DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 21 de marzo de 2007 Páx. 4.488

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

BASES que rexerán o concurso Europan para arquitectos mozos.

Europan é unha federación europea de organizacións nacionais que rexen concursos de arquitectura e, máis tarde, as súas realizacións. Estes concursos de ideas, abertos, públicos e anónimos, lánzanse

simultaneamente por varios países en torno a un tema e uns obxectivos comúns. Hai vinte e dous países organizadores e asociados dos concursos simultáneos de arquitectura de Europan 9.

O Comité Nacional Español, presidido polo Ministerio de Vivenda, participa en Europan 9, en torno ao tema «Urbanidade europea. Cidade sustentable e novos espazos públicos» con sete localizacións situadas en Ama (Asturias), Badajoz (Extremadura), Calahorra (La Rioja), Poio (Galicia), La Laguna (Canarias), Santander (Cantabria), Soria (Castilla-León).

O secretariado Europan/España ten a súa sede no Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España, paseo de la Castellana 12, 28046 Madrid.

Teléfonos: 915 75 74 01 e 914 35 22 00.

Fax: 915 15 55 08.

Correo electrónico:

europan.esp*arquinex.es

www.europan-esp.es

Europan 9 diríxese a todo arquitecto mozo ou a todo equipo de arquitectos mozos de Europa, asociado ou non con profesionais mozos doutras disciplinas. Todos os concursantes, calquera que sexa a súa profesión, deberán ter menos de corenta anos na data límite de entrega das propostas. O xefe de equipo deberá ser arquitecto.

A partir do luns 5 de febreiro de 2007 pódese consultar a páxina web europea de Europan: www.europan-europe.com.

Data límite de inscrición: 31 de maio de 2007.

Data límite de entrega das propostas: 28 de xuño de 2007.

Anuncio dos resultados: 18 de xaneiro de 2008.

Cada xefe de equipo deberá efectuar un aboamento de 100 A mediante pagamento electrónico, o cal lle dará acceso á documentación completa da localización elixida.

Os premios son de 12.000 A para os autores das propostas premiadas e de 6.000 A para os autores das propostas mencionadas.

Os organizadores comprométense a divulgar os proxectos galardoados tanto a escala nacional como a escala europea por medio de exposicións, encontros e publicacións.

A Asociación Europea e as estruturas nacionais comprométense a pór os medios necesarios para incitar aos representantes das administracións e/ou aos promotores que achegaron solo aos concursos, a potenciar a execución da totalidade ou unha parte dos proxectos galardoados, a través do establecemento dun procedemento de contratación en que exista unha ponderación específica (no prego de cláusulas administrativas, podendo utilizarse o concurso Europan como concurso de proxectos con intervención de xurado, para os efectos previstos no artigo 216 da Lei de contratos das administracións

públicas, por exemplo) da circunstancia de resultar premiado o proxecto no concurso Europan, sen prexuízo do cumprimento do conxunto de requisitos e procedementos establecidos na lexislación sobre contratos das administracións públicas. Neste procedemento específico de ponderación para a adxudicación do proxecto, darase criterio de ponderación de maior a menor valor dos proxectos premiados sobre os mencionados e os finalistas, respectivamente.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2007.

Daniel Pino Vicente

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo