DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 10 de abril de 2007 Páx. 5.570

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2007, da Secretaría Xeral de Relacións Exteriores, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de cooperación ao desenvolvemento no exterior por organizacións non gobernamentais de cooperación ao desenvolvemento e pola que se convocan as correspondentes ao ano 2007.

As políticas de cooperación ao desenvolvemento humano orientadas a unha real superación da pobre

za precisan de iniciativas universais de promoción da solidariedade. Á cooperación internacional propia dos distintos países únese tamén á vontade de cooperación que xorde de forma descentralizada nas comunidades autónomas e noutras administracións territoriais, así como en institucións ou en axentes sociais e económicos diversos que senten como un deber ético común o compromiso de traballar pola consecución dos obxectivos de desenvolvemento do milenio.

Coa aprobación polo Parlamento de Galicia da Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento, a Comunidade Autónoma de Galicia reafirma este compromiso e asume como propia a responsabilidade de cooperar con outros países para propiciar o seu desenvolvemento integral, contribuír á mellora das condicións de vida dos seus habitantes, aliviar e corrixir as situacións de pobreza e propiciar un desenvolvemento humano solidario e estable, que inclúa maiores cotas de liberdade e a repartición máis xusta dos froitos do crecemento económico.

A letra b) do artigo 23 desta lei considera axentes da cooperación as organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento que, como entidades con especial dedicación a actividades de solidariedade da sociedade galega cos pobos máis desfavorecidos, se constitúen en interlocutores permanentes da Xunta de Galicia.

Procede, entón, establecer as bases que regulen o réxime de concesión de subvencións con cargo aos orzamentos xerais da comunidade autónoma destinadas á cooperación ao desenvolvemento, a través de proxectos no exterior canalizados polas ONGD galegas ou aquelas con sede permanente en Galicia.

Así mesmo, procede aprobar a convocatoria da concesión de subvencións con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007, de acordo coas bases reguladoras que se aproban e que garanten os principios de publicidade, concorrencia e obxectividade.

En atención a estes principios e obxectivos, para procurar a normalización e simplificación dos procedementos e conforme a competencia atribuída pola disposición adicional segunda do Decreto 44/2006, do 6 de marzo, da estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia,

RESOLVO:

Artigo único.

1. Aprobar as bases reguladoras que figuran como anexo desta resolución para a concesión de subvencións aos proxectos de cooperación ao desenvolvemento no exterior promovidos por organizacións non gobernamentais de cooperación ao desenvolvemento (ONGD).

2. Convocar as subvencións con cargo aos orzamentos xerais da comunidade autónoma para 2007 e 2008 de acordo coas bases reguladoras aprobadas nesta resolución, que se financiarán con cargo ás

aplicacións orzamentarias 04.41.331A.490.0 (pola contía máxima total de 2.040.000 euros, 1.224.000 no ano 2007 e de 816.000 euros no ano 2008) e 04.41.331A.790.0 (pola contía máxima total de 1.680.000 euros, 1.008.000 euros no ano 2007 e 672.000 euros no 2008).

3. Contra estas bases reguladoras e a convocatoria cabe interpoñer os seguintes recursos:

a) Potestativamente, recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da correspondente publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Directamente, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2007.

Santiago Gómez-Reino Lecoq

Secretario xeral de Relacións Exteriores

ANEXO

Bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a organizacións non gobernamentais de cooperación ao desenvolvemento para a execución de proxectos no exterior

Artigo 1º.-Obxecto.

1. Estas bases teñen como obxecto a regulación da concesión de subvencións a través dun procedemento de concorrencia competitiva a organizacións non gobernamentais de cooperación ao desenvolvemento para a execución de proxectos no exterior.

2. Exclúense destas bases os proxectos que teñan como obxecto a axuda humanitaria e os de carácter asistencial que non poidan asegurar a súa viabilidade cando cese o financiamento externo.

Artigo 2º.-Solicitude.

As solicitudes dirixiranse ao secretario xeral de Relacións Exteriores (rúa dos Feáns, 5-baixo, 15706 Santiago de Compostela), cubertas no modelo que figura como anexo I destas bases reguladoras, por calquera dos medios previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Artigo 3º.-Requisitos que deben reunir os beneficiarios e requisitos dos proxectos.

3.1. As entidades solicitantes (organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento) deben reunir os seguintes requisitos:

a) Estar inscritas no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento, creado polo Decreto 326/2004, do 29 de decembro, polo que

vemento e polo que se crea o citado rexistro, con polo menos un ano de antelación ao da publicación da convocatoria.

b) Carecer de ánimo de lucro.

c) Ter domicilio social ou delegación permanente no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Neste último suposto, esta asumirá a responsabilidade directa na presentación da solicitude e comprometerase ao mantemento da documentación, contabilidade e coxestión do proxecto na súa oficina de Galicia, entendendo por esta a participación, polo menos, na identificación, formulación, seguimento e avaliación do proxecto.

d) Ter xustificado, de ser o caso, e antes da data de presentación da solicitude para a presente convocatoria, as axudas recibidas con cargo á convocatoria 2005 para a anualidade 2006, por parte da Xunta de Galicia, a outros proxectos en materia de cooperación ao desenvolvemento subvencionados anteriormente. Así mesmo, é necesario que se efectuase o correspondente ingreso, nos casos en que, sobre os beneficiarios de axudas económicas, recaese resolución administrativa ou xudicial firme de reintegro.

e) Non estar inhabilitadas, administrativa ou xudicialmente, para obter axudas.

f) Estar ao día das súas obrigas tributarias, sociais e fiscais e non estar incursa en ningún procedemento de reintegro ou sanción coa Xunta de Galicia sobre axudas, así como non manter ningunha débeda por calquera concepto coa Facenda autonómica.

Tamén poderán acceder ás subvencións os proxectos presentados por unha ONGD agrupada con calquera das entidades definidas como axentes de cooperación segundo o artigo 23.1º, letras b), c), d), e), f), g) da Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento que, cumprindo os requisitos anteriores, se presenten agrupadas. Neste suposto, cada unha das entidades deberá cumprir os requisitos sinalados anteriormente, exceptuando o requisito incluído no artigo 3.1º b) para aquelas entidades con ánimo de lucro que, en todo caso, deberán acreditar o compromiso de non obter ningún beneficio da operación, de acordo co establecido no artigo 23.2º da citada lei. O devandito compromiso levará a obriga de encargar pola súa conta unha auditoría contable, a cal deberá ser efectuada por un profesional independente a criterio da Administración, nela detallaranse os custos directos da intervención e a súa plena correspondencia co obxecto da axuda outorgada. En ningún caso poderán

imputárselle á operación custos indirectos ou de xestión.

As universidades e as comunidades galegas no exterior, de acordo co establecido nas letras c) e j) do artigo 41 da Lei 14/2006, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007, quedarán exentas do cumprimento do requisito incluído no artigo 3.1º.f) destas bases.

Tanto na solicitude como na resolución de concesión, deberán facerse constar os compromisos de execución asumidos por cada entidade membro da agrupación, así como o importe da subvención que se vai executar por cada unha delas.

As entidades agrupadas asumen a responsabilidade solidaria do proxecto e designarán un responsable con poderes bastantes para cumprir as obrigas que como beneficiaria lle corresponderían á agrupación de entidades e que necesariamente pertencerá á ONGD solicitante. Así mesmo, designarán un enderezo único para os efectos de notificacións administrativas dos expedientes.

A ONGD solicitante poderá presentar un máximo de dous proxectos, que poderán ser tres no suposto de presentar este último en agrupación con outras entidades.

3.2. Requisitos dos proxectos:

a) Non estar iniciada a execución do proxecto na data de presentación da solicitude. Nos supostos en que o proxecto teña carácter anual, os proxectos deberán de executarse antes do 30 de novembro do ano en que se conceda a subvención. No caso de proxectos con carácter plurianual, os proxectos deberán executarse antes do 30 de setembro do ano seguinte ao de concesión da subvención, debendo executarse polo menos o 60% da contía total do proxecto no ano 2007.

b) Que se identifiquen contrapartes ou socios locais que participen responsablemente na execución material do proxecto e na xestión dos recursos, constando expresamente o seu compromiso co proxecto.

c) Que as accións non teñan como obxectivo único o financiamento de servizos públicos de saúde, a educación regulada, a investigación oficial e os seminarios ou as viaxes de estudos, salvo razóns excepcionais.

d) Que o proxecto redunde na ampliación das capacidades e as liberdades das poboacións beneficiarias: que conten coa participación dos beneficiarios/as no desenvolvemento do proxecto; non sexa discriminatorio por razóns de cultura, raza, xénero, relixión ou orixe; que fomente a igualdade entre homes e mulleres e que sexa respectuoso coa protección do ambiente.

e) Que teña unha repercusión práctica e cuantificable na satisfacción das necesidades básicas da poboación das zonas máis desfavorecidas do país en que se execute e que sexa respectuoso cos obxectivos de desenvolvemento do país, da zona onde se leve a cabo a acción e das comunidades beneficiarias.

f) Que o proxecto se axuste tanto á realidade como á capacidade de xestión da entidade solicitante e á da súa contraparte, co fin de asegurar a súa viabilidade.

Artigo 4º.-Documentación.

4.1. Solicitude de subvención no modelo que figura como anexo I destas bases reguladoras.

De conformidade co artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e da súa publicación na páxina web www.cooperaciongalega.org.

4.2. A citada solicitude irá acompañada da documentación que se recolle a seguir e do proxecto, que se presentará no modelo oficial de documento de formulación de proxecto. A documentación e o documento de formulación do proxecto serán presentados por duplicado (orixinal e fotocopia). O documento de formulación tamén se entregará en formato CD:

* Carpeta 1: información relativa á ONGD solicitante.

a) Certificación da Secretaría da entidade en Galicia acreditativa da vixencia dos datos depositados no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación ao Desenvolvemento, en relación á documentación que se recolle a seguir, con indicación do nº de inscrición no dito rexistro. Esta certificación fará referencia:

* Á documentación acreditativa da representación da persoa responsable legal da entidade (para aquelas entidades con domicilio social en Galicia) ou do poder de representación para que actúe en nome e representación da entidade o seu responsable ou delegado en Galicia e copia compulsada do seu DNI.

* Á documentación acreditativa de dispoñer de sede central ou delegación permanente na Comunidade Autónoma de Galicia;

* Á certificación do secretario da entidade relativa á composición do órgano de goberno da dirección da entidade (as renovacións ou modificacións da súa composición deben ser notificadas, especialmente no que atinxe aos postos de representante legal e secretario/a);

* Ao CIF da entidade.

No caso de que calquera documento dos recollidos anteriormente carecese de vixencia no citado rexistro farase indicación expresa sobre el e achegarase, debidamente compulsado este documento, co obxecto de ser incorporado de oficio ao Rexistro Galego de Axentes de Cooperación.

Cando a persoa que formule a solicitude non sexa ningunha daquelas das cales se dispón de datos no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación ao Desenvolvemento, achegarase xunto coa certificación anterior copia compulsada do seu DNI e certificación do secretario da entidade, acreditativa da vinculación que a une coa entidade solicitante.

b) Declaración responsable do representante legal da entidade en que conste que a entidade solicitante non está incursa en ningún procedemento de reintegro ou sanción coa Xunta de Galicia por incum

primento das obrigas derivadas da recepción de subvencións e non foi inhabilitada para obtelas, segundo o modelo que figura como anexo II.

c) Certificación da Axencia Estatal da Administración Tributaria e da Tesouraría da Seguridade Social acreditativas de estar ao día das obrigas tributarias e sociais, e certificación da Consellería de Economía e Facenda de non ter ningunha débeda por ningún concepto coa Facenda autonómica. A presentación da solicitude comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia

d) Declaración responsable do representante legal da entidade en que se precisen outras axudas solicitadas a entidades públicas ou privadas para a mesma finalidade.

e) Certificación da Secretaría da entidade en Galicia con referencia ao balance de contas da entidade (ingresos de carácter público e privado e gastos) da última liquidación do orzamento rendida e aprobada polo órgano competente da entidade na cal figuren, expresamente, o número de socios/as en Galicia.

f) Memoria da organización en que se inclúan as actuacións da entidade nos últimos dous anos. Farase especial mención dos proxectos de desenvolvemento levados a cabo na mesma zona do proxecto que se presentará e dos seus beneficiarios/as, ou daqueles realizados noutras zonas pero no mesmo sector de actuación, así como en proxectos de cooperación ao desenvolvemento levados a cabo no ano anterior e financiados por entidades galegas, públicas ou privadas.

No caso de que a ONGD presentase esta documentación ou parte a outra convocatoria de axudas das realizadas pola Secretaría Xeral de Relacións Exteriores no ano en curso ou no ano anterior, será suficiente con achegar unha declaración especificando a documentación xa presentada, así como o número de expediente en que se atopa incorporada, anexando a documentación que falte.

g) Plan estratéxico de cooperación da organización para os seguintes anos (dous como mínimo) en que se enmarca o proxecto presentado.

h) Cando varias entidades se agrupen para a realización dun proxecto, deberán xuntar á solicitude o contrato ou acordo de colaboración asinado entre os seus representantes legais polo que se obrigan solidariamente ante a Xunta de Galicia polas posibles responsabilidades derivadas da execución do proxecto e, se for o caso, ao reintegro total ou parcial das subvencións nos supostos de falsidade ou ocultación de datos ou incumprimento pleno ou parcial dos fins para os cales se lle concedeu a subvención. Neste documento designarán un representante legal, que necesariamente pertencerá á ONGD solicitante,

e un enderezo único para os efectos de notificacións. Así mesmo, deberá detallar as actuacións en que colaborarán conxuntamente e o grao de participación de cada unha delas no que se refire ao financiamento, ás actividades que se van desenvolver e á distribución da subvención prevista, de ser o caso.

* Carpeta 2: información relativa á contraparte local.

a) Documentación acreditativa da representación legal da entidade: copia do documento en que se recolla o nomeamento do representante legal e o seu documento ou cédula de identidade.

b) Declaración do representante legal da entidade en que se especifique, se procede: a personalidade xurídica do socio ou contraparte local; o seu domicilio social; o número de identificación fiscal da entidade; balance de ingresos e gastos da última liquidación orzamentaria; cuantificación do número de socios da entidade e descrición da vinculación existente entre a entidade e o persoal ao seu servizo. Así mesmo, achegarase copia dos estatutos da entidade, o documento acreditativo do nomeamento do seu representante legal, copia da cédula de identidade deste representante, ademais da copia do número de identificación fiscal da entidade.

c) Memoria de actividades e traballos da entidade, onde se inclúan outros proxectos de cooperación ao desenvolvemento en que participase, así como a experiencia acadada na zona e no sector de actuación do proxecto (como mínimo dos dous últimos anos).

* Carpeta 3: información relativa ao proxecto de desenvolvemento.

A información sobre o proxecto presentarase no formulario normalizado para tal efecto, que poderá descargarse da páxina web da cooperación galega, www.cooperaciongalega.org.

Calquera problema, dúbida ou aclaración poderáselle presentar directamente á DXCE ou a través do enderezo electrónico cooperacion.exterior*xunta.es.

4.3. A falta de documentación administrativa relativa ás carpetas 1 e 2 e de información nalgunha das carpetas ou da xustificación das ditas faltas, impedirá a avaliación do proxecto, se non se procede á súa corrección dentro dos prazos establecidos. Así mesmo, a manipulación do documento de formulación normalizado ou o emprego dun documento que non sexa o adaptado á presente convocatoria do ano 2007 conducirá á exclusión e non avaliación do proxecto.

Artigo 5º.-Prazo de presentación.

As solicitudes presentaranse no prazo dun mes a partir do día seguinte ao de publicación desta resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 6º.-Instrución, prazo de resolución, condicións de financiamento, gastos subvencionables, criterios prioritarios e valoración.

6.1. A instrución do procedemento corresponderá ao Servizo de Fomento da Cooperación para o Desen

volvemento da Dirección Xeral de Cooperación Exterior. Unha vez recibidas e examinadas as solicitudes, se estas non reúnen os requisitos sinalados ou carecen de documentación, requiriranse os interesados para que, nun prazo de dez días, corrixan a falta ou acompañen os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixeren, desistirán da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

6.2. O prazo de resolución e notificación será de tres meses como máximo, contados desde o día seguinte ao de finalización do prazo de presentación de solicitudes. De non notificarse resolución expresa neste prazo, as solicitudes poderán entenderse desestimadas.

6.3. Condicións de co-financiamento.

A Xunta de Galicia poderá financiar ata un 95% do orzamento total do proxecto non superando en ningún caso a subvención concedida os 160.000 euros.

Nos proxectos presentados por varias entidades, a subvención concedida non superará o límite de 350.000 euros.

Os xuros que, se é o caso, xeren os fondos transferidos pola Xunta de Galicia, reinvestiranse en custos directos, de xeito que non poderán ser imputados a custos indirectos.

6.4. Subvencionaranse os seguintes gastos:

1. Serán gastos subvencionables os custos directos e os custos indirectos dos proxectos.

2. Entenderanse por custos directos aqueles que son imprescindibles para a posta en marcha do proxecto, vinculados á execución da intervención e que financian a consecución dos obxectivos. Para os efectos de concesión da axuda teranse en conta os seguintes:

a) Aqueles derivados da identificación da intervención no terreo, ata un máximo de 10.000 euros por proxecto, sempre que se realizasen no prazo de tres meses anteriores á data de presentación da solicitude á convocatoria correspondente, e que non se refiran en todo caso ao exercicio orzamentario anterior ao de publicación da convocatoria.

b) Terreos e inmobles (inclúe compra ou aluguer).

c) Construción e/ou reforma de inmobles e infraestruturas (inclúe man de obra, dirección de obra, licenza de obras e taxas, materiais de construción e transporte dos ditos materiais). No tocante á man de obra ligada a estas tarefas pola contraparte local ou a poboación beneficiaria, só se aceptará a súa valoración de estar acreditada de xeito suficiente a prezos de mercado local.

d) Equipamentos, materiais e subministracións. Considerarase equipamento e adquisición de ele

mentos de inmobilizado, distintos a terreos e edificios, afectos á actividade subvencionada: maquinaria, mobiliario, equipamentos informáticos e outro equipamento. Neste concepto inclúense os gastos derivados do envío dos equipamentos.

e) Persoal. Para os efectos desta convocatoria entenderase:

1. Persoal expatriado, aquel persoal da entidade española sometido á lexislación española, que presta os seus servizos no país onde se executa a intervención obxecto da subvención e cuxas funcións e tarefas están directamente relacionadas con aquela. O salario para este tipo de persoal non excederá de 30.000 euros brutos por persoa e ano.

2. Persoal local, aquel persoal da contraparte local ou contratado ao servizo do proxecto, sometido á lexislación laboral do país onde se executa a intervención obxecto de subvención e no cal presta os seus servizos, de acordo co réxime laboral correspondente ás súas funcións e desempeño, estando as súas funcións e tarefas directamente relacionadas coa intervención. Deberase acreditar documentalmente o salario medio para ese tipo de contrato do país ou zona onde se execute o proxecto.

3. Persoal en sede, aquel da entidade española sometido á lexislación española, que presta os seus servizos en España, con independencia de que por razón das súas funcións teña que desprazarse aos países de execución ocasional ou regularmente, e cuxas funcións e tarefas estean imputadas á posta en marcha, execución e seguimento da intervención obxecto da subvención. En todos os casos a imputación poderá ser total ou parcial en función da dedicación.

A entidade solicitante deberá recorrer na medida do posible aos recursos humanos locais. Para o envío de expatriados achegarase unha memoria xustificativa da necesidade de envío do dito persoal e marcaranse os criterios de aptitude e cualificación requiridos para a correcta realización da acción, a duración e a descrición de tarefas.

Os gastos de persoal subvencionables poderán incluír salarios, seguros sociais a cargo da entidade do persoal afecto á intervención, así como calquera outro seguro que se subscriba a nome do persoal ou da súa familia en primeiro grado.

O importe máximo aplicable por este concepto no poderá superar o 30% do orzamento total do proxecto, excepto nos que o seu contido sexa de carácter predominantemente inmaterial, nos cales poderá ascender ata o 50% da contía do orzamento do proxecto.

f) Servizos técnicos e profesionais requiridos para a realización de capacitacións, seminarios, diagnósticos, informes, publicacións, control de xestión ou outras necesidades recollidas na formulación da intervención.

g) Funcionamento no terreo (electricidade, auga, comunicacións, mantemento e seguridade) ata un máximo do 1% do orzamento do proxecto.

h) Viaxes, aloxamento e axudas de custo. Inclúense os gastos vinculados á mobilidade do persoal e beneficiarios/as necesaria para a execución da intervención (incluíndo combustible, seguros e mantemento de vehículos que se atopen especificamente identificados na formulación da intervención e vinculados a esta). A contía máxima que se pode imputar a este concepto non superará o 7% do orzamento total do proxecto, non sendo nunca superior a 15.000 euros.

i) Avaliación externa realizada por unha entidade recoñecida en Galicia/no país de execución do proxecto, obrigatoria ao final da intervención e requirida polas bases desta convocatoria no caso dos proxectos que recibiran unha subvención superior a 120.000 euros, así como outras non obrigatorias que se recollan na formulación do proxecto que acompaña a solicitude de subvención. A contía máxima que se pode imputar a este concepto non superará o 3% do orzamento total do proxecto, non sendo nunca superior a 6.000 euros.

3. Custos indirectos: son os gastos propios do funcionamento regular da entidade solicitante e da contraparte, que resultan da formulación e execución do proxecto, así como da difusión do proxecto en Galicia. A porcentaxe máxima aplicable a este concepto será de ata o 10% do importe total do orzamento do proxecto.

Estes gastos imputaranse polo beneficiario á actividade subvencionada na parte que razoablemente corresponda de acordo cos principios e normas de contabilidade xeralmente aceptadas e, en todo caso, na medida en que tales correspondan ao período en que efectivamente se realiza a actividade.

Este gasto imputarase dentro do período de execución da intervención e será acreditado ante a DXCE nunha soa vez pola entidade solicitante mediante unha declaración responsable do representante legal.

4. No suposto de adquisición, construción, rehabilitación e mellora de bens inventariables, estes deberán quedar formalmente vinculados, para os fins das actuacións realizadas, durante dez anos os bens inscribibles nun rexistro público e cinco anos para o resto de bens. Unha vez rematen estas, estes bens deberán ser transferidos a unha Administración pública do país beneficiario ou a unha contraparte local, que se faga responsable da súa utilización para o fin creado e do seu correcto mantemento. Tal cesión deberá quedar documentada a través de escritura pública.

No suposto dos bens inscribibles nun rexistro público, deberá facerse contar na escritura pública a circunstancia da afectación e o período polo que se afectan os bens e estes extremos deben ser obxecto de inscrición no rexistro publico correspondente. A

Secretaría Xeral de Relacións Exteriores autorizará previamente tal cesión.

5. En ningún caso serán gastos subvencionables:

* Os elementos de transporte.

* Os xuros debedores das contas bancarias.

* Xuros, recargas e sancións administrativas e penais.

* Gastos de procedementos xudiciais.

* As amortizacións de bens inventariables.

6.5. Os criterios de valoración ordenaranse de acordo coas seguintes prioridades:

1ª) Prioridades xeográficas:

Países prioritarios: América Central (Honduras, El Salvador, Nicaragua e Guatemala); Caribe (República Dominicana, Haití e Cuba); América do Sur (Perú, Ecuador e Bolivia); África (Angola, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Mauritania, Mozambique, Namibia e Senegal) e os campamentos saharauís.

2ª) Prioridades sectoriais.

Dentro das prioridades sectoriais fixadas no artigo 8, capítulo I da Lei galega de cooperación para o desenvolvemento teranse especialmente en conta os proxectos que se integren nas seguintes:

a) Cobertura de necesidades sociais básicas (saúde; educación básica; poboación e saúde reprodutiva; nutrición e seguridade alimentaria; traballos elementais de subministración de auga e saneamento; vivenda e outras infraestruturas básicas; programas integrados en materia de necesidades básicas).

b) Infraestrutura e promoción do tecido económico, en especial aqueles proxectos que promovan o comercio xusto (proxectos de economía social e cooperativas; dinamización do sector privado e programas de desenvolvemento; investimento no sector pesqueiro; investimento no sector agroindustrial; desenvolvemento forestal; comunicacións; enerxías).

c) Participación social, desenvolvemento institucional e bo goberno (defensa dos dereitos humanos; promoción da participación social e empoderamento; desenvolvemento das institucións e estruturas democráticas, fortalecemento do Estado de dereito e procesos descentralizados).

d) Investimento no ser humano (apoio á educación superior e á consolidación da cooperación interuniversitaria; apoio ao desenvolvemento intercultural e á preservación do patrimonio cultural; investigación, transferencia e intercambio de coñecemento e tecnoloxía).

e) A protección e mellora da calidade do medio, respectando a biodiversidade, a conservación e a utilización renovable e sustentable dos recursos naturais.

Consideraranse prioritarias aquelas actuacións coincidentes co proposto nos plans de actuación en países prioritarios (PAP galegos) que estean apro

bados para os distintos países e que estarán dispoñibles na data de publicación da presente convocatoria na páxina web oficial da cooperación galega.

3ª) Prioridades relativas aos/ás beneficiarios/as do proxecto:

Serán prioritarios aqueles proxectos con maior número de beneficiarios/as, así como aqueles que apoien a infancia e a muller, as comunidades indíxenas, os refuxiados e os desprazados.

4ª) Outras prioridades:

-Que sexan presentados por unha agrupación de entidades. Para os efectos desta convocatoria enténdese por agrupación de entidades aquelas asinadas entre dúas ou máis ONGD e as asinadas entre unha ou máis ONGD cunha ou máis entidades galegas recoñecidas como axente galego de cooperación exterior (artigo 23 b), c), d), e), f), g) da Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento). Será requisito indispensable que a entidade que asuma ou lidere esta agrupación sexa a ONGD solicitante.

-Que se desenvolva nun país considerado como menos adiantado (PMA).

-Que complemente programas institucionais de desenvolvemento.

-Que os proxectos que se enmarcan nos programas: Nauta (pesca en África), Vita (saúde en África) e Araucaria (medio natural en Iberoamérica) ou que se realicen nas zonas de desenvolvemento destes.

-Que teñan un maior grao de implicación dos beneficiarios/as e da contraparte local no proxecto, tanto na súa formulación como na súa execución.

-Que a súa sustentabilidade estea garantida unha vez finalizada a acción exterior.

-Que se inclúa no proxecto estratexia de difusión do proxecto en Galicia.

-Que teñan unha elevada porcentaxe doutro financiamento distinto ao da Xunta de Galicia, procedente de fondos propios ou doutras entidades.

-Que prevexan a realización dunha avaliación externa que se presentará cun informe final, na cal conste o grao de cumprimento dos obxectivos acadados e a xustificación económica do gasto.

6.6. Valoración dos proxectos.

6.6.1. Os proxectos que cumpran os requisitos sinalados nestas bases reguladoras serán avaliados tendo en conta os seguintes criterios:

I. Aspectos relacionados coa entidade solicitante: ata 20 puntos.

1. Experiencia relevante en accións de cooperación para o desenvolvemento (no sector de actuación do proxecto e no país, zona, comunidade onde se vai executar) suficientemente descrita nas carpetas 1 e 3 para os obxectivos e características do proxecto. Máximo: 6 puntos.

2. Capacidade de execución do proxecto pola entidade (xestión de recursos humanos, técnicos e económicos para o desenvolvemento do proxecto). Máximo: 6 puntos.

3. Estratexia de cooperación da ONGD (carpeta 1) para os vindeiros anos (dous como mínimo). Máximo: 3 puntos.

4. Achega financeira da ONGD ao proxecto. Esta deberá ser dun mínimo do 5% para ser puntuada. Máximo: 3 puntos.

5. Contribución da ONGD solicitante ao fomento do sector galego de cooperación. Máximo: 2 puntos.

II. Aspectos relacionados co socio local: ata 10 puntos.

1. Experiencia de traballo en proxectos de cooperación ao desenvolvemento, na zona ou comunidade onde se vai executar o proxecto e no sector de actuación do proxecto, descrita suficientemente na carpeta 2 e 3 para os obxectivos e características do proxecto. Máximo: 3 puntos.

2. Capacidade de execución do proxecto pola contraparte. Garantía de implicación da entidade na comunidade e da propia comunidade no proxecto mediante a intervención da contraparte. Adecuación e coherencia no sector de traballo da entidade e o obxectivo do proxecto. Máximo: 4 puntos.

3. Achega financeira do socio local ao proxecto. Esta deberá ser dun mínimo do 5% para ser puntuada. Máximo: 2 puntos.

4. Participación no proxecto xunto a outras organizacións ou institucións locais. Máximo: 1 punto.

III. Aspectos relacionados co contido do proxecto: ata 58 puntos.

1. País prioritario para a cooperación galega (Angola, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Bolivia, Cuba, Ecuador, El Salvador, Guatemala, Haití, Honduras, Mauritania, Mozambique, Namibia, Nicaragua, Senegal, Perú e República Dominicana). Campamentos saharauís. Máximo: 5 puntos.

2. País onde se desenvolva o proxecto que estea considerado como país menos adiantado (PMA). Máximo: 3 puntos.

3. Sector prioritario da cooperación galega e/ou coincidencias cos PAP galegos. Máximo: 3 puntos.

Sectores prioritarios: descritos no artigo 6º punto 2.

4. Pertinencia do proxecto con especial concreción sobre o contexto social, económico, político e cultural dos beneficiarios/as, zona e país onde se vai desenvolver; antecedentes e xustificación deste. Máximo: 6 puntos.

5. Coherencia dos obxectivos e resultados coa problemática presentada. Máximo: 5 puntos.

6. Accións que se van desenvolver e prazo de execución. Coherencia na programación temporal. Máximo: 4 puntos.

7. Financiamento: coherencia das partidas orzamentarias cos obxectivos do proxecto. Máximo: 5 puntos.

8. Recursos humanos e técnicos suficientes para acadar os obxectivos do proxecto. Máximo: 4 puntos.

9. Poboación beneficiaria: descrición precisa dos destinatarios/as, criterios de determinación, grao de participación nas distintas fases do proxecto. Máximo: 4 puntos.

10. Viabilidade técnica e sustentabilidade do proxecto. Máximo: 6 puntos.

11. Impacto de xénero. Máximo: 3 puntos.

12. Impacto ambiental. Máximo: 2 puntos.

13. Seguimento e avaliación previstos (internos e externos). Máximo: 4 puntos.

14. Difusión do proxecto en Galicia. Máximo: 1 punto.

15. Integración do proxecto en estratexias integrais públicas de desenvolvemento de carácter público ou con outras ONGD no terreo. Sinerxías con programas prioritarios: Programa Nauta (pesca en África), Programa Vita (saúde en África) e Programa Araucaria (medio natural en Iberoamérica). Máximo: 3 puntos.

IV. Presentación do proxecto por unha agrupación de entidades. Máximo: 12 puntos.

6.6.2. Para a valoración dos proxectos constituirase una comisión avaliadora, que adaptará o seu funcionamento ao previsto nesta convocatoria e, supletoriamente, aos preceptos contidos no capítulo II, título II, artigos 22 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. A comisión comporase dos seguintes membros:

Presidenta: a directora xeral da Dirección Xeral de Cooperación Exterior.

Secretario/a: un/unha funcionario/a da Dirección Xeral de Cooperación Exterior.

Vogais: dous/dúas funcionarios/as da Dirección Xeral de Cooperación Exterior.

A comisión, para unha mellor valoración dos proxectos e con anterioridade a ditarse a proposta de resolución, poderá reclamar os informes técnicos que se consideren oportunos. Estes informes, que en ningún caso serán vinculantes, de encargarse, terán que ser realizados por expertos independentes non vencellados a ningunha ONGD e poden ser propostos pola Coordinadora Galega de ONGD.

6.6.3. Será necesario acadar unha puntuación do 50% en cada un dos tres primeiros epígrafes sinalados para superar a fase de valoración, no caso dos proxectos presentados por unha agrupación de entidades, esta porcentaxe afectará os catro epígrafes.

Unha vez superada a fase de avaliación, establecerase unha listaxe coas puntuacións obtidas en orde descendente para cada un dos proxectos presentados. No caso das agrupacións de entidades, sumarase á puntuación acadada no epígrafe de proxecto, a puntuación da epígrafe agrupación de entidades. Serán financiados por orde de puntuación todos aqueles proxectos que sexa posible dentro da contía total asignada a esta convocatoria.

6.6.4. No suposto de que non se esgotasen os recursos financeiros asignados a esta convocatoria, a Xunta de Galicia empregará estes recursos para financiar outras actuacións de cooperación para o desenvolvemento a través dos outros medios previstos no I Plan director da cooperación galega 2006-2009.

Artigo 7º.-Resolución.

Á vista da proposta de resolución, debidamente motivada, o secretario xeral de Relacións Exteriores resolverá, de acordo co establecido na disposición adicional segunda do Decreto 44/2006, do 6 de marzo, da estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.

Artigo 8 º.-Compatibilidade de subvencións.

As axudas aquí reguladas serán compatibles con calquera outra procedente doutras administracións públicas, organizacións internacionais, entidades privadas ou doazóns de particulares, sempre e cando a suma de todas as obtidas non supere o custo do proxecto subvencionado.

Artigo 9º.-Publicidade da concesión das subvencións.

Unha vez ultimada a concesión de axudas, publicarase a relación das concedidas con indicación de beneficiario/a, contía, país de execución do proxecto e finalidade, no Diario Oficial de Galicia e na web oficial da cooperación galega, de conformidade co artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega.

Así mesmo, de conformidade co artigo 3.2º do Decreto 132/2006, de 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, publicarase a relación das concedidas con indicación de beneficiario/a, contía, país de execución do proxecto e finalidade no Rexistro de Axudas, Subvencións e Convenios.

Artigo 10º.-Aceptación da subvención e compromiso de cofinanciamento.

Unha vez notificada a concesión da axuda, a entidade beneficiaria presentará no prazo máximo de 15 días naturais declaración por escrito de aceptación da axuda en que conste o seu compromiso de achegar directamente ou cubrir con outras achegas a diferenza entre o custo total do proxecto e

a contía da subvención finalmente concedida. Igualmente deberán confirmar, se é o caso, que as subvencións solicitadas a outras institucións xa foron concedidas, ou ben que se compromete a financiar as cantidades adicionais que correspondan.

De non ser así, a entidade beneficiaria poderá, dentro do mesmo prazo, renunciar á axuda ou, sempre que tecnicamente fose posible e sen que se altere a finalidade nin o orzamento total do proxecto aprobado, presentar unha reformulación económica deste, que será obxecto dunha nova valoración. Á non-presentación no dito prazo de ningunha comunicación, entenderase que a entidade beneficiaria renuncia á subvención concedida, procedéndose ao seu arquivo.

No caso de reformulación do proxecto, o secretario xeral de Relacións Exteriores ditará nova resolución, que lle será notificada á entidade no prazo dun mes. De producírense renuncias ás subvencións ou revogacións das axudas, os seus importes poderán destinarse a aumentar a axuda inicialmente concedida a outros proxectos ou ben a atender os que, reunindo os requisitos destas bases reguladoras, e inicialmente non subvencionados, fosen mellor valorados.

Artigo 11º.-Anticipos e pagamentos.

1. Con base no artigo 29.5º da Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento, e en atención á coherencia co obxecto e finalidade das subvencións, o pagamento das subvencións concedidas farase da seguinte maneira:

1.1. Proxectos en que o período de execución sexa o exercicio corrente (ano 2007):

-Anticipo do 80% da subvención concedida.

-O 20% restante librarase unha vez presentada a xustificación da realización total do proxecto. O prazo para a súa xustificación finaliza o 15 de decembro do 2007.

1.2. Proxectos en que o período de execución comprenda dous exercicios económicos (anos 2007 e 2008):

Anualidade 2007:

-Anticipo do 50% do importe concedido para esa anualidade.

-O 50% restante librarase unha vez xustificado o gasto total da anualidade de 2007. O prazo para a súa xustificación finaliza o 15 de decembro de 2007.

Anualidade 2008:

-Anticipo do 50% do importe da subvención correspondente a esta anualidade.

-O resto da subvención aboarase unha vez presentada a xustificación total do proxecto. O prazo para a súa xustificación finaliza o 15 de decembro do 2008.

2. Para o aboamento da subvención, as entidades beneficiarias deberán presentar a seguinte documentación:

2.1. Proxectos en que o período de execución sexa o exercicio corrente (ano 2007):

Para o pagamento do anticipo:

a) Solicitude de libramento do anticipo.

b) Declaración responsable complementaria e actualizada doutras axudas solicitadas, pendentes de resolución, outorgadas ou recibidas para o proxecto subvencionado.

c) Compromiso específico de cesión dos bens mobles ou inmobles que resulten da execución do proxecto subvencionado aos beneficiarios/as ou socio local, no seu caso.

d) Certificación bancaria das contas da entidade e do socio local afectas á xestión do proxecto. Nestas contas asignadas ao proxecto terán o seu destino todos os pagamentos que se realicen con cargo ao financiamento da consellería competente en materia de cooperación para o desenvolvemento. Os comprobantes destes ingresos e gastos estarán á disposición do centro directivo competente en materia de cooperación para o desenvolvemento.

Para o pagamento do resto da subvención:

O resto do importe da subvención concedida librarase coa súa completa xustificación de acordo coas previsións do artigo 12º destas bases reguladoras.

2.2. Proxectos en que o período de execución comprenda dous exercicios económicos (anos 2007 e 2008):

Anualidade 2007:

Para o pagamento do anticipo:

a) Solicitude de libramento do anticipo.

b) Declaración responsable complementaria e actualizada doutras axudas solicitadas, pendentes de resolución, outorgadas ou recibidas para o proxecto subvencionado.

c) Compromiso específico de cesión dos bens mobles ou inmobles que resulten da execución do proxecto subvencionado aos beneficiarios/as ou socio local, no seu caso.

d) Certificación bancaria das contas da entidade e do socio local afectas á xestión do proxecto. Nestas contas asignadas ao proxecto terán o seu destino todos os pagamentos que se realicen con cargo ao financiamento da consellería competente en materia de cooperación para o desenvolvemento. Os comprobantes destes ingresos e gastos estarán á disposición do centro directivo competente en materia de cooperación para o desenvolvemento.

Para o pagamento do resto da anualidade:

O prazo para a xustificación da subvención relativa á anualidade 2007 finaliza o 15 de decembro e librarase unha vez presentada a seguinte documentación:

a) Certificación do representante en Galicia da entidade solicitante acreditativa da execución do proxecto de conformidade co previsto e da aplicación dos fondos para o fin destinado.

b) Informe de avance sobre o estado de execución do proxecto e que deberá estar asinado polo responsable da xestión técnicoeconómica do proxecto en Galicia.

c) Relación de todos os gastos efectuados, con indicación da data, número e emisor da factura ou do documento xustificativo e descrición do gasto co seu importe en moeda local e o seu contravalor en euros.

d) Acreditación de que se atopan ao día das obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Facenda autonómica. Non obstante e conforme co establecido no artigo 43 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da comunidade autónoma para o ano 2006, a asociación autoriza o órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir as mencionadas institucións.

Anualidade 2008:

Para o pagamento do anticipo:

Solicitude de libramento do anticipo.

Para o pagamento do resto da subvención:

O resto do importe da subvención concedida librarase coa súa completa xustificación de acordo coas previsións do artigo 12º destas bases reguladoras.

3. Non obstante, os beneficiarios deberán acreditar, con cada solicitude de pagamento, que se atopan ao día das obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Facenda autonómica. Non obstante e conforme co establecido no artigo 43 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da comunidade autónoma para o ano 2006, a asociación autoriza o órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir as mencionadas institucións.

4. De conformidade coas previsións do artigo 17 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, para o pagamento de anticipos que superen o importe de 30.050,61 euros ou os pagamentos parciais cando a contía da subvención exceda da citada contía, nos supostos de que se traten de subvencións de capital (capítulo VII do estado de gastos dos orzamentos xerais da comunidade autónoma), os beneficiarios deberán constituír garantía a favor da Xunta de Galicia mediante aval bancario ou seguro de caución prestado por entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca, e esta deberá alcanzar como mínimo ata os dous meses seguintes ao fin do prazo de xustificación previsto nesta convocatoria.

Artigo 12º.-Prazo e forma de xustificación das subvencións outorgadas.

1. As subvencións concedidas para proxectos que teñan un período de execución comprendido no exercicio corrente deberán ser xustificadas coa docu

mentación que se sinala no seguinte punto antes do día 15 do mes de peche do exercicio.

Os proxectos con subvención plurianual xustificarán cada anualidade independentemente e antes do día 15 de decembro de cada exercicio, presentando a documentación que se sinala no seguinte punto.

2. A entidade beneficiaria xustificará o cumprimento da finalidade para a que se concedeu a subvención mediante a presentación dun informe final integrado dos seguintes documentos:

a) Certificación do representante en Galicia da entidade solicitante acreditativa da total realización do proxecto e da aplicación dos fondos para o fin destinado.

b) Memoria de execucións sobre os obxectivos, as actividades e os resultados acadados coa execución do proxecto e que deberá estar asinada polo responsable da xestión técnicoeconómica do proxecto en Galicia.

c) Memoria financeira final desagregada por conceptos de gastos aprobado na cal deben constar:

-Certificación dos gastos co importe total do proxecto por partidas orzamentarias e na cal se indiquen as distintas fontes de financiamento, asinada polo representante en Galicia da entidade beneficiaria.

-Relación de facturas que se inclúen co seu contravalor en euros.

-Facturas que soporten a relación anterior, expedidas conforme a lexislación do país en que que se adquirisen os bens ou prestasen os servizos. En todo caso, incluirán: nome e apelidos, de tratarse dunha persoa física ou a denominación social, domicilio e número de identificación fiscal ou tributaria, e no caso de persoas xurídicas, do expendedor e destinatario; descrición da operación e contraprestación total; lugar e data de emisión e importe na moeda en que se emite.

Presentaranse orixinais de todas as facturas que se aboen con cargo ao orzamento total do proxecto, que unha vez comprobadas serán devoltas aos interesados de oficio. No suposto de que a contraparte local non poida desprenderse dalgún documento xustificativo de gasto, presentará informe motivando a dita imposibilidade. Neste caso, será necesario que se achegue unha fotocopia compulsada por funcionario público.

-Relación de persoal contratado e voluntario da entidade solicitante e local que participaron na execución do proxecto, achegándose no primeiro caso as súas correspondentes nóminas.

-Certificación asinada polo representante en Galicia da entidade beneficiaria co detalle por concepto dos custos indirectos imputados ao proxecto.

-Xustificante das transferencias ás contas afectas á execución do proxecto das contrapartes locais e da súa recepción.

Artigo 13º.-Obriga da entidade beneficiaria, seguimento, avaliación e control dos proxectos.

1. As entidades beneficiarias deberán realizar a intervención para a que se lles concedeu a axuda no período de tempo determinado no formulario, e sempre dentro da anualidade pertinente. Para estes efectos considérase vinculante o orzamento e a documentación presentada no documento de formulación do proxecto e na solicitude, ou, no seu caso, da reformulación, de terse efectuado.

2. As entidades beneficiarias de axudas deberán informar de xeito inmediato o centro directivo con competencia en materia de cooperación para o desenvolvemento sobre calquera acontecemento que altere ou dificulte notoriamente o adecuado desenvolvemento do proxecto subvencionado. A alteración das condicións tidas en conta para a concesión das subvención, e, en todo caso, a obtención concorrente de axudas outorgadas por outras administracións, entes públicos ou privados, nacionais e internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

3. As entidades beneficiarias obríganse a facilitarlle ao órgano xestor toda canta información lles sexa requirida respecto dos proxectos subvencionados.

4. Así mesmo, as entidades beneficiarias obríganse a incorporar de forma visible en todas as accións derivadas do proxecto subvencionado (placas, letreiros, carteis, publicacións, material de difusión, publicidade, etc.) o logotipo oficial da cooperación galega, todo isto en formato duradeiro e en material resistente, para a debida difusión da orixe da subvención.

Cando a organización financiada exhiba o seu propio logotipo, o da Xunta de Galicia e o da cooperación galega deberá figurar co mesmo tamaño e en iguais condicións de seguridade. Ambos os dous logotipos poderán descargarse da páxina web da cooperación galega: www.cooperaciongalega.org.

5. No proceso continuo de homoxeneizar os procedementos, a metodoloxía e os formularios de xestión do ciclo dos proxectos aos da cooperación oficial española e da Unión Europea, o seguimento e avaliación dos proxectos rexerase polos criterios básicos de pertinencia, eficacia, eficiencia, impacto e sustentabilidade, seguindo a metodoloxía do marco lóxico e a xestión do ciclo do proxecto establecidos polo CAD e a propia Unión Europea.

Canto ao seguimento do proxecto, a verificación do marco lóxico, o calendario de execución e os calendarios de actividades e recursos son a base para a comprobación do seu progreso, especialmente nos eidos de eficacia, eficiencia e impacto. Nos informes anuais de avance e no informe final do proxecto recolleranse, como mínimo, os seguintes elementos: contorno do proxecto, avance do proxecto (entendendo como tal o grao de cumprimento das accións e resultados agardados establecidos na formulación

inicial, e logo, dos obxectivos xeral e específicos), grao de cumprimento das hipóteses e riscos, análise da garantía de sustentabilidade do proxecto e, ao final, conclusións, recomendacións e o plan de traballo proposto para todo o período seguinte da execución.

A xestión dos proxectos poderá ser examinada durante a súa execución ou unha vez finalizada por representantes da Xunta de Galicia con competencias en materia de cooperación exterior ou por empresas avaliadoras contratadas para o efecto, para o que a entidade beneficiaria e a contraparte local facilitarán o acceso ás contas e documentos xustificativos requiridos, así como a calquera outra documentación relevante na execución do proxecto.

Esta avaliación final do proxecto analizará, de xeito sistemático e obxectivo, a pertinencia, eficacia, eficiencia, impacto e sustentabilidade do proxecto financiado, adaptándose á súa especificidade nos termos de referencia (TdR).

A estrutura dos informes de avaliación seguirá tamén a metodoloxía e o formato utilizados pola cooperación española e a Unión Europea, recollendo como mínimo:

-Resumo: debe ser formulado de xeito compacto e breve (non mais de 5 páxinas) para ser empregado como un documento separado, centrándose nos puntos analíticos mais importantes e indicando as maiores conclusións, leccións adquiridas e recomendacións específicas.

-Texto principal: comezando por unha descrición do proxecto avaliado e os obxectivos da avaliación, deberá seguir os cinco criterios de avaliación describindo os feitos e analizándoos segundo cada un.

-Conclusións e recomendacións: en función da análise dos criterios de avaliación, as recomendacións deberían ser realistas, operativas, pragmáticas e orientadas a audiencias de todos os niveis.

-Anexos: termos de referencia da avaliación, nomes dos avaliadores e das empresas, metodoloxía para o estudo (fases, métodos de recollida de datos etc.), marcos lóxicos (orixinal e actualizado), lista de persoas ou organizacións consultadas, literatura e documentación, outros anexos técnicos etc.

O control financeiro interno correspóndelle á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

Artigo 14º.-Modificación das condicións.

Precisarase autorización previa e expresa para calquera modificación substancial do proxecto, entendendo por tal aquela que afecte os seus obxectivos, beneficiarios/as, lugar, prazo de execución ou variación do custo total do proxecto ou das partidas orzamentarias de máis dun 20% do inicialmente aprobado.

As solicitudes de modificacións substanciais do proxecto deberán estar suficientemente motivadas e ser formuladas por escrito dirixido ao secretario

xeral de Relacións Exteriores, que resolverá e notificará no prazo dun mes sobre a súa autorización ou denegación.

Artigo 15º.-Reintegro por incumprimentos.

Os beneficiarios que incorresen en falsidade ou ocultación de datos ou non acreditasen, total ou parcialmente, o bo fin das cantidades percibidas, deberán proceder ao reintegro da súa totalidade en caso de incumprimento pleno, ou da parte proporcional en caso dunha parcial falta de xustificación, sen prexuízo da exixencia das responsabilidades administrativas e penais que procedan.

Así mesmo, os beneficiarios deberán reintegrar as subvencións nos demais supostos de reintegro previstos nestas bases reguladoras e demais normativa de subvencións.

Artigo 16º.-Información aos órganos fiscalizadores.

Os beneficiarios estarán obrigados a facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Xunta de Galicia, o Tribunal de Contas español e o Consello de Contas de Galicia no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións.

Artigo 17º.-Recursos.

As resolucións expresas ou presuntas recaídas en aplicación do disposto nestas bases reguladoras esgotan a vía administrativa e contra elas cabe interpoñer os seguintes recursos:

a) Potestativamente, recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, ou de tres meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produzan os efectos do silencio, segundo os casos, de conformidade co establecido nos artigos 107, 116 e 117 da Lei 30/1992, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999.

b) Directamente, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, ou no prazo de seis meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise o acto presunto.

Artigo 18º.-Remisión normativa.

Para o non previsto nestas bases serán de aplicación os preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e os artigos 78 e 79 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, na redacción dada pola Lei 24/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo.