DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 10 de abril de 2007 Páx. 5.604

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2007, da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional específica en centros docentes sostidos con fondos públicos.

A disposición segunda da Orde do 1 de abril de 2002 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional específica determina que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocará, polo menos unha vez por ano, unha proba para o acceso aos ciclos formativos que se impartan na Comunidade Autónoma de Galicia. A esta proba unicamente poderán concorrer as persoas que non reúnan os requisitos académicos que permitan o acceso directo aos ciclos formativos.

A disposición derradeira primeira da devandita orde autoriza a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais para ditar as instrucións que sexan necesarias para o desenvolvemento e a aplicación do previsto nela.

Na súa virtude, esta dirección xeral

RESOLVE:

Anunciar a convocatoria de realización das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e grao superior de formación profesional específica para o curso 2007-2008, consonte as seguintes disposicións:

Capítulo I

Ciclos formativos de grao medio

Primeiro.-Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Esta proba de acceso defínese na Orde do 1 de abril de 2002 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional específica, así como na Orde do 30 de xaneiro de 2007 (DOG do 15 de febreiro, con corrección de erros no DOG do 5 de marzo), pola que se modifica a

anterior. A proba acreditará se a persoa aspirante posúe coñecementos e habilidades suficientes para cursar con aproveitamento estas ensinanzas, é común para todos os ciclos formativos de grao medio, e o seu contido atenderá os aspectos sociocultural e científico-tecnolóxico da educación secundaria obrigatoria. Consta de dúas partes:

Parte sociocultural

Comprensión e expresión de textos escritos con propiedade, autonomía e creatividade, en galego e en castelán.

Coñecemento da historia, a xeografía e as actitudes da nosa tradición e do noso patrimonio cultural, así como análise dos mecanismos e os valores que rexen o funcionamento das sociedades.

Parte científico-tecnolóxica

Resolución de problemas nos campos das matemáticas e da tecnoloxía, mediante procedementos de razoamento lóxico.

Realización de exercicios que utilicen códigos científicos e técnicos. Aplicacións do desenvolvemento científico e tecnolóxico, e a súa incidencia no medio físico e social.

A proba de acceso cualificarase numericamente entre cero e dez para cada unha das partes. A nota final da proba calcularase sempre que se obteña polo menos unha puntuación de catro en cada unha das partes e será a media aritmética destas, expresada con dous decimais. Será positiva a cualificación de cinco puntos ou superior.

Non se terá en conta para o cálculo da nota final a exención da materia de lingua galega e literatura. No caso de exención total da proba, a cualificación final será 5,00.

Segundo.-Probas de acceso adaptadas ás persoas que acrediten discapacidades.

As persoas con necesidades específicas derivadas de discapacidades físicas, psíquicas ou sensoriais que teñan a declaración legal de diminución poderán solicitar os recursos adicionais necesarios para desenvolver a proba de acceso.

Quen solicite proba adaptada deberá cubrir o modelo de solicitude que figura como anexo III da presente resolución e presentar o correspondente certificado acreditativo de minusvalidez emitido polos equipos de valoración e orientación da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, así como o seu ditame técnico facultativo. A Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, en función do grao de discapacidade, determinará as medidas ou os recursos adicionais e, de ser o caso, adaptará a proba de acceso que deban superar estas persoas, que, en todo caso, deberá respectar o esencial dos obxectivos fixados nos decretos que regulan os currículos das materias da proba.

Terceiro.-Exencións das probas de acceso.

A solicitude de exención deberase formular no momento da inscrición para a proba. Quen a solicite farao constar na solicitude de inscrición que aparece

no anexo VI da corrección de erros da Orde do 30 de xaneiro de 2007 pola que se modifica a Orde do 1 de abril de 2002, pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional específica, e achegará xunto coa súa solicitude a documentación que corresponda, consonte os seguintes supostos de exención:

1. Quedarán exentas da realización da proba as persoas que acrediten ter superadas as probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos. Para solicitar esta exención deberanse inscribir previamente para a proba e facelo constar na súa folla de inscrición. A documentación que se achegue debe acreditar que se teñen superadas as probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

A resolución sobre a exención correspóndelle ao tribunal avaliador que se indica no número sexto, punto dous, da Orde do 1 de abril de 2002.

Entregaráselle á persoa solicitante a resolución das exencións que lle correspondan o mesmo día da realización da proba. As resolucións de exención que non se recollan o día das probas arquivaranse nas secretarías dos centros en que estas se realicen, onde se poderán retirar logo de identificación.

Quen dispoña de resolución positiva de exención poderá presentala en futuras convocatorias; neste caso, a devandita resolución manterá a súa validez, sempre que se manteñan as mesmas circunstancias.

2. Consonte o Decreto 79/1994, do 8 de abril (DOG do 15 de abril), sobre exención da materia de lingua galega, e a Orde do 30 de xuño de 1994 (DOG do 4 de agosto), que o desenvolve, a persoa que se incorpore ao sistema educativo de Galicia procedente doutra comunidade autónoma ou do estranxeiro poderá obter a exención das probas de avaliación da materia de lingua galega.

Con base na normativa anteriormente exposta, quen se presente ás probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional específica e solicite a exención de lingua galega deberá facelo constar expresamente no momento de realizar a inscrición para as probas, e presentar a seguinte documentación:

-Anexo I da Orde do 30 de xuño de 1994, asinado pola persoa interesada, no cal se exporán as razóns polas que se solicita a exención.

-Fotocopia compulsada do expediente académico ou do libro de escolaridade da persoa solicitante correspondente aos catro últimos anos académicos nos que estivese matriculada, ou informe da dirección do centro en que se explique a súa situación durante ese período.

-Fotocopia compulsada das páxinas do libro de escolaridade onde consten as altas e as baixas en centros nos catro últimos anos académicos cursados, ou informe da dirección do centro que acredite tal aspecto.

-Acreditación do traslado de residencia para fóra da Comunidade Autónoma de Galicia da persoa solicitante, así como dos seus proxenitores ou de quen

exerza a súa titoría legal, se a solicitude se basea no establecido no artigo 2.4º do Decreto 79/1994.

O director ou a directora do centro onde se presentase a documentación deberá resolver sobre esta exención e enviala, xunto co resto das solicitudes de exención, á Subdirección Xeral de Formación Profesional nos prazos previstos para a súa incorporación á aplicación informática de xestión das probas de acceso.

No caso de se presentaren resolucións de exención de lingua galega concedidas con anterioridade á data de inscrición para as probas, o director ou a directora do centro terán a responsabilidade de verificar a vixencia do devandito certificado.

Cuarto.-Publicación de listaxes provisionais e definitivas de inscrición, exención, probas adaptadas, cualificacións e lugares de realización da proba.

Quen desexar información puntual no relativo ás publicacións en todo o proceso do desenvolvemento das probas de acceso poderá dirixirse ao lugar onde realizase a súa inscrición, ao centro onde realice as probas ou ben á páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, onde se han publicar as listaxes correspondentes. Así mesmo, na devandita páxina poderase consultar, logo de identificación, información personalizada en calquera momento do proceso.

Quinto.-Inscrición e calendario de realización das probas de acceso aos ciclos de grao medio.

1. Con anterioridade ao día 30 de maio, segundo o artigo 6 da Orde do 1 de abril de 2002, as delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria comunicarán por escrito á Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais o seguinte:

-Os lugares onde se vaian realizar as probas e os centros adscritos para que se fagan públicos o día 30 de maio.

-Os inspectores e as inspectoras provinciais responsables do proceso das probas de acceso.

-As persoas integrantes das comisións de realización das probas, por proposta da inspección educativa.

2. A solicitude de inscrición para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio presentarase por duplicado na secretaría de calquera dos institutos de educación secundaria (en adiante IES) ou centros integrados de formación profesional (en adiante CIFP) onde se impartan ensinanzas de formación profesional específica, no prazo comprendido entre os días 14 e 22 de maio de 2007, ambos os dous incluídos, segundo o modelo do anexo VI recollido na corrección de erros, publicada no DOG do 5 de marzo, da Orde do 30 de xaneiro de 2007 (DOG do 15 de febreiro), pola que se modifica a Orde do 1 de abril de 2002 (DOG do 12 de abril). O centro que tramite a devandita solicitude deberá entregarlle á persoa solicitante unha copia selada desta.

No caso de alumnado matriculado en programas de garantía social no presente curso escolar e que desexe realizar a proba de acceso a ciclos formativos de grao medio, deberase presentar unha inscrición provisional. A inscrición será definitiva cando se achegue a certificación de ter superado o programa de garantía social na secretaría do centro onde se realizase a inscrición provisional. Os centros terán de prazo para cargar este dato na aplicación informática ata as 14.00 horas do día 28 de maio.

Na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp pódese realizar a inscrición para as probas. A folla de inscrición deberase presentar na secretaría dun dos centros anteriormente citados para lle dar validez á inscrición.

3. As persoas solicitantes de proba adaptada deberán cubrir o modelo de solicitude que figura como anexo III da presente resolución e presentar o correspondente certificado acreditativo de minusvalidez emitido polo equipo de valoración e orientación da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, así como o seu ditame técnico facultativo.

4. A relación provisional de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba publicarase o día 23 de maio. No caso das exclusións farase indicación do motivo que as ocasione. Poderase presentar documentación complementaria e reclamacións contra esta listaxe os días 24 e 25 de maio, ambos os dous incluídos. A relación definitiva de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba nesta convocatoria farase pública o día 28 de maio.

5. No caso do alumnado que solicite exención da proba, exención de lingua galega ou proba adaptada, a dirección do centro remitirá á Subdirección Xeral de Formación Profesional, pola vía de urxencia, a relación de persoas solicitantes e a documentación correspondente de cada unha delas, de xeito que se garanta a súa recepción o día 30 de maio. A documentación restante arquivarase no propio centro educativo.

6. De detectárense erros no número do documento de identificación (DNI, NIE, pasaporte ou documento de identidade dun Estado da Unión Europea), poderase solicitar a súa corrección en calquera momento a través dunha reclamación, segundo o modelo de solicitude dispoñible no anexo V desta resolución e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp. A esta solicitude deberáselle achegar unha fotocopia do documento de identificación, e deberá estar asinada polo director ou a directora do centro, quen enviará por vía de urxencia a reclamación orixinal presentada na secretaría do centro á Subdirección Xeral de Formación Profesional. Non cumprirá que o centro realice trámite adicional ningún coa aplicación informática.

7. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria elaborará as probas de acceso aos ciclos formativos de acordo co establecido na Orde do 1 de abril de 2002, modificada pola Orde do 30 de xaneiro de 2007 (DOG do 15 de febreiro).

8. As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 12 de xuño de 2007, no horario que se indica a seguir:

Ás 9.00 horas: presentación.

Das 10.00 ás 12.00 horas: parte científico-tecnolóxica.

Das 12.30 ás 14.30 horas: parte sociocultural.

As persoas inscritas deberán presentar para a realización da proba o seu documento de identidade e copia da folla da solicitude de inscrición.

Sexto.-Información, orientación e tramitación de solicitudes.

1. Todos os IES e CIFP que impartan ensinanzas de formación profesional deberanlles ofrecer ás persoas interesadas información e orientación sobre estas ensinanzas, así como sobre o procedemento de inscrición e desenvolvemento das probas de acceso.

2. Os IES e CIFP onde se impartan ensinanzas de formación profesional específica tramitarán a información referente ao alumnado participante nas probas de acceso a ciclos formativos a través da aplicación informática facilitada pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.

Sétimo.-Resolución de exencións, proba adaptada e reclamacións.

1. A resolución provisional de exención da proba e de proba adaptada farase pública o día 1 de xuño.

2. Contra a resolución provisional de exención da proba e proba adaptada poderase presentar reclamación desde o día 4 ao 5 de xuño ata as 12.00 horas, ante o presidente ou a presidenta do tribunal único, no centro onde se realizase a inscrición. Os centros cargarán na aplicación as reclamacións e deberanas remitir, por vía de urxencia, á Subdirección Xeral de Formación Profesional, de xeito que se asegure a súa recepción o día 8 de xuño. A resolución definitiva de exención e proba adaptada nesta convocatoria farase pública o día 8 de xuño.

Oitavo.-Listaxes de cualificacións da proba e reclamacións.

1. Os resultados das cualificacións provisionais das probas de acceso aos ciclos formativos publicaranse o día 18 de xuño.

2. Poderase presentar reclamacións contra a cualificación provisional os días 19 e 20 de xuño, ambos os dous incluídos, ante o presidente ou a presidenta do tribunal único, no centro onde se realizase a inscrición ou naquel onde se realizase a proba. No período de reclamación, os centros cargarán na aplicación estas reclamacións e deberanas remitir, por vía de urxencia, á Subdirección Xeral de Formación Profesional, de xeito que se asegure a súa recepción o día 22 de xuño antes das 12.00 horas. O día 22 de xuño, o presidente ou a presidenta da comisión de realización entregará os exames na Subdirección Xeral de Formación Profesional para a súa revisión polo tribunal único. A cualificación definitiva publicarase o 26 de xuño.

Noveno.-Recursos.

Contra a resolución de exencións e de proba adaptada, e contra as cualificacións definitivas da proba de acceso poderase interpor recurso de alzada no prazo dun mes ante o director ou a directora xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificacións da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Décimo.-Certificacións.

A superación da proba acreditarase mediante unha certificación, segundo o modelo que figura no anexo II da Orde do 1 de abril de 2002, que será expedida pola secretaría do centro onde se realizase a proba. En ningún caso se expedirá certificación que se refira á superación parcial da proba.

A certificación de ter superada a proba terá validez en todo o Estado como requisito de acceso a calquera ciclo formativo de grao medio.

Capítulo II

Ciclos formativos de grao superior

Décimo primeiro.-Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

Esta proba de acceso defínese na Orde do 1 de abril de 2002 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional específica, así como na Orde do 30 de xaneiro de 2007 (DOG do 15 de febreiro, con corrección de erros no DOG do 5 de marzo), pola que se modifica a anterior. Consta de dúas partes:

-Parte xeral: neste exercicio, a persoa aspirante deberá acreditar a madurez en relación cos obxectivos do bacharelato, fundamentalmente en contidos procedementais de lingua galega e literatura, de lingua castelá e literatura, de lingua estranxeira (opción de inglés ou de francés) e de matemáticas.

A cualificación da área lingüística determinarase mediante o cálculo da media aritmética das puntuacións acadadas en cada unha das tres materias que a integran: lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura, e lingua estranxeira (opción de inglés ou francés).

A cualificación da parte xeral será a media aritmética das cualificacións obtidas nas áreas lingüística e de matemáticas.

-Parte específica: a persoa aspirante deberá acreditar a súa capacidade de formación profesional de base relacionada co campo profesional do ciclo formativo ao cal solicita acceder. Esta parte avaliará os coñecementos en relación coas materias que se indican na segunda columna do anexo I desta resolución. Cada aspirante elixirá a opción que lle permita o acceso ao ciclo formativo que desexe cursar, dentro dos ofrecidos nesta comunidade autónoma.

A proba de acceso cualificarase numericamente entre cero e dez para cada unha das partes. A nota final da proba calcularase sempre que se obteña

polo menos unha puntuación de catro en cada unha das partes e será a media aritmética destas, expresada con dous decimais. Será positiva a cualificación de cinco puntos ou superior.

Non se terá en conta para o cálculo da nota final a exención da materia de lingua galega e literatura nin a exención da materia ou das materias da parte específica da proba. No caso de exención total da proba, a cualificación final será 5,00.

Décimo segundo.-Probas de acceso adaptadas para quen acredite discapacidade.

As persoas con necesidades específicas derivadas de discapacidade física, psíquica ou sensorial que teñan a declaración legal de diminución poderán solicitar os recursos adicionais necesarios para desenvolver a proba de acceso.

Quen solicite proba adaptada deberá cubrir o modelo de solicitude que figura como anexo III da presente resolución e presentar o correspondente certificado acreditativo de minusvalidez emitido polos equipos de valoración e orientación da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, así como o seu ditame técnico facultativo. A Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, en función do grao de discapacidade, determinará as medidas ou os recursos adicionais e, de ser o caso, adaptará a proba de acceso que deban superar estas persoas, que, en todo caso, deberá respectar o esencial dos obxectivos fixados nos decretos que regulan os currículos das materias da proba.

Décimo terceiro.-Exencións das probas de acceso.

A solicitude de exención deberá formularse no momento da inscrición para a proba. Quen a solicite farao constar na solicitude de inscrición que aparece no anexo VII da corrección de erros da Orde do 30 de xaneiro de 2007 pola que se modifica a Orde do 1 de abril de 2002, pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional específica, e deberá achegar xunto coa súa solicitude a documentación que corresponda, consonte os seguintes supostos de exención.

1. Quedarán exentas da realización da proba as persoas que acrediten ter superadas as probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos. Para solicitar esta exención deberanse inscribir previamente para a proba e facelo constar na súa folla de inscrición. A documentación que se achegue debe acreditar que a persoa solicitante teña superadas as probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

A resolución sobre a exención correspóndelle ao tribunal avaliador que se indica no número sexto, punto dous, da Orde do 1 de abril de 2002.

Entregaráselle á persoa solicitante a resolución das exencións que lle correspondan o mesmo día da realización da proba. As resolucións de exención que non se recollan o día das probas arquivaranse nas secretarías dos centros en que estas se realicen, onde se poderán retirar logo de identificación.

Quen dispoña de resolución positiva de exención poderá presentala en futuras convocatorias; neste caso, a devandita resolución manterá a súa validez, sempre que se manteñan as mesmas circunstancias.

2. Da parte específica da proba poderán quedar exentas as persoas que acrediten polo menos un ano de experiencia laboral en campos profesionais que se correspondan cos coñecementos das materias que se indican na segunda columna do anexo I desta resolución, para os estudos que se pretenda cursar.

A solicitude desta exención deberase formular no momento da inscrición, e cumprirá achegarlle a seguinte documentación:

-Certificación da empresa, segundo o anexo II desta resolución, onde se fagan constar especificamente as actividades laborais desenvolvidas pola persoa interesada relacionadas co campo profesional que se corresponda cos estudos que pretenda cursar, así como o número de horas dedicadas a elas. En caso de traballadores e traballadoras por conta propia, ademais, certificación de alta no imposto de actividades económicas e, de ser o caso, xustificantes do seu pagamento.

-Certificación da Tesouraría da Seguridade Social ou da mutualidade laboral en que a persoa solicitante estivese afiliada, onde conste a empresa e o período de contratación. No caso de persoal das forzas armadas, certificación de vida laboral expedida pola pagadoría do centro de destino actual, onde consten os empregos desempeñados por destino, coa especialidade militar e o período de exercicio.

A resolución sobre as exencións correspóndelle ao tribunal avaliador que se indica no número sexto, punto dous, da Orde do 1 de abril 2002.

Entregaráselle á persoa solicitante a resolución das exencións que lle correspondan o mesmo día da realización da proba. As resolucións de exención que non se recollan o día das probas arquivaranse nas secretarías dos centros en que estas se realicen, onde se poderán retirar logo de identificación.

Quen dispoña de resolución positiva de exención poderá presentala en futuras convocatorias; neste caso, a devandita resolución manterá a súa validez, sempre que se manteñan as mesmas circunstancias.

3. Consonte o Decreto 79/1994, do 8 de abril (DOG do 15 de abril), sobre exención da materia de lingua galega, e a Orde do 30 de xuño de 1994 (DOG do 4 de agosto), que o desenvolve, o alumnado que se incorpore ao sistema educativo de Galicia procedente doutras comunidades autónomas ou do estranxeiro poderá obter a exención das probas de avaliación da materia de lingua galega.

Con base na normativa anteriormente exposta, o alumnado que se presente ás probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional específica e que solicite a exención de lingua galega deberá facelo constar expresamente no momento de realizar

a inscrición para as probas, e presentar a seguinte documentación:

-Anexo I da Orde do 30 de xuño de 1994, asinado pola persoa solicitante, no que se exporán as razóns polas que se solicita a exención.

-Fotocopia compulsada do expediente académico ou do libro de escolaridade da persoa solicitante correspondente aos catro últimos anos académicos nos que estivese matriculada, ou informe da dirección do centro en que se explique a súa situación durante ese período.

-Fotocopia compulsada das páxinas do libro de escolaridade onde consten as altas e as baixas en centros nos catro últimos anos académicos cursados, ou informe da dirección do centro que acredite tal aspecto.

-Acreditación do traslado de residencia da persoa solicitante para fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, así como dos seus proxenitores ou de quen exerza súa titoría legal, se a solicitude se basea no establecido no artigo 2.4º do Decreto 79/1994.

O director ou a directora do centro onde se presentase a documentación deberá resolver a concesión desta exención e enviala, xunto co resto das solicitudes de exención, á Subdirección Xeral de Formación Profesional nos prazos previstos para a súa incorporación á aplicación informática de xestión das probas de acceso.

Décimo cuarto.-Publicación de listaxes provisionais e definitivas de inscrición, exención, proba adaptada, cualificación e lugares de realización da proba.

Quen desexar información puntual no relativo ás publicacións en todo o proceso do desenvolvemento das probas de acceso poderá dirixirse ao lugar onde realizase a súa inscrición, ao centro onde realice as probas ou ben á páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, onde se publicarán as listaxes correspondentes. Así mesmo, na devandita páxina poderase consultar, logo de identificación, información personalizada en calquera momento do proceso.

Décimo quinto.-Inscrición e calendario de realización das probas de acceso aos ciclos de grao superior.

1. Con anterioridade ao 2 de maio, segundo o artigo 6 da Orde do 1 de abril de 2002, as delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria comunicarán por escrito, á Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais o seguinte:

-Os lugares onde se vaian realizar as probas e os centros adscritos, para que se fagan públicos, o día 2 de maio.

-Os inspectores e as inspectoras provinciais responsables do proceso das probas de acceso.

-As persoas integrantes das comisións de realización das probas, por proposta da inspección educativa.

2. A solicitude de inscrición para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior presentarase por duplicado na secretaría de calquera dos IES e dos CIFP onde se impartan ensinanzas de formación profesional específica, no prazo comprendido entre o día 16 e o 24 de abril de 2007, ambos os dous incluídos, segundo o modelo do anexo VII recollido na corrección de erros, publicada no DOG do 5 de marzo, da Orde do 30 de xaneiro de 2007 (DOG do 15 de febreiro) pola que se modifica a Orde do 1 de abril de 2002 (DOG do 12 de abril), así como o modelo do anexo IV desta resolución. O centro que tramite a devandita solicitude deberalle entregar á persoa solicitante unha copia selada desta.

Na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp pódese realizar a inscrición para as probas. A folla de inscrición deberase presentar na secretaría dun dos centros anteriormente citados para lle dar validez á inscrición.

3. Quen solicite proba adaptada deberá cubrir o modelo de solicitude que figura como anexo III da presente resolución e presentar o correspondente certificado acreditativo de minusvalidez emitido polo equipo de valoración e orientación da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, así como o seu ditame técnico facultativo.

4. A relación provisional de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba publicarase o día 25 de abril. No caso das exclusións farase indicación do motivo que as ocasione. Poderase presentar documentación complementaria e reclamacións contra esta listaxe os días 26 e 27 de abril, ambos os dous incluídos. A relación definitiva de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba nesta convocatoria farase pública o día 30 de abril.

5. No caso do alumnado que solicite exención da proba, exención de lingua galega ou proba adaptada, a dirección do centro remitirá á Subdirección Xeral de Formación Profesional, pola vía de urxencia, a relación de persoas solicitantes e a documentación correspondente de cada unha delas, de xeito que se garanta a súa recepción o día 3 de maio. A documentación restante arquivarase no propio centro educativo.

6. De detectárense erros no número do documento de identificación (DNI, NIE, pasaporte ou documento de identidade dun Estado da Unión Europea), poderase solicitar a súa corrección en calquera momento a través dunha reclamación, segundo o modelo de solicitude dispoñible no anexo V desta resolución e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp. A esta solicitude deberáselle achegar unha fotocopia do documento de identificación e deberá estar asinada polo director ou a directora do centro, quen enviará por vía de urxencia a reclamación orixinal presentada na secretaría do centro á Subdirección Xeral de Formación Profesional. Non cumprirá que o centro realice trámite adicional ningún coa aplicación informática.

7. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria elaborará as probas de acceso aos ciclos formativos, de acordo co establecido na Orde do 1 de abril de 2002 modificada pola Orde do 30 de xaneiro de 2007 (DOG do 15 de febreiro).

8. As probas de acceso aos ciclos de grao superior realizaranse o día 22 de maio de 2007, no horario que se indica a seguir:

Ás 9.00 horas: presentación.

Parte xeral da proba

Das 10.00 ás 12.00 horas: área lingüística (lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura, e lingua estranxeira, con opción de francés ou inglés).

Das 12.30 ás 14.00 horas: área de matemáticas.

Parte específica da proba.

A partir das 16.30 horas: materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo para o que se solicitase a proba de acceso, segundo o anexo I desta resolución.

A duración máxima para cada materia desta parte será de dúas horas.

As persoas inscritas deberán presentar para a realización da proba o seu documento de identidade e copia da folla da solicitude de inscrición.

Décimo sexto.-Información, orientación e tramitación de solicitudes.

1. Todos os IES e CIFP que impartan ensinanzas de formación profesional deberanlles ofrecer ás persoas interesadas información e orientación sobre estas ensinanzas, así como sobre o procedemento de inscrición e desenvolvemento das probas de acceso.

2. Os IES e CIFP onde se impartan ensinanzas de formación profesional específica tramitarán a información referente ao alumnado participante nas probas de acceso a ciclos formativos a través da aplicación informática facilitada pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.

Décimo sétimo.-Resolución de exencións, proba adaptada e reclamacións.

1. A resolución provisional de exencións da proba e de proba adaptada farase pública o día 7 de maio.

2. Contra a resolución provisional de exención da proba e proba adaptada poderase presentar reclamación desde o día 8 ao 9 de maio ata as 12.00 horas, ante o presidente ou a presidenta do tribunal único no centro onde se realizase a inscrición. Os centros cargarán na aplicación as reclamacións e deberanas remitir, por vía de urxencia, á Subdirección Xeral de Formación Profesional, de xeito que se asegure a súa recepción o día 11 de maio. A resolución definitiva farase pública o día 15 de maio.

Décimo oitavo.-Listaxes de cualificación da proba e reclamacións.

1. O resultado das cualificacións provisionais das probas de acceso aos ciclos formativos publicarase o día 28 de maio.

2. Poderase presentar reclamación contra a cualificación provisional os días 29 e 30 de maio, ambos os dous incluídos, ante o presidente ou a presidenta do tribunal único, no centro onde se realizase a inscrición ou naquel onde realizase a proba. No período de reclamación os centros cargarán na aplicación estas reclamacións e deberanas remitir, por vía de urxencia, á Subdirección Xeral de Formación Profesional, de xeito que se asegure a súa recepción o día 1 de xuño antes das 12.00 horas. O día 1 de xuño, os presidentes e as presidentas das comisións de realización entregarán os exames na Subdirección Xeral de Formación Profesional para a súa revisión polo tribunal único. A cualificación definitiva publicarase o día 5 de xuño.

Décimo noveno.-Recursos.

Contra a resolución de exencións e de proba adaptada, e contra as cualificacións definitivas da proba de acceso poderase interpor recurso de alzada no prazo dun mes ante o director ou a directora xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificacións da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vixésimo.-Certificacións.

A superación da proba acreditarase mediante unha certificación, segundo o modelo que figura no anexo III da Orde do 1 de abril de 2002, que será expedida pola secretaría do centro onde se realizase a proba. No caso de que a persoa aspirante alegue a exención da parte específica, o acceso estará limitado aos ciclos para os que teña a exención recoñecida. En caso ningún se estenderá certificación que se refira á superación parcial da proba. As certificacións que se estendan ás persoas que teñan superada a proba de acceso a ciclos formativos de grao superior especificarán o nome dos ciclos formativos aos que dá acceso, consonte as opcións do anexo I desta resolución.

A certificación de ter superada a proba terá validez como requisito de acceso en todo o Estado e manterá a súa vixencia sempre que non se modifique o título nin as ensinanzas correspondentes ao ciclo formativo.

Vixésimo primeiro.-Protección de datos e arquivo de documentación.

Na xestión dos procesos a que se refire esta resolución respectarase a normativa sobre protección de datos, consonte a lexislación vixente. Os centros onde se realizasen as probas conservarán toda a documentación xerada durante os tres meses seguintes á finalización do proceso. No caso dos exames reclamados e dos impugnados, a documentación conservarase durante un período de cinco anos.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e será de aplicación para o curso 2007-2008.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2007.

Antonio Vázquez Vázquez

Director xeral de Formación Profesional

e Ensinanzas Especiais

ANEXO I

Materias da parte específica da proba das cales cómpre examinarse para o acceso a cada ciclo formativo de grao superior

Ciclos formativosMaterias da parte específica da proba

Administración de sistemas informáticosEconomía e organización de empresas

Administración e finanzasEconomía e organización de empresas

AloxamentoEconomía e organización de empresas

Análise e controlQuímica

Bioloxía

Física

Anatomía patolóxica e citoloxíaBioloxía

Animación de actividades físicas e deportivasBioloxía

Animación socioculturalHistoria do mundo contemporáneo

Animación turísticaEconomía e organización de empresas

Segunda lingua estranxeira

Asesoría de imaxe persoalHistoria do mundo contemporáneo

AudiopróteseFísica

AutomociónElectrotecnia

Mecánica

Axencias de viaxesXeografía

Economía e organización de empresas

Comercio internacionalEconomía e organización de empresas

Construcións metálicasDebuxo técnico específico

Mecánica

CurtidosDebuxo técnico

Tecnoloxía industrial

Química

Desenvolvemento de aplicacións informáticasMatemáticas aplicadas ás ciencias sociais II

Desenvolvemento de produtos electrónicosElectrotecnia

Desenvolvemento de produtos en carpintaría e mobleDebuxo técnico

Tecnoloxía industrial

Desenvolvemento de proxectos de instalacións de fluídos, térmicas e de manutenciónElectrotecnia

Tecnoloxía industrial

Desenvolvemento de proxectos mecánicosDebuxo técnico

Tecnoloxía industrial

Desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficasDebuxo técnico específico

Desenvolvemento e aplicación de proxectos de construciónDebuxo técnico específico

Mecánica

Desenvolvemento e fabricación de produtos cerámicosQuímica

Deseño e produción editorialDebuxo técnico

DietéticaBioloxía

Documentación sanitariaBioloxía

Educación infantilBioloxía e xeoloxía

EstéticaBioloxía

Fabricación de produtos farmacéuticos e afínsQuímica

Bioloxía

Física

Fabricación e transformación de produtos de vidroQuímica

Hixiene bucodentalBioloxía

ImaxeFísica

Imaxe para o diagnósticoBioloxía

Industria alimentariaQuímica

Tecnoloxía industrial

Industrias de proceso de pasta e papelQuímica

Tecnoloxía industrial

Física

Ciclos formativosMaterias da parte específica da proba

Industrias de proceso químicoQuímica

Tecnoloxía industrial

Física

Información e comercialización turísticaXeografía

Historia da arte

Instalacións electrotécnicasElectrotecnia

Integración socialHistoria do mundo contemporáneo

Interpretación da lingua de signosSegunda lingua estranxeira (inglés)

Laboratorio de diagnóstico clínicoBioloxía

Mantemento aeromecánicoElectrotecnia

Mecánica

Mantemento de aviónicaElectrotecnia

Mantemento de equipo industrialElectrotecnia

Tecnoloxía industrial

Mantemento e montaxe de instalacións de edificio e procesoElectrotecnia

Tecnoloxía industrial

Navegación, pesca e transporte marítimoDebuxo técnico

Tecnoloxía industrial

Óptica de anteollosFísica

OrtoprotésicaDebuxo técnico

PatronaxeDebuxo técnico

Plásticos e cauchoDebuxo técnico

Tecnoloxía industrial

Química

Prevención de riscos profesionaisBioloxía

Tecnoloxía industrial

Procesos de confección industrialDebuxo técnico

Tecnoloxía industrial

Procesos de ennobrecemento téxtilDebuxo técnico

Tecnoloxía industrial

Química

Procesos téxtiles de fiadura e tecedura de caladaDebuxo técnico

Tecnoloxía industrial

Procesos téxtiles de tecedura de puntoDebuxo técnico

Tecnoloxía industrial

Produción acuícolaQuímica

Bioloxía

Produción de audiovisuais, radio e espectáculosEconomía e organización de empresas

Produción de madeira e mobleDebuxo técnico

Tecnoloxía industrial

Produción en industrias de artes gráficasDebuxo técnico

Tecnoloxía industrial

Produción por fundición e pulvimetalurxiaDebuxo técnico

Tecnoloxía industrial

Produción por mecanizadoDebuxo técnico

Tecnoloxía industrial

Próteses dentaisDebuxo técnico

Química ambientalQuímica

Bioloxía

Física

RadioterapiaBioloxía

Realización de audiovisuais e espectáculosFísica

Realización e plans de obraDebuxo técnico específico

Mecánica

RestauraciónEconomía e organización de empresas

Saúde ambientalBioloxía

Ciencias da terra e do ambiente

SecretariadoEconomía e organización de empresas

Segunda lingua estranxeira

Servizos ao consumidorEconomía e organización de empresas

Sistemas de regulación e control automáticosElectrotecnia

Sistemas de telecomunicación e informáticosElectrotecnia

SonFísica

Supervisión e control de máquinas e instalacións do buqueElectrotecnia

Mecánica

Xestión comercial e márketingEconomía e organización de empresas

Xestión do transporteEconomía e organización de empresas

Xestión e organización de empresas agropecuariasBioloxía

Ciencias da terra e do ambiente

Xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticosBioloxía

Ciencias da terra e do ambiente