DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 04 de abril de 2007 Páx. 5.371

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 17 de marzo de 2007 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos.

Advertidos erros na devandita orde publicada no DOG nº 55, do luns 19 de marzo de 2007, é necesario efectuar as seguintes modificacións:

O artigo 16 queda redactado do seguinte xeito:

«Artigo 16º.-Número de alumnos por unidade escolar.

Os números de alumnos e alumnas por unidade escolar que se utilizarán para a estimación de vacantes en cada un dos niveis son as que se sinalan a seguir:

a) Segundo ciclo de educación infantil: 25 alumnos por unidade. Non obstante, os titulares das delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderán aplicar un número de 20 alumnos por grupo, sempre que se garanta a atención á demanda no centro e non se supere o número de alumnos que poidan ser escolarizados na educación primaria nese centro.

b) Educación primaria: 25 alumnos por grupo.

c) Educación secundaria obrigatoria: 30 alumnos por grupo.

d) Bacharelato: 33 alumnos por grupo».

O artigo 22, punto 5 queda redactado como segue:

«5. Para a valoración da renda da unidade familiar, os interesados deberán facer constar na solicitude a cantidade correspondente á base impoñible no caso de declaración conxunta ou á base impoñible de cada un dos declarantes da unidade familiar no caso de declaración individual».

O artigo 30 queda redactado como segue:

«Artigo 30º.-Valoración da renda anual da unidade familiar.

A valoración da renda anual da unidade familiar farase do seguinte xeito:

a) Ingresos iguais ou inferiores ao indicador público de renda de efectos múltiples: 3 puntos.

b) Ingresos superiores ao indicador público de renda de efectos múltiples e inferiores ao duplo do devandito indicador: 2 puntos.

c) Ingresos iguais ou superiores ao duplo do indicador público de renda de efectos múltiples e inferiores ao triplo de dito indicador: 1 punto.

d) Ingresos iguais ou superiores ao triplo do indicador público de renda de efectos múltiples: 0 puntos.».

O artigo 37.1º queda redactado como segue:

«1. As direccións dos centros públicos e os titulares dos centros privados concertados remitirán, debidamente selada, á comisión de escolarización e, no seu defecto, aos titulares das delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo das corenta e oito horas seguintes á exposición da listaxe definitiva de admitidos, a seguinte documentación:

No artigo 39.1º, onde di: «artigo 11.3º», debe dicir: «artigo 11.4º».

No artigo 39.5º, onde di: «artigo 11.1º», debe dicir: «artigo 11.2º».

O artigo 51º queda redactado como segue:

«Artigo 51º.-Denuncia contra decisión dos titulares dos centros privados concertados.

Contra as resolucións das reclamacións por parte dos titulares dos centros privados concertados poderá presentarse denuncia ante os titulares das delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por incumprimento das normas que regulan a admisión do alumnado. A resolución dos titulares das delegacións provinciais porá fin á vía administrativa.».

No anexo II, documento para solicitude de admisión, onde di:

«ACHEGA, para tal efecto, a seguinte documentación acompañando esta instancia:

q Aquel alumnado que non estivese matriculado en ningún centro no momento de facer a solicitude de admisión, presentará unha certificación escolar.

q Se é o...».

Debe dicir:

«ACHEGA, para tal efecto, a seguinte documentación acompañando esta instancia:

q DNI do/a alumno/a ou copia do libro de familia, acreditativo da súa idade.

q Se é o...».