DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 12 de abril de 2007 Páx. 5.766

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2007, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se fai público o resultado do sorteo a que se refire o artigo 34 da Orde do 17 de marzo de 2007 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos.

En cumprimento do disposto na disposición transitoria da Orde do 17 de marzo de 2007 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG nº 55, do 19 de marzo), que establece a data do 30 de marzo de 2007 como a do sorteo público previsto no artigo 34 da devandita orde, na sala A da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, edificio administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela, e baixo a presidencia do titular da Subdirección Xeral de Centros, con esa data tivo lugar o sorteo a que alude a citada disposición transitoria.

Conforme o resultado do sorteo, as dúas letras de prioridade que afectan o primeiro e, de ser o caso, o segundo apelido, para os efectos de resolución do desempate da puntuación final na orde de admisión do alumnado no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria

obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos correspondente ao ano 2007, serán as letras F e G.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2007.

María José Pérez Mariño

Directora xeral de Ordenación e

Innovación Educativa