DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 21 de marzo de 2007 Páx. 4.489

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2007 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego de Promoción Económica no último cuadrimestre de 2006.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño) establece que as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación cos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único.-Facer pública a relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Promoción Económica nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2006, que se anexa a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2007.

José Antonio Delgado Arce

Director xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica

ANEXO

Convenio

Data de

Importe A

sinatura20062007

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Compañía Española de Financiamento do Desenvolvemento, Cofides, S.A.

(Obxecto: para a difusión dos seus servizos)

12-9-2006Sen achega económica

Convenio polo que se establece unha liña de avais do Igape para financiar a adquisición de dereitos de pesca por parte de armadores e agrupacións de produtores, para o acceso da frota galega a caladoiros.25-9-2006Sen achega económica

Convenio

Data de

Importe A

sinatura20062007

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as entidades financeiras para a habilitación dunha liña de financiamento específica para as Pemes galegas produtoras de uva.25-9-200650.000130.000
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas, para a habilitación dunha liña de financiamento específica para emprendedores na Comunidade Autónoma de Galicia.25-9-200650.000469.000
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas, para a habilitación dunha liña de financiamento específica para proxectos de innovación na Comunidade Autónoma de Galicia.25-9-200650.000469.000
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Universidade de Santiago de Compostela.

(Obxecto: realización dun curso de formación dos bolseiros de promoción exterior do Igape da convocatoria do ano 2006)

16-10-200636.000
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Fundación Ceaga para a posta en marcha do Plan Estratéxico do Sector de Automoción de Galicia (PESA).15-12-200620.0001.642.645
Prórroga do convenio marco de colaboración asinado o 12 de maio de 2006 entre o Instituto Galego de Promoción Económica e o Consorcio da Zona Franca de Vigo para o desenvolvemento de actividades conxuntas de promoción empresarial.22-12-200668.000
Prórroga ao convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas e o Instituto Español de Comercio Exterior, para o desenvolvemento do Plan de promoción dos viños da D.O. Rías Baixas en EE.UU. durante o 2007.29-12-2006100.000

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA