DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2007 Páx. 4.086

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 16 de febreiro de 2007 pola que se lle autoriza a ampliación dunha unidade de educación especial ao centro privado Divino Maestro de Santiago de Compostela (A Coruña).

Examinado o expediente presentado polo centro privado Divino Maestro de Santiago de Compostela

(A Coruña), no cal solicita a ampliación dunha unidade de educación especial no devandito centro.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que o remite cos informes correspondentes.

Vistos o Real decreto 1537/2003, do 5 de decembro (BOE do 10 de decembro), polo que se establecen

os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas escolares de réxime xeral; o Real decreto 334/1985, do 6 de marzo, de ordenación da educación especial (BOE do 16 de marzo); o Decreto 320/1996, do 26 de xullo (DOG do 6 de agosto), de ordenación da educación de alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais; o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa,

DISPÓN:

Autorizar a ampliación dunha unidade de educación especial no centro privado Divino Maestro de Santiago de Compostela, segundo os datos que se relacionan no anexo desta orde, facendo constar que, para a súa posta en funcionamento, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da inspección educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia na unidade que se amplía.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2007.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Santiago de Compostela.

Localidade: Santiago de Compostela.

Enderezo: rúa Doutor Blanco Nájera, nº 2.

Denominación: centro privado Divino Maestro.

Titular: Misioneras del Divino Maestro.

Código do centro: 15015548.

Composición resultante:

Educación infantil: 3 unidades.

Educación primaria: 6 unidades.

Educación secundaria: 4 unidades.

Educación especial: 2 unidades (psíquicos).