes, no cal deberá figurar, así mesmo, a persoa designada como representante daquela para os efectos da solicitude. Anexarase o DNI da persoa designada.

-Declaración da existencia de persoal encargado das instalacións.

-Memoria do proxecto, que se adecue ás indicacións do anexo II e que deberá incluír: descrición das instalacións, plano de captura ou adquisición dos reprodutores, programa orzamentario, orzamento detallado, calendario e prazo aproximado de execución. O plano de manexo do fechado e o programa sanitario que se vaia aplicar acomodarase ás especificacións do anexo III. (Facilitarase un modelo nas dependencias dos servizos provinciais).

-Declaración do conxunto das solicitudes de axuda efectuadas ou concedidas, para o mesmo proxecto, polas distintas administracións públicas competentes.

-Acreditación dos méritos recollidos no artigo 8º e que sexan alegados:

Punto a: copia do contrato.

Puntos b e c : compromiso por escrito.

Punto d: facturas, asentos contables ou calquera outro documento que poida xustificar a realización destas actuacións. Será válido como xustificante a certificación do técnico ou axente do servizo provincial que comprobase no momento oportuno a realización das actuacións.

Puntos f e g: táboas de resultados das xornadas cinexéticas segundo o modelo de caderno de caza dispoñible nos servizos de Conservación da Natureza; informe de resultados ou estudo, se é o caso.

Punto h: memoria en que se recolla a metodoloxía empregada e os resultados obtidos nos estudos levados a cabo.

Punto i: documentos xustificantes da realización da actividade (convocatoria, anuncio publicitario, documentación entregada...) dos cales se deduza o contido e duración desta.

-Declaración responsable da dispoñibilidade dos terreos para a realización das actuacións (anexo IV). A Dirección Xeral de Conservación da Natureza poderá requirir calquera documentación complementaria que considere conveniente.

-A presentación da solicitude de concesión de axuda ou subvención polo interesado, segundo o artigo 43 da Lei 14/2007, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007, comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, segundo o requirido nas correspondentes bases reguladoras. Esta comprobación efectuarase tanto antes de ditar resolución de concesión como da tramitación do pagamento.

Artigo 6º.-Prazo de presentación de solicitudes.

As solicitudes de subvención irán dirixidas ao conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, e presentaranse, debidamente asinadas, por duplicado, nas delegacións provinciais, directamente ou ben na forma prevista no artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, nun prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 7º.-Inspección previa e final.

En todas as solicitudes de actuacións consideradas subvencionables, o persoal técnico realizará unha inspección previa, na cal se observará se a acción ou proxecto se axusta á realidade física e económica, así como unha inspección final, unha vez terminadas as obras, para poder facer a correspondente certificación.

Artigo 8º.-Criterios obxectivos para a adxudicación das axudas.

1. A orde de prelación para a concesión das subvencións basearase na puntuación acadada por cada solicitude, de acordo coas seguintes prioridades:

Criterios de avaliación das actividades subvencionablesPuntos

a) Acreditación de que se dispón de persoal que se ocupe do manexo das instalacións mediante contrato.10 puntos

b) Compromiso de peche definitivo, acordado pola asemblea xeral de socios, das instalacións do Tecor dedicadas á cría en gaiola do coello de monte, nun período taxado (realizarase unha inspección previa da existencia e funcionamento e unha inspección final do peche definitivo destas instalacións).20 puntos

c) Compromiso de non repoboar con coellos adquiridos en granxas de gaiolas ou traídos de fóra de Galicia.20 puntos

d) Todas as actuacións realizadas no Tecor, no ano anterior á publicación desta orde, encamiñadas a acadar a recuperación e mantemento das poboacións do coello de monte.

Rozas: ata 10 puntos.

Realización de repoboacións con sistemas de adaptación previa: ata 10 puntos.

Instalación de tobeiras: ata 15 puntos.

Semente para mellora do hábitat: ata 15 puntos.

De 0 a 50

e) Se no plano de ordenación se prevén actuacións para a recuperación do coello.20 puntos

f) Participación en programas de seguimento das especies cinexéticas de caza menor en, polo menos, unha das dúas últimas temporadas Ata 15 puntos

g) Grao de execución das previsións do Plan de ordenación cinexética respecto ás especies de caza menor ao longo das temporadas de vixencia do plan.Ata 15 puntos

h) Realización de estudos sobre a situación das poboacións de calquera especie cinexética do Tecor, nos últimos cinco anos (só se valorará un estudo no período).Ata 15 puntos

i) Realización de xornadas, cursos de formación e información aos cazadores, orientados a divulgar os criterios básicos para o aproveitamento sustentable dos recursos cinexéticos e a normativa aplicable.Duración ' 3 h: 10 ptos.

Duración 3 - 6 h: 15 ptos.

Duración ) 6 h: 20 ptos.

Artigo 9º.-Tramitación.

1. Os servizos provinciais de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible comprobarán que as solicitudes cumpren cos requisitos exixidos e que se acompañan dos documentos sinalados. No caso de que fosen detectados fallos ou omisións, o servizo provincial requirirá o solicitante para que, no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da recepción do requirimento, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, indicándolle que se non o fixese, se poderá considerar que desistiu da súa petición e arquivala sen máis trámites, de acordo co disposto no artigo 71.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Examinadas as solicitudes e a documentación presentada, as delegacións provinciais da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible enviarán os expedientes completos no prazo dun mes a partir da data de presentación de solicitudes para a súa baremación conxunta na Subdirección Xeral de recursos cinexéticos e piscícolas por parte dunha comisión composta polo subdirector xeral de Recursos Cinexéticos e Piscícolas, que a presidirá, e por dous expertos en temas relacionados coa devandita orde e o xefe do Servizo de Caza e

Pesca Fluvial, que actuará ademais como secretario, que elevarán unha proposta de adxudicación ao director xeral de Conservación da Natureza.

3. A Administración autonómica procurará unha repartición xeográfica equilibrada dos pechados, para propiciar o efecto divulgador da eficacia deste tipo de instalacións. Para tal efecto, terase en conta este criterio para resolver as posibles situacións de igualdade, que puidesen darse entre as solicitudes que se presenten.

Artigo 10º.-Obrigas dos beneficiarios.

1. As obras obxecto de subvención deberán contar no momento do seu comezo coas licenzas e autorizacións preceptivas, se estas fosen necesarias.

2. A finalidade ou función da actividade ou obra deberá manterse durante un prazo mínimo de 5 anos.

3. Os investimentos obxecto de subvención deberán realizarse no prazo que se indique na resolución de adxudicación. Excepcionalmente, o director xeral de Conservación da Natureza poderá conceder, por delegación do conselleiro e antes de que remate o período de execución, unha prórroga dentro dos límites establecidos no artigo 49.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4. Os beneficiarios conservarán os documentos acreditativos da aplicación dos fondos recibidos.

Artigo 11º.-Resolución.

O director deral de Conservación da Natureza, nun prazo máximo de seis meses contados a partir da publicación no DOG desta convocatoria, resolverá conceder ou denegar as axudas solicitadas, en atención aos criterios preferentes contidos nela e das dispoñibilidades orzamentarias. Transcorridos seis meses a partir da publicación da orde, as solicitudes que non sexan expresamente resoltas entenderanse denegadas, sen prexuízo da obriga legal de resolver establecida nos artigos 42 e 44 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999.

Artigo 12º.-Publicación da resolución.

1. A Dirección Xeral de Conservación da Natureza ordenará a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con expresión da convocatoria, do programa e o crédito orzamentario a que se imputan, dos beneficiarios, da cantidade concedida e da finalidade ou finalidades da subvención.

2. De conformidade cos puntos 3º e 4º do artigo 13 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a consellería publicará

orde, e incluirá igualmente as referidas axudas e as sancións que como consecuencia delas se puidesen impoñer, nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e da súa publicación na citada páxina web.

3. Así mesmo, o beneficiario das axudas deberá cumprir coa exixencia de publicidade da axuda concedida ao abeiro do disposto no artigo 18.4º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Artigo 13º.-Notificación aos interesados.

1. As resolucións serán notificadas a cada un dos solicitantes, dentro dos dez días seguintes á sinatura da resolución.

2. A resolución aprobatoria ou denegatoria esgota a vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer o recurso potestativo de reposición diante do conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da recepción da notificación ou directamente, recurso contencioso-administrativo diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da recepción da notificación.

Artigo 14º.-Xustificación do gasto.

1. A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible comprobará a realización efectiva das instalacións e asistirá tecnicamente os adxudicatarios para que as técnicas de reprodución e cría sexan aplicadas coa maior corrección.

2. O Servizo Provincial de Conservación da Natureza, logo da correspondente inspección final, deberá certificar que os investimentos se realizaron de acordo coa resolución aprobada.

A xustificación do investimento obxecto de axuda deberase realizar mediante documentación que acredite a efectiva realización dos pagamentos: extractos de contas, ordes de transferencia, talóns, certificacións bancarias ou documentos equivalentes. De ser o caso, á anterior documentación xuntaráselle a copia das facturas emitidas polos provedores.

Vista a certificación final das obras coa documentación presentada e o informe do servizo provincial correspondente, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza fará proposta de aboamento da subvención concedida.

Artigo 15º.-Disposicións xerais.

1. O réxime de infraccións e sancións aplicable será o establecido no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, modificado pola Lei 7/2002, do 27 de decembro, e no establecido no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Así mesmo, e segundo o establecido no artigo 15.4º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, o beneficiario deberá incluír necesariamente no momento do pagamento, unha declaración complementaria do conxunto de axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, das distintas administracións públicas competentes ou das súas entidades vinculadas ou dependentes.

Artigo 16º.-Revogación.

1. As axudas poderán ser revogadas nos seguintes supostos:

a) Cando se comprobe que as axudas foron destinadas a unha finalidade diferente daquela para a que foron concedidas.

b) Pola non realización da obra ou traballos obxecto da subvención.

c) A non presentación, ou presentación fóra de prazo, de calquera documentación requirida en calquera momento da tramitación.

d) Cando existan modificacións das accións previstas de xeito que desvirtúen os obxectivos descritos nesta orde.

e) Por ocultar, manipular, falsear datos ou entorpecer de forma deliberada o labor de inspección e control.

f) Por perda da titularidade dos terreos, ou por perda de personalidade xurídica das empresas ou asociacións, se o novo titular non se subrogase expresamente.

g) Cando o beneficiario da subvención incumpra calquera das condicións establecidas tanto nesta orde como no resto da normativa aplicable.

h) Por incumprimento de calquera dos prazos establecidos nesta orde.

i) Por incumprimento de calquera das disposicións legais vixentes.

2. En todos os supostos anteriormente citados, e por proposta do director xeral de Conservación da Natureza, após o informe previo do servizo provincial, e a audiencia previa ao interesado, o conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible poderá revogar, total ou parcialmente, as axudas que foron concedidas no seu día e declarará a obriga de reintegrar á Xunta de Galicia as cantidades percibidas, co aboamento dos xuros de demora fixados pola lei.

3. No referente aos reintegros totais ou parciais, revogacións, infraccións ou sancións, aos beneficiarios das axudas seralles de aplicación o previsto no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, segundo a redacción dada pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa. Os beneficiarios

quedan obrigados ao reintegro, total ou parcial, da subvención percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión.

Artigo 17º.-Alteración das condicións da subvención.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión. No caso de producirse unha minoración dos investimentos previstos, mantendo os obxectivos iniciais, a subvención concedida veríase diminuída na contía proporcional correspondente, sempre que o conxunto do investimento cumpra os fins previstos inicialmente.

Artigo 18º.-Obriga de facilitar información.

Ademais da documentación complementaria que os órganos correspondentes da Dirección Xeral de Conservación da Natureza lles poidan exixir durante a tramitación do procedemento, os beneficiarios das axudas previstas nesta orde teñen a obriga, conforme o artigo 78.6º i) do Decreto lexislativo 1/1999, de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas.

Artigo 19º.-Financiamento.

As axudas concedidas ao abeiro desta orde financiaraas a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.541 B. 781.0, código de proxecto (2007 00642), dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007, ata un importe de 160.000 euros para o exercicio orzamentario, contía que se poderá incrementar logo da realización da oportuna modificación orzamentaria.

Disposicións adicionais

Primera.-Facúltase o director xeral de Conservación da Natureza para ditar cantas resolucións sexan precisas para o desenvolvemento e execución do disposto nesta orde.

Segunda.-Delegación de funcións.

Delégase no director xeral de Conservación da Natureza o exercicio da competencia para conceder ou denegar as axudas obxecto desta orde, contida no seu artigo 11º, conforme o disposto no artigo 13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2007.

Manuel Vázquez Fernández

Conselleiro de Medio Ambiente

e Desenvolvemento Sostible

ANEXO II

Indicacións xerais básicas ás que deben axustarse os proxectos de produción e cría de coellos de monte en réxime de semiliberdade.

Os terreos dedicados á cría de coellos en semiliberdade terán entre 2.500 e 3.500 m, incluíndo os cerrados de produción principal e de apoio.

Os cerrados estarán rodeados por un valo dunha altura no inferior aos 2 m, que impida tanto a entrada doutros animais, especialmente predadores, ou persoas, como a saída dos coellos. Ademais débese profundar no chan máis de medio metro, ou ata atopar un substrato dificilmente escavable. A gabia escavada encherase cunha cimentación de formigón, ou ben enterrarase unha malla metálica. Poderase incluír un peche superior de malla de rede para minimizar a depredación.

O cerrado de produción principal terá dúas partes, unha de alimentación e outra de refuxio, separadas por un valado con pasos que poidan pecharse a vontade.

A zona de alimentación, ocupará o 90% do cerrado principal e disporá dunha pradería para a alimentación dos coellos, na cal se instalarán bebedoiros e comedeiros e que contará con algunha estrutura de refuxio provisional que facilite a captura dos animais. A pradería sementarase unicamente con gramíneas perennes de porte baixo, evitando as especies propias de prados de sega. Disporá necesariamente dun sistema de rega.

Na zona de refuxio instalaranse polo menos 6 tobas artificiais, onde os coellos poidan construír as súas goridas de acubillo e cría. As tobas artificiais terán unha estrutura piramidal, duns 20-30 m de base

e uns 2 m de altura, composta de pedras ou raíces de árbores co tamaño suficiente como para deixar ocos entre elas e cubertas de terra en abundancia. A terra empregada debe ser rica en materia orgánica.

O cerrado de apoio terá unha superficie mínima de 500 m cunhas características similares á zona de alimentación do cerrado principal.

ANEXO III

Indicacións básicas ás que deben axustarse os programas de manexo e sanitario dos centros de cría de coello de monte en semiliberdade.

A densidade de reprodutores deberá manterse en torno a 1 macho por cada 200 m de superficie e 1 femia por cada 100 m de superficie. Admitiranse variacións dun 20% destes valores.

A procedencia dos reprodutores debe asegurar que se trata de coellos de monte procedentes de Galicia, nunca hibridados con coellos domésticos.

Deberá contarse cun sistema de identificación dos coellos e cun sistema de rexistro documental que permita un axeitado manexo. Estes sistemas deberán detallarse no plan de manexo.

Deberá establecerse un réxime de capturas (mínimo un ao mes, durante os meses de actividade reprodutora) que permita a revisión dos reprodutores e o seu tratamento veterinario se fora preciso, e a captura dos novos individuos para a súa marcaxe, revisión, tratamento e traslado ao peche de apoio.

O programa sanitario incluirá un protocolo de vacinación fronte á mixomatose e á enfermidade hemorráxica vírica e medidas de loita contra os parasitos internos e externos, entre outras cuestións. Prestarase especial atención á coccidiose.