DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2007 Páx. 3.972

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2007, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se adxudican as axudas a transportistas autónomos por estrada que abandonen a actividade, reguladas pola Orde do 13 de outubro de 2006 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca a concesión das citadas axudas.

Mediante Orde do 13 de outubro de 2006 (DOG nº 212, do 3 de novembro), a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes ditou as bases reguladoras e aprobou, para o ano 2006, a correspondente convocatoria para a adxudicación de axudas aos transportistas autónomos por estrada de Galicia que abandonasen a súa actividade.

A mencionada orde establece no seu articulado os requisitos que deben cumprir os solicitantes para seren beneficiarios da subvención, así como os cri

terios de valoración que deben presidir a súa aplicación, os cales, de conformidade co seu artigo 4, son a maior idade dos transportistas, o número de autorizacións ás que se renuncia, o maior ámbito das autorizacións e a súa clase, dándose preferencia ás referidas a vehículos pesados.

Na ponderación dos ditos criterios elaborouse unha relación de posibles beneficiarios por orde descendente de idade; aos titulares dalgunha autorización para vehículo pesado de ámbito estatal computóuselles un ano máis de idade para estes efectos; aos titulares dalgunha autorización para vehículo pesado de ámbito territorial ou comarcal, un semestre e, por último, os titulares de autorización para vehículo pesado de ámbito local ou provincial ocuparon un lugar anterior aos da súa mesma idade que fosen titulares de autorización para vehículo lixeiro.

Para este exercicio existe crédito adecuado e suficiente con cargo á aplicación orzamentaria 2007.08.04.512A.470.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007, por un importe máximo de 120.000 euros.

Unha vez efectuada a instrución do procedemento consonte o artigo 9 da Orde do 13 de outubro de 2006, e examinadas as solicitudes presentadas, cómpre conceder as pertinentes subvencións a aqueles candidatos que reúnen as condicións exixidas.

A disposición adicional única da citada orde delegou no director xeral de Transportes a competencia para resolver o procedemento de concesión das axudas nela reguladas.

Na súa virtude, de conformidade coa proposta realizada pola comisión de valoración prevista no artigo 9 da Orde do 13 de outubro de 2006 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca, para o ano 2006, a concesión de axudas aos transportistas autónomos de Galicia que abandonen a actividade,

RESOLVO:

Primeiro.-Outorgar aos solicitantes que se relacionan no anexo I, as contías que se indican como compensación polo abandono da actividade de transportistas. A concesión das referidas subvencións realízase con cargo á aplicación orzamentaria 2007.08.04.512A.470.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007.

No anexo II relaciónanse os solicitantes excluídos e a causa da súa exclusión.

Segundo.-De conformidade co establecido no artigo 13 da Orde do 13 de outubro de 2006, toda alteración das condicións tidas en conta na concesión das axudas destinadas a fomentar o abandono da

profesión de transportista poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión e, se é o caso, ao reintegro das subvencións percibidas e dos xuros de demora correspondentes.

Terceiro.-De acordo co previsto no artigo 11 da mencionada orde, para proceder ao cobramento das axudas outorgadas, os interesados deberán acreditar o abandono da actividade mediante o cumprimento dos seguintes requisitos:

a) O beneficiario deberá renunciar á autorización ou autorizacións que deron lugar ao outorgamento da axuda e a todas aquelas de transporte público das que fose titular, acreditando a súa baixa por renuncia ao exercicio da actividade.

b) Deberá comprometerse formalmente a abandonar con carácter definitivo o exercicio da actividade de transporte en calidade de empresario, así como, se é o caso, a non achegar a súa capacitación profesional a outra empresa de transporte.

c) No caso de ser titular de permiso de condución válido para vehículo pesado, deberá renunciar a el na xefatura de tráfico correspondente.

Os beneficiarios deberán achegar a documentación que se relaciona no anexo III da Orde do 13 de outubro de 2006 no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non achegarse a dita documentación no prazo indicado quedará sen efecto a resolución de outorgamento.

Cuarto.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

En calquera caso, non se poderá formular recurso contencioso-administrativo ata que non sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2007.

Mar Chao López

Directora xeral de Transportes

ANEXO I

Relación que se cita:

DNIApelido 1Apelido 2NomePartida orzamentariaSubvención

concedida

Finalidade

35806814-TÁlvarezVicenteJuan 2007.08.04.512A.470.03.000 eurosAbandono da actividade de transportista

35806798-FÁlvarezAlonsoJosé2007.08.04.512A.470.03.000 eurosAbandono da actividade de transportista

32356682-YBolónBrandónPedro2007.08.04.512A.470.03.000 eurosAbandono da actividade de transportista

DNIApelido 1Apelido 2NomePartida orzamentariaSubvención

concedida

Finalidade

35942343-JFernándezSeijoJosé Luis2007.08.04.512A.470.03.000 eurosAbandono da actividade de transportista

35213902-MGarcíaFerreiroFrancisco 2007.08.04.512A.470.03.000 eurosAbandono da actividade de transportista

35531313-QGonzález RochaCarlos2007.08.04.512A.470.03.000 eurosAbandono da actividade de transportista

34561055-JLópezFernándezArturo 2007.08.04.512A.470.03.000 eurosAbandono da actividade de transportista

76292070-NLópezTorreiroRafael 2007.08.04.512A.470.03.000 eurosAbandono da actividade de transportista

76451756-DMonteroBarránJosé2007.08.04.512A.470.03.000 eurosAbandono da actividade de transportista

34530843-TPereiraCerdeiraJosé2007.08.04.512A.470.03.000 eurosAbandono da actividade de transportista

34568009-KPérezPérezJosé Antonio 2007.08.04.512A.470.03.000 eurosAbandono da actividade de transportista

34703074-FRegueiroGonzálezJosé María2007.08.04.512A.470.03.000 eurosAbandono da actividade de transportista

76270830-RRegueiroVillaverdeManuel2007.08.04.512A.470.03.000 eurosAbandono da actividade de transportista

76830515-GRíosDizManuel Ángel 2007.08.04.512A.470.03.000 eurosAbandono da actividade de transportista

34222853-ARodríguezLópezÁngel 2007.08.04.512A.470.03.000 eurosAbandono da actividade de transportista

78434822-SSantanaRodríguezBenigno Jesús2007.08.04.512A.470.03.000 eurosAbandono da actividade de transportista

35430929-GTorresÁlvarezRamón2007.08.04.512A.470.03.000 eurosAbandono da actividade de transportista

76475788-YVázquezAbadManuel2007.08.04.512A.470.03.000 eurosAbandono da actividade de transportista

76454466-MVázquezSoutoVictorio2007.08.04.512A.470.03.000 eurosAbandono da actividade de transportista

32321377-YAnteloReyAlfredo2007.08.04.512A.470.03.000 eurosAbandono da actividade de transportista

ANEXO II

Relación de solicitantes excluídos

DNIApelido 1Apelido 2NomeCausa de exclusión

35925601-SGómezVázquezAntonioInterrupción na titularidade

por prazo superior a 1 mes

35529491-BCampeloBlancoManuelInterrupción na titularidade

por prazo superior a 1 mes