DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2007 Páx. 4.109

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2007 pola que se convoca un curso sobre procedemento sancionador en tráfico.

Dentro das actividades programadas para o ano 2007, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, de creación da Academia Galega de Seguridade Pública, anúnciase a celebración dun curso sobre procedemento sancionador en tráfico, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos:

-Coñecer a dinámica do procedemento sancionador e a intervención do axente nel.

-Actualizarse na normativa referente aos procedementos sancionadores de carácter administrativo relacionados co tema de tráfico e transportes.

Destinatarios: o curso vai dirixido aos membros dos corpos de policía local da Comunidade Autónoma de Galicia.

Inscrición: a inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas: 30 prazas.

Solicitudes:

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 10 de abril ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse á Academia Galega de Seguridade Pública, sita na avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada (fax: 986 59 00 28); ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas: o curso realizarase en datas do 18 ao 20 de abril, en horario das 9.30 ás 14.00 e das 15.30 ás 19.00 horas, excepto o día 20 que será das 9.30 ás 13.30 horas.

Relación de admitidos: a relación de admitidos farase pública o día 13 de abril a partir das 14.00 horas, no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade Pública, ou ben poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando ao teléfono 986 59 02 41 e na páxina web: http://agasp.xunta.es.

Lugar: o curso desenvolverase na Academia Galega de Seguridade Pública, sita na avenida da Cultura, s/n, no Concello da Estrada.

Certificado de asistencia: ao remate do curso entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.

Modificacións: a Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 6 de marzo de 2007.

Carlos Suárez-Mira Rodríguez

Director xeral da Academia Galega

de Seguridade Pública

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA