DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 10 de abril de 2007 Páx. 5.584

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2007, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2007.

Tras a publicación do Decreto 211/2005, do 3 de agosto, que establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, o Decreto 231/2005, do 11 de agosto, polo que se establecen os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, e o Decreto 44/2006, do 2 de marzo, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, a Secretaría Xeral de Emigración configúrase como o órgano superior da Administración da comunidade autónoma ao que lle corresponden, entre outras, as competencias en materia de desenvolvemento da Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade e as relacións coas comunidades galegas no exterior, así como a xestión de todos os procedementos que desas materias se deriven.

Así mesmo, a disposición adicional segunda do Decreto 44/2006, do 2 de marzo, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia desconcentra no secretario xeral de Emigración a competencia para a aprobación das bases, a convocatoria e a resolución das axudas e subvencións do seu respectivo ámbito de competencia.

En execución da Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade, procede, a través desta resolución, establecer o marco normativo ao que se deberán de axustar no exercicio de 2007 as axudas e subvencións que posibiliten ás comunidades galegas situadas noutras comunidades autónomas e no estranxeiro a adquisición, actualización, adaptación e modernización das súas infraestruturas e locais, co fin de optimizar a prestación de servizos asistenciais, sanitarios, sociais, culturais, deportivos, etc. que estatutariamente lles son propios.

Esta resolución abrangue as bases reguladoras e a convocatoria anual das axudas e subvencións destinadas ás entidades galegas no exterior para a reforma, reparación, conservación e mantemento das súas instalacións; para a mellora de dotacións e equipamentos; para o acondicionamento e dotación e/ou renovación de fondos de bibliotecas e, como novidade neste exercicio, as axudas para a restauración e catalogación do patrimonio artístico, bibliográfico e documental titularidade da entidades galegas no exterior.

O procedemento de concesión das axudas e subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva, mediante a comparación das solicitudes presentadas co fin de establecer unha prelación entre estas de acordo cos criterios de valoración que se establecen e coas dispoñibilidades orzamentarias existentes, respectando os principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non-discriminación, aos que se debe de axustar a xestión das subvencións e axudas outorgadas polas administracións públicas.

En virtude do exposto, de conformidade co disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, de desenvolvemento da dita lei, no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, o Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime das axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, a Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e a normativa que a desenvolve, logo de informe da Asesoría Xurídica e da Intervención Delegada deste órgano,

DISPOÑO:

Capítulo I

Programas de axudas e subvencións

Sección primeira

Programa A. Axudas a entidades galegas no exterior para a reforma, reparación, conservación e mantemento das súas instalacións

Artigo 1º.-Obxecto.

O obxecto deste programa é a concesión de axudas ás entidades galegas no exterior para contribuír ao financiamento dos gastos derivados dos investimentos que realicen durante o exercicio 2007 en obras de reforma, reparación, conservación e mantemento, destinadas á mellora das súas instalacións.

Artigo 2º.-Gastos subvencionables.

Poderán subvencionarse ao abeiro deste programa, entre outros, os gastos derivados de:

1. Investimentos que realicen as entidades galegas propietarias de instalacións para a súa reparación, conservación e mantemento.

2. Investimentos que realicen as entidades galegas en obras imprescindibles de reparación, conservación e mantemento nas instalacións que, anque non sexan propias, utilicen como sede habitual e permanente.

3. Realización de proxectos de reforma que teñan como finalidade a ampliación, mellora, modernización, adaptación, adecuación ou reforzo de instalacións xa existentes, titularidade das entidades galegas do exterior.

4. Realización do proxecto de obras asinado por técnico competente e/ou expedición da preceptiva licenza municipal de obras.

Artigo 3º.-Documentación.

As solicitudes deberán presentarse no modelo normalizado que figuran como anexo I a esta resolución, cuberto en todos os seus puntos. Ademais, necesariamente, deberá achegarse a seguinte documentación:

a) Proxecto ou memoria descritiva das obras de reforma, reparación, conservación e mantemento que se van realizar, onde se detalle, entre outros aspectos, ademais da descrición polo miúdo das obras proxec

tadas, a situación xurídica das instalacións e os motivos que xustifiquen a súa realización.

b) Orzamento ou orzamentos detallados do custo das obras para as que se solicita a axuda, realizados pola empresa/as ás que se lles ten previsto encargar a realización das obras.

c) Cando o importe do gasto para o que se solicita a subvención supere a contía de 30.000 euros deberase achegar a seguinte documentación adicional:

* Tres orzamentos de diferentes empresas, salvo que polas especiais características dos gastos non exista no mercado número dabondo de entidades que subministren ou presten os investimentos proxectados, ou salvo que o gasto se tivese realizado con anterioridade á solicitude da subvención. No suposto de que a elección non recaia na proposta económica máis vantaxosa, de entre as ofertas presentadas, deberase achegar unha memoria que xustifique tal decisión.

* Proxecto das obras que se van realizar asinado por un técnico competente, que deberá incluír:

* Unha memoria detallada na que se describan as obras que se van realizar.

* Orzamento das obras desagregado por conceptos.

* Os planos de conxunto e de detalle necesarios para que a obra quede perfectamente definida.

* Licenza municipal das obras proxectadas.

d) Declaración do conxunto de todas as subvencións solicitadas ou concedidas, para o mesmo proxecto para o que se solicita a axuda, das distintas administracións públicas competentes ou, de ser o caso, unha declaración de que non ten solicitadas nin percibiu outras axudas ou subvencións (pode usarse o modelo que figura como anexo V a esta resolución).

e) Certificación da entidade bancaria na que conste o número de conta e o titular, no caso de que non fose achegada con anterioridade ou se producise algún cambio.

f) Fotocopia do NIF da entidade, ou equivalente segundo o país (CUIT, RIF, CADASTRO, ...), sempre que non se tivese enviado en exercicios anteriores a esta secretaría xeral.

Todas as solicitudes poderán ir acompañadas de calquera outra documentación complementaria que se considere adecuada para unha mellor valoración (planos, informes, memorias económicas anuais da entidade, fotografías, etc.).

Artigo 4º.-Criterios de valoración.

A Secretaría Xeral de Emigración avaliará as solicitudes presentadas en función dos seguintes criterios de valoración:

1. Calidade técnica do programa de actuacións presentado, atendendo a criterios técnicos, de adecuación a obxectivos e ao seu carácter innovador: 40 puntos.

2. Estado de conservación dos inmobles: 30 puntos.

3. Proxectos presentados que teñan como finalidade xustificada a integración institucional entre distintas centros e entidades galegas situados na mesma cidade ou área xeográfica: 20 puntos.

4. Situación xurídica das instalacións, locais ou edificios en que se vai realizar o investimento, atendendo o réxime de utilización polas entidades:

* Local en propiedade: 15 puntos.

* Local alugado: 10 puntos.

* Outros (cesión, etc.): 5 puntos.

Artigo 5º.-Xustificación e pagamento.

1. A acción subvencionada deberá ser executada e xustificada antes do 10 de decembro de 2007.

2. Previo ao pagamento do importe da subvención concedida, as entidades beneficiarias deberán achegar á Secretaría Xeral de Emigración, no prazo establecido, a seguinte documentación xustificativa:

a) Certificación do secretario da entidade beneficiaria, co visto e prace do presidente, na que conste a descrición das obras realizadas en execución do proxecto para o que se concedeu a subvención -reforma, reparación, conservación, mantemento- e o importe investido na moeda do país no que estea situada a entidade, así como a súa equivalencia en euros, se é o caso (pode usarse o modelo que figura como anexo VI a esta resolución).

b) Factura ou facturas acreditativas dos gastos subvencionables e demais documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa. Estas facturas deberán presentarse ben en documento orixinal ou ben en fotocopia debidamente compulsada.

A acreditación dos gastos tamén poderá efectuarse mediante facturas electrónicas, sempre que cumpran os requisitos exixidos para a súa aceptación no ámbito tributario.

c) Relación de todas as facturas, asinada polo secretario da entidade co visto e prace do presidente, na que consten os datos de cada factura (data, número, entidade emisora, importe), sinalando para cada unha a finalidade correspondente (pode usarse o modelo que figura como anexo VII a esta resolución).

d) Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas -tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución- para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades (pode usarse o modelo que figura como anexo V a esta resolución).

Sección segunda

Programa B. Axudas a entidades asociativas de emigrantes galegos no exterior para a mellora de dotacións e equipamentos

Artigo 6º.-Obxecto.

O obxecto deste programa é a concesión de axudas para financiar a adquisición de dotacións e equipamentos das entidades galegas no exterior.

Artigo 7º.-Gastos subvencionables.

Poderán subvencionarse ao abeiro deste programa, entre outros, os gastos derivados da adquisición polas entidades de:

a) Mobiliario e equipamentos que contribúan a mellorar as condicións asistenciais, culturais, educativas, etc., en beneficio dos seus asociados.

b) Equipamentos tecnolóxicos, informáticos e de telecomunicacións.

c) Instrumentos musicais e vestimenta tradicional galega destinados aos grupos de carácter cultural da entidade galega solicitante.

d) Recursos e material para ludotecas destinados a espazos de xogo dentro das instalacións das entidades galegas, que contribúan ao desenvolvemento integral e positivo dos nenos e nenas fillos dos asociados.

e) Outro material inventariable que contribúa á mellora das dotacións e equipamentos das entidades galegas radicadas no exterior.

Artigo 8º.-Documentación.

As solicitudes deberán presentarse no modelo normalizado que figuran como anexo II a esta resolución, cuberto en todos os seus puntos. Ademais, necesariamente, deberá achegarse a seguinte documentación:

a) Memoria na que se fagan constar os motivos e/ou necesidade dos equipamentos.

b) Orzamento ou orzamentos realizados polos provedores aos que se prevé adquirir os equipamentos obxecto de subvención.

Cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de 12.000 euros deberanse achegar tres orzamentos de diferentes provedores, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado número dabondo de entidades que subministren ou presten os equipamentos, ou salvo que o gasto se tivera realizado con anterioridade á solicitude da subvención. No suposto de que a elección non recaia na proposta económica máis vantaxosa, de entre as ofertas presentadas, deberase achegar unha memoria que xustifique tal decisión.

c) Declaración do conxunto de todas as subvencións solicitadas ou concedidas, para as adquisicións para as que se solicita a axuda, das distintas administracións públicas competentes, ou, de ser o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (pode usarse o modelo que figura como anexo V a esta resolución).

d) Certificación da entidade bancaria na que conste o número de conta e o titular, no caso de que non fose achegada con anterioridade ou se producise algún cambio.

e) Fotocopia do NIF da entidade, ou equivalente segundo o país (CUIT, RIF, CADASTRO, ...), sempre que non se tivese enviado en exercicios anteriores a esta secretaría xeral.

Todas as solicitudes poderán ir acompañadas de calquera outra documentación complementaria que se considere adecuada para unha mellor valoración (informes, memorias, fotografías, etc.).

Artigo 9º.-Criterios de valoración.

A Secretaría Xeral de Emigración avaliará as solicitudes presentadas en función dos seguintes criterios de valoración:

1. Calidade técnica do programa de actuacións presentado, atendendo a criterios técnicos, de adecuación a obxectivos e ao seu carácter innovador: 40 puntos.

2. Actividades e programas realizados pola entidade solicitante nos dous últimos exercicios: 30 puntos.

3. Adquisición de clases ou tipos de bens de equipamento que non fosen obxecto de subvención por parte da Secretaría Xeral de Emigración en anos anteriores: 20 puntos.

4. Nivel do cofinanciamento por parte da entidade solicitante do custo da intervención proxectada: 10 puntos.

Artigo 10º.-Xustificación e pagamento.

1. Os equipamentos subvencionados deberán ser adquiridos e xustificados antes do 10 de decembro de 2007.

2. Previo ao pagamento do importe da subvención concedida, as entidades beneficiarias de axudas deberán remitirlle á Secretaría Xeral de Emigración, no prazo establecido, a seguinte documentación xustificativa:

a) Certificación do secretario da entidade beneficiaria, co visto e prace do presidente, na que consten as adquisicións de equipamentos realizadas, así como o importe investido, na moeda do país en que estea situada a entidade, e a súa equivalencia en euros, de ser o caso (pode usarse o modelo que figura como anexo VI a esta resolución).

b) Factura ou facturas acreditativas dos gastos subvencionables e demais documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa. Estas facturas deberán presentarse ben en documento orixinal ou ben en fotocopia debidamente compulsada.

A acreditación dos gastos tamén poderá efectuarse mediante facturas electrónicas, sempre que cumpran os requisitos exixidos para a súa aceptación no ámbito tributario.

c) Relación de todas as facturas, asinada polo secretario da entidade co visto e prace do presidente, na que consten os datos de cada factura (data, número, entidade emisora, importe), sinalando para cada unha a finalidade correspondente (pode usarse o modelo que figura como anexo VII a esta resolución).

d) Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas -tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución- para a adquisición destes equipamentos, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades (pode usarse o modelo que figura como anexo V a esta resolución).

Sección terceira

Programa C. Axudas para o acondicionamento, dotación e/ou renovación de fondos das bibliotecas pertencentes ás entidades galegas no exterior

Artigo 11º.-Obxecto.

Este programa ten por obxecto a concesión de axudas para financiar o acondicionamento e mellora das instalacións das bibliotecas existentes nas entidades gale

gas no exterior, así como a dotación e/ou renovación dos seus fondos bibliográficos e demais actuacións que contribúan a mellorar as condicións nas que se atopan na actualidade.

Artigo 12º.-Gastos subvencionables.

Poderán subvencionarse ao abeiro deste programa, entre outros, os gastos derivados de:

1. Realización das obras de reforma, reparación, conservación e mantemento das dependencias que ocupen as bibliotecas.

2. Equipamento e adquisición de mobiliario destinado á biblioteca.

3. Dotación e/ou renovación dos fondos bibliográficos existentes e informatización destes.

4. Adquisición de equipamentos informáticos para a administración dos fondos bibliográficos dos centros.

5. Creación de videotecas e cedetecas.

Artigo 13º.-Documentación.

As solicitudes deberán presentarse no modelo normalizado que figura como anexo III a esta resolución, cuberto en todos os seus puntos. Ademais, necesariamente, deberá achegarse a seguinte documentación:

a) Memoria explicativa do contido individualizado e do custo das accións para as que se solicita a subvención.

b) Orzamento ou orzamentos correspondentes realizados polos provedores aos que se prevé adquirir os equipamentos obxecto da subvención.

c) No caso sinalado no punto 1 do artigo 12º, deberán achegar proxecto ou memoria descritiva das obras que se van realizar, así como orzamento ou orzamentos detallados do custo das obras para as que se solicita a axuda, realizados pola empresa/as ás que se lles ten previsto encargar a realización das obras.

d) Cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de 30.000 euros, no suposto de custo por execución de obra, ou de 12.000 euros, no suposto de subministracións de bens de equipamento, deberanse achegar tres orzamentos de diferentes provedores ou empresas, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado número dabondo de entidades que subministren ou presten os investimentos proxectados, ou salvo que o gasto se tivese realizado con anterioridade á solicitude da subvención.

Ademais, no suposto de que a elección entre as ofertas presentadas non recaia na proposta económica máis vantaxosa, deberase achegar unha memoria que xustifique tal decisión.

e) Declaración do conxunto de todas as subvencións solicitadas ou concedidas para a mesma acción para a que se solicita a axuda, das distintas administracións públicas competentes, ou, se é o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (pode usarse o modelo que figura como anexo V a esta resolución).

f) Certificación da entidade bancaria en que conste o número de conta e o titular, no caso de que non fose achegada con anterioridade ou se producise algún cambio.

g) Fotocopia do NIF da entidade, ou equivalente segundo o país (CUIT, RIF, CADASTRO, ...), sempre que non se tivese enviado en exercicios anteriores a esta secretaría xeral.

Todas as solicitudes poderán ir acompañadas de calquera outra documentación complementaria que se considere adecuada para unha mellor valoración (informes, memorias, fotografías, etc.).

Artigo 14º.-Criterios de valoración.

A Secretaría Xeral de Emigración avaliará as solicitudes presentadas en función dos seguintes criterios de valoración:

1. Calidade técnica do programa de actuacións presentado, atendendo a criterios técnicos, de adecuación a obxectivos e ao seu carácter innovador: 40 puntos.

2. Número de títulos do catálogo da biblioteca: 30 puntos.

3. Apertura da biblioteca ao público en xeral: 20 puntos.

4. Recursos humanos dos que dispoña a entidade solicitante para a xestión da biblioteca: 10 puntos.

Artigo 15º.-Xustificación e pagamento.

1. A acción subvencionada deberá ser realizada e xustificada antes do 10 de decembro de 2007.

2. Previo ao pagamento do importe da subvención concedida, as entidades beneficiarias de axudas deberán remitirlle á Secretaría Xeral de Emigración, no prazo establecido, a seguinte documentación xustificativa:

a) Certificación do secretario da entidade beneficiaria, co visto e prace do presidente, na que conste a descrición das obras e/ou das adquisicións realizadas en execución do previsto na solicitude de subvención, así como o importe investido, na moeda do país en que estea situada a entidade, e a súa equivalencia en euros, de ser o caso (pode usarse o modelo que figura como anexo VI a esta resolución).

b) Factura ou facturas acreditativas dos gastos subvencionables e demais documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa. Estas facturas deberán presentarse ben en documento orixinal ou ben en fotocopia debidamente cotexada.

A acreditación dos gastos tamén poderá efectuarse mediante facturas electrónicas, sempre que cumpran os requisitos exixidos para a súa aceptación no ámbito tributario.

c) Relación de todas as facturas, asinada polo secretario da entidade co visto e prace do presidente, na que consten os datos de cada factura (data, número, entidade emisora, importe), sinalando para cada unha a finalidade correspondente (pode usarse o modelo que figura como anexo VI a esta resolución).

d) Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas -tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución- para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades (pode usarse o modelo que figura como anexo V a esta resolución).

Sección cuarta

Programa D. Axudas para a restauración e catalogación do patrimonio artístico, bibliográfico e documental titularidade das entidades galegas no exterior

Artigo 16º.-Obxecto.

Este programa ten por obxecto a concesión de axudas para contribuír ao financiamento dos gastos derivados da restauración e catalogación dos bens de interese artístico e histórico, así como do patrimonio bibliográfico e documental das entidades galegas no exterior.

Inclúense as obras de arte (esculturas, debuxos, pinturas, murais, etc.) así como toda expresión gráfica, sonora ou en imaxe, recollidas en calquera tipo de soporte material cunha antigüidade superior aos corenta anos, xerados, conservados ou reunidos no exercicio das súas actividades polas entidades galegas no exterior.

Artigo 17º.-Gastos subvencionables.

De acordo co obxecto do programa estas axudas están dirixidas a contribuír ao financiamento dos gastos derivados da:

1. Restauración dos bens de interese artístico e histórico, así como daqueles documentos, fondos ou coleccións que conformen o patrimonio bibliográfico e documental titularidade das entidades galegas no exterior, levadas a cabo por técnicos competentes en cada unha das materias.

2. Catalogación e realización de inventario dos bens de interese artístico e histórico, así como daqueles documentos, fondos ou coleccións que conformen o patrimonio bibliográfico e documental titularidade das entidades galegas no exterior, segundo métodos e técnicas propias da categoría na que se encadren cada un dos bens afectados (arquivística, biblioteconomía ou museoloxía), co obxecto de incorporalos ao catálogo que conformará a Rede Virtual do Patrimonio Galego no Exterior.

Artigo 18º.-Documentación.

As solicitudes deberán presentarse no modelo normalizado que figuran como anexo IV a esta resolución, cuberto en todos os seus puntos. Ademais, necesariamente, deberá achegarse a seguinte documentación:

a) Memoria explicativa e orzamento que recolla o custo da intervención ou actuacións para as que se solicita a subvención.

b) No caso sinalado no artigo 17º.1, deberán achegar informe asinado por un técnico competente na respectiva materia que inclúa o diagnóstico sobre o estado de conservación da obra ou documento, fondo ou colección que se vaia restaurar (identificación do ben e dúas fotos en color de tamaño 10x15, características técnicas e detección de danos e alteracións que pade

za), así como a correspondente proposta de intervención (descrición dos procedementos que se van utilizar).

c) No caso sinalado no artigo 17º.2, a memoria explicativa deberá especificar o método ou técnica arquivística, de biblioteconomía ou museoloxía, que se seguirá na catalogación e inventariado do ben.

d) Cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de 30.000 euros deberanse achegar tres orzamentos de diferentes provedores, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado número dabondo de entidades que subministren ou presten os investimentos proxectados ou salvo que o gasto se tivese realizado con anterioridade á solicitude da subvención.

No suposto de que a elección non recaia na proposta económica máis vantaxosa, de entre as ofertas presentadas, deberase achegar unha memoria que xustifique tal decisión.

e) Declaración do conxunto de todas as subvencións solicitadas ou concedidas, para a mesma acción para a que se solicita a axuda, das distintas administracións públicas competentes, ou, se é o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (pode usarse o modelo que figura como anexo V a esta resolución).

f) Certificación da entidade bancaria na que conste o número de conta e o titular, no caso de que non fose achegada con anterioridade ou se producise algún cambio.

g) Fotocopia do NIF da entidade, ou equivalente segundo o país (CUIT, RIF, CADASTRO, ...), sempre que non se enviase en exercicios anteriores a esta secretaría xeral.

Todas as solicitudes poderán ir acompañadas de calquera outra documentación complementaria que se considere adecuada para unha mellor valoración (informes, memorias, fotografías, etc.).

Artigo 19º.-Criterios de valoración.

A Secretaría Xeral de Emigración avaliará as solicitudes presentadas en función dos seguintes criterios de valoración:

1. Calidade técnica do programa de actuacións presentado, atendendo a criterios técnicos, de adecuación a obxectivos e ao seu carácter innovador: 40 puntos.

2. Valor artístico, histórico ou interese cultural do ben que se pretende restaurar ou catalogar: 30 puntos.

3. Estado de conservación e necesidade da restauración do ben, así como posibilidade de recuperación de todos os elementos que o compoñen: 20 puntos.

4. Antigüidade: 10 puntos.

Artigo 20º.-Xustificación e pagamento.

1. A acción subvencionada deberá ser executada e xustificada antes do 10 de decembro de 2007.

2. Logo de pagamento do importe da subvención concedida, as entidades beneficiarias de axudas deberán remitirlle á Secretaría Xeral de Emigración, no

prazo establecido, a seguinte documentación xustificativa:

a) Informe, asinado polo secretario da entidade beneficiaria co visto e prace do presidente, no que conste a descrición da intervención realizada en execución do previsto na solicitude de subvención, así como o importe investido na moeda do país no que estea situada a entidade e a súa equivalencia en euros, se é o caso.

b) No caso sinalado no artigo 17º.1 incluiranse dúas fotos en color de tamaño 10x15 do ben sobre o que se realizou a intervención proposta.

c) No caso sinalado no artigo 17º.2 incluirase unha copia (CD-Rom) da catalogación e/ou inventario realizado pola entidade solicitante, en formato Excel ou Access, co obxecto de incorporar os bens que sexan de interese á Rede Virtual do Patrimonio Galego no Exterior.

d) Factura ou facturas acreditativas dos gastos subvencionables e demais documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa. Estas facturas deberán presentarse ben en documento orixinal ou ben en fotocopia debidamente cotexada.

A acreditación dos gastos tamén poderá efectuarse mediante facturas electrónicas, sempre que cumpran os requisitos exixidos para a súa aceptación no ámbito tributario.

e) Relación de todas as facturas, asinada polo secretario da entidade co visto e prace do presidente, na que consten os datos de cada factura (data, número, entidade emisora, importe), sinalando para cada unha a finalidade correspondente (pode usarse o modelo que figura como anexo VII a esta resolución).

f) Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas -tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución- para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades (pode usarse o modelo que figura como anexo V a esta resolución).

Capítulo II

Disposicións xerais: financiamento, beneficiarios, competencia e procedemento

Artigo 21º.-Financiamento.

Para a concesión das axudas previstas nesta resolución resérvase inicialmente un crédito total de 2.160.000 con cargo á aplicación orzamentaria 04.50.312C.781.0.-Axudas, subvencións e convenios, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007, podendo incrementarse a devandita contía de acordo coas dispoñibilidades orzamentarias.

Esta contía distribuirase da maneira que segue:

-1.100.000 A para o financiamento das actuacións contidas no programa A.

-800.000 A para o financiamento das actuacións contidas no programa B.

-160.000 A para o financiamento das actuacións contidas no programa C.

-100.000 A para o financiamento das actuacións contidas no programa D.

O crédito asignado inicialmente a cada programa poderá ser modificado en función das necesidades orzamentarias e/ou redistribuído internamente entre os demais programas en función das solicitudes de axuda presentadas e da súa respectiva contía.

Artigo 22º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios destas axudas as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a condición de centro colaborador. Porén, as entidades galegas que, antes da publicación desta resolución, teñan en tramitación un procedemento para o recoñecemento da Galeguidade, ao abeiro do Decreto 3/1987, do 8 de xaneiro, ou ben para o recoñecemento como centro colaborador desta Secretaría Xeral de Emigración, ao abeiro do Decreto 195/1991, do 30 de maio, e reúnan os requisitos exixidos para o recoñecemento como centros colaboradores poderán solicitar as axudas reguladas nesta resolución.

Ademais, ás entidades que presenten solicitude ao abeiro do programa C, Axudas para o acondicionamento e dotación e/ou renovación de fondos das bibliotecas pertencentes ás entidades galegas no exterior, exíxeselle que dispoñan nas súas instalacións de biblioteca propia.

Artigo 23º.-Órganos competentes.

A ordenación e instrución dos procedementos correspondentes aos programas de axudas establecidos nesta resolución corresponderá ao xefe de Servizo de Promoción dos Centros e Comunidades Galegas da Subdirección Xeral de Centros e Comunidades Galegas.

O órgano competente para resolver as solicitudes de axudas e subvencións presentadas ao abeiro desta resolución será o secretario xeral de Emigración.

Artigo 24º.-Solicitudes e prazo.

1. As solicitudes de axudas e subvencións dirixiranse ao órgano competente, en concreto á Secretaría Xeral de Emigración (rúa dos Basquiños, 2, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña), e presentaranse por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. A documentación presentada deberá ser asinada polo secretario co visto e prace do presidente.

En casos excepcionais, que serán valorados e apreciados pola Secretaría Xeral de Emigración en función das situación do país en que se sitúen, as entidades solicitantes quedarán exentas de presentar a certificación bancaria exixida como documentación preceptiva para cada programa previsto nesta resolución.

2. O prazo de presentación de solicitudes será de 45 días naturais contados desde o día seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario

Oficial de Galicia. No caso de que o último día coincida en sábado ou día inhábil, o prazo de presentación de solicitudes rematará o día hábil seguinte.

Artigo 25º.-Procedemento de concesión da subvención.

1. O procedemento para a tramitación e concesión das axudas que se convocan por esta resolución axustarase ao previsto no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. As solicitudes someteranse a un réxime de concorrencia competitiva tal como se recolle no artigo 78.8º da devandita Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

2. Os expedientes serán avaliados segundo os criterios establecidos para cada programa de axudas por un órgano colexiado que deberá emitir informe no que se concrete o resultado da avaliación efectuada. O devandito órgano colexiado estará formado tres funcionarios da Subdirección Xeral de Centros e Comunidades Galegas.

3. O órgano instrutor, á vista do expediente e do informe do órgano colexiado, formulará a proposta de resolución, debidamente motivada.

Artigo 26º.-Resolución.

1. As resolucións serán ditadas polo órgano competente e notificadas aos interesados, debendo ser sempre motivadas. A Secretaría Xeral de Emigración publicará no Diario Oficial de Galicia as subvencións de contía igual ou superior a 3.000 euros concedidas a través desta convocatoria, indicando o programa e crédito orzamentario ao que se imputan, beneficiario, cantidade concedida e finalidade para a que se outorgou a axuda. Ademais, e de conformidade co artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, a Secretaría Xeral de Emigración publicará na súa páxina web www.galiciaaberta.com a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e da súa publicación na citada páxina web.

2. O prazo máximo para resolver será de seis meses, que comezarán a contar desde a data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito prazo sen que se ditasen as resolucións expresas, poderán entenderse desestimadas as solicitudes, de acordo co establecido nos artigos 1 e 2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. As resolucións que se diten neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado

a partir do día seguinte ao da recepción da correspondente notificación, no caso de resolucións expresas, ou no prazo de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se entenda producido o acto presunto, no caso de resolucións desestimadas por silencio administrativo, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da recepción da correspondente notificación, no caso de resolucións expresas, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se entenda producido o acto presunto, no caso de resolucións desestimadas por silencio administrativo, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 27º.-Normas xerais de xustificación.

Considerarase gasto realizado o que sexa debidamente certificado e xustificado mediante a presentación das correspondentes facturas ou documentos con valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil.

As subvencións concedidas ao abeiro desta convocatoria son compatibles con calquera outras que lle puidesen ser concedidas para a mesma finalidade. Non obstante, o importe da axuda en ningún caso poderá superar, illadamente ou en concorrencia con subvencións doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, o custo da acción que vai levar a cabo o beneficiario.

Para as entidades radicadas en España, a presentación da solicitude de concesión de axuda ou subvención polo interesado comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesourería Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 43 da Lei 14/2006, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da comunidade autónoma para 2007. O resto de entidades galegas no exterior quedan exentas de achegar as devanditas certificacións, de conformidade co disposto no artigo 41.1º j) da Lei 14/2006, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007 (DOG nº 249, do 29 de decembro, de 2006).

A documentación presentada deberá ser asinada polo secretario da entidade beneficiaria co visto e prace do presidente.

Unha vez resolto o expediente, poderanse efectuar pagamentos parciais ou ben, con carácter excepcional, autorizarse anticipos de pagamentos ata a contía máxima prevista no artigo 29.5º da Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento, e de acordo cos requisitos establecidos no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desen

volve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia. O resto do importe ou a parte que corresponda librarase no momento da completa xustificación por parte dos beneficiarios do cumprimento da finalidade para a que se concedeu a axuda e demais condicións exixidas nesta resolución.

Artigo 28º.-Obrigas dos beneficiarios.

Con carácter xeral, os beneficiarios das axudas e subvencións correspondentes aos programas convocados pola presente resolución, quedan obrigados a:

-Someterse a los requisitos legais e regulamentarios que recolla a normativa xeral de aplicación ás axudas e subvencións da Xunta de Galicia, en concreto as recollidas no artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, así como ás actuacións de comprobación que respecto da xestión de fondos pode efectuar o departamento concedente, ás de control financeiro que realice a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e aos procedementos fiscalizadores do Consello de Contas e do Tribunal de Contas.

-Se, por calquera motivo, a actuación programada non se puidese realizar, deberáselle comunicar a renuncia á Secretaría Xeral de Emigración, que poderá dispoñer do citado crédito para subvencionar proxectos inicialmente non atendidos ou aumentar a axuda doutros subvencionados parcialmente.

Non debe considerarse que incorre en incumprimento o beneficiario que realice parcialmente o proxecto ou actividade que é obxecto de subvención por falta de financiamento propio, sempre que a actividade subvencionada sexa esencialmente divisible e poida considerarse cumprida a finalidade que fundamentou a concesión da subvención.

-As entidades beneficiarias de axudas ou subvencións recollidas nesta resolución quedarán obrigadas á difusión do cofinanciamento por parte da Secretaría Xeral de Emigración nos actos, documentación e publicacións que realicen, por calquera medio, con motivo da actuación subvencionada.

O solicitante presta o seu consentimento para incluír e facer públicos, no rexistro público de axudas, subvencións e convenios e no rexistro público de sancións, creados nos artigo 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, os datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas.

Os datos referidos integrarán un ficheiro cuxo responsable será a Consellería de Economía e Facenda, ante quen se poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Salvo nos casos sinalados no artigo 9.4º do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistro públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a non autorización da obtención de datos ou a súa publicidade, poderá dar lugar á exclusión do proceso de participación para obter as axudas ou subvencións ou, se procede, ao reintegro do importe concedido.

Artigo 29º.-Destino e ocupación dos bens. Prohibicións á facultade de dispoñer.

1. Os bens inmobles rehabilitados destinaranse a sede habitual e permanente da entidade galega beneficiaria durante un período mínimo de cinco anos. O resto dos bens de equipamento subvencionados deberán destinarse para o fin para o que se concedeu a subvención durante un período mímino de tres anos.

2. O incumprimento da obriga de destino antes do vencemento do prazo sinalado, que se producirá en todo caso co alleamento ou gravame do ben ou ben coa disolución da entidade galega beneficiaria da axuda, será causa de reintegro da subvención nos termos establecidos no capítulo II do título II da Lei 38/2003, xeral de subvencións, quedando os bens afectos ao pagamento do reintegro calquera que sexa o seu posuidor, salvo que resulte ser un terceiro protexido pola fe pública rexistral ou se xustifique a adquisición dos bens con boa fe e xusto título.

Non se considerará incumprida a obriga de destino referida no punto anterior cando o cambio de destino, enaxenación ou gravame do ben, ou a disolución da entidade, sexa autorizada pola Secretaría Xeral de Emigración, debendo comunicar a entidade beneficiaria con antelación calquera modificación prevista na finalidade ou na titularidade do ben subvencionado. Neste suposto, o adquirente asumirá a obriga de destino dos bens polo período restante e, no caso de incumprimento desta, do reintegro da subvención.

Artigo 30º.-Modificación da resolución de concesión e revogación.

As entidades beneficiarias das axudas quedan obrigadas a comunicarlle á Secretaría Xeral de Emigración, no momento en que se produza, calquera alteración dos requisitos exixidos na convocatoria ou de circunstancias sobrevidas que impidan ou dificulten a realización de obras e accións e/ou a adquisición dos equipamentos subvencionados, podendo a Secretaría Xeral adoptar a resolución de modificación da concesión ou de revogación que corresponda.

Procederá a revogación das axudas e subvencións, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora, nos casos e nos termos previstos no artigo 78 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e no Decreto 287/2000.

Artigo 31º.-Recursos.

Contra esta resolución cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2007.

Manuel Luis Rodríguez González

Secretario xeral de Emigración