DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 10 de abril de 2007 Páx. 5.604

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2007, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se procede a designar os membros e a facer pública a composición do xurado de selección que analizará e valorará as solicitudes dos aspirantes aos premios extraordinarios de formación profesional específica de grao superior correspondentes ao curso 2005-2006.

En virtude da autorización conferida pola disposición derradeira primeira da Orde do 15 de febreiro de 2007, pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional específica de grao superior correspondentes ao curso 2005-2006, e de conformidade co establecido no artigo 7 desa orde, en relación coa composición do xurado de selección encargado da análise e valoración das solicitudes, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Designar os membros do xurado de selección que deberá analizar e valorar as solicitudes dos aspirantes aos premios extraordinarios de formación profesional correspondentes ao curso 2005-2006 e facer pública a súa composición que é a que figura no anexo a esta resolución.

Segundo.-Por proposta do xurado de selección poderanse designar os especialistas necesarios para que asesoren o xurado de selección na valoración dos méritos dos aspirantes.

Terceiro.-Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2007.

María José Pérez Mariño

Directora xeral de Ordenación e Innovación

Educativa

ANEXO

Xurado de selección.

Presidente: José Graña Carrodeguas, subdirector xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo en delegación da directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

Membros:

Gonzalo Sanmartín Brey, xefe do Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo.

Xosé María Cerviño Varela, xefe do Servizo de Formación Profesional.

Jesús Álvarez Marcote, inspector de educación.

Elisa Isabel Amoedo Barciela, inspectora de educación.

José Luis Vázquez Fernández, inspector de educación.

Carmen García Rodríguez, inspectora de educación.

Carlos Salvado Fernández, profesor de ensino secundario.

José Antonio Jardón Bahía, profesor de ensino secundario.

Margarita Pin Rodríguez, profesora de ensino secundario.

Carmén Rey Castro, profesora de ensino secundario.

Jesús Manuel Rodríguez Buján, profesor de ensino secundario.

Ana Isabel Campaña Collazo, profesora de ensino secundario.

Leopoldo Bahillo Varela, funcionario da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, que actuará como secretario.