DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 12 de abril de 2007 Páx. 5.765

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 64/2007, do 29 de marzo, polo que se aceptan as doazóns de bens culturais feitas pola sociedade Círculo Náutico á Comunidade Autónoma de Galicia.

Con data do 31 de xaneiro de 2007, a Consellería de Cultura e Deporte remitiu á Consellería de Economía e Facenda o expediente de doazón dun lote de varios obxectos de titularidade da sociedade Círculo Náutico domiciliada en Bueu (Pontevedra).

A Secretaría Xeral e do Patrimonio tramitou o expediente de aceptación, logo dos respectivos informes favorables da Comisión Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia e da Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural.

De acordo co disposto no artigo 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 34.1º do Regulamento aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisición pura e simple de bens, a título gratuíto ou lucrativo requirirá decreto do Consello da Xunta, por proposta da Consellería de Economía e Facenda.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e nove de marzo de dous mil sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Aceptar nos termos establecidos polo doador as seguintes doazóns de bens que a continuación se relacionan:

1. Obxecto: debuxo.

Técnica: tinta e grafito sobre papel.

Cronoloxía: anos 20 do século XX.

Medidas: 60 x 43 cm.

2. Obxecto: espello.

Materia: madeira e vidro.

Cronoloxía: século XX

Medidas: 140 x 193 cm.

3. Obxecto: brasón.

Materia: madeira e corda.

Cronoloxía: século XX.

Medidas: 90 x 87 cm.

4. Obxecto: esmalte.

Cronoloxía: século XX.

Medidas: 37,5 x 32,5 cm (con marco).

5. Obxecto: lote de seis carteis enmarcados sobre a Semana Cultural do San Virelas.

Materia: papel.

Cronoloxía: anos 80 do século XX.

Medidas: 47 x 34 cm.

6. Obxecto: lote de seis carteis enmarcados sobre o Memorial J.Mª Massó: snipe.

Materia: papel.

Cronoloxía: finais do século XX.

Medidas: 47 x 34 cm.

7. Obxecto: orla conmemorativa.

Materia: papel.

Cronoloxía: 1987.

Medidas: 65 x 50 cm.

8. Obxecto: lote de nove fotografías enmarcadas dunha regata.

Materia: papel.

Cronoloxía: finais do século XX.

9. Obxecto: cadro.

Materia: témpera sobre papel.

Cronoloxía: finais do século XX.

Medidas: 70,5 x 53 cm (con marco).

10. Obxecto: cadro.

Materia: témpera sobre papel.

Cronoloxía: finais do século XX.

Medidas: 69 x 54 cm (con marco).

11. Obxecto: gallardete.

Materia: cunchas, madeira e corda.

Cronoloxía: finais do século XX.

Medidas: 43 x 125 cm.

12. Obxecto: piano.

Materia: madeira.

Cronoloxía: mediados do século XX.

Medidas: 134 x 149 x 66 cm.

13. Obxecto: mesa.

Materia: ferro, mármore e madeira.

Cronoloxía: século XX.

Medidas: 76,5 x 80 x 51 cm.

14. Obxecto: portas (dúas).

Materia: madeira e vidrio.

Medidas: 264 x 67 cm (cada unha).

15. Obxecto: ventás (seis).

Materia: madeira e vidrio.

Medidas: 134 x 78 cm (dúas), 124 x 76 cm (catro).

16. Obxecto: barco de pesca.

Materia: madeira.

Artigo 2º

Os bens doados pola sociedade Círculo Náutico cédense para o seu uso no Museo Massó de Bueu (Pontevedra).

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo todos os trámites para a efectividade deste decreto.

Santiago de Compostela, vinte e nove de marzo de dous mil sete.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

José Ramón Fernández Antonio

Conselleiro de Economía e Facenda