DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 10 de abril de 2007 Páx. 5.613

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2007, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón o rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da comisión mixta do convenio colectivo galego de editoriais, relativo á aprobación da táboa salarial para o ano 2007.

Visto o acordo subscrito o 26 de xaneiro de 2007, pola comisión mixta paritaria do convenio colectivo galego de editoriais, relativo á aprobación da táboa salarial para o ano 2007, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta Dirección Xeral de Relacións Laborais,

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a inscrición do devandito acordo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remitir o texto orixinal ao correspondente servizo deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2007.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Convenio colectivo galego de editoriais

En Vigo, na sede da Asociación Galega de Editores sendo as 10.30 horas do día 26 de xaneiro de 2007,

coa asistencia de Pilar Sampil Sánchez e Carlos del Pulgar Sabín, en representación da Asociación Galega de Editores e de Fernando Fernández González e Jesús Costa Argibay, en representación do sindicato Confederación Intersindical Galega (CIG), celébrase a reunión da comisión mixta paritaria do convenio galego de editoriais coa seguinte orde do día:

1º Táboa salarial ano 2007.

Adóptanse os seguintes acordos:

1º Táboa salarial ano 2007.

Salario base de convenio.

Durante o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2007 o salario base de convenio será de 13,6011 euros por día e punto de cualificación, o que supón un aumento salarial do 2% con respecto ao vixente no ano 2006.

Complemento lineal do convenio.

Para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2007 o importe do complemento lineal do convenio será de 3.836,51 euros anuais, o que supón un aumento do 2% con respecto ao vixente no ano 2006.

Xúntase, como anexo I, as táboas de salarios vixentes para este período para o persoal con retribución mensual e diaria.

O que en conformidade con esta acta asinamos en Vigo, 26 de xaneiro de 2007.

Pola organización sindical CIGPola Asociación Galega de Editores

Jesús Costa ArgibayPilar Sampil Sanchez

Fernando Fernández GonzálezCarlos del Pulgar Sánchez