DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2007 Páx. 4.108

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 26 de outubro de 2006, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se lles dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2007, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Comunicada polo Concello de Outeiro de Rei a comisión dun erro na transcrición do acordo da Xunta de Goberno Local, con data do 1 de setembro de 2006, no que se fixaban os festivos locais para o exercicio 2007, e realizada -por petición do devandito concello- a oportuna rectificación pola Delegación Provincial da Consellería de Traballo de Lugo, cómpre facer a correspondente corrección na devandita resolución, publicada no DOG número 219, do 14 de novembro de 2006, así:

-No anexo II provincia de Lugo, na páxina 16.703, onde di: «38. Outeiro de Rei: 20 de febreiro, Martes de Entroido; 2 de xullo, Santa Isabel», debe decir: «38. Outeiro de Rei: 20 de febreiro, Martes de Entroido; 9 de xullo, Festividade de Santa Isabel».