Advertidos erros na citada orde, publicada no DOG nº 42, do 28 de febreiro de 2007, é necesario efectuar as seguintes rectificacións:
-Na páxina 2.948, na marxe esquerda no segundo parágrafo, onde di: «Xa a Lei 14/1996, do 30 de decembro, de cesión de tributos do Estado ás comunidades autónomas e de medidas fiscais complementarias, establecía no seu artigo 13.6º...», debe dicir: «Xa a Lei 14/1996, do 30 de decembro, de cesión de tributos do Estado ás comunidades autónomas e de medidas fiscais complementarias, establecía no seu artigo 13.sexto...».
-Na páxina 2.957, o anexo II debe quedar como segue:
No adhesivo figurará:
a) O ano que corresponda ao período impositivo.
b) O número de autorización de explotación.
c) O número de autorización ou código da empresa operadora.
d) O NIF da empresa operadora.
e) O tipo de máquina a que corresponde: tipo A especial, B ou tipo C.
f) O número de xogadores.