DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 21 de marzo de 2007 Páx. 4.483

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 17/2007, do 8 de febreiro, polo que se declara ben de interese cultural, coa categoría de sitio histórico, o conxunto de fontes termais das Burgas e o seu contorno delimitado, no concello de Ourense.

Advertidos varios erros no devandito decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 41, do martes 27 de febreiro de 2007, cómpre facer as seguintes correccións:

-No anexo I, II. Datos administrativos, na páxina 2.882, na segunda columna, no derradeiro parágrafo, onde di: «O acontecer histórico quixo que nesta zona se fosen asentando toda unha serie de edificacións que contan per se cunha clara significación emblemática dentro da cidade: a ponte-viaduto da estrada N-120, o edificio conventual reconvertido a cárcere...», debe dicir: «O acontecer histórico quixo que nesta zona se fosen asentando toda unha serie de edificacións que contan per se cunha clara significación emblemática dentro da cidade: a ponte-viaduto da estrada N-120, o edificio da antiga cárcere...».

-No anexo I, III. Descrición, na páxina 2.883, na segunda columna, no tramo G-H, onde di: «aliñación sur da rúa Irmáns Vilar Ponte ata a intersección coa rúa Irmáns Vilar», debe dicir: «aliñación sur da rúa Irmáns Vilar Ponte.».

No tramo H-I, onde di: «aliñación leste da rúa Irmáns Vilar ata a intersección co límite da prolongación da ordenanza AR-37-O», debe dicir: «aliñación leste da rúa Irmáns Vilar Ponte ata a intersección co límite da prolongación da ordenanza AR-37-O».