DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2007 Páx. 4.012

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

ORDE do 2 de marzo de 2007 pola que se crean ficheiros automatizados de datos de carácter persoal existentes nesta consellería.

O artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE nº 298, do 14 de decembro), especifica que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderán facerse mediante a disposición xeral correspondente.

Mediante o Decreto 231/2005, do 11 de agosto, publicado no DOG con data do 12 de agosto, establécese a estrutura orgánica da Xunta de Galicia. Esta estrutura modifica a existente ata esa data establecida por Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro publicado no DOG con data do 21 de xaneiro, creándose a Consellería de Traballo.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada parcialmente pola Lei 11/1998, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta orde ten por obxecto a creación do ficheiro automatizado de Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego.

Artigo 2º.-Contido.

A información exixida no artigo 20.2º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal para as disposicións de creación de ficheiros, está contida no anexo desta orde.

Artigo 3º.-Finalidade e uso do ficheiro.

Os datos de carácter persoal, rexistrados no ficheiro automatizado da Consellería de Traballo , creado pola presente orde só serán utilizados para os fins expresamente previstos no anexo e por persoal debidamente autorizado.

Artigo 4º.-Cesión de datos.

Os datos só poderán ser cedidos nos supostos expresamente previstos pola lei.

Artigo5º.-Medidas de seguridade.

O titular do órgano responsable deste ficheiro adoptará as medidas de xestión e organización que sexan necesarias, asegurando a súa confidencialidade, e os dereitos e obrigas recoñecidos na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.

Disposición adicional

En caso de cesións dos datos aos servizos de estatística das administracións públicas estarase ademais, ao disposto na normativa vixente sobre materia estatística.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2007.

Ricardo Jacinto Varela Sánchez

Conselleiro de Traballo

ANEXO

Nome: ficheiro automatizado do Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego.

a) Finalidade e usos previstos para o mesmo.

Inscrición nun rexistro administrativo especial dos centros especiais de emprego creados na Comunidade Autónoma de Galicia e do persoal que traballa nestes centros, en cumprimento do Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia e a súa organización e funcionamento.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretenda obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos.

Representantes legais e traballadores dos centros especiais de emprego.

c) Procedemento de recollida de datos.

Formularios.

d) Estructura básica do ficheiro e descrición dos tipos de datos de carácter persoal incluídos nel.

a. Estructura básica do ficheiro.

Base de datos.

b. Tipo de datos incluídos no ficheiro.

a) Datos especialmente protexidos.

a. Tipo de minusvalía.

b. Porcentaxe de minusvalía.

b) Datos de carácter identificativo.

a. DNI/NIF.

b. Nome e apelidos.

c) Datos de características persoais.

a. Sexo.

e) Datos académicos e profesionais.

a. Formación, titulacións.

f) Datos de detalle de emprego.

a. C.I.F. da empresa, enderezo da empresa.

b. Relación laboral.

e) Cesións/transferencias previstas.

Non se prevén.

f) Órgano responsable do ficheiro.

Dirección Xeral de Relacións Laborais

g) Servizos ou unidades ante os que se poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, cando procedan:

Dirección Xeral de Relacións Laborais. Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social.

h) Nivel de seguridade.

Alto.

i) Responsable de seguridade.

Secretaría Xeral da Consellería de Traballo.