DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2007 Páx. 3.972

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 28 de febreiro de 2007, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia a adxudicación de dez bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se desenvolven no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, convocada por Resolución do 12 de decembro de 2007 (Diario Oficial de Galicia número 242, do 19 de decembro).

Adverdido erro na citada Resolución do 28 de febreiro de 2007, publicada no DOG nº 48, do xoves 8 de marzo de 2007, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 3.593, no título da resolución, onde di: «... convocada por Resolución do 12 de decembro de 2007 (Diario Oficial de Galicia número 242, do 19 de decembro)», debe dicir: «... convocada por Resolución do 12 de decembro de 2006 (Diario Oficial de Galicia número 242, do 19 de decembro)».

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E TRANSPORTES