DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 12 de abril de 2007 Páx. 5.777

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 4 de abril de 2007 pola que se establecen as bases que regulan a concesión das axudas para o fomento das razas autóctonas galegas de protección especial en perigo de extinción e se convocan no ano 2007.

A gandaría baseada nas nosas razas autóctonas foi tradicionalmente, e é hoxe, unha produción de riqueza incalculable desde diversos puntos de vista, tanto económicos como sociais e ambientais.

Ademais, non se pode esquecer que as razas autóctonas galegas supoñen un almacén xenético fundamental que é necesario conservar.

O mantemento desta riqueza gandeira é imprescindible para a conservación dos ecosistemas de pastos, que, doutro xeito, se estragarían irremediablemente.

Tamén é unha ferramenta utilísima para a fixación da poboación no medio rural mellorando as súas condicións de vida, incrementando a calidade, a competitividade e o valor engadido dos produtos.

As actividades subvencionables enmárcanse no disposto nas directrices comunitarias sobre axudas estatais ao sector agrario e forestal 2007-2013 (2006/C 319/01), tendo en conta o Regulamento (CE) 1320/2006, polo que se establecen normas para a transición á axuda ao desenvolvemento rural establecida no Regulamento (CE) 1698/2006 do Consello.

Establécense axudas dirixidas ás asociacións de criadores das razas gandeiras autóctonas galegas de

protección especial en perigo de extinción, que desenvolvan actuacións de acordo co establecido polo Real decreto 997/1999, do 11 de xuño, sobre fomento das razas autóctonas españolas de protección especial en perigo de extinción.

En consecuencia, de acordo co previsto no artigo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e, no uso das facultades que me confiren os artigos 78 e 79 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, a Lei 1/1983, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras das axudas para o fomento das razas autóctonas galegas de protección especial en perigo de extinción na Comunidade Autónoma de Galicia, e proceder á súa convocatoria para o ano 2007.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

O ámbito de aplicación desta orde será o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 3º.-Finalidade.

Os fins que se pretenden acadar coa presente orde son os seguintes:

-O aumento da rendibilidade das explotacións gandeiras galegas, da súa viabilidade e do nivel de vida dos gandeiros.

-A modernización do sector gandeiro galego en materia de xenética, sanidade e produción animal.

-A mellora da eficacia dos sistemas produtivos agrarios e das calidades nas súas producións.

-A optimización na utilización das oportunidades e recursos dispoñibles.

Artigo 4º.-Beneficiarios.

Poderán acollerse ás axudas a que se refire o artigo anterior, as organizacións ou asociacións de criadores das razas autóctonas galegas de protección especial en perigo de extinción que cumpran os requisitos seguintes:

-Estar recoñecidas pola Comunidade Autónoma de Galicia.

-Carecer de ánimo de lucro.

-Acreditar que os gandeiros que as integran dispoñen dun mínimo do 60% das reprodutoras da raza ou razas en perigo de extinción.

-Garantir nos estatutos a participación democrática dos seus membros.

-Dispor de medios técnicos, de laboratorio e de persoal axeitados para a realización das actividades subvencionadas.

Artigo 5º.-Actuacións que se van realizar.

1. A realización de estudos sobre os aspectos etnolóxicos, zootécnicos e produtivos das especies, así como sobre a súa caracterización morfolóxica e reprodutiva.

2. A realización de estatísticas que recollan os aspectos produtivos, estruturas de poboación por localización de rabaños, liñas e estirpes, idades, capacidade reprodutiva.

3. Creación de bancos de xermoplasma, seme e embrións conxelados ou reserva en vivo.

4. Elaboración de programas de conservación e mellora xenética e a súa posta en práctica.

Artigo 6º.-Axudas.

Cuantificación desta subvención: ata un máximo de 12.020,24 euros por asociación e anualidade; non obstante, o financiamento das actuacións previstas nos puntos terceiro e cuarto do artigo 5º das actuacións obxecto da subvención, non poderá ser superior ao 50 e 70% do seu custo, respectivamente.

Artigo 7º.-Solicitudes e prazos de presentación.

1. As solicitudes presentaranse preferentemente nos rexistros dos órganos dependentes da Consellería do Medio Rural. Así mesmo, poderán presentarse nos rexistros de calquera órgano administrativo que pertenza á Administración xeral do Estado, á de calquera Administración das comunidades autónomas ou a algunha das entidades que integran a Administración local se, neste último caso, se subscribiu o oportuno convenio, ou por calquera outro medio previsto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de envío por correo, farase de acordo co regulamentariamente previsto no artigo 31 do Real decreto 1829/1999, do 3 de decembro, polo que se aproba o regulamento polo que se regula a prestación dos servizos postais, en desenvolvemento do establecido na Lei 24/1998, do 13 de xullo, do servizo postal universal e de liberalización dos servizos pos

tais, que se presentará en sobre aberto, co obxecto de que na cabeceira da primeira folla do documento que se queira enviar se faga constar, con claridade, o nome da oficina e a data, o lugar, a hora e o minuto da súa admisión.

Á solicitude de axuda, segundo o modelo do anexo I, deberá xuntarse a seguinte documentación:

-Acreditación da representatividade do solicitante.

-Fotocopia cotexada do código de identificación fiscal.

-Certificado orixinal da entidade financeira sobre a titularidade da conta en que se solicita o ingreso do importe da axuda.

-Declaración do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, así como doutros ingresos ou recursos que financien o proxecto ou, se é o caso, cubrir, debidamente asinada, a declaración que figura no anexo II.

-Memoria do programa de actuación que se pretende desenvolver, obxectivos, orzamento pormenorizado e prazo de execución.

-Avaliación económica dos investimentos que se van realizar.

-Avaliación económica da subvención solicitada.

-Acreditación da personalidade xurídica da entidade solicitante, se é o caso, e copia cotexada dos estatutos que permita verificar que carece de ánimo de lucro e que se garante a participación democrática dos seus membros.

-Acreditación de que os gandeiros que a integran dispoñen dun mínimo do 60% das reprodutoras da raza ou razas en perigo de extinción.

-Acreditación de que se dispoñen dos medios técnicos, de laboratorio e de persoal adecuadas para a realización das actividades subvencionadas.

2. O prazo de presentación de solicitudes será de 40 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

3. A presentación da solicitude de concesión de axuda polo interesado implicará a autorización á Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia. Así mesmo, de acordo co establecido na disposición primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios, e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, de ser o caso.

4. Porén, quedan exentas de achegar os xustificantes do cumprimento das obrigas a que se refire o artigo 78 do texto refundido la Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, as espe

cificadas no artigo 41 da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007.

5. Se a documentación presentada for incompleta ou presentar erros corrixibles, requerirase o responsable para que no prazo de dez días hábiles, desde o seguinte ao de recepción do requirimento, corrixa a falta ou xunte os documentos preceptivos, con advertencia de que, se non o fixer, se terá por desistido da súa solicitude, de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

6. A Consellería do Medio Rural poderá solicitar dos peticionarios toda a información e xustificacións técnicas e económicas que considere necesarias, co obxecto de comprobar a realización das actuacións subvencionables e os custos derivados.

Artigo 8º.-Tramitación e resolución.

O órgano instrutor do procedemento será a Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria. O expediente será resolto polo conselleiro do Medio Rural, por proposta do director xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria.

A consellería notificará, nun prazo de seis meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, a aprobación da solicitude. A falla de notificación no dito prazo poderase entender desestimatoria das peticións de axuda. Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá presentarse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben, alternativamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación.

Artigo 9º.-Seguimento e control da concorrencia e acumulación de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas.

1. Xunto coa solicitude inicial, os peticionarios das axudas presentarán unha declaración de conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo proxecto, polas distintas administracións ou entes públicos, así como doutros ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas ou o anexo II debidamente cuberto.

2. En calquera caso, coas xustificacións, e se houber modificación da declaración anterior, o peticionario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, para un mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, así como doutros ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas.

Artigo 10º.-Criterios de adxudicación e control da execución dos programas.

Na concesión das subvencións previstas nesta orde terán prioridade as solicitudes que teñan menor censo en UGM.

Cando o número de solicitudes con dereito a axudas exceda o crédito dispoñible destinado para tal fin, a Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria proporá reducir proporcionalmente as contías unitarias das axudas, co fin de non superar a devandita contía total.

O control da execución dos programas levarao a cabo o persoal da Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria.

Artigo 11º.-Modificación das axudas.

1. As subvencións a que se refire esta orde consideraranse subvencións máximas e poderán ser reducidas, por proposta da Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria, cando exista concorrencia doutras axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, ou doutros ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas.

2. O pagamento da subvención realizarase con xustificación previa polo beneficiario da realización da actividade, proxecto, obxecto ou adopción do comportamento para o cal se concedeu, nos termos establecidos nesta orde.

3. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, no suposto de falta de xustificación ou de concorrencia dalgunha das causas previstas no artigo 37 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

4. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, ou doutros ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 12º.-Reintegro da axuda e obriga de facilitar información.

O interesado ten a obriga do reintegro, total ou parcial, da subvención ou axuda pública percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e nos demais supostos previstos no artigo 37 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (Decreto lexislativo 1/1999). Así mesmo, ten a obriga de facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, así como as que lle solicite calquera órgano comunitario de inspección ou control.

Artigo 13º.-Réxime de incompatibilidades.

As axudas establecidas nesta orde son compatibles con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou de organismos internacionais, sempre que se cumpran os límites establecidos na normativa aplicable e que en ningún caso se supere o custo total da actividade financiada.

Artigo 14º.-Xustificacións.

1. As xustificacións técnicas e económicas da realización do programa deberán presentarse antes do 15 de novembro, preferentemente no rexistro da consellería, das súas delegacións provinciais ou nas oficinas agrarias comarcais. Así mesmo, poderán presentarse nos rexistros de calquera órgano administrativo que pertenza á Administración xeral do Estado, á de calquera Administración das comunidades autónomas ou a algunha das entidades que integran a Administración local se, neste último caso, se subscribiu o oportuno convenio, ou por calquera outro medio previsto no artigo 38.4º da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Achegaranse os xustificantes orixinais de investimento total, unha relación informatizada destes e unha memoria explicativa sobre a súa realización do programa auxiliado, que probe a entrega efectiva dos produtos ou a prestación efectiva dos servizos. Para cada concepto presentarase unha táboa

comparativa entre os gastos realizados, debidamente xustificados, e os presentados no orzamento de gastos inicialmente presentado.

A relación informatizada debe constar dos seguintes campos: concepto, provedor, número de factura, data de emisión e data de pagamento, base impoñible, importe correspondente ao IVE e importe total con IVE.

Considérase gasto realizado o que foi efectivamente pagado, de xeito que aqueles gastos presentados en que non se xustifique o seu pagamento terán que se xustificar no momento en que se realicen, para que a axuda se poida pagar. Por regra xeral, os pagamentos realizados polo beneficiario final deberán xustificarse mediante facturas orixinais pagadas. Nos casos en que isto non sexa posible, os pagamentos xustificaranse por medio de documentos contables de valor probatorio equivalente.

2. De acordo co artigo 30, número 4º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, cando as actividades fosen financiadas, ademais de coa subvención, con fondos propios ou outras subvencións ou recursos, deberá acreditarse na xustificación o importe, procedencia e aplicación de tales fondos ás actividades subvencionadas.

3. De acordo co artigo 31, número 3º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de 30.000 euros, no suposto de custo por execución de obra, ou de 12.000 euros no caso de subministración de bens de equipamento ou prestación de servizos por empresas de consultoría ou asistencia técnica, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a presentación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención.

A escolla entre as ofertas presentadas, que deberán achegarse na xustificación, ou, se é o caso, na soli

citude da subvención, realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a escolla cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

4. Non poderán subvencionarse actividades xa iniciadas ou actividades levadas a cabo con anterioridade á oportuna presentación da solicitude.

Artigo 15º.-Financiamento.

1. As axudas que deriven da aplicación desta orde financiaranse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007:

11.03.713-C 771.2: 25.000 euros

A concesión da axuda someterase á condición suspensiva da existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución.

2. Así mesmo, os importes dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia con que se financiarán estas axudas poderanse incrementar con fondos comunitarios, estatais ou autonómicos achegados para o efecto.

Estas axudas son cofinanciadas polo Feoga-Orientación nun 75%.

Disposicións adicionais

Primeira.-En todas aquelas cuestións non previstas nesta orde será de aplicación o disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e nos artigos 78 e 79 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, o Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da comunidade autónoma de Galicia.

Segunda.-De conformidade co artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, a Consellería do Medio Rural publicará na súa páxina web oficial as concesións das axudas reguladas nesta orde, polo que a presentación da solicitude leva implícita autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e da súa publicación na citada páxina web.

Así mesmo, de acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, de ser o caso.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria para ditar cuantas disposicións sexan necesarias para a aplicación desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2007.

Alfredo Suárez Canal

Conselleiro do Medio Rural