DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2007 Páx. 4.630

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2007 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproba as bases reguladoras dos incentivos económicos do Igape e se procede á convocatoria de determinadas liñas de axuda.

O Consello de Dirección do Igape na súa xuntanza, que tivo lugar o día 1 de febreiro de 2007, acordou por unanimidade dos membros asistentes a aprobación das bases reguladoras dos incentivos económicos do Igape.

As ditas bases prevén que as convocatorias de axudas que conterán, en todo caso, o prazo de presentación de solicitudes e os créditos asignados a elas, serán aprobadas mediante resolución do director xeral do Igape e publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas

RESOLVO:

Primeiro.-Publicar as bases reguladoras dos incentivos económicos do Igape, as cales se anexan a esta resolución.

Segundo.

a) Aprobar a convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva das seguintes liñas de axuda contidas nas anteriores bases:

1. Proxectos de creación de establecementos en novas localizacións empresariais, ampliacións de grande esforzo investidor ou investimentos intensivos en emprego (artigo 4º da base reguladora dos incentivos a proxectos de investimento empresarial).

2. Proxectos específicos de protección e mellora ambiental para a creación de novos centros empresariais en Galicia ou para a ampliación de centros xa existentes cun investimento superior a 3.000.000 euros (artigo 6.2.b) da base reguladora dos incentivos a proxectos de investimento empresarial.

b) As solicitudes de axuda poderanse presentar, segundo o modelo anexo, desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o esgotamento do crédito orzamentario, o cal será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes tramitaranse segundo o establecido no capítulo II das bases reguladoras dos procedementos de tramitación das liñas de axuda do Igape.

c) Os créditos dispoñibles para concesións no exercicio 2007 ascenden a 36.000.000 euros, que se aboarán con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias e coa seguinte distribución plurianual:

1. Proxectos de creación de establecementos en novas localizacións empresariais, ampliacións de grande esforzo investidor ou investimentos intensivos en emprego (artigo 4º).

Partida orzamentaria: E2/10/01.

Finalidade: proxectos de creación de establecementos en novas localizacións empresariais, ampliacións de grande esforzo investidor ou investimentos intensivos en emprego. Proxectos localizados nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal (anexo III).

Importe orzamento 2007: 3.000.000.

Anualidade 2008:

Anualidade 2009:

Anualidade 2010:

Partida orzamentaria: E2/10/02.

Finalidade: proxectos de creación de establecementos en novas localizacións empresariais, ampliacións de grande esforzo investidor ou investimentos intensivos en emprego. Do importe dispoñible con cargo ao orzamento 2007 resérvase un mínimo de 1.000.000 euros para proxectos localizados nos municipios da Costa da Morte do anexo IV.

Importe orzamento 2007: 6.000.000.

Anualidade 2008:

Anualidade 2009: 11.000.000.

Anualidade 2010: 10.000.000.

2. Proxectos específicos de protección e mellora ambiental para a creación de novos centros empresariais en Galicia ou para a ampliación de centros xa existentes cun investimento superior a 3.000.000 euros (artigo 6.2.b).

Partida orzamentaria: E2/10/02.

Finalidade: proxectos específicos de protección e mellora ambiental para a creación de novos centros empresariais en Galicia ou para a ampliación de centros xa existentes cun investimento superior a 3.000.000 euros.

Importe orzamento 2007: 1.800.000.

Anualidade 2008:

Anualidade 2009: 4.200.000.

d) Á vista do volume das solicitudes presentadas para cada liña e mediante resolución do director xeral do Igape poderá distribuírse entre elas o crédito aprobado, o cal tamén poderá ser ampliado e as partidas orzamentarias modificadas mediante resolución publicada para o efecto.

Terceiro.-As restantes liñas de axuda establecidas nas bases reguladoras serán obxecto de posterior convocatoria feita pública a través do Diario Oficial de Galicia que conterá os prazos de presentación de solicitudes e os créditos correspondentes.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2007.

José Antonio Delgado Arce

Director xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica

Bases reguladoras dos incentivos económicos do Igape.

O Marco estratéxico previsto para o desenvolvemento da Comunidade Autónoma galega para os vindeiros anos (Mecega) inclúe nas súas propostas:

-O impulso e dinamización da economía facendo de Galicia un lugar máis atractivo para investir e traballar.

-O incremento da competitividade do tecido produtivo galego a través do coñecemento e a innovación.

-O aumento da cohesión social e territorial de Galicia mellorando os niveis de cualificación, a calidade do emprego e a inclusión social.

-O reforzo da relación entre crecemento e desenvolvemento sostible.

O Instituto Galego de Promoción Económica, no cumprimento das súas funcións, está chamado a desempeñar un papel esencial no desenvolvemento de programas e iniciativas que contribúan de xeito salientable a acadar os obxectivos económicos estratéxicos da Comunidade galega.

En consecuencia, coa finalidade principal de incrementar, manter e dinamizar a actividade económica na comunidade autónoma, favorecer o desenvolvemento equilibrado do territorio galego e lograr o incremento do emprego, a través do desenvolve

mento e mellora da competitividade das empresas existentes, así como coa creación e posta en marcha de novas iniciativas empresariais; o Igape desenvolve un sistema de incentivos á actividade empresarial en Galicia, incidindo nos distintos eixes que considera estratéxicos, para a cobertura enfocada dos procesos de creación de empresas, dos procesos de consolidación e mellora continua de empresas existentes, especialmente das Pemes, así como para prestar atención específica a proxectos de maior esforzo investidor con creación de emprego estable. Procurando tamén incidir na concienciación das Pemes sobre aspectos ligados ao coñecemento e ás necesidades non sempre percibidas polo empresario nos distintos eidos de actuación que deben contribuír a un futuro mellor e máis sólido do tecido empresarial.

Xunto cos incentivos á dinamización empresarial, creación de emprego estable, riqueza e coñecemento dirixidos ás empresas individualmente, cómpre facer un esforzo específico a prol da colaboración e cooperación interempresarial incentivando proxectos e iniciativas promovidas e coordinadas por organismos intermedios de carácter empresarial e, especialmente, aquelas levadas a cabo por agrupacións empresariais innovadoras que presenten un maior potencial de dinamización empresarial e arrastre da economía global.

Así mesmo, como reto na nova etapa para o instituto, procurarase maximizar a axilidade, tanto na xestión das solicitudes como na revisión e pagamento das axudas, unha vez xustificada a execución dos proxectos aprobados, conscientes de que os propios sistemas administrativos deben facilitar a toma de decisións empresariais, especialmente na economía globalizada, na que os cambios nos mercados se producen a gran velocidade e constantemente.

Finalmente, preténdese que, con carácter xeral e sen perda de eficacia, os proxectos que se aproben sexan executados e xustificados ante o Igape no período aproximado dun ano desde o peche da convocatoria en que se solicite a axuda. Para iso, a base subvencionable en cada convocatoria, estará composta polos conceptos de gasto necesarios para o proxecto, cuxa previsión de execución se limite a un período aproximado dun ano contado a partir do peche da convocatoria.

Tendo en conta todo o anterior, o Igape establece nun documento único as bases reguladoras dos seus incentivos económicos, que se dividen en tres:

1. Base reguladora dos incentivos a proxectos de investimento empresarial.

2. Base reguladora das axudas a iniciativas xeradoras de coñecemento nas Pemes.

3. Base reguladora das axudas a proxectos colaborativos de carácter empresarial.

Que se complementan coas bases reguladoras da tramitación dos procedementos.

Así mesmo, ademais das axudas prescritas nas bases reguladoras dos incentivos, o Igape, para o mellor cumprimento dos seus fins, poderá pór en marcha, de xeito complementario outros instrumentos financeiros que faciliten a toma de decisión e posta en marcha de iniciativas de interese, así como prestar servizos cos seus propios medios e recursos podendo incluír, nalgún caso a contratación de bens ou servizos que contribúan de mellor xeito a acadar os obxectivos estratéxicos.

Base reguladora dos incentivos a proxectos de investimento empresarial.

Esta base está dirixida a fomentar o dinamismo empresarial na Comunidade Autónoma galega, e establece os requisitos e condicións dos proxectos de investimento empresarial e gastos asociados ao investimento.

Con carácter xeral as axudas reguladas nesta base, segundo o indicado en cada punto, outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva, agás os proxectos previstos no artigo 4º e os do punto 6.2.b), ao abeiro do disposto no punto 8 do artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Nas convocatorias en concorrencia competitiva, a preparación de solicitudes será necesariamente telemática, como exemplo da implantación de sistemas e tecnoloxías innovadores, en beneficio de ambas as partes. A súa presentación e a comunicación entre o solicitante e o Igape poderá ser así mesmo totalmente telemática ou ben mediante a presentación física da instancia de solicitude, segundo o previsto nas bases reguladoras dos procedementos de tramitación das liñas de axuda do Igape.

Artigo 1º.-Iniciativas obxecto de apoio.

1.1. Co obxectivo de incentivar diferentes esquemas de actuación e mellora empresarial, segundo a regulación establecida para cada caso nos artigos 4º, 5º, 6º e 7º, o Igape poderá conceder subvencións a fondo perdido aos seguintes tipos de iniciativa:

1.1.1. Segundo a regulación establecida no artigo 4º, a proxectos de posta en marcha de novas localizacións empresariais ou ampliación das existentes que cumpran unha das seguintes condicións:

1.1.1.1. Novas localizacións empresariais cun investimento subvencionable superior a 600.000 euros, con creación de emprego.

1.1.1.2. Ampliación ou modernización de instalacións existentes cun investimento subvencionable superior a 3.000.000 euros, con creación de emprego.

1.1.1.3. Proxectos de servizos avanzados cunha creación de emprego ligado ao investimento igual ou superior a 15 postos de traballo de carácter indefinido. Neste caso, o investimento subvencionable previsto deberá ser superior a 200.000 euros.

1.1.2. Segundo a regulación establecida no artigo 5º, a proxectos dirixidos á mellora da produtividade, nos seguintes eidos:

1.1.2.1. Proxectos de investimento tecnolóxico cun investimento subvencionable superior a 600.000

euros e ata 3.000.000 euros, que supoñan a ampliación ou modernización das empresas nas localizacións existentes.

1.1.2.2. Proxectos de investimento tecnolóxico das Pemes cun custo subvencionable entre 100.000 e 600.000 euros.

1.1.2.3. Proxectos dirixidos a mellorar a organización das Pemes mediante a consultoría de proceso e implantación de ferramentas de xestión e cadros de mando, cun custo subvencionable entre 30.000 e 200.000 euros.

1.1.3. Segundo a regulación establecida no artigo 6º, a proxectos específicos de protección e mellora ambiental cun investimento subvencionable superior a 600.000 euros.

1.1.4. Segundo a regulación establecida no artigo 7º, a proxectos de creación de empresas promovidas por novos emprendedores cun investimento en activos fixos subvencionables non superior a 600.000 euros.

1.2. As liñas de axuda reguladas nesta base incardínanse no ámbito do último parágrafo do punto 1º do artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, na redacción establecida pola Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo, constituíndo o contido destas bases a súa normativa de aplicación.

1.3. Os proxectos que teñan cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ou do Fondo Social Europeo están sometidos ás obrigas de información e difusión establecidas na regulamentación da UE, en particular o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello, do 11 de xullo de 2006 (DOUE L210/25, do 31 de xullo), Regulamento (CE) nº 1080/2006, do 5 de xullo do Parlamento Europeo e do Consello (DOUE L210/1, do 31 de xullo de 2007) e Regulamento 1828/2006, da Comisión, do 8 de decembro de 2006 (DOUE L371/1, do 27 de decembro).

1.4. A convocatoria das distintas liñas de axudas recollidas nesta base será obxecto de publicidade mediante resolución no Diario Oficial de Galicia na cal se fixarán os créditos dispoñibles, prazo de presentación de solicitudes, documentación que se presentará co expediente, e calquera outro aspecto procedemental que se considere necesario ata o pagamento e peche do expediente.

Artigo 2º.-Tipos de axuda.

2.1. Poderán concederse subvencións a fondo perdido sobre o investimento e outros gastos subvencionables, segundo os conceptos enumerados nos artigos correspondentes para cada tipo de iniciativa.

2.2. Para estes efectos, o establecemento dos distintos límites de intensidade porcentual de subvención, computarase en todo caso en termos de subvención bruta.

2.3. Serán subvencionables os gastos realizados e pagados conforme o establecido en cada artigo, dentro do prazo concedido para a execución dos proxectos. Este período denomínase prazo de vixencia para os efectos de cumprir todas as condicións que se establezan.

Artigo 3º.-Beneficiarios.

3.1. Coas limitacións establecidas para cada caso no artigo correspondente, poderán ser beneficiarios aquelas empresas existentes ou en constitución que cumpran os seguintes requisitos:

a) Realizar unha iniciativa obxecto de apoio na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Desenvolver no centro obxecto do proxecto algunha das actividades subvencionables que se sinalan no artigo correspondente.

c) Achegar para o proxecto de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de polo menos un 25% do seu importe, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.

d) En todos os casos estar ao día das súas obrigas coa Facenda Pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.

3.2. Para aquelas actividades que se atopen comprendidas dentro dos sectores regulados por normas específicas da Unión Europea sobre axudas estatais, as axudas previstas nesta base axustaranse en cada caso ás ditas normas específicas.

3.3. Para os efectos previstos nesta base, entenderase por novas empresas, tanto as empresas en constitución como aquelas cuxa data de inicio de actividade sexa inferior a un ano natural á data de presentación da solicitude das axudas.

Artigo 4º.-Proxectos de creación de establecementos en novas localizacións empresariais, ampliacións de grande esforzo investidor ou investimentos intensivos en emprego.

4.1. Proxectos subvencionables: estas axudas concederanse ao abeiro do Regulamento (CE) 1628/2006, do 24 de outubro de 2006 (DOUE L302/29, do 1 de novembro de 2006), relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas rexionais ao investimento e poderán dirixirse a:

4.1.1. Proxectos de investimento empresarial para a creación de establecementos en novas localizacións, ou ben en ampliación ou modernización de instalacións preexistentes.

4.1.2. Proxectos de investimento empresarial en centros de servizos avanzados, referidos a algunha das actividades especificadas no artigo 4º, punto 3.2. e intensivos en creación de emprego.

4.2. Requisitos específicos dos beneficiarios: sociedades con obxecto empresarial, existentes ou

en constitución, que cumpran, ademais do previsto no artigo 3º, os seguintes requisitos:

4.2.1. Proxectos de investimento en novas localizacións empresariais ou ampliacións de instalacións preexistentes.

a) Presentar un proxecto en que o seu investimento subvencionable, segundo o establecido nos seguintes puntos, supere os 600.000 euros, que sexa considerado viable técnica, económica e financeiramente polo Igape. No caso de ampliacións ou modernización de instalacións existentes, o investimento subvencionable deberá superar os 3.000.000 euros. Para estes efectos, o Igape poderá exixir nas resolucións de concesión, un determinado nivel de fondos propios que terá acreditar o beneficiario.

b) No caso de ampliacións de instalacións existentes, o investimento subvencionable deberá ser, ademais, superior a 1,5 veces a dotación media para amortizacións do inmobilizado, circunscrita ao centro obxecto dos novos investimentos, nos 3 últimos exercicios pechados.

c) Acreditar na data de solicitude, para aquelas empresas con actividade en Galicia no momento de presentar a súa solicitude, polo menos, un 50% dos seus empregos con contrato indefinido nos seus centros de traballo radicados en Galicia. Para o cumprimento deste requisito computarase o emprego de todos os centros de traballo que a empresa teña en Galicia.

d) Comprometerse a manter o emprego existente.

e) Comprometerse a crear polo menos 5 novos postos de traballo de carácter indefinido no centro obxecto do proxecto.

f) Comprometerse a manter unha determinada composición do accionariado nos supostos en que esta represente un elemento substancial para garantir a viabilidade técnica, económica e financeira do proxecto e así se establecese na resolución de concesión.

g) O Consello de Dirección do Igape poderá eximir motivadamente do cumprimento dalgún dos requisitos anteriores, en base ao interese estratéxico dun proxecto para Galicia.

4.2.2. Proxectos de servizos avanzados intensivos en emprego.

a) Presentar un proxecto de investimento en servizos avanzados en Galicia no cal o emprego que se cree con carácter indefinido sexa igual ou superior a 15 novos postos de traballo, emprego que estará asociado a un investimento subvencionable superior a 200.000 euros.

b) Para aquelas empresas con actividade en Galicia, acreditar na data de solicitude, unha porcentaxe de emprego indefinido non inferior á que estableza, se é o caso, o convenio colectivo aplicable á empresa no dito momento. Para o cumprimento deste requisito computarase o emprego de todos os centros de traballo que a empresa teña en Galicia.

c) Comprometerse a manter o emprego existente.

d) Comprometerse a manter unha determinada composición do accionariado nos supostos en que esta represente un elemento substancial para garantir a viabilidade técnica, económica e financeira do proxecto e así se establecese na resolución de concesión.

4.3. Actividades subvencionables: para que o proxecto sexa subvencionable, o solicitante deberá desenvolver no centro obxecto do proxecto en Galicia algunha das actividades subvencionables seguintes:

4.3.1. Proxectos de investimento en novas localizacións empresariais ou ampliacións de instalacións preexistentes. O proxecto subvencionable deberá en todo caso estar vinculado a algunha destas actividades, independentemente de calquera outra que, ademais, desempeñe o solicitante:

a) A extracción, procesamento, transformación ou produción de minerais, produtos enerxéticos ou os seus derivados.

b) A industria.

c) Turismo: hoteis de 4 ou máis estrelas, balnearios e baños, podendo incluír instalacións complementarias; portos deportivos de acceso público.

d) Actividades de electrónica, biotecnoloxía, robótica, audiovisual, telemática, telecomunicación e calquera outra de avanzada tecnoloxía.

e) Transporte.

f) Servizos auxiliares á industria:

I. Lavandaría industrial.

II. Servizos de envasado e embalaxes especiais.

g) Tamén poderán ser incentivados, con especial consideración, os investimentos para a creación ou ampliación de centros de desenvolvemento, investigación, ensaios ou laboratorios vinculados ás empresas cuxa actividade principal sexa subvencionable.

h) Así mesmo, os investimentos en centros de calquera das tipoloxías da letra g) anterior vinculados a empresas cuxa actividade principal non sexa subvencionable, xunto con instalacións piloto de experimentación de novas tecnoloxías, sempre que en consideración ao seu interese estratéxico, exista acordo específico do Consello de Dirección do Igape.

4.3.2. Proxectos de servizos avanzados intensivos en emprego: o proxecto subvencionable deberá, en todo caso, estar vinculado a algunha destas actividades, independentemente de calquera outra que, ademais, desempeñe o solicitante:

a) Servizos de implantación de sistemas tecnolóxicos: monitorización e control de procesos industriais, sistemas de seguimento remoto e telecomando de procesos, sistemas mecatrónicos.

b) Enxeñaría de produtos e procesos industriais, enxeñaría de proxectos aeronáuticos ou espaciais.

c) Centros de servizos telemáticos.

d) Centros de desenvolvemento de software.

e) Enxeñaría de ensaio e control de calidade en edificación, obra civil ou industria.

4.3.3. O Igape poderá establecer convenios individual ou conxuntamente cos distintos departamentos da Xunta de Galicia e outras institucións públicas, co fin de implementar liñas de apoio sectoriais ou de proxectos que se consideren estratéxicos. O seu réxime e condicións adecuaranse ao que se estableza nos citados convenios, que serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

4.4. Conceptos subvencionables: nos proxectos de investimento en novas localizacións empresariais ou ampliacións de instalacións preexistentes, para os efectos de cálculo da subvención a fondo perdido, excluíndo impostos, taxas e arbitrios, consideraranse conceptos subvencionables os seguintes:

4.4.1. Investimentos realizados en:

a) Adquisición dos terreos necesarios para acometer o proxecto, traídas e acometidas de servizos, urbanización e obras exteriores adecuadas ás necesidades do proxecto.

b) Obra civil en: oficinas, laboratorios, servizos sociais e sanitarios do persoal, almacenamento de materias primas, edificios de produción, edificios de servizos industriais, almacenamento de produtos terminados e outras obras vinculadas ao proxecto.

c) Adquisición de inmobles.

d) Bens de equipamento: maquinaria de proceso, instalacións específicas para a actividade subvencionable, elementos de transporte interior, vehículos especiais de transporte exterior, medios de protección do ambiente e outros bens de equipamento ligados ao proxecto. No sector de transporte quedan excluídos os gastos destinados á adquisición de elementos de transporte exterior.

e) Outros investimentos en activos fixos materiais incluíndo mobiliario.

f) Aplicacións informáticas e adquisición de propiedade intelectual e industrial, incluíndo licenzas de fabricación e patentes, en contía non superior ao 50% do investimento subvencionable aprobado.

4.4.2. Excepcionalmente, por acordo do Consello de Dirección do Igape, no caso de proxectos de establecemento dunha empresa ou centro de actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, poderán ser subvencionables os custos de formación específica do persoal para a implantación do proxecto, cando as características da actividade que se vaia desenvolver así o xustifique. Esta axuda concederase de conformidade co Regulamento 68/2001, da Comisión do 12 de xaneiro de 2001, sobre a aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas á formación (DOUE L10/20, do 13 de xaneiro de 2001). As intensidades de axuda para os custos de formación específica non superarán o 45% dos custos subvencionables para pequenas e medianas empresas e o 35% para empresas que superen os límites de PEME.

4.4.3. Para a determinación do importe do investimento subvencionable, observarase os criterios e módulos de custo máximo subvencionable que aprobe o Consello de Dirección do Igape para os distintos conceptos que, de ser o caso, prevalecerán sobre os seus prezos de adquisición.

4.4.4. En todo caso, para a adquisición de terreo o importe máximo subvencionado non poderá superar o 10% do investimento subvencionado total.

4.4.5. Naqueles casos de subvención ao terreo, construcións e urbanizacións por cambio de localización dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, a base sobre a que se aplicará a subvención será o que resulte da diferenza entre o prezo de adquisición dos novos activos e o valor dos da antiga localización, segundo informe de taxación subscrito por sociedade de taxación homologada, sempre e cando as instalacións que se abandonen fosen propiedade da empresa ou dos seus socios maioritarios. Se dentro do prazo de execución do proxecto (prazo de vixencia) establecido na resolución de concesión da subvención fosen alleados os terreos da antiga localización da empresa e o importe neto da venda resultase superior ao da taxación homologada que se tivo en conta para os efectos da subvención, reaxustarase o importe da subvención concedida.

4.4.6. Serán subvencionables os investimentos en bens de primeiro uso empresarial realizados e pagados con posterioridade á recepción da notificación do Igape da elixibilidade do proxecto e ata a data de finalización do prazo concedido para a execución do proxecto. Este período denomínase prazo de vixencia para os efectos de cumprir todas as condicións que estableza a resolución de concesión da axuda. Non serán subvencionables os proxectos cuxa execución sexa iniciada previamente á confirmación por escrito do Igape de que, suxeito ao resultado final derivado dunha verificación detallada, o proxecto cumpre as condicións de subvencionabilidade establecidas nesta base.

4.4.7. Ademais do requisito establecido no punto anterior, no caso de investimentos en obra civil, os solicitantes estarán obrigados a levantar acta notarial que reflicta fidedignamente con posterioridade á recepción da notificación de elixibilidade do Igape, a non iniciación da obra.

4.4.8. Os bens obxecto do investimento deberán ser adquiridos polo beneficiario en propiedade. No caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes tamén deberán pasar a ser de propiedade plena da empresa antes da finalización do prazo concedido para a execución do proxecto (prazo de vixencia), debendo constar no dito momento o vencemento e pagamento das cantidades aprazadas. O investimento terá que manterse no centro de traballo en Galicia durante os cinco anos seguintes á finalización do prazo de vixencia, que poderá reducirse a tres anos no caso de que a empresa beneficiaria teña a condición de PEME. O investimento subvencionado poderá ser substituído no caso de obsolescencia, sempre e cando a

actividade económica da beneficiaria se manteña en Galicia durante o dito período.

4.4.9. Nos proxectos de servizos avanzados intensivos en emprego serán subvencionables os salarios brutos do persoal que se contrate, durante o período de vixencia, co límite dun ano de salario por traballador. Nestes proxectos, o investimento mínimo asociado (200.000 euros) debe ser executado e pagado no período de vixencia, e estará suxeito a comprobación segundo o establecido nos puntos 4.4.1. a 4.4.7. anteriores. Os postos de traballo creados terán que cumprir as seguintes condicións:

a) Estar asociados directamente ao proxecto de investimento.

b) Ser creados no prazo de vixencia establecido na resolución de concesión (que non superará os tres anos seguintes á finalización do investimento).

c) Manterse durante un período mínimo de cinco anos ou tres anos no caso de que a empresa beneficiaria sexa PEME.

4.5. Criterios de avaliación e selección de proxectos.

4.5.1. Para proxectos de investimento en novas localizacións empresariais ou ampliacións de instalacións preexistentes, con carácter xeral e ata un máximo de axuda do 30% sobre os investimentos subvencionables, teranse en conta na avaliación de proxectos e na determinación da intensidade da axuda, os seguintes criterios:

a) A creación de emprego mediante contratos indefinidos.

b) O carácter dinamizador do proxecto para a economía da zona en que se implante.

c) O carácter innovador do proxecto e a incorporación de tecnoloxía avanzada.

d) O valor engadido medio da actividade empresarial.

e) A utilización de materias primas autóctonas.

f) A orientación da produción cara a exportación.

g) Interese ambiental do proxecto.

h) Proxectos de investimento en centros de desenvolvemento, investigación e ensaios ou laboratorios.

i) Proxectos propostos por empresas adscritas a algún dos clústers galegos legalmente constituídos.

j) Sectores de actividade prioritarios, segundo o establecido no anexo II.

k) O especial carácter dinamizador.

l) A primeira implantación en Galicia.

m) A localización do proxecto.

n) No caso de adquisición de terreos localizados en polígonos de promoción pública realizada directamente ao organismo promotor, concederase unha subvención de ata o 50% do seu prezo, dentro do límite máximo de intensidade de axuda global do

30% e da limitación do importe subvencionado do terreo ao 10% do investimento subvencionado total.

4.5.2. Para proxectos de servizos avanzados intensivos en emprego, con carácter xeral a intensidade máxima da axuda calcularase sobre o salario bruto do persoal que se contrate ata un máximo do 30% da base subvencionable; teranse en conta:

a) O número de novos contratos indefinidos.

b) A novidade do servizo en Galicia.

c) A vinculación indirecta que poida supoñer o proxecto de grandes grupos empresariais a Galicia.

4.6. Coas especificidades sinaladas neste artigo, a tramitación seguirá o establecido no capítulo II das bases reguladoras dos procedementos de tramitación das liñas de axuda do Igape.

4.7. A subvención ao abeiro deste artigo para un determinado proxecto será incompatible con calquera outra subvención a fondo perdido establecida nas bases reguladoras de axudas e subvencións do Igape. Será compatible con programas de axuda financeira como pode ser, entre outros, a subsidiación ao tipo de xuro e con calquera outro tipo de subvención ou axuda concedida por outros organismos públicos ou privados, sempre e cando o seu cómputo non exceda os límites permitidos para Galicia no Regulamento (CE) 1628/2006, do 24 de outubro de 2006 (DOUE L302/29, do 1 de novembro de 2006), relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas rexionais ao investimento.

4.8. Nos casos de proxectos de primeira implantación en Galicia, os interesados poderán solicitar un preacordo en que, coa participación dos departamentos da Xunta implicados, se determinen os apoios que, no conxunto dos programas e actuacións da Administración da comunidade autónoma, poderían acadarse, no caso de levar a cabo en Galicia o proxecto de investimento previsto baixo as premisas que se especifiquen no preacordo.

4.9. Servizos de apoio. Con carácter complementario e en función do seu interese estratéxico, o Igape poderá prestar de oficio servizos de apoio previos ao establecemento de novos proxectos, a favor daquelas empresas que pretendan implantarse por primeira vez na comunidade autónoma. Os ditos servizos, que non terán compoñente de axuda, poderán consistir, entre outros, en:

-Información e asesoramento dos trámites a seguir para a implantación do proxecto.

-Estudos necesarios para sustentar a decisión de implantación.

-Xestións de busca de localizacións idóneas para o proxecto.

-Tramitación ante organismos públicos de autorizacións ou permisos necesarios para a súa posta en marcha.

-Facilitar contactos con outras empresas ligadas á súa actividade.

Artigo 5º.-Axudas a proxectos dirixidos á mellora da produtividade empresarial.

5.1. Proxectos subvencionables:

5.1.1. Proxectos de investimento tecnolóxico ou en equipamento en xeral no sector turístico, superiores a 600.000 euros e ata 3.000.000 euros de investimento subvencionable. Entenderase por investimento tecnolóxico a incorporación á empresa de bens de equipo de carácter tecnolóxico que se integrarán na cadea de valor ou en departamentos de I+D, deseño ou ensaio. Esta axuda concederase ao abeiro do Regulamento (CE) 1628/2006, do 24 de outubro de 2006 (DOUE L302/29, do un de novembro de 2006), relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas rexionais ao investimento.

5.1.2. Proxectos de investimento tecnolóxico das Pemes entre 100.000 e 600.000 euros de gastos subvencionables. Esta axuda concederase ao abeiro do Regulamento (CE) 70/2001 da Comisión, do 12 de xaneiro de 2001 relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas estatais ás pequenas e medianas empresas (DOUE L10, 13.1.2001).

5.1.3. Proxectos dirixidos a mellorar a organización das Pemes mediante a consultoría de proceso e implantación de ferramentas de xestión e cadros de mando cun gasto subvencionable superior a 30.000 euros e ata 200.000 euros: posta en marcha de plans de actuación dedicados á innovación na xestión da empresa no seu conxunto ou nalgún dos seus procesos, por medio de consultoría de proceso e implantación de ferramentas informáticas de xestión. Esta axuda concederase ao abeiro do Regulamento (CE) 70/2001 da Comisión, do 12 de xaneiro de 2001 relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas estatais ás pequenas e medianas empresas (DOUE L10, 13 de xaneiro de 2001).

5.2. Requisitos específicos dos beneficiarios:

5.2.1. Para os proxectos de investimento subvencionable superior a 600.000 euros previstos no punto 5.1.1. anterior, poderán ser beneficiarios as sociedades con obxecto empresarial que cumpran, ademais do previsto no artigo 3º, os seguintes requisitos:

a) Presentar un proxecto en que o investimento subvencionable, segundo o establecido nos seguintes puntos, supere os 600.000 euros, que sexa considerado viable técnica, económica e financeiramente. Para estes efectos, o Igape poderá exixir nas resolucións de concesión, un determinado nivel de fondos propios que terá que acreditar o beneficiario ao remate do período de vixencia.

b) O investimento subvencionable deberá ser, ademais, superior a 1,5 veces a dotación media para amortizacións do inmobilizado, circunscrita ao centro obxecto dos novos investimentos, nos 3 últimos exercicios pechados.

c) Acreditar polo menos un 50% de empregos con contrato indefinido nos seus centros de traballo radicados en Galicia. Para o cumprimento deste requisito

computarase o emprego de todos os centros de traballo que a empresa teña en Galicia.

5.2.2. Para os proxectos previstos nos puntos 5.1.2. e 5.1.3. anteriores, dirixidos ás Pemes, poderán ser beneficiarios destas axudas as pequenas e medianas empresas (Pemes) segundo definición da Comisión Europea feita pública para efectos do Igape mediante Resolución do 27 de decembro de 2004 (Diario Oficial de Galicia nº 11, do 18 de xaneiro de 2005), domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia ou que acometan proxectos subvencionables nos seus centros de traballo establecidos en Galicia.

5.3. Actividades subvencionables:

5.3.1. Nos puntos anteriores 5.1.1. e 5.1.2. o proxecto subvencionable deberá en todo caso estar vinculado á consolidación ou posta en marcha dalgunha das seguintes actividades, independentemente de calquera outra que, ademais, desempeñe o solicitante:

a) A extracción, procesamento, transformación ou produción de minerais, produtos enerxéticos ou os seus derivados.

b) A industria.

c) Turismo: hoteis de 4 ou máis estrelas, balnearios e baños, podendo incluír instalacións complementarias; portos deportivos de acceso público.

d) Actividades de electrónica, biotecnoloxía, robótica, audiovisual, telemática, telecomunicación e calquera outra de avanzada tecnoloxía.

e) O transporte.

f) Servizos avanzados:

I. De implantación de sistemas tecnolóxicos: monitorización e control de procesos industriais, sistemas de seguimento remoto e telecomando de procesos, sistemas mecatrónicos.

II. Enxeñería de produtos e procesos industriais, enxeñaría de proxectos aeronáuticos ou espaciais.

III. Centros de servizos telemáticos.

IV. Desenvolvemento de software.

V. Enxeñaría de ensaio e control de calidade en edificación, obra civil ou industria.

g) Servizos auxiliares á industria:

I. Lavandaría industrial.

II. Servizos de envasado e embalaxes especiais.

h) Tamén poderán ser incentivados, con especial consideración, os investimentos tecnolóxicos para a creación ou ampliación de centros de desenvolvemento, investigación, ensaios ou laboratorios vinculados ás empresas cuxa actividade principal sexa subvencionable.

i) Así mesmo, os investimentos en centros de calquera das tipoloxías da letra f) anterior vinculados a empresas cuxa actividade principal non sexa subvencionable, xunto con instalacións piloto de experimentación de novas tecnoloxías, sempre que en

consideración ao seu interese estratéxico, exista acordo específico do Consello de Dirección do Igape.

5.3.2. Para os proxectos previstos no artigo 5.1.3. serán subvencionables os proxectos realizados por Pemes de todas as actividades económicas agás o cultivo, extracción ou comercio por xunto de produtos agrícolas, gandeiros ou pesqueiros.

5.3.3. Para aquelas actividades que se atopen comprendidas dentro dos sectores regulados por normas específicas da Unión Europea sobre axudas estatais, as axudas previstas nesta base axustaranse en cada caso ás ditas normas específicas.

5.4. Conceptos subvencionables:

5.4.1. Nos proxectos de investimento tecnolóxico previstos nos puntos 5.1.1. e 5.1.2. para os efectos de cálculo da subvención a fondo perdido poderán ser subvencionables os conceptos seguintes:

a) Bens de equipo de carácter tecnolóxico: maquinaria de proceso, instalacións específicas necesarias para a súa implantación, elementos de transporte interior, medios de protección do ambiente e outros bens de equipo ligados ao proxecto. No sector do turismo poderán ser subvencionados os equipamentos en xeral. No sector do transporte quedan excluídos os investimentos para a adquisición de elementos de transporte exterior.

b) Adquisición de propiedade intelectual e industrial, incluíndo licenzas de fabricación e patentes. No caso de que a beneficiaria supere os límites de PEME, o importe da base subvencionable nestes conceptos non superará o 50% da base subvencionable total.

5.4.2. Nos proxectos de mellora da xestión previstos no punto 5.1.3. poderán ser subvencionados os seguintes custos:

a) Consultoría de proceso e asistencia técnica específica para a implantación do proxecto, cun límite de subvención por proxecto de 15.000 euros.

b) Activos materiais e inmateriais:

I. Software e aplicacións de xestión interna (paquetes estándar ou desenvolvementos específicos).

II. Hardware necesario para o manexo das aplicacións de xestión que se implanten (ordenadores ou servidores), cun límite de subvención por proxecto de 12.000 euros.

III. Instalación de redes informáticas internas á empresa e, de ser o caso, custos de aloxamento en remoto (hosting/housing) durante un ano das aplicacións implantadas.

5.4.3. Serán subvencionables os custos realizados e pagados dentro do prazo de vixencia establecido na resolución de concesión. No caso dos proxectos do punto 5.1.1. -proxectos de investimento tecnolóxico ou en equipamento en xeral no sector turístico-, o dito prazo iniciarase con posterioridade á recepción da notificación do Igape da elixibilidade do proxecto e non serán subvencionables os proxectos cuxa execución sexa iniciada previamente á con

firmación por escrito do Igape de que, suxeito ao resultado final derivado dunha verificación detallada, o proxecto cumpre as condicións de subvencionabilidade establecidas nesta base. No caso dos proxectos dos puntos 5.1.2. e 5.1.3., o prazo de vixencia iniciarase coa presentación da solicitude de axuda. Para todos os casos, a finalización do prazo de vixencia será o establecido na resolución de concesión en atención ás características do proxecto para os efectos de cumprimento de todas as condicións que estableza a resolución de concesión da axuda.

5.4.4. Os bens obxecto do investimento deberá adquirilos o beneficiario en propiedade. No caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes tamén deberán pasar a ser de propiedade plena da empresa antes da finalización do prazo concedido para a execución do proxecto (prazo de vixencia), debendo constar no dito momento o vencemento e pagamento das cantidades aprazadas. O investimento terá que manterse no centro de traballo en Galicia durante os cinco anos seguintes á finalización do prazo de vixencia, que poderá reducirse a tres anos no caso de que a empresa beneficiaria teña a condición de PEME. O investimento subvencionado poderá ser substituído no caso de obsolescencia, sempre e cando a actividade económica da beneficiaria se manteña en Galicia durante o dito período. Todos os investimentos deberán realizarse en bens novos.

5.4.5. Para a determinación dos importes subvencionables, observaranse os criterios e módulos de custo máximo subvencionable que aprobe o Consello de Dirección do Igape para os distintos conceptos que, de ser o caso, prevalecerán sobre os seus prezos de adquisición.

5.5. Criterios de avaliación para a selección de proxectos:

5.5.1. Para os proxectos previstos no punto 5.1.1. anterior, ata un máximo de axuda do 25% sobre os investimentos subvencionables, teranse en conta na avaliación e puntuación para a selección de proxectos e na determinación da intensidade da axuda, os seguintes criterios:

a) A estrutura de emprego indefinido respecto a emprego total na data do último exercicio pechado (0-20 puntos).

b) O carácter dinamizador do proxecto para a economía da zona en que se implante (0-20 puntos).

c) O carácter innovador do proxecto e a incorporación de tecnoloxía avanzada (0-10 puntos).

d) O valor engadido medio da actividade empresarial (0-10 puntos).

e) A utilización de materias primas autóctonas (0-5 puntos).

f) A orientación da produción cara á exportación (0-10 puntos).

g) O interese ambiental do proxecto (0-5 puntos).

h) Proxectos de investimento en centros de desenvolvemento, investigación e ensaios ou laboratorios (0-20 puntos).

i) Proxectos propostos por empresas adscritas a algún dos clústers galegos legalmente constituídos (0-5 puntos).

j) Sectores de actividade prioritarios, segundo o establecido no anexo II (30 puntos).

k) A localización do proxecto (0-15 puntos).

5.5.2. Para os proxectos previstos no punto 5.1.2. anterior, ata un máximo de axuda do 40% sobre os gastos subvencionables, teranse en conta na avaliación e puntuación para a selección de proxectos e na determinación da intensidade da axuda, os criterios seguintes:

a) Sectores prioritarios relacionados no anexo II (10 puntos).

b) Empresa adscrita a un clúster galego legalmente constituído (5 puntos).

c) Estrutura de emprego existente na PEME (entre 0 e 10 puntos dependendo da relación traballadores indefinidos/total de traballadores no peche do último exercicio).

d) Localización do proxecto dentro de Galicia segundo os anexos III, IV e VI (0-15 puntos)

e) Grao de innovación:

I. A nivel de empresa:

1. Novos produtos (15 puntos).

2. Procesos non realizados previamente (10 puntos).

3. Mellora ou automatización de procesos preexistentes (5 puntos).

II. Orixe da innovación:

1. Galicia (15 puntos).

2. Resto de España (10 puntos).

3. Estranxeiro (5 puntos).

III. Carácter innovador e técnolóxico do proxecto no seu conxunto (0-30 puntos).

f) A existencia de sistemas de xestión ambiental certificados por entidade acreditada (5 puntos).

g) A existencia de sistemas de calidade certificados por entidade acreditada (5 puntos).

5.5.3. Para os proxectos previstos no punto 5.1.3. anterior, ata un máximo de axuda do 40% sobre os gastos subvencionables, teranse en conta na avaliación e puntuación para a selección de proxectos e na determinación da intensidade da axuda, os criterios seguintes:

a) Sectores prioritarios relacionados no anexo II (10 puntos).

b) Empresa adscrita a algún clúster galego legalmente constituído (10 puntos).

c) Estrutura de emprego existente na data do último exercicio pechado (0-10 puntos).

d) Integridade, novidade e obxectivo dos proxectos (0-30 puntos).

e) Tipo de ferramentas que se implantarán (0-30 puntos).

I. Estándar adaptada (15 puntos).

II. Desenvolvemento específico (5 puntos).

III. Orixe das ferramentas informáticas:

Galicia (15 puntos).

Resto de España (10 puntos).

Estranxeiro (5 puntos).

f) A existencia de sistemas de xestión ambiental certificados por entidade acreditada (5 puntos).

g) A existencia de sistemas de calidade certificados por entidade acreditada (5 puntos).

5.6. Limitacións: para calquera das medidas previstas no presente artigo 5º, un solicitante só poderá presentar unha solicitude por convocatoria. Para estes efectos considerarase como un único solicitante as empresas pertencentes a un mesmo grupo empresarial ou vinculadas entre si.

5.7. Coas especificidades sinaladas neste artigo, a tramitación seguirá o establecido no capítulo I das bases reguladoras dos procedementos de tramitación das liñas de axuda do Igape.

5.8. A subvención ao abeiro deste artigo para un determinado proxecto será incompatible con calquera outra subvención a fondo perdido establecida nas bases reguladoras de axudas e subvencións do Igape. Será compatible con programas de axuda financeira como pode ser, entre outros, a subsidiación ao tipo de xuro e con calquera outro tipo de subvención ou axuda concedida por outros organismos públicos ou privados, sempre e cando o seu cómputo non exceda, para os proxectos do punto 5.1.1., os límites permitidos para Galicia no Regulamento (CE) 1628/2006, do 24 de outubro de 2006 (DOUE L302/29, do 1 de novembro de 2006), relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas rexionais ao investimento, e non exceda para os proxectos dos puntos 5.1.2. e 5.1.3. os límites establecidos no Regulamento (CE) 70/2001 da Comisión do 12 de xaneiro de 2001 relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas estatais ás pequenas e medianas empresas (DOUE L10, 13 de xaneiro de

2001).

Artigo 6º.-Axudas a proxectos específicos de protección e mellora medioambiental.

6.1. Proxectos subvencionables: estas axudas concederanse ao abeiro do Regulamento (CE) 1628/2006, do 24 de outubro de 2006 (DOUE L302/29, do 1 de novembro de 2006), relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas rexionais ao investimento e poderán dirixirse a:

a) Proxectos de eliminación, valorización ou reciclaxe de residuos.

b) Proxectos de fabricación de equipamento para instalacións de xestión e tratamento de residuos, redución ou eliminación da contaminación.

6.2. Requisitos específicos dos beneficiarios: sociedades empresariais cuxo obxecto social contemple como actividade principal a realización dalgunha das actividades recollidas no artigo anterior 6.1, que cumpran, ademais do previsto no artigo 3 desta base, os seguintes requisitos:

a) Presentar un proxecto no que o investimento subvencionable, segundo o establecido no artigo 5.2.1. ascenda como mínimo aos 600.000 euros que sexa considerado viable técnica, económica e financeiramente; esixiráselle os requisitos previstos nese punto.

b) Se o proxecto é para a creación dun novo centro empresarial en Galicia, ou para a ampliación dun xa existente cun investimento superior a 3.000.000 euros, segundo o establecido no artigo 4.2.1., esixiráselle os requisitos previstos nese punto.

6.3. Actividades subvencionables:

Serán subvencionables as actividades específicas definidas pola tipoloxía de proxectos subvencionados, especificados no artigo 6.1.

6.4. Conceptos subvencionables.

6.4.1. Se o proxecto presenta un investimento subvencionable superior aos 600.000 euros e inferior a 3.000.000 euros nos conceptos e coas condicións establecidas no artigo 5.4.1., serán subvencionables os investimentos previstos neste citado artigo. Será de aplicación, así mesmo, o establecido nos puntos 5.4.4., 5.4.5., 5.6. e 5.8.

6.4.2. Se o proxecto prevé a creación dunha nova localización empresarial cun investimento superior a 600.000 euros ou ampliación cun investimento superior a 3.000.000 euros en Galicia e coas condicións establecidas no artigo 4.4.1., serán subvencionables os investimentos previstos neste citado artigo. Será de aplicación, así mesmo, o establecido nos puntos 4.4.2. a 4.4.8. inclusive, 4.7., 4.8. e 4.9.

6.5. Criterios de avaliación e selección de proxectos.

Con carácter xeral, cunha axuda mínima dun 15% sobre a base subvencionable e ata un máximo do 30% dos gastos subvencionables, teranse en conta na avaliación, puntuación e selección de proxectos e na determinación da intensidade da axuda, os seguintes criterios:

a) Tipo de proxecto (5-15 puntos).

a.1) Proxectos de reciclaxe. (15 puntos).

a.2) Proxectos de valorización de residuos (10-15 puntos).

a.3) Proxectos de eliminación de residuos (5-10 puntos).

b) O interese ambiental do proxecto (0-20 puntos).

c) A creación de emprego (0-15 puntos).

d) O carácter dinamizador do proxecto para a economía da zona en que se implante (0-15 puntos).

e) O carácter innovador do proxecto e a incorporación de tecnoloxía avanzada (0-10 puntos).

f) O valor engadido que xere (0-10 puntos).

g) A localización do proxecto (0-15 puntos).

6.6. Coas especificidades sinaladas neste artigo, para os proxectos incardinados na letra a) do punto 2 a tramitación seguirá o establecido no capítulo I das bases reguladoras dos procedementos de tramitación das liñas de axuda do Igape e os proxectos incardinados na letra b) do punto 2 a tramitación seguirá o establecido no seu capítulo II.

6.7. A subvención ao abeiro deste artigo para un determinado proxecto será incompatible con calquera outra subvención a fondo perdido establecida nas bases reguladoras de axudas e subvencións do Igape e con programas de axuda financeira como pode ser, entre outros, a subsidiación ao tipo de xuro. Será compatible con calquera outro tipo de subvención ou axuda concedida por outros organismos públicos ou privados, sempre e cando o seu cómputo non exceda os límites permitidos para Galicia no Regulamento (CE) 1628/2006, do 24 de outubro de 2006 (DOUE L302/29, do 1 de novembro de 2006), relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas rexionais ao investimento.

Artigo 7º.-Proxectos de creación de empresas promovidas por novos emprendedores cun investimento en activos fixos subvencionables non superior a 600.000 euros.

7.1. Proxectos subvencionables: proxectos empresariais de novos emprendedores. Deben estar promovidos por persoas físicas que non teñan desenvolvido unha actividade empresarial nos últimos tres anos. Teñen, polo tanto, un risco de implantación superior ao habitual pola falta de experiencia empresarial dos promotores, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Presentar un investimento en activos fixos subvencionable superior a 50.000 euros e non superior a 600.000 euros que se realizará no prazo de vixencia que se estableza na resolución de concesión.

b) Ser considerado viable técnica, económica e financeiramente.

c) Que a actividade que se desenvolva sexa asignable a algunha das seguintes:

I. Extracción, procesamento, transformación ou produción de minerais, produtos enerxéticos ou os seus derivados.

II. Industria manufactureira.

III. Actividades de electrónica, biotecnoloxía, robótica, audiovisual, telemática, telecomunicación ou calquera outra de avanzada tecnoloxía.

IV. Actividades relacionadas cos novos xacigos de emprego referidos no anexo V.

V. Actividades de escasa implantación en Galicia.

d) Acadar unha puntuación mínima do 30% nos criterios de avaliación previstos no artigo 7.4.

e) Non ter iniciada a súa actividade económica con anterioridade á presentación da solicitude de axuda.

Esta axuda concederase ao abeiro do Regulamento (CE) 70/2001 da Comisión, do 12 de xaneiro de 2001 relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas estatais ás pequenas e medianas empresas (DOUE L10, do 13 de xaneiro de 2001).

7.2. Requisitos específicos dos beneficiarios: pequenas e medianas empresas segundo a definición da Comisión Europea, feita pública para efectos do Igape mediante Resolución do 27 de decembro de 2004 (Diario Oficial de Galicia nº 11, do 18 de xaneiro de 2005) que exerzan ou teñan intención de exercer a súa actividade económica en Galicia baixo calquera forma de persoa xurídica de obxecto empresarial e que, ademais cumpran os seguintes requisitos:

a) Que o seu capital, descontadas as posibles achegas de entidades de capital risco e investidores privados adscritos a unha rede asimilable ás coñecidas como redes de business-angels, se atope maioritariamente participado, directa ou indirectamente, por persoas físicas que non acometesen actividades empresariais nos tres anos anteriores á data de presentación da solicitude. Para estes efectos considérase que non se incumpre este requisito se a única actividade empresarial acometida no devandito período derívase da participación no capital da empresa que desenvolverá o proxecto para o cal se solicita a axuda, sempre que esta non iniciado a súa actividade. A participación no capital da empresa de persoas, físicas ou xurídicas, que se desenvolvesen actividades empresariais nos últimos tres anos non pode exceder conxuntamente un 20%.

b) Que polo menos unha das persoas físicas participante no capital (con participación significativa, superior ao 20%) e sen actividade empresarial nos tres últimos anos teña unha dedicación plena ao proxecto, non podendo desempeñar outra actividade por conta allea.

7.3. Conceptos subvencionables.

7.3.1. Para os efectos de cálculo da subvención a fondo perdido consideraranse integrados na base subvencionable os conceptos seguintes:

a) Investimentos realizados en:

I. Bens de equipo: maquinaria de proceso, utensilios, equipos informáticos, mobiliario, instalacións específicas para a actividade subvencionable, elementos de transporte interior, vehículos especiais de transporte exterior, medios de protección do medio ambiente e outros bens de equipo ligados ao proxecto. Nos sectores do transporte e loxístico

quedan excluídos os gastos destinados á adquisición de elementos de transporte (activos móbiles).

II. Outros investimentos en activos fixos mobiliarios.

III. Gastos de establecemento e investimentos en inmobilizado inmaterial: aplicacións informáticas, gastos de investigación e desenvolvemento; propiedade industrial e intelectual, podendo incluír licenzas de fabricación, patentes e o canon fixo de franquías no seu primeiro ano.

b) Aprovisionamentos necesarios para o inicio da actividade limitada ao 5% do importe subvencionado total. Esta axuda acollerase ao establecido no Regulamento (CE) nº 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006 relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis (DOUE L379/5, do 28 de decembro de 2006) e non poderá exceder os límites cuantitativos establecidos polo dito réxime de minimis.

c) Os gastos de aluguer en bens mobles e inmobles cando polas características do proxecto supoñan unha dificultade inicial para a súa maduración, quedando limitado en todo caso pola súa necesidade e ata un prazo máximo dun ano. Esta axuda acollerase ao establecido no Regulamento (CE) nº 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006 relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis (DOUE L379/5, do 28 de decembro de 2006) e non poderá exceder os límites cuantitativos establecidos polo dito réxime de minimis.

7.3.2. Con carácter xeral, a subvención non superará o 40% dos gastos subvencionables; tendo en conta ademais que a axuda resultante non poderá superar tampouco o 40% de subvención bruta calculada sobre os gastos comprendidos no punto a) anterior.

7.3.3. Serán subvencionables os custos realizados e pagados dentro do prazo de vixencia establecido na resolución de concesión, que se iniciará coa presentación da solicitude de axuda e finalizará na data establecida na resolución de concesión en atención ás características do proxecto para os efectos de cumprimento de todas as condicións da subvención.

7.3.4. Os bens obxecto do investimento deberán ser adquiridos polo beneficiario en propiedade. No caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes tamén deberán pasar a ser de propiedade plena da empresa antes da finalización do prazo concedido para a execución do proxecto (prazo de vixencia), debendo constar no dito momento o vencemento e pagamento das cantidades aprazadas. O investimento terá que manterse no centro de traballo en Galicia durante os tres anos seguintes á finalización do prazo de vixencia. O investimento subvencionado poderá ser substituído no caso de obsolescencia, sempre e cando a actividade económica da beneficiaria se manteña en Galicia durante o dito período. Todos os investimentos deberán realizarse en bens novos.

7.3.5. Para a determinación dos importes subvencionables, observaranse os criterios e módulos de custo máximo subvencionable que aprobe o Consello de Dirección do Igape para os distintos conceptos que, de ser o caso, prevalecerán sobre os seus prezos de adquisición.

7.3.6. Os investimentos e gastos previstos polo solicitante deberán ser especificados na solicitude, coa planificación anualizada destes. O Igape, para cada proxecto que resulte aprobado, establecerá na resolución individual correspondente os investimentos subvencionados ata o remate do prazo de vixencia.

7.4. Criterios de avaliación e selección de proxectos.

O expediente avaliarase tomando en conta os seguintes criterios para obter a puntuación que sirva de base para a selección de proxectos e de cálculo da intensidade de axuda:

a) A localización do proxecto (0-15 puntos).

b) O valor engadido medio xerado pola actividade económica en que o proxecto se vai encadrar (0-10 puntos).

c) O carácter dinamizador do proxecto para a economía da zona en que se implante (0-30 puntos).

d) O grao de innovación do proxecto (0-30 puntos).

e) O sector de actividade a que se dirixe o proxecto, sendo prioritarios os relacionados no anexo II (0-15 puntos).

7.5. Coas especificidades sinaladas neste artigo, a tramitación seguirá o establecido no capítulo I das bases reguladoras dos procedementos de tramitación das liñas de axuda do Igape.

7.6. A subvención ao abeiro deste artigo para un determinado proxecto será incompatible con calquera outra subvención a fondo perdido establecida nas bases reguladoras de axudas e subvencións do Igape. Será compatible con programas de axuda financeira como pode ser, entre outros, a subsidiación ao tipo de xuro e con calquera outro tipo de subvención ou axuda concedida por outros organismos públicos ou privados, sempre e cando o seu cómputo non exceda os límites permitidos para Galicia no Regulamento (CE) 70/2001 da Comisión, do 12 de xaneiro de 2001 relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas estatais ás pequenas e medianas empresas (DOUE L10, do 13 de xaneiro de 2001), ou nos casos establecidos no punto 7.3.1., os límites do Regulamento (CE) nº 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006 relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis (DOUE L379/5, do 28 de decembro de 2006).

Base reguladora para o fomento das iniciativas xeradoras de coñecemento nas Pemes galegas.

Esta base diríxese ao fomento das actuacións que lles permitan ás Pemes galegas a mellora da súa planificación empresarial e a reflexión cara a abordar

con maiores garantías de éxito a súa consolidación e crecemento.

Con carácter xeral, as axudas reguladas nesta base, segundo o indicado en cada punto, outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva ao abeiro do disposto no punto 8º do artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Nas convocatorias en concorrencia competitiva, a preparación de solicitudes será necesariamente telemática, como exemplo da implantación de sistemas e tecnoloxías innovadoras, en beneficio de ambas as partes. A súa presentación e a comunicación entre o solicitante e o Igape poderá ser así mesmo totalmente telemática ou ben mediante a presentación física da instancia de solicitude, segundo o previsto nas bases reguladoras dos procedementos de tramitación das liñas de axuda do Igape.

Artigo 1º.-Iniciativas obxecto de apoio.

1.1. Co obxectivo de incentivar diferentes esquemas de actuación e mellora empresarial, segundo a regulación establecida para cada caso nos artigos 4º, 5º, 6º, 7º e 8º, o Igape poderá conceder subvencións a fondo perdido a:

1.1.1. Segundo a regulación establecida no artigo 4º.

-Elaboración de plans e protocolos de sucesión na empresa familiar.

-Preparación de estudos e análises dirixidos á planificación da expansión das pequenas empresas.

-Elaboración de diagnósticos empresariais de innovación e competitividade ou da capacidade de internacionalización.

-Proxectos de estudo e implantación de medidas de responsabilidade social corporativa (RSC).

-Estudos de mercados internacionais.

1.1.2. Segundo a regulación establecida no artigo 5º.

-Proxectos de deseño ou redeseño de imaxe corporativa, presentación de empresas e produtos ou servizos.

1.1.3. Segundo a regulación establecida no artigo 6º.

-Presenza nun determinado evento expositivo internacional.

-Proxectos de cooperación, dirixidos á creación de alianzas interempresariais (consorcios ou outras) para a internacionalización das Pemes galegas.

1.1.4. Segundo o establecido no artigo 7º.

-Apoio á contratación de persoal cualificado, preseleccionado polo Igape segundo os obxectivos de especialización.

1.1.5. Segundo o establecido no artigo 8º.

-Proxectos tractores de empresas desenvolvedoras de software en código aberto.

1.2. As liñas de axuda reguladas nesta base incardínanse no ámbito do último parágrafo do punto 1º do artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, na redacción establecida pola Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo, constituíndo o contido destes artigos a súa normativa de aplicación.

1.3. Así mesmo, salvo nas especificidades que en cada caso se sinalen, as liñas de axuda recollidas nesta base incardínanse no Regulamento (CE) 70/2001 da Comisión, do 12 de xaneiro de 2001, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas estatais ás pequenas e medianas empresas (DOUE L10, do 13 de xaneiro de 2001).

1.4. Os proxectos que teñan cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ou do Fondo Social Europeo, están sometidos ás obrigas de información e difusión establecidas na regulamentación da UE, en particular os Regulamentos (CE) nº 1083/2006 do Consello, do 11 de xullo de 2006 (DOUE L210/25, do 31 de xullo), Regulamento (CE ) nº 1080/2006, do 5 de xullo do Parlamento Europeo e do Consello (DOUE L210/1, do 31 de xullo de 2007) e Regulamento 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006 (DOUE L371/1, do 27 de decembro).

1.5. A convocatoria das distintas liñas de axuda previstas nesta base será obxecto de publicidade mediante resolución no Diario Oficial de Galicia na cal se fixarán os créditos dispoñibles, prazo de presentación de solicitudes, documentación requirida e demais aspectos procedimentais ata o pagamento e peche do expediente.

Artigo 2º.-Tipo de axuda.

2.1. Poderán concederse subvencións a fondo perdido sobre determinados custos subvencionables, segundo os conceptos e sistemas de asignación definidos nos artigos correspondentes para cada tipo de iniciativa.

2.2. Para estes efectos, o establecemento dos distintos límites de intensidade porcentual de subvención, computarase en todo caso en termos de subvención bruta.

2.3. Serán subvencionables os gastos realizados e pagados conforme o establecido en cada artigo, dentro do prazo concedido para a execución dos proxectos. Este período denomínase prazo de vixencia para os efectos de cumprir todas as condicións que se establezan. Agás para o establecido no artigo 6.3.1.a) este prazo iniciarase coa presentación da solicitude de axuda e finalizará na data establecida na resolución de concesión en atención ás características do proxecto para os efectos de cumprimento de todas as condicións da subvención.

Artigo 3º.-Beneficiarios.

Con carácter xeral, poderán ser beneficiarios:

3.1. As pequenas e medianas empresas (Pemes) segundo definición da Comisión Europea feita públi

ca para efectos do Igape mediante Resolución do 27 de decembro de 2004 (Diario Oficial de Galicia nº 11, do 18 de xaneiro de 2005), que teñan radicado algún centro de actividade de carácter permanente na Comunidade Autónoma de Galicia e acometan proxectos subvencionables, que cumpran as seguintes condicións:

3.1.1. Desenvolver no centro radicado en Galicia algunha actividade empresarial non relacionada coa produción, transformación ou comercialización dos produtos que figuran no anexo I do Tratado constitutivo da UE. No caso de que a axuda fose outorgada en réxime de minimis, os beneficiarios non poderán dedicar a súa actividade empresarial:

a) Á produción primaria dos produtos agrícolas que figuran na lista do anexo I do Tratado constitutivo da UE.

b) Aos sectores da pesca e a acuicultura segundo se recolle no Regulamento (CE) nº 104/2000 do Consello.

c) Ao sector do carbón, se se define como empresa activa segundo o Regulamento (CE) nº 1407/2002.

d) Ao transporte de mercadorías por conta allea, se a axuda fose solicitada para a adquisición de vehículos de transporte de mercadorías por estrada.

3.1.2. Deberán achegar para o proxecto polo menos un 25% do seu importe, con recursos propios ou financiamento alleo, que non poderá ser obxecto de axuda ou subvención ningunha.

3.1.3. En todos os casos deberán estar ao corrente das súas obrigas coa Facenda Pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.

3.2. Para aquelas actividades que se atopen comprendidas dentro dos sectores regulados por normas específicas da Unión Europea sobre axudas estatais, as axudas previstas nestes artigos axustaranse en cada caso ás ditas normas específicas.

3.3. Excepcionalmente, para os proxectos previstos no artigo 4.1 e para os proxectos previstos no artigo 7º, poderán ser tamén beneficiarios as entidades sen fin de lucro definidas no artigo 7.2.

Artigo 4º.-Axudas a proxectos de diagnose, elaboración de estudos e implantación de medidas.

4.1. Proxectos subvencionables.

a) Elaboración de plans e protocolos de sucesión na empresa familiar (limitado a Pemes en que a maioría das participacións no capital estean en mans de membros dunha mesma familia).

b) Elaboración de estudos e análises dirixidos á planificación da expansión das pequenas empresas. Traballos dirixidos a establecer as pautas de acción para abordar nas pequenas empresas un avance cualitativo, tanto no negocio como no emprego.

c) Elaboración de diagnósticos empresariais de innovación e competitividade ou da capacidade de internacionalización. Diagnose da situación empresarial, rigorosa e profunda, establecendo as conclu

sións e as propostas de actuación para a mellora competitiva xeral da PEME ou ben limitado á capacidade da empresa para internacionalizar o seu mercado, e os procesos a seguir para logralo.

d) Proxectos de estudo e implantación de medidas de responsabilidade social corporativa (RSC).

e) Estudos de mercados internacionais: estudos de mercado dirixidos a unha área xeográfica concreta e definida, co obxecto de coñecer a viabilidade de estender o negocio á dita área, os procesos necesarios, lexislación, restricións, tramitación ou calquera condicionante existente para iniciar o exercicio da actividade empresarial da PEME galega nese mercado internacional.

4.2. Obrigas e límites.

4.2.1. A explotación dos dereitos sobre os estudos subvencionados polo Igape, deberán ser compartidos co instituto, naqueles contidos de análise xeral e non privativa da PEME beneficiaria, de xeito que, para solicitudes que teñan por obxecto un estudo análogo a outro preexistente, poida ser denegado o financiamento, cedendo o contido xeral do estudo preexistente ao solicitante.

4.2.2. Un solicitante poderá presentar como máximo un proxecto ao abeiro de cada unha das liñas anteriores, por convocatoria. Para estes efectos, considerarase como un mesmo solicitante as empresas pertencentes a un grupo empresarial.

4.2.3. As empresas beneficiarias das axudas previstas nos puntos anteriores deberán colaborar co Igape no seguimento do devir futuro da empresa en relación cos estudos realizados.

4.3. Conceptos subvencionables: gastos de consultoría externa (impostos excluídos).

4.4. Criterios de avaliación e selección de proxectos.

a) O sector de actividade da PEME, sendo prioritarias as actividades relacionadas no anexo II (0-20 puntos).

b) A localización do proxecto (0-15 puntos).

c) A dimensión da empresa, sendo prioritarios os proxectos propostos por pequenas empresas (0-25 puntos).

d) Os obxectivos empresariais, en relación co proxecto proposto (0-40 puntos).

4.5. Contía e límites de axuda: no caso de ser aprobados, os proxectos definidos no punto 4.1. contarán cunha subvención a fondo perdido do 50% dos gastos de consultoría orzados polo beneficiario na súa solicitude, co límite de 4.000 euros por proxecto.

4.6. Pagamento da subvención.

4.6.1. Unha vez finalizados totalmente os traballos de consultoría externa contratados polo beneficiario, a factura da consultora será sufragada polo beneficiario polo importe non cuberto pola subvención do Igape e a totalidade dos impostos corresponden

tes. Este pagamento deberá ser aboado polo beneficiario a través de entidades financeiras.

4.6.2. O beneficiario presentará no Igape a súa solicitude de cobramento, en que se designará a consultora como cesionaria da subvención, achegando unha copia do traballo realizado asinada pola consultora e polo beneficiario da axuda, a factura estendida ao beneficiario e o xustificante de pagamento do importe da factura non cuberto polo apoio concedido.

4.6.3. Unha vez comprobado polo Igape que o beneficiario está ao día nas súas obrigas fiscais e coa Seguridade Social e que non mantén débedas coa Xunta de Galicia, aboarán á consultora provedora do servizo, segundo os datos achegados polo beneficiario mediante certificación bancaria, o importe da subvención concedida.

4.7. Coas especificidades sinaladas neste artigo, a tramitación seguirá o establecido no capítulo I das bases reguladoras dos procedementos de tramitación das liñas de axuda do Igape.

4.8. A subvención ao abeiro deste artigo para un determinado proxecto será incompatible con calquera outra subvención a fondo perdido establecida nas bases reguladoras de axudas e subvencións do Igape. Será compatible con programas de axuda financeira como pode ser, entre outros, a subsidiación ao tipo de xuro e con calquera outro tipo de subvención ou axuda concedida por outros organismos públicos ou privados, sempre e cando o seu cómputo non exceda os límites permitidos para Galicia no Regulamento (CE) 70/2001 da Comisión, do 12 de xaneiro de 2001 relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas estatais ás pequenas e medianas empresas (DOUE L10, do 13 de xaneiro de 2001).

Artigo 5º.-Proxectos de deseño.

5.1. Proxectos subvencionables: proxectos de deseño gráfico para a creación ou redeseño de imaxe corporativa, deseño de envases e etiquetas e deseño dirixido á presentación de empresas e produtos ou servizos.

5.2. Obrigas e límites: un solicitante poderá presentar como máximo un proxecto ao abeiro da liña anterior, por convocatoria. Para estes efectos, considerarase como un mesmo solicitante as empresas pertencentes a un grupo empresarial.

5.3. Conceptos subvencionables: custos de contratación de empresas de deseño gráfico e outros custos asociados ao deseño (excluídos impostos).

5.4. Criterios de avaliación e selección de proxectos.

a) O sector de actividade da PEME, sendo prioritarias as actividades relacionadas no anexo II (0-20 puntos).

b) A localización do proxecto (0-15 puntos).

c) A dimensión da empresa, en relación co proxecto solicitado (0-25 puntos).

d) A situación da empresa, en relación co proxecto solicitado (0-40 puntos).

5.5. Contía e límites de axuda: no caso de ser aprobados, os proxectos definidos no punto 5.1. contarán cunha subvención a fondo perdido do 50% dos custos dos servizos de deseño orzados polo beneficiario na súa solicitude, co límite de 4.000 euros por proxecto.

5.6. Pagamento da subvención.

5.6.1. Unha vez finalizados totalmente os traballos de consultoría externa contratados polo beneficiario, a factura da consultora será sufragada polo beneficiario polo importe non cuberto pola subvención do Igape e a totalidade dos impostos correspondentes. Este pagamento deberá ser aboado polo beneficiario a través de entidades financeiras.

5.6.2. O beneficiario presentará no Igape a súa solicitude de cobramento, en que se designará a consultora como cesionaria da subvención, achegando unha copia do traballo realizado asinada pola consultora e polo beneficiario da axuda, a factura estendida ao beneficiario e o xustificante de pagamento do importe da factura non cuberto polo apoio concedido.

5.6.3. Unha vez comprobado polo Igape que o beneficiario está ao día nas súas obrigas fiscais e coa Seguridade Social e que non mantén débedas coa Xunta de Galicia, aboaralles ás empresas de servizos colaboradoras, segundo os datos achegados polo beneficiario mediante certificación bancaria, o importe da subvención concedida.

5.7. Coas especificidades sinaladas neste artigo, a tramitación seguirá o establecido no capítulo I das bases reguladoras dos procedementos de tramitación das liñas de axuda do Igape.

5.8. A subvención ao abeiro deste artigo para un determinado proxecto será incompatible con calquera outra subvención a fondo perdido establecida nas bases reguladoras de axudas e subvencións do Igape. Será compatible con programas de axuda financeira como pode ser, entre outros, a subsidiación ao tipo de xuro e con calquera outro tipo de subvención ou axuda concedida por outros organismos públicos ou privados, sempre e cando o seu cómputo non exceda os límites permitidos para Galicia no Regulamento (CE) 70/2001 da Comisión, do 12 de xaneiro de 2001 relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas estatais ás pequenas e medianas empresas (DOUE L10, 13 do 1 de xaneiro de 2001).

Artigo 6º.-Proxectos de presenza en eventos expositivos internacionais ou de cooperación para a internacionalización.

6.1. Proxectos subvencionables: esta axuda acollerase ao establecido no Regulamento (CE) nº 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006 relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis (DOUE L379/5, do 28 de decembro de 2006) e non poderá exceder os límites

cuantitativos e por actividade establecidos polo dito réxime de minimis.

6.1.1. Presenza nun determinado evento expositivo internacional directamente relacionado coa actividade empresarial do solicitante en Galicia, para a exposición ou promoción en exclusiva de produtos ou servizos de orixe galega, que se celebre fóra de Galicia e cumpra as seguintes condicións:

A) Tratarse dun evento incluído no calendario oficial de feiras comerciais internacionais publicado anualmente pola Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Economía e Facenda, ou homologadas pola Unión de Feiras Internacionais (UFI, www.ufinet.org ).

B) No caso doutros eventos:

a) Que non se realicen máis de dúas edicións do evento ao ano.

b) Que o histórico de celebracións anteriores sexa igual ou superior a tres edicións.

c) Que a presenza de expositores externos ao país de celebración sexa igual ou superior ao 10%, ou con visitantes estranxeiros que representen polo menos un 4% do total de visitantes.

6.1.1.1. As condicións anteriores deberán acreditarse no momento da xustificación do proxecto, mediante certificación expedida pola organización responsable do evento.

6.1.1.2. Non se subvencionarán eventos cuxa participación estea apoiada polo ICEX ou polo Plan de Fomento das Exportacións Galegas (Foexga).

6.1.2. Proxectos de cooperación, dirixidos á creación de alianzas interempresariais (consorcios ou outras) para a internacionalización das Pemes galegas. O proxecto poderá ser proposto para a cooperación entre varias empresas galegas ou entre unha ou varias empresas galegas con unha ou varias estranxeiras, cun obxectivo identificado que, aproveitando sinerxías, reciprocidades ou complementariedades, lles permita competir no mercado internacional. Poderá incluírse a busca de socios, estudos de viabilidade dos acordos e estudo de alternativas xurídicas para a súa formalización e legalización.

6.2. Beneficiarios: para os proxectos de presenza en eventos expositivos previstos no anterior artigo 6.1.1., ademais das Pemes individualmente, poderán ser beneficiarios os consorcios de exportación con personalidade xurídica propia e base asociativa e os organismos intermedios (entidades sen fin de lucro e con personalidade xurídica propia) de carácter empresarial que representen a un colectivo de Pemes galegas no evento.

6.3. Conceptos subvencionables (excluídos impostos).

6.3.1. Proxectos de presenza en eventos expositivos.

a) Gastos de aluguer de espazo expositivo (podendo incluír servizos básicos directamente vinculados ao aluguer e facturados pola organización. Os custos

de reserva de espazo expositivo poderán ser anteriores á data de solicitude da axuda).

b) Gastos de traslado de materiais (ida e volta).

c) Gastos de aluguer de mobiliario e equipamentos audiovisuais.

d) Gastos de servizos de interpretación no evento e gastos de tradución de folletos.

e) Se o evento se celebra no estranxeiro, serán subvencionables os gastos de viaxe e aloxamento dunha persoa por beneficiario.

f) Asistencia técnica para a preparación de axenda de encontros e entrevistas.

g) Gastos de deseño e construción de posto.

6.3.2. Proxectos de cooperación para a internacionalización.

a) Consultoría externa (técnica, económica ou xurídica).

b) Gastos notariais e rexistrais necesarios no caso de formalización de acordos, na parte proporcional ás Pemes beneficiarias, respecto do total de empresas participantes nos acordos de cooperación.

c) Cando o acordo inclúa a participación de empresas estranxeiras e sempre que exista un traballo ou estudo previo sobre o proxecto de cooperación sen terse acadado e asinado o acordo, poderán ser subvencionables as viaxes en avión e aloxamento de persoal da PEME beneficiaria e,se é o caso, das empresas estranxeiras a Galicia.

6.4. Límites do proxecto e subvencións:

6.4.1. Proxectos de presenza en eventos expositivos:

a) Para os proxectos aprobados, en todos os conceptos previstos, a subvención acadará o 50% sobre o custo subvencionado, agás os límites de contía establecidos nos seguintes puntos.

b) Para o conxunto de gastos previstos nas alíneas (a), (b) e (c) do artigo 6.3.1. a subvención concedida non superará os 6.000 euros en eventos que se celebren en Europa ou os 9.000 euros en eventos alén de Europa.

c) Para os gastos previstos na alínea (d) do artigo 6.3.1. a subvención concedida non superará os 1.500 euros.

d) Para os gastos previstos na alínea (e) do artigo 6.3.1. a subvención concedida non superará os 1.500 euros.

e) Para os gastos previstos na alínea (f) do artigo 6.3.1. a subvención concedida non superará os 1.500 euros.

f) Para os gastos previstos na alínea (g) do artigo 6.3.1. a subvención concedida non superará os 6.000 euros.

g) Os beneficiarios específicos citados no artigo 6.2. poderán promover a participación agrupada de empresas asociadas aplicándose neste caso as por

centaxes e límites e subvención anteriores e primándose cunha subvención adicional de 3.000 euros por empresa participante ata un límite máximo de 36.000 euros, admitíndose como subvencionable neste caso se o evento se celebra no estranxeiro os gastos de viaxe e aloxamento dunha persoa por beneficiario e unha persoa por cada unha das empresas participantes no evento e sufragados polo beneficiario da subvención. A participación estimada de empresas deberá constar no cuestionario previo de solicitude e a participación definitiva deberá acreditarse na fase de liquidación mediante certificación da asociación. Por participación das empresas enténdese participación efectiva con presenza de persoal representando a cada empresa participante.

6.4.2. Proxectos de cooperación para a internacionalización:

a) Para os proxectos aprobados, en todos os conceptos previstos, a subvención acadará o 50% sobre o custo subvencionado, agás os límites de contía establecidos nos seguintes puntos.

b) Para os gastos previstos na alínea (a) do artigo 6.3.2. a subvención concedida non superará os 9.000 euros.

c) O límite de viaxes subvencionadas por cada PEME beneficiaria será de 3. Para os custos previstos na alínea (c) do artigo 6.3.2. a subvención concedida por cada viaxe apoiada non superará os 1.500 euros.

6.5. Criterios de avaliación e selección de proxectos.

a) O sector de actividade da PEME, sendo prioritarias as actividades relacionadas no anexo II (0-15 puntos).

b) A localización do enderezo social da PEME dentro de Galicia (0-20 puntos).

c) A dimensión da empresa, sendo prioritarios os proxectos presentados por pequenas empresas (0-25 puntos).

d) Os obxectivos de futuro da empresa, en relación coa iniciativa proposta (0-40 puntos).

6.6. Coas especificidades sinaladas neste artigo, a tramitación seguirá o establecido no capítulo I das bases reguladoras dos procedementos de tramitación das liñas de axuda do Igape.

6.7. A subvención ao abeiro deste artigo para un determinado proxecto será incompatible con calquera outra subvención a fondo perdido establecida nas bases reguladoras de axudas e subvencións do Igape. Será compatible con programas de axuda financeira como pode ser, entre outros, a subsidiación ao tipo de xuro e con calquera outro tipo de subvención ou axuda concedida por outros organismos públicos ou privados, sempre e cando o seu cómputo non exceda os límites establecidos no Regulamento (CE) nº 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006 relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis (DOUE L379/5, do 28 de decembro de 2006).

Artigo 7º.-Contratación de persoal cualificado.

7.1. Proxectos subvencionables: esta axuda acollerase ao establecido no Regulamento (CE) nº 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006 relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis (DOUE L379/5, do 28 de decembro de 2006) e non poderá exceder os límites cuantitativos e por actividade establecidos polo dito réxime de minimis.

7.1.1. Proxectos de contratación de persoal cualificado nalgunha disciplina específica, que lle permita á PEME abordar con maiores garantías a parte da súa estratexia de futuro vinculada a esa cualificación.

7.1.2. Con carácter previo a calquera convocatoria destes proxectos de contratación de persoal cualificado, o Igape levará a cabo un proceso público de selección obxectiva e concorrencia para a elaboración dunha ou varias bases de datos de persoal cualificado nas áreas de coñecemento que determine (internacionalización, innovación, xerencia de empresa familiar...), sendo a elaboración de cada lista a condición necesaria para que poida ser obxecto de convocatoria a contratación do perfil de cualificación correspondente.

7.1.3. Unha vez que se elabore e publique unha determinada base de datos, o Igape poderá convocar a solicitude de axuda á contratación do persoal incluído na base de datos pola PEME; a convocatoria definirá, ademais dos prazos de solicitude e orzamentos, a área de coñecemento a que responde a convocatoria e a base de datos, así como o espazo público onde se atopa esta; xunto con calquera outro aspecto necesario sobre o proceso.

7.2. Beneficiarios: para este tipo de proxectos, ademais das Pemes previstas no artigo 3º, poderán ser beneficiarias das axudas as entidades sen fin de lucro de carácter eminentemente empresarial e enderezo social en Galicia, que amosen e xustifiquen a conveniencia de incorporación de persoal especializado na área de coñecemento de que se trate.

7.3. Conceptos subvencionables. Co límite do 50%, serán subvencionables os custos salariais brutos de contratación por un período máximo dun ano dunha persoa incluída na base de datos correspondente preparada polo Igape. A subvención máxima por contratación establécese en 15.000 euros/ano.

7.4. Criterios de avaliación e selección de propostas.

a) O sector de actividade da entidade solicitante, sendo prioritarias as actividades relacionadas no anexo II (0-15 puntos).

b) A localización do enderezo social da entidade dentro de Galicia (0-20 puntos).

c) A dimensión da entidade, sendo prioritarios os proxectos presentados por medianas empresas e entidades de representatividade sectorial elevada (0-25 puntos).

d) Os obxectivos da entidade solicitante, en relación coa contratación proposta (0-40 puntos).

7.5. Coas especificidades sinaladas neste artigo, a tramitación seguirá o establecido no capítulo I das bases reguladoras dos procedementos de tramitación das liñas de axuda do Igape.

7.6. A subvención ao abeiro deste artigo para un determinado proxecto será incompatible con calquera outra subvención a fondo perdido establecida nas bases reguladoras de axudas e subvencións do Igape. Será compatible con programas de axuda financeira como pode ser, entre outros, a subsidiación ao tipo de xuro e con calquera outro tipo de subvención ou axuda concedida por outros organismos públicos ou privados, sempre e cando o seu cómputo non exceda os límites establecidos no Regulamento (CE) nº 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006 relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de mínimis (DOUE L379/5, do 28 de decembro de 2006).

Artigo 8º.-Proxectos tractores de empresas desenvolvedoras de software en código aberto.

8.1. Proxectos subvencionables: proxectos propostos por empresas de desenvolvemento de software ou solucións software encastradas, en código aberto (open source) dirixidos á parametrización final de aplicacións de xestión e á introdución e testaxe do mercado. Esta axuda concederase ao abeiro do Regulamento (CE) nº 364/2004 da Comisión, do 25 de febreiro de 2004 (DOUE L63, do 28 de febreiro de 2004), polo que se modifica o Regulamento (CE) 70/2001 con vistas a ampliar o seu alcance ás axudas de investigación e desenvolvemento.

8.1.1. Entenderase como software en código aberto o que se ofreza con algunha das licenzas deste tipo máis difundidas, tales como GPL (licenza pública xeral GNU), LGPL (licenza pública xeral menor GNU), MPL (licenza pública Mozilla) e BSD (licenza pública BSD).

8.1.2. Os proxectos deberán especificar o tipo de aplicativo que se parametrizará e o seu obxecto de xestión nas empresas que o implanten, na procura de valorizar as expectativas de mellora da súa produtividade sen penalización do emprego existente e tendan a favorecer a capacidade innovadora da PEME. Deberán contar coa participación inicial de polo menos 5 Pemes galegas determinadas, que permitan o ensaio e adaptación do aplicativo, coa vantaxe de seren usufrutuarios da solución adaptada. Unha vez acadado o obxectivo de ensaio, adaptación final en polo menos esas 5 Pemes, o proxecto establecerá un compromiso de cesión e adaptación gratuíta en polo menos 10 Pemes galegas máis.

8.1.3. Ao remate do proxecto deberán quedar identificadas todas as Pemes beneficiadas pola implantación gratuíta do aplicativo mediante a cobertura dun formulario definido para tal fin, asinado por cada un dos representantes das Pemes.

8.1.4. No momento da xustificación, a empresa promotora do proxecto deberá ter posto en marcha un

espazo web do proxecto (apoiándose en ferramentas existentes, preferiblemente en http://www.mancomun.org) no que se difunda sen ningunha limitación de acceso o software desenvolvido, e exista a documentación suficiente para a súa utilización por parte doutras empresas e particulares, de acordo cos termos da licenza pública elixida.

8.2. Beneficiarios: para este tipo de proxectos, as Pemes previstas no artigo 3º, deberán ser empresas desenvolvedoras de software, que propoñan a realización en Galicia dun proxecto de desenvolvemento final de aplicativos informáticos de xestión e implantación en Pemes galegas.

8.3. Conceptos subvencionables.

8.3.1. Os custos subvencionables poderán consistir en:

a) Investimentos en equipamento e instrumental de carácter tecnolóxico necesario para o proxecto de desenvolvemento final do aplicativo.

b) Gastos de adquisición de material funxible ou compoñentes necesarias para o proxecto.

c) Custos de colaboradores externos cando sexan prestados por centros ou institucións tecnolóxicas, ata o límite de 10.000 euros por proxecto.

d) Salario bruto do persoal da empresa dedicado ao desenvolvemento do proxecto, durante o período de execución e na proporción da súa dedicación porcentual.

8.3.2. Serán subvencionables os custos realizados e pagados dentro do prazo de vixencia establecido na resolución de concesión que se iniciará coa presentación da solicitude de axuda. Para todos os casos, a finalización do prazo de vixencia será o establecido na resolución de concesión en atención ás características do proxecto para os efectos de cumprimento de todas as condicións que estableza a resolución de concesión da axuda.

8.3.3. Os bens obxecto do investimento deberán ser adquiridos polo beneficiario en propiedade. No caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes tamén deberán pasar a ser de propiedade plena da empresa antes da finalización do prazo concedido para a execución do proxecto (prazo de vixencia), debendo constar no dito momento o vencemento e pagamento das cantidades aprazadas. O investimento terá que manterse no centro de traballo en Galicia durante os cinco anos seguintes á finalización do prazo de vixencia. O investimento subvencionado poderá ser substituído no caso de obsolescencia, sempre e cando a actividade económica da beneficiaria se manteña en Galicia durante o dito período. Todos os investimentos deberán realizarse en bens novos.

8.3.4. Para a determinación dos importes subvencionables, observaranse os criterios e módulos de custo máximo subvencionable que aprobe o Consello de Dirección do Igape para os distintos conceptos que, se é o caso, prevalecerán sobre os seus prezos de adquisición.

8.4. Criterios de avaliación e selección de proxectos.

O expediente avaliarase cos seguintes criterios, seleccionando aqueles que obteñan maior puntuación ata o límite do orzamento asignado:

1. Empresa desenvolvedora de software adscrita a un clúster galego legalmente constituído. (10 puntos)

2. Localización do proxecto dentro de Galicia. (ata 15 puntos en áreas de especial interese, como as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal)

3. Número de Pemes en que se implantará gratuitamente o aplicativo (0-20 puntos).

4. Custo total alegado (0-10 puntos).

5. Obxectivo do aplicativo de xestión e perspectivas de incremento da produtividade nas Pemes que o implanten. (0-45 puntos)

8.5. Límites de axuda. O límite máximo de axuda non superará a porcentaxe do 50% calculada sobre a base subvencionable aprobada. A subvención máxima por proxecto aprobado será de 150.000 euros.

8.6. Coas especificidades sinaladas neste artigo, a tramitación seguirá o establecido no capítulo I das bases reguladoras dos procedementos de tramitación das liñas de axuda do Igape.

8.7. A subvención ao abeiro deste artigo para un determinado proxecto será incompatible con calquera outra subvención a fondo perdido establecida nas bases reguladoras de axudas e subvencións do Igape. Será compatible con programas de axuda financeira como pode ser, entre outros, a subsidiación ao tipo de xuro e con calquera outro tipo de subvención ou axuda concedida por outros organismos públicos ou privados, sempre e cando o seu cómputo non exceda os límites establecidos no Regulamento (CE) nº 364/2004 da Comisión, do 25 de febreiro de 2004 (DOUE L63, do 28 de febreiro), polo que se modifica o Regulamento (CE) 70/2001 con vistas a ampliar o seu alcance ás axudas de investigación e desenvolvemento.

Base reguladora de apoios a proxectos colaborativos de carácter empresarial.

Con carácter xeral, as axudas reguladas nesta base, segundo o indicado en cada punto, outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva ao abeiro do disposto no punto 8º do artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Nas convocatorias en concorrencia competitiva, a preparación de solicitudes será necesariamente telemática, como exemplo da implantación de sistemas e tecnoloxías innovadoras, en beneficio de ambas as partes. A súa presentación e a comunicación entre o solicitante e o Igape poderá ser así mesmo totalmente telemática ou ben mediante a presentación física da instancia de solicitude, segundo o previsto nas bases reguladoras dos procedementos de tramitación das liñas de axuda do Igape.

Artigo 1º.-Iniciativas obxecto de apoio.

Co obxectivo de incentivar diferentes esquemas de actuación e mellora empresarial, segundo a regulación establecida para cada caso nos artigos 4º, 5º, 6º, 7º, 8º e 9º, o Igape poderá conceder subvencións a fondo perdido a:

1.1. Segundo a regulación establecida no artigo 4º:

a) Iniciativas de difusión da cultura emprendedora mediante xornadas, seminarios, congresos, foros ou calquera outro instrumento de carácter aglutinador e sensibilizador.

b) Iniciativas de difusión da cultura da innovación e a internacionalización nas Pemes mediante a organización de xornadas técnicas, seminarios, congresos, foros ou calquera outro instrumento de carácter aglutinador e sensibilizador.

c) Iniciativas de difusión de ferramentas útiles para o coñecemento e análise de mercados e a política de marca.

1.2. Segundo a regulación establecida no artigo 5º: proxectos de creación de servizos mancomunados promovidos e dependentes do organismo intermedio para o servizo das Pemes, nos eidos do control ou ensaio de produto, loxística compartida.

1.3. Segundo a regulación establecida no artigo 6º:

a) Proxectos de benchmarking empresarial.

b) Proxectos de identificación e importación de boas prácticas na internacionalización.

c) Proxectos dirixidos á cobertura de déficits (gaps) sectoriais ou horizontais en materias de xestión, unha vez identificados e xustificada a existencia dos ditos déficits.

d) Programas de especialización profesional.

e) Proxectos tutelados de intercambio de experiencia para a xeración de proxectos de innovación cooperativos.

1.4. Segundo a regulación establecida no artigo 7º, para agrupacións empresariais innovadoras (AEI):

a) A elaboración de plans estratéxicos, de innovación e competitividade, ou de internacionalización, cooperativos (en diante: plans cooperativos).

b) A coordinación público-privada de plans cooperativos preexistentes, consistindo a dita coordinación no aliñamento dos intereses privados e públicos e no establecemento das necesidades de gobernanza e financiamento.

c) A posta en marcha e implantación de plans cooperativos previamente consensuados.

d) A preparación de proxectos de innovación para concorrer a convocatorias públicas estatais ou europeas.

1.5. Segundo a regulación establecida no artigo 8º:

a) Misións empresariais internacionais directas a países onde o Igape teña establecido algún centro de promoción de negocios (CPN).

b) Misións comerciais internacionais inversas de calquera país estranxeiro a Galicia.

1.6. Segundo a regulación establecida no artigo 9º: creación de rede e vinculación estable Igape-estruturas do territorio:

a) Igape-tecido asociativo.

b) Igape-organismos de apoio aos emprendedores (viveiros, incubadoras empresariais, redes de business angels e PAIT).

1.7. Os incentivos regulados nesta base incardínanse no ámbito do último parágrafo do punto 1º do artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, na redacción establecida pola Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo, constituíndo o contido destes artigos a súa normativa de aplicación.

1.8. Así mesmo, as liñas de axuda recollidas nesta base incardínanse nos regulamentos da Comisión da Unión Europea que para cada caso se establecen.

1.9. Os proxectos que teñan cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ou do Fondo Social Europeo, están sometidos ás obrigas de información e difusión establecidas na regulamentación da UE, en particular os Regulamentos (CE) nº 1083/2006 do Consello, do 11 de xullo de 2006 (DOUE L210/25, do 31 de xullo), Regulamento (CE ) nº 1080/2006, do 5 de xullo do Parlamento Europeo e do Consello (DOUE L210/1, do 31 de xullo de 2007) e Regulamento 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006 (DOUE L371/1, do 27 de decembro).

1.10. A convocatoria das distintas liñas de axudas previstoa nesta base será obxecto de publicidade mediante resolución no Diario Oficial de Galicia en que se fixarán os créditos dispoñibles, prazo de presentación de solicitudes e documentación requirida e demais aspectos procedementais ata o pagamento e peche do expediente.

Artigo 2º.-Tipos de axuda.

2.1. Poderán concederse subvencións a fondo perdido sobre gastos subvencionables, segundo os conceptos enumerados nos artigos correspondentes para cada tipo de iniciativa.

2.2. Para estes efectos, o establecemento dos distintos límites de intensidade porcentual de subvención computarase en todo caso en termos de subvención bruta.

2.3. Serán subvencionables os gastos realizados e pagados conforme o establecido en cada artigo, dentro do prazo concedido para a execución dos proxectos. Este período denomínase prazo de vixencia para os efectos de cumprir todas as condicións que se establezan.

Artigo 3º.-Beneficiarios.

3.1. Coas salvidades ou limitacións establecidas para cada caso no artigo correspondente, poderán ser beneficiarias as entidades sen fin de lucro, con personalidade xurídica propia (organismos intermedios), que cumpran as seguintes condicións:

a) A súa actividade estea dirixida eminentemente ao mundo empresarial.

b) Estar domiciliadas en Galicia.

3.2. Deberán achegar ao proxecto polo menos un 25% do seu importe, con recursos propios ou financiamento alleo, que non poderá ser obxecto de axuda ou subvención ningunha.

3.3. En todos os casos deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda Pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.

3.4. Para aquelas actividades que se atopen comprendidas dentro dos sectores regulados por normas específicas da Unión Europea sobre axudas estatais, as axudas previstas nestes artigos axustaranse en cada caso ás ditas normas específicas.

Artigo 4º.-Axudas a iniciativas de difusión.

4.1. Proxectos subvencionables: será subvencionable a organización de eventos dirixidos á difusión de técnicas, metodoloxías, ferramentas ou boas prácticas nos eidos especificados no punto 1.1. As axudas establecidas neste artigo outorgaranse de conformidade co Regulamento (CE) nº 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006 relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis (DOUE L379/5, do 28 de decembro de 2006) e non poderán exceder os límites cuantitativos e por actividade establecidos polo dito réxime de minimis.

4.2. Conceptos subvencionables.

4.2.1. Aos efectos de cálculo da subvención a fondo perdido, cun límite de axuda do 70%, consideraranse conceptos subvencionables os seguintes:

a) Gastos de publicidade.

b) Elaboración de documentación e edición de ponencias ou publicacións.

c) Custos de contratación de relatores.

d) O IVE (cando o solicitante acredite a súa exención).

4.2.2. Segundo o alcance do evento, os límites de axuda serán os seguintes:

-Provincial ou inferior: 5.000 euros.

-Autonómico: 7.500 euros.

-Nacional: 10.000 euros.

-Internacional: 20.000 euros.

4.2.3. Os gastos subvencionables serán os realizados dentro do prazo de vixencia para os efectos de cumprir todas as condicións que estableza a resolución de concesión da axuda. Este prazo iniciarase na data de presentación da solicitude e rematará

na data que á vista das características do proxecto sexa establecida na resolución de concesión.

4.3. Criterios de avaliación e selección de proxectos:

Con carácter xeral cun mínimo dun 25% e ata un máximo do 70% dos gastos subvencionables, teranse en conta na avaliación e selección de proxectos e na determinación da intensidade da axuda, os seguintes criterios:

a) A participación de representantes de empresas privadas, institucións públicas e universidades no evento (0-20 puntos).

b) A singularidade da temática e as formulacións previstas (0-30 puntos).

c) O nivel contrastado dos relatores (0-30 puntos).

d) A previsión de difusión de iniciativas e programas do Igape relacionados coa temática do evento (0-20 puntos).

4.4. Especificidades de tramitación.

4.4.1. Para a solicitude de apoio a calquera das iniciativas recollidas neste artigo 4º, o evento deberá ter lugar durante o período cuberto pola convocatoria concreta a que concorra.

4.4.2. O organismo intermedio presentará a solicitude de axuda antes da celebración do evento e, unha vez rematada a súa execución, achegará a xustificación da realización do evento e os gastos incorridos nos conceptos especificados no artigo 4.2.1 anterior (facturas e xustificantes de pagamento). Estes xustificantes deberán ser remitidos ao Igape antes de que transcorra un mes, dende o día de peche da convocatoria correspondente.

4.4.3. No caso de resultar seleccionado o proxecto, a resolución de concesión irá acompañada da liquidación e pagamento correspondente á xustificación de gastos presentada.

4.5. Coas especificidades sinaladas neste artigo, a tramitación seguirá o establecido no capítulo I das bases reguladoras dos procedementos de tramitación das liñas de axuda do Igape.

4.6. A subvención ao abeiro deste artigo para un determinado proxecto será incompatible con calquera outra subvención a fondo perdido establecida nas bases reguladoras de axudas e subvencións do Igape. Será compatible con programas de axuda financeira como pode ser, entre outros, a subsidiación ao tipo de xuro e con calquera outro tipo de subvención ou axuda concedida por outros organismos públicos ou privados, sempre e cando o seu cómputo non exceda os límites establecidos no Regulamento (CE) nº 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006 relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis (DOUE L379/5 do 28 de decembro de 2006).

Artigo 5º.-Proxectos de servizos mancomunados.

5.1. Proxectos subvencionables: proxectos de creación de servizos mancomunados promovidos e

dependentes do organismo intermedio para o servizo das pequenas e medianas empresas, nos eidos do control ou ensaio de produto, loxística compartida, e similares. Esta axuda concederase ao abeiro do Regulamento (CE) 70/2001 da Comisión, do 12 de xaneiro de 2001 relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas estatais ás pequenas e medianas empresas (DOUE L 10, do 13 de xaneiro de 2001).

5.2. Requisitos específicos dos beneficiarios: ademais das condicións especificadas no artigo 3º, os organismos intermedios que opten a estas tipoloxías de proxecto deberán ter carácter sectorial.

5.3. Conceptos subvencionables e intensidades de axuda:

a) Investimentos en equipamento e instrumental (o 45% de intensidade de axuda sobre a base subvencionable).

b) Gastos de estudos de viabilidade e de proxecto construtivo (o 50% de intensidade de axuda sobre a base subvencionable, cun límite de 10.000 euros).

5.3.1. Os investimentos e gastos subvencionables serán os realizados dentro do prazo de vixencia para os efectos de cumprir todas as condicións que estableza a resolución de concesión da axuda. Este prazo iniciarase na data de presentación de solicitude e finalizará na data que á vista das características do proxecto sexa establecida na resolución de concesión.

5.3.2. Os bens obxecto do investimento deberán ser de primeiro uso empresarial e adquiridos polo beneficiario en propiedade. No caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes tamén deberán pasar a ser de propiedade plena da empresa antes da finalización do prazo concedido para a execución do proxecto (prazo de vixencia), debendo constar no dito momento o vencemento e pagamento das cantidades aprazadas. O investimento terá que manterse no centro de traballo en Galicia durante os cinco anos seguintes á finalización do prazo de vixencia. O investimento subvencionado poderá ser substituído no caso de obsolescencia, sempre e cando a actividade económica da beneficiaria se manteña en Galicia durante o dito período.

5.3.3. Para a determinación do importe do investimento subvencionable, observaranse os criterios e módulos de custo máximo subvencionable que aprobe o Consello de Dirección do Igape para os distintos conceptos que, se é o caso, prevalecerán sobre os seus prezos de adquisición.

5.4. Criterios de avaliación e selección de proxectos.

O expediente avaliarase cos seguintes criterios, seleccionando aqueles que obteñan maior puntuación ata o límite do orzamento asignado:

a) O sector de actividade, sendo prioritarios os sectores definidos no anexo II (0-20 puntos).

b) O valor do servizo en termos de cobertura de necesidades para quen se dirixe (0-20 puntos).

c) O número de asociados que representa o organismo solicitante (0-20 puntos).

d) A inexistencia previa do servizo que se vaia desenvolver, prestado a través de terceiros, en Galicia (0 -20 puntos).

5.5. Coas especificidades sinaladas neste artigo, a tramitación seguirá o establecido no capítulo I das bases reguladoras dos procedementos de tramitación das liñas de axuda do Igape.

5.6. A subvención ao abeiro deste artigo para un determinado proxecto será incompatible con calquera outra subvención a fondo perdido establecida nas bases reguladoras de axudas e subvencións do Igape. Será compatible con programas de axuda financeira como pode ser, entre outros, a subsidiación ao tipo de xuro e con calquera outro tipo de subvención ou axuda concedida por outros organismos públicos ou privados, sempre e cando o seu cómputo non exceda os límites establecidos no Regulamento (CE) 70/2001 da Comisión, do 12 de xaneiro de 2001 relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas estatais ás pequenas e medianas empresas (DOUE L10, do 13 de xaneiro de 2001).

Artigo 6º.-Proxectos de benchmarking, importación de boas prácticas en internacionalización ou cobertura de gaps identificados; proxectos de cualificación profesional e proxectos tutelados de intercambio de experiencia para a innovación.

6.1. Proxectos subvencionables: salvo no que respecta ao establecido no punto 6.2.1.2.b) as axudas comprendidas neste artigo concederanse ao abeiro do Regulamento (CE) 70/2001 da Comisión, do 12 de xaneiro de 2001 relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas estatais ás pequenas e medianas empresas (DOUE L10, 13 de xaneiro de 2001).

6.1.1. Proxectos de benchmarking empresarial en áreas concretas de innovación, tecnoloxía, xestión ou organización empresarial; proxectos de identificación de boas prácticas na internacionalización de empresas ou proxectos que, identificando e xustificando a existencia dunha carencia concreta (sectorial ou horizontal) propoñan a implantación da boa práctica definida ou identificada nun conxunto de 5 ou máis pequenas e medianas empresas galegas.

6.1.2. Proxectos de especialización profesional, eminentemente práctica mediante a inserción en empresas, de cara á consecución de perfís profesionais dos que se acredite a insuficiencia de oferta e de formación específica.

6.1.2.1. Nestes proxectos, o organismo intermedio solicitante deberá contar con polo menos cinco pequenas e medianas empresas con que concertar a contratación e formación do persoal que se vai cualificar, por un período máximo dun ano. Cada empresa participante poderá contratar un máximo de dúas persoas no período de vixencia.

6.1.2.2. Así mesmo, deberá prever o sistema de selección do persoal que se vai especializar, que deberá preservar os principios de publicidade, igualdade, mérito e concorrencia.

6.1.3. Proxectos tutelados de intercambio de experiencia para a xeración de proxectos de innovación cooperativos: proxectos que propoñan a participación dinamizada dun conxunto de pequenas e medianas empresas nun espazo físico ou virtual e, mediante unha metodoloxía definida para propiciar a intercomunicación; procuren o intercambio de experiencia, necesidades, know-how, etc. entre as Pemes participantes, co obxecto final de que xurdan entre varios dos participantes propostas de proxectos innovadores en cooperación susceptibles de presentación en convocatorias públicas.

6.2. Conceptos subvencionables:

6.2.1. Para os efectos de cálculo da subvención a fondo perdido, co límite xeral do 50% de axuda, consideraranse integrados na base subvencionable os conceptos seguintes:

6.2.1.1. Nos proxectos previstos no anterior artigo 6.1.1.

a)

a.1) Os custos de desprazamento aos centros onde se realiza a actividade obxecto de benchmarking dunha persoa polo organismo solicitante e dunha persoa por empresa participante, coa condición de que as ditas persoas teñan capacidade de decisión na PEME (directivos ou mandos intermedios).

a.2) Alternativamente, os custos asociados (relatorio, desprazamento e aloxamento) á presentación en Galicia por parte de representantes das empresas coas mellores prácticas identificadas.

b) Gastos de colaboradores externos para a implantación nas Pemes das boas prácticas, cun límite de axuda de 3.000 euros/PEME.

c) Gastos de persoal técnico do organismo intermedio dedicado ao proxecto en proporción á súa dedicación durante o período de vixencia.

d) Custos de colaboracións externas, no caso de que o proxecto prevexa a identificación previa das fontes das mellores prácticas cun límite de axuda de 6.000 euros.

6.2.1.2. Nos proxectos de especialización profesional previstos no artigo 6.1.2.

a) Os custos de selección de aspirantes e, se é caso, de formación teórica introdutoria, cunha duración non superior a 3 meses. A subvención limítase ao 50%, cunha subvención máxima para este conxunto de custos de 10.000 euros.

b) Co límite do 75% dos salarios brutos, os custos de contratación nas empresas participantes dos aspirantes seleccionados, por un período máximo dun ano por contratación. A subvención máxima por contrato será de 12.000 euros/ano. Esta axuda acollerase ao establecido no Regulamento (CE) nº 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006 relativo

á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis (DOUE L379/5, do 28 de decembro de 2006) e non poderá exceder os límites cuantitativos e por actividade establecidos polo dito réxime de minimis.

6.2.1.3. En proxectos de intercambio de experiencia previstos no artigo anterior 6.1.3.

a) Gastos de colaboradores externos para a tutela e dinamización da intercomunicación entre empresas e para a obtención de proxectos cooperativos de innovación, ata o 75% do seu custo, cun límite de subvención de 30.000 euros/proxecto.

b) Gastos de persoal técnico do organismo intermedio dedicado ao proxecto en proporción á súa dedicación durante o período de vixencia, podendo incluír entre as tarefas que se van realizar a detección e selección de Pemes participantes no proxecto, ata o 50% do seu custo.

6.2.1.4. Os gastos subvencionables serán os realizados dentro do prazo de vixencia para os efectos de cumprir todas as condicións que estableza a resolución de concesión da axuda. Este prazo iniciarase na data de presentación da solicitude e rematará na data que á vista das características do proxecto sexa establecida na resolución de concesión.

6.3. Criterios de avaliación, puntuación e selección de proxectos:

O expediente avaliarase cos seguintes criterios, seleccionando aqueles que obteñan maior puntuación ata o límite do orzamento asignado:

a) A singularidade, novidade e oportunidade do obxectivo do proxecto (0-40 puntos).

b) O número de Pemes (identificadas) que participen no proxecto e a adecuación deste número ao obxecto do proxecto (0-20 puntos).

c) A experiencia do organismo intermedio en coordinación e execución de proxectos dirixidos a Pemes (0-20 puntos).

d) O carácter sectorial do proxecto, sendo neste caso prioritarios os proxectos dirixidos a algún dos sectores que figuran no anexo II (0-20 puntos).

6.4. Coas especificidades sinaladas neste artigo, a tramitación seguirá o establecido no capítulo I das bases reguladoras dos procedementos de tramitación das liñas de axuda do Igape.

6.5. A subvención ao abeiro deste artigo para un determinado proxecto será incompatible con calquera outra subvención a fondo perdido establecida nas bases reguladoras de axudas e subvencións do Igape. Será compatible con programas de axuda financeira como pode ser, entre outros, a subsidiación ao tipo de xuro e con calquera outro tipo de subvención ou axuda concedida por outros organismos públicos ou privados, sempre e cando o seu cómputo non exceda os límites establecidos no Regulamento (CE) 70/2001 da Comisión, do 12 de xaneiro de 2001 relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas estatais ás pequenas e medianas

empresas (DOUE L10, do 13 de xaneiro de 2001), e para o caso dos gastos dos puntos 6.2.1.2.b) e 6.2.1.3.a) non exceda os límites establecidos no Regulamento (CE) nº 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006 relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis (DOUE L379/5, do 28 de decembro de 2006).

Artigo 7º.-Agrupacións empresariais innovadoras.

7.1. Proxectos subvencionables. Salvo para os casos previstos para agrupacións formadas por empresas que excedan os límites de pequena e mediana empresa, nos puntos 7.3.1. e 7.3.3., as axudas comprendidas neste artigo concederanse ao abeiro do Regulamento (CE) 70/2001 da Comisión, do 12 de xaneiro de 2001 relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas estatais ás pequenas e medianas empresas (DOUE L10, do 13 de xaneiro de 2001). Poderán ser subvencionados:

7.1.1. A elaboración de plans estratéxicos, de innovación e competitividade, ou de internacionalización, cooperativos (en adiante: plans cooperativos).

7.1.2. A coordinación público-privada de plans preexistentes, para o aliñamento dos intereses privados e públicos así como para establecer as necesidades de gobernanza e financiamento.

7.1.3. A preparación de proxectos de innovación para concorrer a convocatorias públicas estatais ou europeas.

7.1.4. A posta en marcha e implantación de plans cooperativos previamente consensuados. O Igape convocará esta submedida cando existan plans cooperativos aliñados.

7.2. Requisitos específicos dos beneficiarios:

a) Agrupacións empresariais galegas con personalidade xurídica propia e sen fin de lucro representativas de sectores de actividade industrial maduros que, pola súa relevancia tradicional no conxunto do tecido empresarial galego, precisen dunha atención específica cara á súa permanencia e progresión futura no mercado (pedra natural, cerámica, madeira e moble, moda, conservas de pescado, agroindustrial, maquinaria para fornecer algunha destas áreas de actividade). Agrupacións empresariais galegas con personalidade xurídica propia e sen fin de lucro representativas de sectores de actividade industrial de alto potencial (audiovisual, novas tecnoloxías, industria náutico-deportiva, industria auxiliar do naval, enerxías renovables, industria ambiental).

b) Grupos de empresas galegas especificamente xerados mediante acordos particulares, pertencentes a sectores de actividade emerxentes en Galicia que, polo reducido núcleo empresarial existente, carezan de agrupacións legalmente constituídas (aeronáutica, biotecnoloxía, biomecánica, biocombustibles, microelectrónica). Neste último caso, as empresas agrupadas por acordo explícito, deberán nomear un representante ante o Igape que será o titular do expediente administrativo correspondente, ata o momento en que creen unha entidade xurídica xestora, con

personalidade xurídica independente, que será a beneficiaria da axuda e cuxa efectiva constitución será condición necesaria previa ao pagamento da axuda concedida.

7.3. Tipos de apoio.

7.3.1. Para a elaboración de plans cooperativos:

I. Subvención do 50% sobre os custos de consultoría estratéxica, en función da avaliación de alcance e impacto estratéxico, e custo proxectado para a elaboración do plan. Para beneficiarios que superen os límites de pequena e mediana empresa, esta axuda acollerase ao establecido no Regulamento (CE) nº 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006 relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis (DOUE L379/5, do 28 de decembro de 2006) e non poderá exceder os límites cuantitativos e por actividade establecidos polo dito réxime de minimis.

II. Subvención á contratación de persoal de estrutura mínimo para a administración da agrupación no referente ao plan estratéxico. A subvención poderá acadar o 50% do salario bruto do persoal contratado cun límite dun ano e un custo máximo subvencionable (nunha ou varias persoas) de 24.000 euros. Esta axuda acollerase ao establecido no Regulamento (CE) nº 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006 relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de mínimis (DOUE L379/5, do 28 de decembro de 2006) e non poderá exceder os límites cuantitativos e por actividade establecidos polo dito réxime de minimis.

7.3.2. Para a coordinación público-privada e o aliñamento de plans cooperativos preexistentes, sen que se considere axuda, o Igape poderá prestar directamente os seus servizos, cos medios propios tanto materiais como humanos.

7.3.3. Para a preparación de proxectos de innovación para concorrer a convocatorias públicas estatais ou europeas: subvención de ata o 70% sobre os custos de consultoría externa, en función da avaliación de alcance, singularidade en termos de innovación e interese do proxecto a preparar. Para beneficiarios que superen os límites de pequena e mediana empresa, esta axuda acollerase ao establecido no Regulamento (CE) nº 1998/2006 da Comisión do, 15 de decembro de 2006 relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis (DOUE L379/5, do 28 de decembro de 2006) e non poderá exceder os límites cuantitativos e por actividade establecidos polo dito réxime de minimis.

7.3.4. Para a posta en marcha e implantación de plans cooperativos previamente consensuados: subvención sobre investimentos, colaboracións externas ou custo de persoal específico para o desenvolvemento do plan ata un límite de axuda do 50% para o conxunto de accións apoiadas en cada anualidade sen que a axuda ao investimento poida superar o 45%. No caso de que o beneficiario supere os límites de PEME, esta axuda acollerase ao establecido no Regulamento (CE) 1628/2006, do 24 de outubro de 2006 (DOUE L302/29, do 1 de novembro de 2006),

relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas rexionais ao investimento, establecéndose un límite de axuda do 30% dos investimentos apoiados en cada anualidade.

7.3.4.1. Serán subvencionables os custos realizados e pagados dentro do prazo de vixencia establecido na resolución de concesión. No caso de investimentos de beneficiarios que excedan o límite de PEME, o dito prazo iniciarase con posterioridade á recepción da notificación do Igape da elixibilidade do proxecto e non serán subvencionables os proxectos cuxa execución sexa iniciada previamente á confirmación por escrito do Igape de que, suxeito ao resultado final derivado dunha verificación detallada, o proxecto cumpre as condicións de subvencionabilidade establecidas nesta base. No caso de subvención a outros conceptos, o prazo de vixencia iniciarase coa presentación da solicitude de axuda. Para todos os casos, a finalización do prazo de vixencia será o establecido na resolución de concesión en atención ás características do proxecto para os efectos de cumprimento de todas as condicións que estableza a resolución de concesión da axuda. No caso de investimentos en obra civil, ademais,

serán subvencionables unicamente os realizados e pagados con posterioridade ao levantamento de acta notarial que reflicta o estado do proxecto.

7.3.4.2. Os bens obxecto do investimento deberán ser adquiridos polo beneficiario en propiedade. No caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes tamén deberán pasar a ser de propiedade plena da empresa antes da finalización do prazo concedido para a execución do proxecto (prazo de vixencia), debendo constar no dito momento o vencemento e pagamento das cantidades aprazadas. O investimento terá que manterse no centro de traballo en Galicia durante os cinco anos seguintes á finalización do prazo de vixencia. O investimento subvencionado poderá ser substituído no caso de obsolescencia, sempre e cando a actividade económica da beneficiaria se manteña en Galicia durante o dito período. Todos os investimentos deberán realizarse en bens novos.

7.3.4.3. Para a determinación dos importes subvencionables, observaranse os criterios e módulos de custo máximo subvencionable que aprobe o Consello de Dirección do Igape para os distintos conceptos que, se é o caso, prevalecerán sobre os seus prezos de adquisición.

7.4. Criterios de selección de propostas e de cuantificación da axuda para a concesión de subvencións. Para a selección de propostas, teranse en conta os seguintes aspectos que debe cumprir o conxunto empresarial representado pola agrupación solicitante:

7.4.1. Áreas de actividade maduras:

a) Que representen un ámbito de actividade industrial tradicional en Galicia.

b) Que o volume de vendas conxunto supere polo menos o 30% do total de vendas do sector de actividade no último exercicio pechado.

c) Que o número de empresas representadas supere polo menos o 10% do total de empresas produtoras do sector de actividade.

7.4.2. Áreas de actividade emerxentes ou de alto potencial (deberán acreditar polo menos dúas das seguintes características):

a) Que representen un ámbito de actividade industrial de moi escasa implantación en Galicia e que, polo tanto, o número de empresas en Galicia dedicadas á dita actividade industrial sexa inferior a 25 empresas.

b) Que o volume de vendas do grupo de empresas solicitante supere polo menos o 50% do total de vendas do sector de actividade en Galicia no último exercicio pechado.

c) Que o número de empresas agrupadas supere polo menos 1/3 do total de empresas produtoras en Galicia do sector de actividade representado.

7.5. O Consello de Dirección do Igape poderá eximir do cumprimento dalgún dos requisitos especificados no punto 7.4. anterior cando pola especial configuración do sector de actividade en Galicia, sexa especialmente difícil acadar o cumprimento das porcentaxes previstas, considerando porén que, o ámbito de actividade e o conxunto empresarial representado, cumpren cualitativamente, coas condicións de actividades maduras, emerxentes ou de alto potencial e son de representatividade salientable dentro do total da actividade en Galicia, sempre e cando existise crédito remanente unha vez atendidos os proxectos daqueles solicitantes que si cumprisen os ditos requisitos.

7.6. Coas especificidades sinaladas neste artigo, a tramitación seguirá o establecido no capítulo I das bases reguladoras dos procedementos de tramitación das liñas de axuda do Igape.

7.7. A subvención ao abeiro deste artigo para un determinado proxecto será incompatible con calquera outra subvención a fondo perdido establecida nas bases reguladoras de axudas e subvencións do Igape. Será compatible con programas de axuda financeira como pode ser, entre outros, a subsidiación ao tipo de xuro e con calquera outro tipo de subvención ou axuda concedida por outros organismos públicos ou privados, sempre e cando o seu cómputo non exceda os límites establecidos no Regulamento (CE) 70/2001 da Comisión, do 12 de xaneiro de 2001 relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas estatais ás pequenas e medianas empresas (DOUE L10, do 13 de xaneiro de 2001), e para o caso dos gastos dos puntos 7.3.1. e 7.3.3. relativo a empresas que superan límites de PEME, non exceda os límites establecidos no Regulamento (CE) nº 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006 relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis (DOUE L379/5, do 28 de

decembro de 2006) e para o caso dos gastos do punto 7.3.4 relativo a empresas que superan os límites de PEME, non exceda os límites establecidos no Regulamento (CE) 1628/2006 do 24 de outubro de 2006 (DOUE L302/29, do 1 de novembro

de 2006), relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas rexionais ao investimento.

Artigo 8º.-Misións empresariais.

8.1. Proxectos subvencionables: esta axuda acollerase ao establecido no Regulamento (CE) nº 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006 relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis (DOUE L379/5 do 28 de decembro de 2006) e non poderá exceder os límites cuantitativos e por actividade establecidos polo dito réxime de minimis:

8.1.1. Organización de misións directas cara a Alemaña, Poloña, A China, O Xapón e Os Estados Unidos.

8.1.2. Organización de misións inversas de calquera país estranxeiro a Galicia.

8.1.3. Condicións de subvencionabilidade:

a) Que nas misións directas participen 5 ou máis Pemes galegas.

b) Non se subvencionarán eventos cuxa participación estea xa apoiada polo ICEX ou polo Plan de Fomento das Exportacións Galegas (Foexga).

8.2. Conceptos subvencionables: para os efectos de cálculo da subvención a fondo perdido, cun límite de axuda do 70% sobre a base subvencionable, consideraranse conceptos subvencionables os seguintes:

8.2.1. Misións directas:

a) Gastos de viaxes e aloxamento: dun representante do beneficiario da axuda e dun representante de cada empresa participante na misión.

b) Gastos de consultoría externa especializada no mercado obxectivo.

c) Gastos de asistencia técnica para a elaboración de axenda de entrevistas.

d) Gastos de servizos de interpretación na misión e tradución de folletos.

e) Gastos de envío (ida e volta) de catálogos, produtos e outros materiais necesarios para o evento.

f) Gastos de aluguer do espazo para exposicións e/ou encontros empresariais.

8.2.2. Misións inversas:

a) Gastos de viaxe e aloxamento: dun representante de cada empresa estranxeira participante na misión.

b) Gastos de aluguer do espazo para exposicións e/ou encontros empresariais.

c) Gastos de servizos de interpretación.

8.2.3. Cada organismo intermedio poderá presentar un único proxecto por convocatoria.

8.2.4. Os gastos subvencionables serán os realizados dentro do prazo de vixencia para os efectos de cumprir todas as condicións que estableza a resolución de concesión da axuda. Este prazo iniciarase na data de presentación da solicitude e rematará na data que á vista das características do proxecto sexa establecida na resolución de concesión.

8.3. Criterios de avaliación e selección de proxectos:

a) O número de empresas privadas, institucións públicas e universidades que participen na misión (0-30 puntos.)

b) O sector de actividade empresarial obxecto da misión sendo prioritarios os especificados no anexo II (0-20 puntos).

c) O interese do país de orixe/destino da misión para Galicia (0-30 puntos).

d) A previsión de axendas e encontros especificados na proposta (0-20 puntos).

8.4. Límites de proxecto e subvención: subvención máxima de 3.000 euros por empresa para misións con orixe ou destino europeo e de 4.000 euros por empresa para misións con orixe ou destino fóra de Europa, ata un límite máximo total de 36.000 euros de axuda por proxecto.

8.5. Coas especificidades sinaladas neste artigo, a tramitación seguirá o establecido no capítulo I das bases reguladoras dos procedementos de tramitación das liñas de axuda do Igape.

8.6. A subvención ao abeiro deste artigo para un determinado proxecto será incompatible con calquera outra subvención a fondo perdido establecida nas bases reguladoras de axudas e subvencións do Igape. Será compatible con programas de axuda financeira como pode ser, entre outros, a subsidiación ao tipo de xuro e con calquera outro tipo de subvención ou axuda concedida por outros organismos públicos ou privados, sempre e cando o seu cómputo non exceda os límites establecidos no Regulamento (CE) nº 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006 relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis (DOUE L379/5, do 28 de decembro de 2006).

Artigo 9º.-Creación de rede e vinculación estable Igape-estruturas do territorio.

9.1. Proxectos subvencionables. Esta axuda acollerase ao establecido no Regulamento (CE) nº 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006 relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis (DOUE L379/5, do 28 de decembro de 2006) e non poderá exceder os límites cuantitativos e por actividade establecidos polo dito réxime de minimis.

9.1.1. Rede Igape-tecido asociativo galego. Co obxecto de estender o servizo do Igape mediante a xeración dunha rede estendida no territorio galego, os organismos intermedios de carácter empresarial que manifesten interese en traballar en rede co instituto, coñecer polo miúdo os seus programas e procedementos e manter comunicación telemática co Igape, para poder ofrecer pola súa parte mellor información e servizo no seu ámbito de actuación, e difundir nese ámbito os programas e iniciativas do Igape; poderán recibir formación, acceso telemático específico e financiamento parcial dun técnico da súa organización.

9.1.2. Rede Igape-organismos galegos de apoio aos emprendedores. Co obxecto de reforzar os servizos, aproveitar as sinerxías e reciprocidades existentes entre organizacións co fin básico de apoiar o emprendemento en Galicia. Os organismos intermedios galegos tales como viveiros, incubadoras empresariais, redes de business angels ou PAIT, que manifesten o seu interese en traballar en rede co Igape expoñendo o sistema co que se artellaría o dito traballo en rede; poderán recibir formación, acceso telemático específico, compartir ferramentas e sistemas, e recibir financiamento parcial sobre o custo salarial dun técnico da súa organización.

9.2. Conceptos subvencionables.

9.2.1. Ademais da formación necesaria e o facilitamento de ferramentas e sistemas que poidan redundar no bo funcionamento do traballo en rede, o Igape poderá conceder unha subvención a fondo perdido do 50% do salario bruto dun ano dun técnico do organismo solicitante, existente ou de nova contratación. Límite de subvención: 15.000 euros.

9.2.2. Os gastos subvencionables serán os realizados dentro do prazo de vixencia para os efectos de cumprir todas as condicións que estableza a resolución de concesión da axuda. Este prazo iniciarase na data de presentación da solicitude e rematará na data que á vista das características do proxecto sexa establecida na resolución de concesión.

9.3. Criterios de avaliación e selección de proxectos.

-O impacto territorial do organismo solicitante. (0-30 puntos)

-A proposta de colaboración e sistema de traballo en rede. (0-50 puntos)

-A dimensión e capacidade técnica do cadro de persoal laboral do organismo solicitante (0-20 puntos).

9.4. Coas especificidades sinaladas neste artigo, a tramitación seguirá o establecido no capítulo I das bases reguladoras dos procedementos de tramitación das liñas de axuda do Igape.

9.5. A subvención ao abeiro deste artigo para un determinado proxecto será incompatible con calquera outra subvención a fondo perdido establecida nas bases reguladoras de axudas e subvencións do Igape. Será compatible con programas de axuda financeira como pode ser, entre outros, a subsidiación ao tipo de xuro e con calquera outro tipo de subvención ou axuda concedida por outros organismos públicos ou privados, sempre e cando o seu cómputo non exceda os límites establecidos no Regulamento (CE) nº 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006 relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis (DOUE L 379/5, do 28 de decembro de 2006).

Bases reguladoras dos procedementos de tramitación das liñas de axuda do Igape.

Estas bases apróbanse ao abeiro do último parágrafo do punto 1º do artigo 78 do Decreto lexislativo

1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia que establece que os incentivos xestionados polo Igape ao abeiro do Decreto 172/2000, do 12 de xullo, regularanse polo disposto na súa normativa específica, agás no referido ao réxime de control financeiro e ás infraccións e sancións administrativas en materia de subvencións, que se rexerán polo disposto na lei.

As bases desenvólvense en dous capítulos. O primeiro, que será o procedemento de xeral aplicación, refírese á tramitación dos procedementos en réxime de concorrencia competitiva. O capítulo segundo que establece a tramitación en concorrencia non competitiva, prevese para liñas de axuda ao investimento singularizadas polas especificidades dos proxectos e das súas necesidades de financiamento.

Capítulo I

Tramitación dos procedementos en réxime

de concorrencia competitiva

Artigo 1º.-Presentación de solicitudes.

1.1. As convocatorias de axudas que conterán en todo caso o prazo de presentación de solicitudes e os créditos asignados a elas, serán aprobadas mediante resolución do director xeral do Igape e publicadas no Diario Oficial de Galicia.

1.2. Para presentar unha solicitude de axuda os interesados deberán cubrir previamente un cuestionario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto a través da aplicación de axuda establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es. A instrución e resolución do procedemento basearase nas declaracións contidas no citado cuestionario, que serán obxecto de acreditación documental no momento da aceptación da subvención se é o caso concedida e en calquera caso previamente a calquera aboamento de subvención.

1.3. Co fin de prestar asistencia para cubrir o cuestionario, o Igape pon á disposición dos interesados o seu servizo de asistencia técnica, cun sistema de cita previa concertada a través do mencionado enderezo da internet ou dos números de teléfono: 902 30 09 03 ou 981 54 11 47, ou os que en cada momento se establezan para esta finalidade. Deberán cubrirse necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente o cuestionario. Este IDE estará composto de 40 caracteres alfanuméricos e obterase mediante o algoritmo estándar de extractado SHA-1 160 bits a partir do documento electrónico xerado pola aplicación de axuda citada anteriormente.

1.4. As solicitudes de axuda presentaranse mediante a instancia normalizada que se xunta como anexo I, en que será obrigatorio a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou en que

este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación de axuda) serán devoltas sen tramitación.

1.5. A presentación da solicitude de concesión de subvención polo interesado comportaralle a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, segundo o disposto no artigo 43 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006. Non obstante, se por razóns técnicas ou doutra índole estes certificados non puidesen ser obtidos polo órgano xestor poderán serlle requiridos ao interesado.

1.6. O interesado presentará a instancia de solicitude co IDE no rexistro xeral dos servizos centrais do Igape, nas súas oficinas territoriais ou a través dalgunha das formas recollidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

1.7. Así mesmo, os interesados poderán asinar electronicamente o formulario de solicitude co IDE e presentalo no Rexistro Telemático da Xunta de Galicia. Os solicitantes por esta vía telemática deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante.

b) O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido tal e como especifica a Orde do 25 de novembro de 2004 da Consellería de Economía e Facenda pola que se establecen as normas específicas sobre o uso da sinatura electrónica nas relacións por medios electrónicos, informáticos e telemáticos coa Consellería de Economía e Facenda e os seus organismos e entidades adscritas (Diario Oficial de Galicia nº 239, do 10 de decembro de 2004). Os certificados de clase 2 CA emitidos pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda serán válidos para efectos de presentación de solicitudes. Se o certificado corresponde a unha persoa física, a súa representación acreditarase documentalmente ao longo da tramitación do expediente.

c) Unha vez asinado o formulario de solicitude co IDE, mediante certificación dixital do presentador, e transferidos estes ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Telemático da Xunta de Galicia, creado polo Decreto 200/2003, do 20 de marzo.

d) No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo en que quedará constancia do feito da presentación, consonte o devandito Decreto 200/2003.

e) Os interesados que cumpran os requisitos da alínea b) anterior, tamén poderán empregar a vía telemática para a recepción de notificacións do Igape e para o envío de escritos ao órgano xestor da axuda. Para a recepción de notificacións será preceptivo que o solicitante teña indicado no formulario normalizado a súa preferencia polo emprego da notificación telemática neste procedemento de axudas. Neste caso o solicitante deberá acceder á web do Igape no enlace tramitación telemática, para recibir as notificacións. O sistema solicitará do interesado o seu certificado dixital en vigor e a sinatura electrónica dun xustificante de recepción das notificacións (xustificante de recepción telemático). Os efectos destas notificacións serán os establecidos no Real decreto 209/2003, do 21 de febreiro.

1.8. Os solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no cuestionario. Para iso utilizarán a aplicación establecida no enderezo da internet citado anteriormente, introducindo os 40 caracteres do IDE e o enderezo de correo electrónico en que desexan recibir o xustificante. As modificacións da solicitude inicial deberán ser presentadas utilizando a aplicación de axuda para xerar un cuestionario modificado, cuxo IDE será de obrigatoria inclusión no escrito de comunicación ao Igape das ditas aclaracións.

Artigo 2º.-Instrución do procedemento.

2.1. A solicitude de axuda será avaliada polos servizos técnicos do Igape en función dos datos relativos ao proxecto declarados no cuestionario descritivo do proxecto anexo a esta. No caso de que as bases reguladoras establezan como requisito de subvencionabilidade do proxecto de investimento a confirmación por escrito do Igape de que, suxeito ao resultado final derivado dunha verificación detallada, o proxecto cumpre as condicións de subvencionabilidade establecidas nestas bases, os servizos técnicos realizarán esta análise e comunicación, previamente á baremación do proxecto.

2.2. Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes e emitido informe dos expedientes polos servizos técnicos, serán obxecto de avaliación conxunta por unha comisión presidida por un director de área do Igape e formada por polo menos dous vogais designados de entre o persoal técnico do Igape, dos cales un deles fará as funcións de secretario.

2.3. Unha vez avaliadas as solicitudes, a proposta de resolución será elevada ao director xeral do Igape, quen resolverá por delegación do Consello de Dirección.

2.4. A concesión de subvencións por importe superior a 3.000.000 de euros, requirirá a autorización do Consello da Xunta de Galicia. Nestes casos, a competencia para a resolución manterase no Consello de Dirección, delegándose no presidente a sinatura da resolución.

Artigo 3º.-Resolución.

3.1. Na resolución de concesión de axuda farase constar o importe do gasto subvencionable que hai

que xustificar, a contía e porcentaxe da subvención concedida, as condicións e prazos de execución previstos no proxecto subvencionado, o prazo establecido para o cumprimento de todas as condicións da subvención, así como a obriga por parte do perceptor da subvención de indicar en todo labor de difusión, publicidade ou análoga da actividade subvencionada, a mención expresa de que a dita actuación foi financiada polo Igape e, no caso de ter cofinanciamento dos Fondos da Unión Europea, pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), ou Fondo Social Europeo. Así mesmo, poderán establecer condicións técnicas e económicas de obrigada observancia para a realización do proxecto e a súa xustificación.

3.2. Na resolución denegatoria de axuda farase constar o motivo da denegación. Cando o motivo da denegación resulte de non alcanzar os puntos de avaliación necesarios no proceso de selección, explicitarase a puntuación acadada así como o posto de reserva que lle corresponde na lista de espera elaborada co fin de que, de se producir desistencias ou renuncias entre os proxectos aprobados, poidan ser propostos para concesión por estrita orde de puntuación acadada. A dita lista de espera terá unha caducidade de tres meses desde a resolución do procedemento.

3.3. As resolucións serán notificadas ao solicitante naquela parte que lle afecta. Se a resolución é de concesión o beneficiario terá un prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ao da súa notificación para a súa aceptación cubrindo a dilixencia que se anexe, así como a presentación da documentación (en orixinal ou copia cotexada) especificada na resolución de concesión, que con carácter xeral será a seguinte, salvo que xa conste presentada no expediente:

a) DNI do beneficiario, asinante da solicitude e da dilixencia de aceptación. No caso de aceptación por poder: poder de representación suficiente, se é o caso inscrito no Rexistro Mercantil.

b) No caso de persoas xurídicas: escritura ou documento xuridicamente válido de constitución e estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e modificacións posteriores destes.

c) No caso de persoas xurídicas, poder de representación inscrito, se é o caso, no Rexistro competente do asinante da solicitude e da dilixencia de aceptación.

d) Calquera outra documentación necesaria para efectos da liquidación que voluntariamente decida anticipar.

3.4. Persoas xurídicas en constitución. Cando a concesión recaia sobre unha persoa xurídica en constitución, na resolución individual outorgarase un prazo máximo de 3 meses desde a aceptación da resolución de concesión, para que o beneficiario presente a documentación acreditativa da súa constitución e as circunstancias rexistrais, no caso de que

non fose presentada anteriormente. O dito prazo poderá ser prorrogado de oficio ou por instancia do beneficiario por un período que non superará a metade do inicialmente acordado, sempre que existan causas xustificadas. Transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior ou, se é o caso, as prórrogas concedidas a este, sen ter presentado a documentación, considerase o interesado por decaído nos seus dereitos, ditándose resolución de arquivo.

3.5. De acordo co disposto no artigo 35 f) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non será necesario presentar a documentación que xa se atope en poder do Igape, sempre que se manteña vixente e se identifique o procedemento administrativo para o que foi presentada. No suposto de imposibilidade material de obter a documentación ou no caso de que se constate a non validez desta, o órgano competente poderá requirirlle ao solicitante a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento.

3.6. A aceptación por parte do interesado suporá a obriga de cumprir as condicións establecidas na resolución, nas bases reguladoras da axuda, nestas bases de tramitación e demais disposicións legais e regulamentarias que sexan de aplicación.

3.7. Transcorrido o prazo de aceptación sen a recepción da dilixencia de aceptación ou da documentación requirida, o Igape considerará que o beneficiario renuncia á axuda aprobada, procedendo ao arquivo do expediente, logo de resolución declarativa desta circunstancia ditada polo director de área competente na tramitación do expediente.

3.8. O prazo máximo para ditar e notificarlles aos interesados a resolución do expediente será de tres meses contados desde o día seguinte ao remate do prazo de presentación de solicitudes. Transcorrido o dito prazo sen recaer resolución expresa, o solicitante poderá ter por desestimada a súa solicitude.

Artigo 4º.-Recursos.

4.1. As resolucións dos expedientes instruídos ao abeiro do disposto nestas bases esgotarán a vía administrativa, polo que, de conformidade co previsto na Lei da xurisdición contencioso-administrativa, poderase interpoñer contra elas recurso contencioso-administrativo perante o órgano xurisdicional competente, na forma e prazo previstos no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da recepción da notificación da resolución.

4.2. Potestativamente e con anterioridade á interposición do recurso contencioso-administrativo, poderase interpoñer no prazo dun mes desde o día seguinte ao da recepción da notificación da resolución, recurso de reposición, que resolverá o mesmo órgano que ditou o acto administrativo recorrido, sen prexuízo da interposición de calquera outro recurso que se considere oportuno para a defensa

dos dereitos e intereses das entidades solicitantes e outras persoas ou entidades posibles interesadas.

Artigo 5º.-Obrigas dos beneficiarios.

5.1. Son obrigas dos beneficiarios:

a) Executar o proxecto subvencionado dentro dos prazos que se establezan na respectiva resolución de concesión con cumprimento das condicións e prescricións establecidas nela, nas presentes bases ou demais normativa de aplicación. En casos xustificados, os prazos poderán ser prorrogados por instancia do interesado.

b) Acreditar ante o Igape a realización do gasto subvencionado, presentando toda a documentación xustificativa da realización do proxecto nos termos establecidos na resolución de concesión e o cumprimento das condicións, se é o caso, impostas. Salvo que as bases reguladoras de cada liña de subvención establezan o contrario para casos particulares, os gastos incorridos polo beneficiario deberán ser xustificados mediante a presentación de escrituras de adquisición, facturas orixinais e xustificantes do seu pagamento efectivo emitidos por entidades financeiras, non admitíndose pagamentos en efectivo salvo para importes xustificados mediante recibos asinados por importe que non superará os 3.000 euros por provedor.

c) Acreditar ante o Igape que se atopa ao día das súas obrigas coa Facenda Pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.

d) Cumprir as demais condicións establecidas na resolución de concesión, nas bases reguladoras de cada liña de axuda e nestas bases.

e) Adoptar as medidas de difusión da concesión da axuda ou subvención que sexan establecidas na resolución. No caso de cofinanciamento europeo, dar a adecuada publicidade deste, nos termos que resulten da resolución de concesión e da normativa da Unión Europea, especialmente o establecido no Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006 polo que se fixan normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello e demais normativa concordante.

f) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará polo órgano concedente ou calquera outra comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto nacionais como comunitarios, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. Estas actividades de comprobación poderán ser entre outras:

-Visitas ás instalacións en que se realizou o proxecto.

-Acceso a toda a documentación relacionada co proxecto.

-Acceso aos rexistros internos da empresa, en que se basean as xustificacións técnicas e administrativas.

g) Comunicarlle ao Igape a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan axiña como se coñeza, e en todo caso coa solicitude de cobramento da subvención. O importe da subvención non poderá en ningún caso ser de tal contía que illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou outros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo do proxecto subvencionado ou as porcentaxes máximas de subvención establecidas nas bases reguladoras da axuda, ou as permitidas na normativa autonómica, estatal ou comunitaria.

h) Dispoñer, se é o caso, dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como cantos estados contables e rexistros específicos sexan exixidos na resolución de concesión.

i) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control; isto é, por non ter prescrito o prazo de 5 anos desde o cumprimento de condicións, sen prexuízo dos prazos específicos que se establezan en virtude da normativa da UE no control da aplicación de fondos comunitarios.

j) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos de resolución de incumprimento.

5.2. O incumprimento das citadas obrigas poderá dar lugar á revogación da concesión e, se é o caso, ao reintegro do indebidamente percibido e aos seus xuros de demora.

Artigo 6º.-Incidencias e modificacións do proxecto.

6.1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión ou á súa revogación, no caso de considerarse que a modificación afecta un aspecto substancial da concesión.

6.2. Os beneficiarios quedan obrigados a comunicar ao Igape calquera circunstancia ou eventualidade que poida afectar substancialmente a execución dos fins para os que foron concedidas as ditas axudas. En particular, deberá remitir unha declaración complementaria das axudas recibidas para o mesmo proxecto no momento en que sexa comunicada calquera concesión e sempre coa presentación da solicitude de cobramento.

6.3. En caso de modificación do proxecto aprobado, o beneficiario da axuda poderá solicitar, motivadamente, a modificación da resolución. No caso de que a modificación solicitada afecte os datos declarados no cuestionario, deberá cubrir previa

mente un novo cuestionario descritivo do proxecto na aplicación de axuda na internet, e obter un novo código IDE. Este IDE incluirase na solicitude de modificación. As solicitudes de modificación do prazo de execución do proxecto (prazo de vixencia) non precisarán cubrir un novo cuestionario.

6.4. O órgano con competencia para resolver o expediente poderá acordar a modificación da resolución a instancia do beneficiario, debendo cumprirse os seguintes requisitos:

a) Que a actividade, conduta ou modificación do proxecto estea comprendida dentro da finalidade das normas ou bases reguladoras.

b) Que a modificación non cause prexuízo a terceiros.

c) Que os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación de ter concorrido na concesión inicial, non supuxesen a denegación da subvención.

6.5. O acto polo que se acorde a modificación da resolución de concesión ou, se é o caso, a súa denegación, será ditado polo órgano concedente, unha vez instruído o correspondente expediente en que se dará audiencia aos interesados. Non obstante poderase prescindir deste trámite de audiencia cando non figuren no procedemento, nin se teñan en conta na resolución, outros feitos, alegacións ou probas que as aducidas polos interesados.

Artigo 7º.-Xustificación.

7.1. A xustificación ante o Igape da execución do proxecto e do cumprimento de todas as condicións establecidas na resolución de concesión, realizaraa o beneficiario como máximo dentro dos dous meses seguintes ao vencemento do prazo de vixencia establecido na resolución de concesión para a súa execución.

7.2. Nos casos en que a resolución de concesión de axuda sexa ditada en base ás declaracións relativas ao proxecto contidas na solicitude, en trámite de xustificación deberá acreditarse documentalmente o cumprimento dos extremos declarados, mediante a presentación da solicitude de cobramento normalizada, anexo VII, e a documentación en orixinal ou copia cotexada que para tal efecto se especifique na resolución de concesión. Advírtese que calquera discrepancia entre a documentación xustificativa e as declaracións da solicitude de axuda poderá ser motivo de inicio de expediente de incumprimento que, de ser o caso, poderá supor a modificación ou revogación da concesión e o reintegro das cantidades previamente aboadas.

7.3. A acreditación da realización de investimentos e gastos xustificarase mediante escritura de adquisición, factura ou documento probatorio similar e a transferencia bancaria de aboamento ao provedor ou recibo nos casos permitidos nestas bases.

7.4. No caso en que a resolución de concesión obrigase o beneficiario a manter a cifra de emprego existente, observarase a que resulte máis alta entre

a media dos tres meses previos á presentación da súa solicitude ou a que resulte do TC do mes previo á dita presentación. Durante o prazo de vixencia, o mantemento da cifra resultante computarase coa media resultante dese período, e ao final do dito prazo o beneficiario deberá acreditar a suma dos postos de traballo que se manterán máis os de nova creación. Así mesmo, nos dous anos seguintes ao fin do prazo de vixencia terase que manter a media do emprego, tanto para o emprego total, como para os empregos indefinidos.

7.5. En canto á obriga de creación de emprego, computarase a partir da cifra de emprego que se manteña e comprobarase ao remate do prazo de vixencia, ou antes se estivesen cumpridas todas as condicións da resolución, debéndose acreditar a creación de postos de traballo con contratos indefinidos.

7.6. A acreditación de cumprimento de condicións relativas ao emprego xustificarase a través do informe do organismo laboral competente, dun informe de vida laboral ou a través de documentos TC segundo o que se estableza na resolución de concesión.

7.7. Cando na resolución de concesión se fixasen prazos parciais para que o beneficiario acredite a execución, como mínimo, dunha determinada porcentaxe do gasto subvencionado ou o cumprimento doutras condicións, o seu incumprimento significará o inicio dun expediente que poderá finalizar coa revogación da axuda.

7.8. No caso de que existan razóns xustificadas para o atraso no cumprimento de condicións, os prazos de execución que se establezan na resolución, poderán ser ampliados por instancia do beneficiario mediante resolución expresa e motivada.

7.9. Nos casos en que a xustificación documental resulte insuficiente para acreditar o importe e a realización de determinados gastos, o Igape poderá solicitar, que se presente informe de auditoría independente, que será obrigatorio cando os gastos subvencionables superen 1.200.000 euros.

7.10. Para os efectos de que o Igape expida informe positivo de cumprimento de condicións do proxecto será necesario, se é o caso, a acreditación polo beneficiario de ter obtido as autorizacións administrativas que correspondan ao seu proxecto.

7.11. Sen necesidade de instar procedemento de incumprimento ou modificación da subvención, o Igape poderá aceptar variacións nos diversos capítulos de gastos aprobados, coa dobre condición de que a oscilación, en máis ou menos, non supere o 20% de cada capítulo e que, no seu conxunto, non varíe o importe total de gasto aprobado nin da axuda concedida, nin desvirtúe as características do proxecto e condicións que fosen tidas en conta para resolver a concesión.

7.12. Así mesmo, sen necesidade de instar procedemento de incumprimento ou modificación, poderase axustar o aboamento da subvención ao gasto efectivamente xustificado nos casos en que téndose

executado o proxecto subvencionado e cumpríndose todas as condicións establecidas, unicamente se tivese xustificado un gasto inferior ao aprobado, sempre que conste a conformidade expresa do beneficiario e o proxecto efectivamente xustificado non desvirtúe a concesión inicial.

7.13. En caso de que non se presentase en prazo ou a xustificación fose incorrecta, requirirase a entidade beneficiaria para que corrixa os erros ou defectos observados no prazo de 10 días, advertíndolle que, de non facelo, procederase, se é o caso, a reclamar o reintegro, total ou parcial, da axuda concedida, nos termos e coas condicións sinaladas no artigo 78 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Artigo 8º.-Aboamento das subvencións.

8.1. Con carácter xeral, o aboamento das subvencións realizarase unha vez que o Igape considere xustificada a realización total do proxecto e o cumprimento das condicións. Dentro do prazo máximo de dous meses seguintes á finalización do prazo de vixencia establecido na concesión, deberá acreditarse a execución da totalidade do proxecto e o cumprimento das condicións, se é o caso, establecidas na resolución. O cobramento solicitarase como liquidación única da subvención, salvo que na resolución de concesión fosen establecidas anualidades. Neste último caso os gastos correspondentes a cada anualidade deberán ser imputados ao orzamento concedido para cada ano, procedendo noutro caso iniciar expediente de incumprimento.

8.2. Así mesmo, poderase efectuar o pagamento da subvención, dentro do prazo de vixencia, aínda cando quede pendente de acreditar algunha condición, unha vez xustificada a execución da totalidade do gasto do proxecto subvencionado e o cumprimento daquelas condicións cuxo prazo vencese con anterioridade á presentación da solicitude de cobramento. Neste caso, o cobramento da subvención estará condicionado á previa presentación de garantías. Deberase presentar garantía constituída mediante aval solidario de entidade financeira ou outra garantía suficiente, depositada na Caixa Xeral de Depósitos, que cubra o importe do pagamento e dos seus xuros calculados ao tipo de xuro legal do diñeiro vixente na data do informe de cumprimento de condicións e polo prazo que medie entre a data de solicitude de cobramento e como mínimo aquela en que se cumpran seis meses da fin do prazo final de vixencia previsto na resolución de concesión. Cando o beneficiario acredite que foron cumpridas todas as

condicións da resolución individual, autorizarase o levantamento do aval.

8.3. Se o beneficiario tivese acreditado en prazo a execución do proxecto e o cumprimento das condicións da subvención e solicitado as autorizacións administrativas para exercer a actividade subvencionada que, se é o caso, legalmente correspondesen, poderá solicitar ao Igape o aboamento da subvención e o outorgamento dun prazo para acreditar a obtención das citadas autorizacións pendentes. O Igape poderá aprobar o dito pagamento, logo do informe

das administracións competentes para expedir as citadas autorizacións, contra a constitución polo beneficiario de garantía mediante aval solidario de entidade financeira ou outra garantía suficiente, depositada na Caixa Xeral de Depósitos que cubra o importe do pagamento e dos seus xuros calculados ao tipo de xuro legal do diñeiro vixente na data de resolución de concesión da nova condición e polo prazo que medie entre a data da solicitude de cobramento e a finalización do prazo concedido que non poderá exceder os dous anos, salvo prórroga expresa concedida en atención ás circunstancias do expediente.

Artigo 9º.-Incumprimento.

9.1. Non se poderá exixir o pagamento da subvención concedida e procederá a revogación da axuda e, se é o caso, o reintegro total ou parcial da contía percibida e os xuros de demora devengados dende o seu pagamento, nos casos seguintes:

a) Incumprimento da obriga de xustificación ou xustificación insuficiente segundo os termos contidos nestas bases.

b) Obtención da subvención sen reunir os requisitos exixidos para a súa concesión, falseando as condicións requiridas para isto ou ocultando aquelas que o impedisen.

c) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, actividade, proxecto ou non adopción do comportamento que fundamentou a concesión da subvención.

d) Incumprimento das condicións impostas aos beneficiarios con motivo da concesión da axuda ou subvención pública, así como dos compromisos por estes asumidos, sempre que afecten ou se refiran ao modo en que deben acadarse os obxectivos, realizar a actividade, executar o proxecto ou adoptar o comportamento que fundamente a concesión da subvención, ou daqueles distintos dos anteriores, cando disto se derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade ou regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacionais, da Unión Europea ou organismos internacionais.

e) Incumprimento de adoptar as medidas de difusión que se impuxesen na resolución de concesión.

f) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro desempeñadas pola Administración ou calquera dos seus órganos, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos cando disto se derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o incumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado,

nacionais, da Unión Europea, ou de organismos internacionais.

g) A adopción, en virtude do establecido nos artigos 87 a 89 do Tratado da Unión Europea, dunha decisión da cal se derive unha necesidade de reintegro.

h) Nos demais casos previstos na normativa reguladora da subvención.

9.2. Igualmente procederá o reintegro do exceso percibido nos supostos en que o importe da subvención, illadamente ou en concorrencia coas subvencións ou axudas doutras administracións ou doutras entidades públicas ou privadas, supere o custo do proxecto ou as porcentaxes máximas de axuda establecidas nas bases reguladoras de cada liña de axuda.

9.3. O procedemento de incumprimento iniciarase de oficio polo órgano do Igape que ditou a resolución de concesión, ben por iniciativa propia, logo de informe dos servizos do Igape competentes na xestión ou liquidación dos expedientes, ou como consecuencia das actuacións de control da Intervención Xeral, por petición razoada doutros órganos que teñan atribuídas facultades de comprobación na materia ou por denuncia, mediante a comunicación ao beneficiario das presuntas causas determinantes do incumprimento e as súas posibles consecuencias. Os interesados poderán, en calquera momento do procedemento anterior ao trámite de audiencia, aducir alegacións ou achegar documentos e outros elementos de xuízo.

9.4. Incumprimento parcial. Sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomadas en conta na concesión das axudas, o Igape poderá apreciar un incumprimento parcial, debendo resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión e, se é o caso, establecendo a obriga de reintegro do indebidamente percibido e os seus xuros de demora de acordo cos seguintes criterios:

a) No caso de condicións referentes á contía ou conceptos da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente ao gasto deixado de practicar ou aplicado a conceptos distintos dos considerados subvencionables, debendo, se é o caso, reintegrarse as cantidades percibidas na dita proporción. Con carácter xeral, se o incumprimento superara o 50% da base subvencionable do proxecto, entenderase que o dito incumprimento é total, debendo reintegrarse todas as cantidades percibidas e os seus xuros de demora. Excepcionalmente o Consello de Dirección do Igape poderá autorizar un incumprimento parcial distinto cando as súas causas quedasen suficientemente xustificadas e non se desvirtúase a finalidade da subvención.

b) Tratándose de condicións referentes á creación e mantemento de postos de traballo, o alcance do incumprimento determinarase na proporción en que a dita condición quedase incumprida, relacionando os postos non creados ou non mantidos cos que o beneficiario quedara obrigado ou que comprometese

na resolución correspondente. Salvo que a resolución individual estableza outras condicións, o incumprimento será total cando non se cree e manteña no prazo de vixencia establecido o 50% do emprego comprometido ou tivese como resultado a destrución do emprego que hai que manter. Excepcionalmente o Consello de Dirección do Igape poderá autorizar un incumprimento parcial distinto cando as súas causas quedasen suficientemente xustificadas e non se desvirtúase a finalidade da subvención.

c) En caso de que o incumprimento se refira á obtención da subvención por unha contía cuxo importe, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas, supere os topes máximos legalmente permitidos, procederá o reintegro do exceso obtido sobre os ditos topes máximos.

d) Se o incumprimento derivase da inobservancia dalgunha condición ou suposto distinto dos previstos nos puntos anteriores, o seu alcance será determinado en función do grao e da entidade da condición incumprida.

e) A concorrencia de distintas causas de incumprimento ou incidencias dará lugar á aplicación a cada unha delas das regras previstas neste punto.

f) Procederá declarar a revogación total da axuda cando o incumprimento se refira aos requisitos establecidos en cada caso para obter a condición de beneficiario.

9.5. Instruído o procedemento, e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución, poñerase en coñecemento dos interesados, que disporán dun prazo de quince días para alegar e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes. Poderase prescindir deste trámite cando non figuren no procedemento nin se teñan en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas polo interesado.

9.6. Presentadas as alegacións ou transcorrido o prazo de quince días sen contestación por parte do beneficiario, o órgano competente ditará a resolución que proceda, pronunciándose sobre o alcance do incumprimento e, se é o caso, a obriga de reintegro das cantidades percibidas.

9.7. O prazo máximo para resolver e notificar os procedementos sobre incumprimento será de seis meses computados desde o acordo de iniciación. Se pasado o dito prazo non se tivese notificada a resolución, entenderase caducado o procedemento, sen prexuízo de que se notifique a resolución declarando a dita circunstancia de caducidade e ordenando o arquivo de actuacións, cos efectos previstos no artigo 92 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procedéndose a incoar novo expediente mentres non prescriba o dereito a iso.

9.8. O reintegro voluntario polo interesado, en calquera momento anterior á proposta de resolución, producirá a terminación do procedemento, sen prexuízo de que se dite resolución pola que se decla

re a dita circunstancia e da iniciación do procedemento sancionador cando os feitos que motivaron o procedemento de reintegro puideran ser constitutivos de infracción administrativa segundo o establecido na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e no Decreto 287/2000 que a desenvolve en materia de axudas e subvencións.

9.9. A declaración xudicial ou administrativa de nulidade ou anulabilidade da resolución de concesión por concorrer as causas previstas nos artigos 62 e 63 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, levará consigo a obriga de devolver as cantidades percibidas. Non procederá a revisión de oficio do acto de concesión cando concorra causa de reintegro.

9.10. As cantidades que se deban reintegrar terán a consideración de ingresos de dereito público, resultando de aplicación para o seu cobramento o previsto nos artigos 19 ao 23 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Artigo 10º.-Publicación de concesións e sancións.

10.1. De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, o Instituto Galego de Promoción Económica publicará as subvencións concedidas ao abeiro destas bases no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape, www.igape.es, expresando beneficiario, finalidade, contía e aplicación orzamentaria, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das entidades beneficiarias e da súa publicación nos citados medios.

10.2. De conformidade cos puntos 3 e 4 do artigo 13 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, a Consellería de Economía e Facenda publicará na súa páxina web oficial as concesións das axudas reguladas nestas bases, e incluirá igualmente as referidas axudas e as sancións impostas por consecuencia delas nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos persoais das persoas e entidades beneficiarias e a referida publicidade, e a súa cesión por parte do Igape aos órganos competentes da Consellería de Economía e Facenda.

Artigo 11º.-Rexistros públicos de axudas, subvencións, convenios e sancións.

De acordo co disposto no artigo 6 do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a presentación da solicitude de axuda suporá de xeito obrigado o consentimento expreso do interesado ao Igape para incluír e facer públicos, nos rexistros regulados no citado decreto, os datos rele

vantes segundo a enumeración establecida no artigo 4 do citado decreto, referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas. Poderanse exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición respecto ao contido deses rexistros do xeito establecido no artigo 10 do Decreto 132/2006, do 27 de xullo.

Artigo 12º.-Control e comprobación das axudas.

12.1. Sen prexuízo da comprobación material previa ao pagamento, da realidade dos gastos subvencionados que proceda, anualmente elaborarase en coordinación coa Intervención Xeral da Comunidade Autónoma un plan de comprobación de axudas e subvencións, cos criterios que para tal efecto se establezan.

12.2. Así mesmo, os beneficiarios sométense ás actuacións de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, ás previstas na lexislación do Consello de Contas e do Tribunal de Contas, así como ás que poida efectuar, se é o caso, a Comisión e o Tribunal de Contas das Comunidades Europeas, no suposto de cofinanciamento das axudas con fondos europeos. Neste sentido os beneficiarios teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida polos ditos organismos.

Artigo 13º.-Interpretación.

Correspóndelle ao director xeral do Igape a facultade de ditar as disposicións necesarias para a aplicación das normas de tramitación previstas nestas bases, así como para resolver as dúbidas concretas que se susciten na súa aplicación.

Artigo 14º.-Silencio administrativo.

As solicitudes que non fosen resoltas nos prazos que se establecen nestas bases poderán considerarse desestimadas.

Capítulo II

Tramitación dos procedementos en réxime

de concorrencia non competitiva

Artigo 1º.-Presentación de solicitudes.

1.1. As convocatorias de axudas, que conterán en todo caso o prazo de presentación de solicitudes e os créditos asignados a elas, serán aprobadas mediante resolución do director xeral do Igape e publicadas no Diario Oficial de Galicia.

1.2. As solicitudes das axudas presentaranse segundo o modelo que figura como anexo I, nas oficinas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) ou en calquera das formas previstas pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

1.3. A solicitude acompañarase da seguinte documentación en orixinal ou copia cotexada:

I. Para sociedades constituídas:

a) CIF.

b) DNI do asinante da solicitude.

c) Escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no Rexistro competente e modificacións posteriores dos devanditos.

d) Poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, se é o caso, no rexistro competente.

e) Imposto de sociedades dos tres últimos exercicios, dilixenciado na Axencia Tributaria.

f) Último recibo pagado polo imposto de actividades económicas. No caso de empresas de nova creación, deberán xuntar a alta no IAE ou declaración responsable que inclúa o compromiso de darse de alta no IAE, indicando a epígrafe correspondente, así como de remitir o documento de alta antes de enviar ao Igape a solicitude de cobramento ou ben acompañando a esta.

g) Declaración expresa doutras axudas solicitadas para o devandito proxecto segundo o modelo establecido no anexo VIII.

II. No caso de sociedades en constitución:

a) DNI do promotor/es.

b) Certificado do Rexistro Xeral de Sociedades Mercantís da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do Ministerio de Xustiza, ou do rexistro competente, de non figurar inscrita a futura denominación social da entidade que se vai constituír.

c) Proxecto de estatutos da sociedade.

III. Acreditación de emprego:

a) Fotocopia dos TC1 e TC2 dos tres meses anteriores á data de presentación da solicitude de axuda de todos os centros de traballo da empresa en Galicia.

b) Certificado da Tesouraría Xeral da Seguridade Social de afiliados adscritos ás contas de cotización da empresa por tipos de contrato, e de todos os centros de traballo da empresa, na data de solicitude da axuda.

IV. Memoria descritiva do investimento proxectado segundo o modelo normalizado establecido polo Igape.

V. Planos.

VI. No caso de investimentos en establecementos que pechasen ou con posibilidade de peche:

a) Contas anuais dos dous exercicios inmediatamente anteriores, da sociedade transmisora.

b) Informe de taxación dos investimentos que se van adquirir.

VII. Calquera outra documentación ou información adicional que considere conveniente para unha correcta análise da solicitude.

1.4. Poderase excluír aquela documentación que conste xa actualizada no Igape, debendo o solicitante especificar o número de expediente en que anteriormente foi presentada.

1.5. A presentación da solicitude de concesión de subvención polo interesado comportaralle a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, segundo o disposto no artigo 43 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006. Non obstante, se por razóns técnicas ou doutra índole estes certificados non puidesen ser obtidos polo órgano xestor poderán serlles requiridos ao interesado.

1.6. Se coa solicitude non se presentase a documentación xsixida nestas bases, requirirase o interesado para que nun prazo de 10 días hábiles dende o seguinte ao da recepción do requirimento emende a falta ou presente os documentos preceptivos, con indicación de que en caso contrario, considerarase desistido da súa petición, ditándose a correspondente resolución de arquivo, de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e cos efectos previstos no artigo 42.1º da dita lei. Este prazo, cando existan causas xustificadas, poderá ser prorrogado de oficio ou por instancia de parte por un período que non exceda a metade do inicial. O requirimento de documentación suspenderá o prazo para resolver.

1.7. No caso que o Igape poña á disposición dos solicitantes das liñas de axuda tramitadas a través deste procedemento un cuestionario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto a través da aplicación de axuda establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es., como se establece no artigo 1 do capítulo I destas bases, seguirase a tramitación establecida no dito artigo 1 do capítulo I, logo de comunicación no DOG.

Artigo 2º.-Instrución do procedemento.

2.1. Unha vez completas as solicitudes, os proxectos serán estudados polos servizos técnicos do Igape. No caso que as bases reguladoras establezan como requisito de subvencionabilidade do proxecto de investimento a confirmación por escrito do Igape de que, suxeito ao resultado final derivado dunha verificación detallada, o proxecto cumpre as condicións de subvencionabilidade establecidas nestas bases, os servizos técnicos realizarán esta análise e comunicación, previamente á baremación do proxecto. O Igape poderá solicitar do interesado calquera aclaración ou documentación complementaria que considere necesaria para unha adecuada avaliación do proxecto.

2.2. Instruído o procedemento e inmediatamente antes de ditar proposta de resolución, poñerase en coñecemento dos interesados, para que no prazo de 10 días poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións pertinentes. Non obstante, poderase prescindir deste trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin se teñan en conta na

resolución outros feitos, alegacións ou probas que as aducidas polos interesados.

2.3. Unha vez avaliado o expediente, a proposta de resolución será elevada aos seguintes órganos que, en cada caso, resolverán por delegación do Consello de Dirección:

a) O director xeral, no caso de propostas de resolución por importe de ata 500.000 euros de subvención.

b) O presidente, no caso de propostas de resolución por importe superior a 500.000 euros de subvención.

c) No caso de propostas de resolución por importe superior a 3.000.000 euros de subvención, manterase a competencia no Consello de Dirección, delegándose a sinatura da resolución no presidente, logo da autorización, se é o caso, polo Consello da Xunta para conceder a subvención.

2.4. A concesión de subvencións por importe superior a 3.000.000 de euros, requirirá a autorización previa do Consello da Xunta de Galicia.

Artigo 3º.-Pagamentos parciais.

Dentro do prazo de vixencia e a medida que se vaia xustificando a realización do gasto subvencionado e o cumprimento de condicións, poderán efectuarse pagamentos parciais á conta da liquidación sempre que concorran os requisitos e circunstancias seguintes:

a) Que o interesado o solicite.

b) Que se xustifiquen non só o gasto incorrido senón os pagamentos efectuados na mesma proporción que represente o pagamento parcial respecto á subvención concedida ata ese momento con cargo ao proxecto de investimento aprobado.

c) O importe que se pode satisfacer por pagamentos parciais non poderá exceder en ningún caso a anualidade prevista para cada exercicio orzamentario de acordo co calendario anexo á resolución de concesión, nin exceder o 80% do total da subvención concedida, nin solicitarse por un importe inferior a 60.000 euros.

d) Os pagamentos parciais quedarán condicionados ao resultado da liquidación definitiva da subvención.

e) Deberase presentar garantía constituída mediante aval solidario da entidade financeira ou outra garantía suficiente, depositada na Caixa Xeral de Depósitos, que cubra o importe do pagamento parcial e dos seus xuros calculados ao tipo de xuro legal do diñeiro vixente na data do informe de cumprimento de condicións e polo prazo que medie entre a data de solicitude de cobramento e, como mínimo, aquela en que se cumpran seis meses de fin do prazo de xustificación previsto na resolución de concesión.

Artigo 4º.-O resto do procedemento seguirá a tramitación prevista nos artigos 3 ao 14 do capítulo I destas bases.

ANEXO II

Sectores prioritarios

1. Sector auxiliar de automoción.

2. Industria da madeira.

3. Industria de transformación agroalimentaria.

4. Sector moda (confección e complementos).

5. Sector náutica e auxiliar de náutica.

6. Sector químico e industria farmacéutica.

7. Fabricantes de material sanitario.

8. Biotecnoloxía, biomecánica.

9. Fabricantes de equipamentos ambientais.

10. Servizos e desenvolvemento de software.

11. Sector audiovisual e desenvolvemento de contidos.

12. Centros telemáticos.

ANEXO III

Comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

Para os proxectos que se van implantar nos municipios de: A Capela, As Pontes de García Rodríguez, Ares, Cabanas, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño.

Adoptaranse as seguintes medidas de prioridade específica:

1. Nas publicacións de crédito asignado ás convocatorias estableceranse reservas de crédito específicas para proxectos que se van desenvolver nestas comarcas.

2. Nos criterios de avaliación e selección de proxectos, o criterio localización avaliarase co valor máximo para os proxectos que se van desenvolver nestas comarcas.

3. Ademais dos sectores prioritarios xerais, establecidos no anexo II, nestas comarcas consideraranse e ponderaranse como prioritarios os proxectos que desenvolverán nas actividades seguintes:

* Industria eólica.

* Turismo.

* Loxística.

* Diversificación naval e industria auxiliar do naval.

* Biomasa.

4. Para proxectos de primeira implantación en Galicia, garántese unha axuda mínima do 15% dos custos subvencionables e para proxectos de ampliación, modernización ou innovación tecnolóxica, garántese unha axuda mínima do 10% dos custos subvencionables.

5. Nos proxectos de creación de novas localizacións empresariais o investimento mínimo previsto nos artigos 4.2.1.a) e 6.2.b) da base de incentivos a proxectos de investimento empresarial redúcese a 300.000 euros.

ANEXO IV

Comarcas da Costa da Morte

Para os proxectos que se van implantar nos municipios de: A Laracha, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muros, Muxía, Ponteceso, Santa Comba, Vimianzo e Zas.

Adoptaranse as seguintes medidas de prioridade específica:

1. Nas publicacións de crédito asignado ás convocatorias estableceranse reservas de crédito específicas para proxectos que se van desenvolver nestas comarcas.

2. Nos criterios de avaliación e selección de proxectos, o criterio localización avaliarase co valor máximo para os proxectos que se van desenvolver nestas comarcas.

3. Para proxectos de primeira implantación en Galicia, garántese unha axuda mínima do 15% dos custos subvencionables e para proxectos de ampliación, modernización ou innovación tecnolóxica, garántese unha axuda mínima do 10% dos custos subvencionables.

4. Nos proxectos de creación de novas localizacións empresariais o investimento mínimo previsto nos artigos 4.2.1.a) e 6.2.b) da base de incentivos a proxectos de investimento empresarial redúcese a 300.000 euros.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E TRANSPORTES