DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 08 de marzo de 2007 Páx. 3.588

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 8 de febreiro de 2007 de autorización ás oficinas de farmacia para levar o libro receitario oficial por medios informáticos.

Advertido un erro na versión en galego no texto da citada orde, publicada no DOG nº 43, do xoves 1 de marzo de 2007, cómpre realizar a seguinte corrección:

Na páxina 3.052, segunda columna, artigo 7.2, onde di: «As incidencias que se produzan na formalización das follas informáticas destinadas ao libro receitario quedarán reflectidas no anexo II, debe anotar o farmacéutico responsable en cada ocasión, a data e a súa rúbrica», debe dicir: «As incidencias que se produzan na formalización das follas informáticas destinadas ao libro receitario quedarán reflectidas no anexo II, e o farmacéutico responsable debe anotar, en cada ocasión, a data e a súa rúbrica».

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA